ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
1
Regulamento para Traballos Fin de Máster
PRIMEIRO. Obxecto
O presente regulamento ten por obxecto establecer os parámetros básicos de
desenvolvemento do Traballo de Fin de Máster para a obtención do título de Máster en
Dirección de Arte Publicitaria da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da
Universidade de Vigo.
Segundo o establecido no Artigo 15, apartado 3 do RD 1393/2007 de Directrices para a o
deseño de títulos de Máster Universitario: “Estas enseñanzas concluirán con la elaboración
y defensa pública de un trabajo de fin de Máster, que tendrá entre 6 y 30 créditos”.
No caso concreto do Máster en Dirección de Arte Publicitaria da Universidade de Vigo a
Memoria do Título recolle que o Traballo de Fin de Grao ten un valor de 12 créditos
correspondentes ó segundo semestre do curso e adscritos ó Módulo 3: Dirección Creativa
dunha campaña de publicidade.
SEGUNDO. Normas xerais
1. O Traballo de Fin de Máster deberá ser realizado de xeito individual e requerirá unha
adicación de 300 horas, segundo se establece la Memoria do Máster.
2. O Traballo será elaborado baixo a supervisión de/dos titores (académico e profesional)
asignados pola Comisión Académica do Máster.
3. O Traballo deberá ser defendido perante un tribunal, composto por tres membros
nomeados pola Comisión Acádemica, no prazo establecido.
4. O alumno non poderá presentar o Traballo de Fin de Grao perante o tribunal se non ten
superadas as avaliacións previstas nas restantes materias do Plan de Estudios e non
dispón, polo tanto, dos créditos necesarios para a obtención do título excepto os créditos
do propio traballo.
5. O traballo será cualificado polo titor e o profesional correspondente nunha única
convocatoria antes do 31 de xullo de cada curso, dando o visto bo para a súa defensa no
tribunal.
TERCEIRO. Contidos
1. Segundo se establece na Memoria do Máster, o Traballo deberá centrarse en:
1.1. “definir e realizar o concepto creativo propio dunha campaña publicitaria de
acordo cunha estratexia fixada”.
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
2
1.2. Deste xeito, os alumnos e alumnas deberán desenvolver o proxecto aplicando os
contidos de todo o plan de estudios e centrarse na realización efectiva do traballo
proxectado.
1.3. A orientación do traballo debe ser estritamente práctica o que supón que as
propostas deben caracterizarse pola aplicabilidade e viabilidade.
2. O traballo deberá ser presentado sempre acompañado dunha breve memoria que
sintetice o proxecto proposto.
2.1. A memoria poderá presentarse en castelán, galego ou inglés ou en calquera outro
idioma que sexa aceptado pola Comisión Académica do Máster.
2.2. A memoria poderá presentarse en formato convencional (papel ou similar) ou
formato dixital sempre e cando permita unha consulta sinxela e directa.
3. Tanto a memoria como o traballo deberán estar depositados, por triplicado, perante a
Comisión Académica a lo menos quince días antes da súa defensa pública e deberá constar
o Visto e Prace do titor académico para a súa presentación.
4. Os alumnos deberán de comunicar a temática específica do seu proxecto con
antelación a posta en marcha do mesmo.
CUARTO. Titores
1. Cada alumno ou alumna contará cun titor académico nomeado ó comezo de curso pola
Comisión Académica do Máster.
1.1. O Traballo será tutelado por un profesor doutor nomeado entre os membros da
Comisión Académica do Máster. Con carácter excepcional, e previa autorización expresa
da Comisión Académica, os traballos poderán ser tutelados por calquera outro doutor que
non teña docencia no programa formativo, nin presenza na Comisión.
1.2. A misión fundamental do titor académico é a de orientar ó alumno ou alumna durante
a realización do Traballo. Debe, ademais, garantir que os obxectivos fixados inicialmente
sexan acadado nos tempo establecido e autorizar a presentación do traballo.
