Esta guía recolle as fontes de información de documentación xerada polas institucións europeas.
1 of 19
Download to read offline
More Related Content
Fontes de documentacion europea
1. Recursos electrónicos europeos multidisciplinares
como apoio á docencia e a investigación
xaneiro 2013
1
Inés Amboage García
ines.amboage@usc.es
Biblioteca Intercentros de Lugo
3. A UE : AS INSTITUCIÓNS
3
Consello da UE (*)
Representa os intereses dos Estados membros.
Sede en Bruxelas
Principal órgano da toma de decisións da UE,
formado por un representante de cada Estado con
rango ministerial. Non ten composición fixa:
constitúese en cada ocasión con ministros que
teñan competencia sobre a materia que se vaia
tratar.
A presidencia é exercida por rotación por cada
Estado membro durante un periodo de 6 meses.
Aproba leis conxuntamente co Parlamento.
Organízase nunha Secretaría Xeral e un Comité
de Representantes Permanentes (COREPER)
Competencias:
Toma de decisións fundamentais en
materia de política e economía
Asinar os actos normativos
Representación internacional, xunto coa
Comisión.
O triángulo decisional
Comisión EuropeaParlamento Europeo
(*) Non confundir co Consello de Europa, que non é unha
institución da UE, xa que é unha organización rexional
internacional, formada por 47 países europeos e outros
máis en calidade de observadores, como EEUU, Xapón,
Canadá, etc.
(*) Nin co Consello Europeo, que non é unha institución
comunitaria en sentido estricto, pero asume funcións de
orientación e decisión importantes en materias comunitarias. Está
formado polos Xefes de Estado e de Goberno dos países da UE, o
presidente do Consello da UE e o presidente da Comisión.
4. A UE : AS INSTITUCIÓNS
43
O triángulo decisional
Comisión Europea
Representa os intereses comúns da
comunidade
A súa sede está en Bruxelas
Organo colexiado, composto por 27
membros e un presidente.
Organízase en Direccións Xerais que se
ocupan dunha área política particular.
Principais competencias:
“Dereito de iniciativa”: propoñer
lexislación
Xestionar e aplicar as políticas da UE
e o presuposto
Facer cumplir a lexislación, xunto co
Tribunal de Xustiza
Representar a UE no panorama
internacional
Parlamento Europeo
• Representa os intereses dos pobos dos
países que conforman a UE.
• Sede plural: Bruxelas, Estrasburgo e
Luxemburgo
• Constituido por 785 eurodeputados; a cada
país correspóndelle un número determinado.
• As competencias son de carácter:
Lexislativo, seguindo os
procedementos: consultivo, dictamen-
conforme e codecisión
Político democrático: preguntas
parlamentarias, comisións de
investigación, mocións de censura,
informes xerais
Orzamentario
• Do parlamento depende o Defensor do pobo.
5. A UE : AS INSTITUCIÓNS
5
Outros organismosOutros organismos
Organismos
descentralizados
Oficina de Publicacións Oficiais
EPSO
Oficina de Selección do Persoal d
Consultivos
Comité das Rexións,
representa ás autoridades locais
e rexionais. Emite dictames
sobre as propostas da Comisión
Comité Económico e Social,
que representa a empresarios,
sindicatos, agricultores,
consumidores e outros grupos da
“sociedade organizada”.
Traballan en comités ou seccións
especializadas.
Consultivos
Comité das Rexións,
representa ás autoridades locais
e rexionais. Emite dictames
sobre as propostas da Comisión
Comité Económico e Social,
que representa a empresarios,
sindicatos, agricultores,
consumidores e outros grupos da
“sociedade organizada”.
Traballan en comités ou seccións
especializadas.
Financieiros
Banco Central Europeo, xestiona o
euro, fixa as liñas xerais en materia
monetaria e executa a política
económica.
Banco Europeo de Inversións,
presta apoio financieiro a proxectos
de interese europeo.
Financieiros
Banco Central Europeo, xestiona o
euro, fixa as liñas xerais en materia
monetaria e executa a política
económica.
Banco Europeo de Inversións,
presta apoio financieiro a proxectos
de interese europeo.
Interinstitucionais
Axencias
Axencias e organismos descentralizados. Hai máis de 30
axencias repartidas entre todos os países. As súas
funcións son de carácter técnico, científico e normativo.
