ºÝºÝߣ

ºÝºÝߣShare a Scribd company logo
LINGUA
Comprensión lectora 5
Nome e apelidos: ........................................................................................................................
Curso: .......................................................... Data: ..................................................................
CL
Le o texto con moita atención.
Primeiro fai unha lectura rápida; despois, volve lelo amodiño, fixándote ben en todos os
detalles, para poder responder as preguntas sen miralo.
Os osos pardos
O oso pardo ten un corpo grande e peludo, coas patas curtas e cinco garras
en cada pata, máis longas nas dianteiras. A súa cola é curta, e ten os ollos e
as orellas pequenos. É un dos animais máis grandes: os machos poden alcan-
zar case os 800 kg de peso. De todas maneiras, o seu peso varía segundo a
estación do ano: no outono pesa máis, porque debe comer moito para poder
hibernar durante o inverno. En cambio en primavera, cando sae da hiberna-
ción, o seu peso é menor.
Viven sobre todo nas montañas, preto dos ríos, onde van beber e pescar.
Os osos teñen un olfacto e un oído extraordinarios. Ademais, a diferenza
doutros mamíferos, teñen a capacidade de «poñerse de pé» sobre as súas
patas traseiras. Esta é unha maneira excelente de parecer aínda máis grandes
e asustar as súas presas. A pesar do seu tamaño, son capaces de trepar ás
arbores e tamén nadan moi ben.
Os osos viven entre 20 e 25
anos, e comen plantas, froitas,
insectos, peixes de río (como
troitas ou salmóns) e pequenos
mamíferos.
Normalmente, os osos machos
viven sós; as femias, en cam-
bio, viven cos seus cachorros
ata que estes teñen entre 2 e 4
anos. Os cachorros de oso son
os bebés máis pequenos de to-
dos os mamíferos se os com-
paramos co peso da súa nai:
cando nacen pesan soamente
uns 350 gramos.
48
©GRUPOANAYA,S.A.,Lingua3.ºEducaciónPrimaria.Materialfotocopiableautorizado.­
Nome e apelidos: .........................................................................................................................
CL5
1	Escribe V (verdadeiro) ou F (falso):
Os osos teñen o corpo grande e as orellas longas.
Os osos teñen as garras máis longas nas patas dianteiras.
Pesan máis en primavera, porque comen moita froita.
Como pesan moito, case non poden moverse.
Os machos viven sós, as femias, cos seus cachorros.
Os cachorros de oso son enormes.
2	Contesta con números:
• Que peso poden alcanzar os machos?	 .......................................
• Cantos anos vive un oso? 	 .......................................
• Ata que idade viven os cachorros coa nai?	 .......................................
• Canto pesa un oso ao nacer?	 .......................................
3	Completa o cadro:
Os osos
Características físicas
Onde viven?
Que comen?
•Pensa un pouco máis. Se un home adulto pesar arredor de 80 kg, a cantos homes
equivale o peso dun oso macho?
49
©GRUPOANAYA,S.A.,Lingua3.ºEducaciónPrimaria.Materialfotocopiableautorizado.­

More Related Content

Osos pardos lgalega

  • 1. LINGUA Comprensión lectora 5 Nome e apelidos: ........................................................................................................................ Curso: .......................................................... Data: .................................................................. CL Le o texto con moita atención. Primeiro fai unha lectura rápida; despois, volve lelo amodiño, fixándote ben en todos os detalles, para poder responder as preguntas sen miralo. Os osos pardos O oso pardo ten un corpo grande e peludo, coas patas curtas e cinco garras en cada pata, máis longas nas dianteiras. A súa cola é curta, e ten os ollos e as orellas pequenos. É un dos animais máis grandes: os machos poden alcan- zar case os 800 kg de peso. De todas maneiras, o seu peso varía segundo a estación do ano: no outono pesa máis, porque debe comer moito para poder hibernar durante o inverno. En cambio en primavera, cando sae da hiberna- ción, o seu peso é menor. Viven sobre todo nas montañas, preto dos ríos, onde van beber e pescar. Os osos teñen un olfacto e un oído extraordinarios. Ademais, a diferenza doutros mamíferos, teñen a capacidade de «poñerse de pé» sobre as súas patas traseiras. Esta é unha maneira excelente de parecer aínda máis grandes e asustar as súas presas. A pesar do seu tamaño, son capaces de trepar ás arbores e tamén nadan moi ben. Os osos viven entre 20 e 25 anos, e comen plantas, froitas, insectos, peixes de río (como troitas ou salmóns) e pequenos mamíferos. Normalmente, os osos machos viven sós; as femias, en cam- bio, viven cos seus cachorros ata que estes teñen entre 2 e 4 anos. Os cachorros de oso son os bebés máis pequenos de to- dos os mamíferos se os com- paramos co peso da súa nai: cando nacen pesan soamente uns 350 gramos. 48 ©GRUPOANAYA,S.A.,Lingua3.ºEducaciónPrimaria.Materialfotocopiableautorizado.­
  • 2. Nome e apelidos: ......................................................................................................................... CL5 1 Escribe V (verdadeiro) ou F (falso): Os osos teñen o corpo grande e as orellas longas. Os osos teñen as garras máis longas nas patas dianteiras. Pesan máis en primavera, porque comen moita froita. Como pesan moito, case non poden moverse. Os machos viven sós, as femias, cos seus cachorros. Os cachorros de oso son enormes. 2 Contesta con números: • Que peso poden alcanzar os machos? ....................................... • Cantos anos vive un oso? ....................................... • Ata que idade viven os cachorros coa nai? ....................................... • Canto pesa un oso ao nacer? ....................................... 3 Completa o cadro: Os osos Características físicas Onde viven? Que comen? •Pensa un pouco máis. Se un home adulto pesar arredor de 80 kg, a cantos homes equivale o peso dun oso macho? 49 ©GRUPOANAYA,S.A.,Lingua3.ºEducaciónPrimaria.Materialfotocopiableautorizado.­