1.3. A Comisión académica deberá aprobar e facer pública a lista de titores académicos a
comezos de curso.
2. Ó mesmo tempo, cada alumno ou alumna contará con un titor profesional elixido polo
propio estudante.
2.1. O titor profesional será escollido polo estudante entre os docentes dos Máster. O titor
deberá expresar a aceptación desta responsabilidade.
2.2. A misión fundamental do titor profesional é a de colaborar co titor ou titora e o
alumno ou alumna na definición do traballo que se vai a realizar, o seu alcance e, dentro do
posible asesorar ó alumno durante a realización do mesmo.
2.3. O alumno ou alumna deberá comunicar o nome do titor profesional durante o mes de
marzo do curso académico correspondente. No caso de non contar coa aceptación do titor
a Comisión Académica responsabilizarase de solventar o inconvinte no prazo máis breve
posible.
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
3
QUINTO. Tribunal
1. O tribunal que se encargará de valorar o Traballo de Fin de Máster estará composto por
tres membros: Presidente/a, secretario/a e vocal.
1.1. A lo menos un dos seus membros deberá ser nomeado entre profesionais de
recoñecido prestixio no sector.
1.2. A lo menos un dos seus membros deberá ser nomeado entre académicos.
1.3. Recoméndase que o secretario/a do tribunal esté vinculado de xeito directo á
coordinación do Máster co fin de que os trámites administrativos poidan realizarse dunha
forma máis rápida.
2. O nomeamento do tribunal deberá ser realizado pola Comisión Académica do Máster
que comunicará a súa composición así como as datas de celebración da defensa a lo menos
un mes antes da súa celebración.
3. Dentro do posible, os membros do tribunal recibirán os traballos dos estudantes para a
súa revisión previa, se ben a cualificación sempre dependerá da defensa realizada.
4. En función do número de matriculados poderase establecer máis de un tribunal co fin
de facilitar a celebración da defensa en máis dunha data.
SEXTO. Valoración
1. A defensa do Traballo de Fin de Máster será realizada polos estudantes de xeito público
e presencial, inda que a Comisión Académica do Máster, con carácter excepcional e previa
petición formal e motivada polo estudante e titor, poderá autorizar a defensa a distancia
de xeito virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e
económicas que permitan a súa viabilidade.
2. Un mes antes da celebración da defensa farase pública a acta de constitución do tribunal
ademais da orde de exposición dos estudantes, así como o día, hora e lugar de celebración
das defensas.
3. Cada alumno disporá de a lo menos 15 minutos para a defensa do se traballo, sendo
potestade do tribunal establecer prazos superiores e turnos de preguntas.
4. O tribunal deliberará sobre as cualificacións a porta pechada e informará a cada
estudante da súa valoración tentando aportar unha motivación sobre a mesma.
5. O Traballo de Fin de Máster será cualificado en función da escala numérica de 0 a 10,
con expresión dun decimal, conforme ó establecido no Real Decreto 1125/2003.
6. No caso de que algún dos traballos non acade a puntuación mínima de aprobado (5
puntos) o tribunal deberá emitir un informe motivado sobre as carencias do traballo.
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
4
SÉPTIMO. Propiedade dos traballos
1. De acordo coa normativa vixente, o Traballo de Fin de Máster é un traballo intelectual
protexido pola Lei de Propiedade Intelectual.
2. Sen perxuizo do anterior, unha vez obtida a cualificación positiva, o alumno ou alumna
facilitará unha copia do traballo á Comisión Académica do Máster coa finalidade de manter
un arquivo e poder facilitar a difusión dos mesmos.