Axencias e organismos de EURATOM
Axencias executivas. Establécense cunha duración
determinada para levar a cabo os programas
comunitarios
Instituto Europeo de Estudos de Seguridade e Centro de
Satélites
Europol e Eurojust.
Xudiciais
Tribunal de Xustiza, encargado de:
Que o dereito comunitario se
aplique do mesmo modo en cada
Estado membro.
Resolver os conflictos entre
Estados, empresas e particulares.
Conta co:
Tribunal Xeral ou de Primeira Instancia
Tribunal da Función Pública
Tribunal de Contas ou Corte de
Auditores, encargado da auditoría das
contas comunitarias.
Xudiciais
Tribunal de Xustiza, encargado de:
Que o dereito comunitario se
aplique do mesmo modo en cada
Estado membro.
Resolver os conflictos entre
Estados, empresas e particulares.
Conta co:
Tribunal Xeral ou de Primeira Instancia
Tribunal da Función Pública
Tribunal de Contas ou Corte de
Auditores, encargado da auditoría das
contas comunitarias.
6. A UE : PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
6
Esquema tomado do traballo de: Ramón Reyero, Eva e Benilde Luengo Rodríguez. Fuentes de
información de la Unión Europea y Organismos Internacionales [en liña]. 2011 ( consultado 22
decembro 2012). Dispoñible en:
http://ec.europa.eu/spain/pdf/fuentes-informacion-ue-y-oi-vs-web_es.pdf, que mostra os pasos
dos procedementos lexislativos ordinarios.
É importante coñecer como “circula” a
documentación entre as diferentes institucións e
organismos.
7. A UE : CARACTERÍSTICAS DA DOCUMENTACIÓN
7
Atendendo ao aspecto
xeopolítico,
a documentación da UE é:
Supranacional
Internacional
Nacional
Atendendo á súa natureza:
Burocrática-administrativa
Lexislativa
Publicitaria-divulgativa
Atendendo á súa natureza:
Burocrática-administrativa
Lexislativa
Publicitaria-divulgativa
É multilingue,
en papel e/ou electrónica,
cada grupo documental
destinado a un público en
concreto
Toda a documentación presenta unha notación que
facilita a identificación e a posterior recuperación, xa
que proporciona os datos de institución responsable ou
autor, data, tipo, numeración correlativa e lingua.
Toda a documentación presenta unha notación que
facilita a identificación e a posterior recuperación, xa
que proporciona os datos de institución responsable ou
autor, data, tipo, numeración correlativa e lingua.
A maior parte da documentación producida é de carácter
lexislativo. No cadro inferior indícase a súa tipoloxía
Cadro tomado de: Martín González, Yolanda. La documentación
de la Unión Europea: concepto y clasificación. Bid [en liña]. 2001
(7) (consultado 20 decembro 2012). Dispoñible en:
http://www.ub.edu/bid/07marti2.htm
8. A UE : QUE PUBLICA CADA QUEN: O PARLAMENTO
8
Publica actas de sesión plenarias, ordes do día,
informes lexislativos, procedemento orzamentario, etc.
Os documentos do Parlamento
identifícanse coas siglas PE.
As publicacións máis consultadas son as que forman partes das series:
Serie A: informes presentados ao Pleno polas distintas Comisións e que van a
ser debatidos no Parlamento.
Serie B: Propostas de resolución de decisión, preguntas orais, preguntas de
turno e mocións de censura
Serie C: Documentos presentados por outras Instituciones comunitarias
Practicamente toda a súa producción documental está recollida nas bases de datos Eurlex e Prelex.
Os documentos internos, posteriores ao 2001 están recollidos no Rexistro de documentos do Parlamento.
Documentos internos anteriores ao ano 2000, poden consultarse no
Arquivo histórico de documentos do Parlamento.
Acceso aos documentos das Comisións parlamentarias recollidos na súa web.
Practicamente toda a súa producción documental está recollida nas bases de datos Eurlex e Prelex.
Os documentos internos, posteriores ao 2001 están recollidos no Rexistro de documentos do Parlamento.
Documentos internos anteriores ao ano 2000, poden consultarse no
Arquivo histórico de documentos do Parlamento.
Acceso aos documentos das Comisións parlamentarias recollidos na súa web.
9. A UE : QUE PUBLICA CADA QUEN: A COMISIÓN
9
Practicamente toda a súa producción documental está recollida nas bases de datos Eurlex e Prelex.
Os documentos internos están recollidos no Rexistro de documentos da Comisión.
Practicamente toda a súa producción documental está recollida nas bases de datos Eurlex e Prelex.
Os documentos internos están recollidos no Rexistro de documentos da Comisión.
A Comisión é unha das institucións que máis publica. Cada Dirección Xeral publica informes, informes
anuais, documentos divulgativos, revistas, etc. Unha delas é Eurostat, que recompila os datos estatísticos
nacionais harmonizados dos países membros.
Os documentos que xera agrúpanse en series con notación específica:
10. A UE : QUE PUBLICA CADA QUÉN: O CONSELLO
10
Ao igual que as outras institucións, desde o ano 2001 empezou a
funcionar o Rexistro público de documentos do Consello.
Contén referencias aos documentos do Consello, que se
introducen mediante un sistema de arquivo automático.
Figuran todos os documentos non sensibles presentados ao
Consello ou a un dos seus órganos preparatorios, que sirven como
base para os debates e que poden exercer algunha influencia nos
procesos decisorios.
É a institución máis opaca. Aínda así é posible
consultar programacións e orde do día das
reunións, comunicados de prensa e as
conclusións dos Consellos.
Os sitios web das presidencias do Consello
manteñen as ligazóns desde o ano 2005. Das
anteriores unicamente se conservan algunhas.
Tamén son interesantes os “Dosieres temáticos”,
por ex. “O semestre europeo”
Tamén son interesantes os “Dosieres temáticos”,
por ex. “O semestre europeo”
Practicamente toda a súa producción documental está recollida nas bases de datos Eurlex e Prelex
Os documentos internos están recollidos no Rexistro de documentos do Consello.
Practicamente toda a súa producción documental está recollida nas bases de datos Eurlex e Prelex
Os documentos internos están recollidos no Rexistro de documentos do Consello.
11. A UE : QUE PUBLICA CADA QUÉN: OUTROS ORGANISMOS
11
Documentos dos Tribunais de
Xustiza
A principal publicación é a
recompilación de xurisprudencia.
É posible a consulta da
xurisprudencia desde a base de
datos CURIA.
Documentos dos Tribunais de
Xustiza
A principal publicación é a
recompilación de xurisprudencia.
É posible a consulta da
xurisprudencia desde a base de
datos CURIA.
Documentos do Comité das
Rexións
Documentación do Comité das Rexións
, accesibles desde a súa web.
Son dictames, informes,
resolucións, estudos monográficos
sobre aspectos rexionais, etc. A súa
documentación tamén está
sometida a rexistro.
Documentos do Comité
Económico e Social
Publicacións do EESC, recollidos na
súa web
Son dictames, comunicados de
prensa, calendario de reunións e
actividades,..
É interesante o Boletín de
información EESC.
Existe un Rexistro de documentos.
Documentos do Comité
Económico e Social
Publicacións do EESC, recollidos na
súa web
Son dictames, comunicados de
prensa, calendario de reunións e
actividades,..
É interesante o Boletín de
información EESC.
Existe un Rexistro de documentos.
Documentos do Banco Central Europeo
Publica informes trimestrais sobre as
actividades do Euro sistema, informes
semanais sobre o estado financeiro
consolidado.
Tamén publica un informe anual sobre as
súas actividades e sobre a política monetaria
do ano anterior que envía ao Parlamento e a
Comisión.
Acceso ás publicacións aloxadas na súa web
Documentos do Banco Central Europeo
Publica informes trimestrais sobre as
actividades do Euro sistema, informes
semanais sobre o estado financeiro
consolidado.
Tamén publica un informe anual sobre as
súas actividades e sobre a política monetaria
do ano anterior que envía ao Parlamento e a
Comisión.
Acceso ás publicacións aloxadas na súa web
12. A UE : O DIARIO OFICIAL DAS COMUNIDADES EUROPEAS
12
Unha parte moi importante do total da
documentación dos organismos e institucións da
UE é publicada no Diario Oficial da Unión Europea
, DOUE.
É editado polo Servicio de Publicacións en 23
linguas e existe versión electrónica desde 1952.
Constitúe unha fonte documental esencial. Recolle a documentación
normativa aprobada pola Comunidade e aquela relacionada coas
actividades levadas a cabo por institucións no exercicio das súas
funcións.