RESUME DE PRAZOS E PROCEDEMENTOS
DATA PROCEDEMENTO
Fins de setembro Publicación do listado de titores académicos
Fins de marzo
Designación de titores profesionais
Definición de temas de traballo
Fins de xuño
Constitución do tribunal
Publicación de calendario de presentacións de traballos
15 días antes da data de defensa Depósito dos traballos
Xullo (antes do 31) Actos de defensa dos traballos

More Related Content

Regulamento traballo fin de máster

  • 1. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 1 Regulamento para Traballos Fin de Máster PRIMEIRO. Obxecto O presente regulamento ten por obxecto establecer os parámetros básicos de desenvolvemento do Traballo de Fin de Máster para a obtención do título de Máster en Dirección de Arte Publicitaria da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Segundo o establecido no Artigo 15, apartado 3 do RD 1393/2007 de Directrices para a o deseño de títulos de Máster Universitario: “Estas enseñanzas concluirán con la elaboración y defensa pública de un trabajo de fin de Máster, que tendrá entre 6 y 30 créditos”. No caso concreto do Máster en Dirección de Arte Publicitaria da Universidade de Vigo a Memoria do Título recolle que o Traballo de Fin de Grao ten un valor de 12 créditos correspondentes ó segundo semestre do curso e adscritos ó Módulo 3: Dirección Creativa dunha campaña de publicidade. SEGUNDO. Normas xerais 1. O Traballo de Fin de Máster deberá ser realizado de xeito individual e requerirá unha adicación de 300 horas, segundo se establece la Memoria do Máster. 2. O Traballo será elaborado baixo a supervisión de/dos titores (académico e profesional) asignados pola Comisión Académica do Máster. 3. O Traballo deberá ser defendido perante un tribunal, composto por tres membros nomeados pola Comisión Acádemica, no prazo establecido. 4. O alumno non poderá presentar o Traballo de Fin de Grao perante o tribunal se non ten superadas as avaliacións previstas nas restantes materias do Plan de Estudios e non dispón, polo tanto, dos créditos necesarios para a obtención do título excepto os créditos do propio traballo. 5. O traballo será cualificado polo titor e o profesional correspondente nunha única convocatoria antes do 31 de xullo de cada curso, dando o visto bo para a súa defensa no tribunal. TERCEIRO. Contidos 1. Segundo se establece na Memoria do Máster, o Traballo deberá centrarse en: 1.1. “definir e realizar o concepto creativo propio dunha campaña publicitaria de acordo cunha estratexia fixada”.
  • 2. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 2 1.2. Deste xeito, os alumnos e alumnas deberán desenvolver o proxecto aplicando os contidos de todo o plan de estudios e centrarse na realización efectiva do traballo proxectado. 1.3. A orientación do traballo debe ser estritamente práctica o que supón que as propostas deben caracterizarse pola aplicabilidade e viabilidade. 2. O traballo deberá ser presentado sempre acompañado dunha breve memoria que sintetice o proxecto proposto. 2.1. A memoria poderá presentarse en castelán, galego ou inglés ou en calquera outro idioma que sexa aceptado pola Comisión Académica do Máster. 2.2. A memoria poderá presentarse en formato convencional (papel ou similar) ou formato dixital sempre e cando permita unha consulta sinxela e directa. 3. Tanto a memoria como o traballo deberán estar depositados, por triplicado, perante a Comisión Académica a lo menos quince días antes da súa defensa pública e deberá constar o Visto e Prace do titor académico para a súa presentación. 4. Os alumnos deberán de comunicar a temática específica do seu proxecto con antelación a posta en marcha do mesmo. CUARTO. Titores 1. Cada alumno ou alumna contará cun titor académico nomeado ó comezo de curso pola Comisión Académica do Máster. 1.1. O Traballo será tutelado por un profesor doutor nomeado entre os membros da Comisión Académica do Máster. Con carácter excepcional, e previa autorización expresa da Comisión Académica, os traballos poderán ser tutelados por calquera outro doutor que non teña docencia no programa formativo, nin presenza na Comisión. 1.2. A misión fundamental do titor académico é a de orientar ó alumno ou alumna durante a realización do Traballo. Debe, ademais, garantir que os obxectivos fixados inicialmente sexan acadado nos tempo establecido e autorizar a presentación do traballo. 1.3. A Comisión académica deberá aprobar e facer pública a lista de titores académicos a comezos de curso. 2. Ó mesmo tempo, cada alumno ou alumna contará con un titor profesional elixido polo propio estudante. 2.1. O titor profesional será escollido polo estudante entre os docentes dos Máster. O titor deberá expresar a aceptación desta responsabilidade. 2.2. A misión fundamental do titor profesional é a de colaborar co titor ou titora e o alumno ou alumna na definición do traballo que se vai a realizar, o seu alcance e, dentro do posible asesorar ó alumno durante a realización do mesmo. 2.3. O alumno ou alumna deberá comunicar o nome do titor profesional durante o mes de marzo do curso académico correspondente. No caso de non contar coa aceptación do titor a Comisión Académica responsabilizarase de solventar o inconvinte no prazo máis breve posible.
  • 3. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 3 QUINTO. Tribunal 1. O tribunal que se encargará de valorar o Traballo de Fin de Máster estará composto por tres membros: Presidente/a, secretario/a e vocal. 1.1. A lo menos un dos seus membros deberá ser nomeado entre profesionais de recoñecido prestixio no sector. 1.2. A lo menos un dos seus membros deberá ser nomeado entre académicos. 1.3. Recoméndase que o secretario/a do tribunal esté vinculado de xeito directo á coordinación do Máster co fin de que os trámites administrativos poidan realizarse dunha forma máis rápida. 2. O nomeamento do tribunal deberá ser realizado pola Comisión Académica do Máster que comunicará a súa composición así como as datas de celebración da defensa a lo menos un mes antes da súa celebración. 3. Dentro do posible, os membros do tribunal recibirán os traballos dos estudantes para a súa revisión previa, se ben a cualificación sempre dependerá da defensa realizada. 4. En función do número de matriculados poderase establecer máis de un tribunal co fin de facilitar a celebración da defensa en máis dunha data. SEXTO. Valoración 1. A defensa do Traballo de Fin de Máster será realizada polos estudantes de xeito público e presencial, inda que a Comisión Académica do Máster, con carácter excepcional e previa petición formal e motivada polo estudante e titor, poderá autorizar a defensa a distancia de xeito virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e económicas que permitan a súa viabilidade. 2. Un mes antes da celebración da defensa farase pública a acta de constitución do tribunal ademais da orde de exposición dos estudantes, así como o día, hora e lugar de celebración das defensas. 3. Cada alumno disporá de a lo menos 15 minutos para a defensa do se traballo, sendo potestade do tribunal establecer prazos superiores e turnos de preguntas. 4. O tribunal deliberará sobre as cualificacións a porta pechada e informará a cada estudante da súa valoración tentando aportar unha motivación sobre a mesma. 5. O Traballo de Fin de Máster será cualificado en función da escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, conforme ó establecido no Real Decreto 1125/2003. 6. No caso de que algún dos traballos non acade a puntuación mínima de aprobado (5 puntos) o tribunal deberá emitir un informe motivado sobre as carencias do traballo.
  • 4. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 4 SÉPTIMO. Propiedade dos traballos 1. De acordo coa normativa vixente, o Traballo de Fin de Máster é un traballo intelectual protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. 2. Sen perxuizo do anterior, unha vez obtida a cualificación positiva, o alumno ou alumna facilitará unha copia do traballo á Comisión Académica do Máster coa finalidade de manter un arquivo e poder facilitar a difusión dos mesmos. RESUME DE PRAZOS E PROCEDEMENTOS DATA PROCEDEMENTO Fins de setembro Publicación do listado de titores académicos Fins de marzo Designación de titores profesionais Definición de temas de traballo Fins de xuño Constitución do tribunal Publicación de calendario de presentacións de traballos 15 días antes da data de defensa Depósito dos traballos Xullo (antes do 31) Actos de defensa dos traballos