Constitúe unha fonte documental esencial. Recolle a documentación
normativa aprobada pola Comunidade e aquela relacionada coas
actividades levadas a cabo por institucións no exercicio das súas
funcións.
Do que publica:
72% corresponde á Comisión
13 % ao Parlamento
10% ao Consello
2% ao Tribunal de Contas
1% outros organismos
Distribúense en series:
Serie L (Lexislación): recolle os textos lexislativos. Publica actos que precisan ser
publicados para poder aplicarse e outros nos que a publicación non constitúe unha
condición obrigatoria para a súa aplicabilidade.
Serie C (Comunicacións): dá publicidade ás comunicacións e informacións
procedentes de diferentes institucións comunitarias:
Resumos de sentencias dos Tribunais de Xustiza
Actas de reunións parlamentarias
Informes do tribunal de Contas
Preguntas parlamentarias escritas e as súas respostas
Dictames do Comité Económico e Social e do Comité das Rexións
Contratos públicos
Serie S (suplemento): cos anuncios de concursos públicos.
13. A UE : FERRAMENTAS PARA ATOPAR A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
(1)
PORTAL EUROPA
13
O Portal Europa é a principal fonte de información
da UE.
Nas súas páxinas pode atoparse a texto completo:
lexislación, xurisprudencia, folletos, mapas, vídeos,
informes técnicos, estatísticas, etc. nun conxunto
de máis de un millón de documentos.
A través deste sitio accédese a todos os
organismos e institucións.
Dado o seu tamaño e complexidade, navegar polas innumerables
páxinas non resulta doado para localizar documentación. Así pois
utilizar unha ferramenta de busca (buscador, base de datos,
repositorio, catálogo de publicacións, etc) pode ser unha opción
máis eficaz.
Dado o seu tamaño e complexidade, navegar polas innumerables
páxinas non resulta doado para localizar documentación. Así pois
utilizar unha ferramenta de busca (buscador, base de datos,
repositorio, catálogo de publicacións, etc) pode ser unha opción
máis eficaz.
14. A UE : FERRAMENTAS PARA ATOPAR A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
(2)
BUSCADORES
14
Europa search
(Direct Europa)
Buscador da Unión Europea sobre as informacións emitidas polas
institucións e axencias da UE publicadas no portal Europa (non contén
a información recollida en Pre-Lex).
SearchEuropa
Xestionado polo European Journalist Center, busca dentro dos 28
millóns de páxinas pertencentes ao dominio europa.eu; busca en todo
o portal Europa e inclúe información de Eur-Lex.
Google
O buscador permite realizar unha busca por dominio. Así podemos
facer unha busca utilizando o comando “site”. Non é unha
recuperación exhaustiva.
Ex. Milk quotes site:europa.eu
Google académico
Unicamente recolle publicacións “académicas”, polo que non se
recuperan a maior parte das publicacións da UE, pero, dado que teñen
un carácter aberto e poden ser vertidas noutras fontes, é posible
atopar un número considerable de documentación comunitaria de
forma indirecta en Google académico. Sen carácter exhaustivo.
15. A UE : FERRAMENTAS PARA ATOPAR A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
(3)
BASES DE DATOS PARA DOCUMENTACIÓN LEGAL E XURÍDICA
15
Eur-lex
Actualízase diariamente e proporciona acceso a documentos da:
Serie L e C do Diario Oficial da Unión Europea
Textos de tratados (texto completo únicamente nos máis recentes)
Lexislación comunitaria vixente
Lexislación en preparación
Xurisprudencia recente
Preguntas parlamentarias
Documentos de interese público que reflexen a opinión da Comisión, como os Libros blancos,
Libros verdes
Pre-lex
Tamén de actualización diaria, recolle a documentación xerada no seguimento dos
procedementos interinstitucionais:
Fundamentalmente describe os textos oficiais que van xurdindo, transmitidos pola Comisión aos
corpos lexisladores (Consello e Parlamento)
OEIL, The Legislative Observatory
Principal ferramenta para a recuperación da documentación parlamentaria.
Unicamente en inglés e francés.
Reúne información de procedementos (normativos e orzamentarios) e traballos das comisións e
outros órganos.
Rexistro de
documentos
Documentos do Parlamento, do Consello, da Comisión Europea e da Comisión de Comitoloxía,
para buscar documentos “non publicados” (quere dicir non accesibles no Portal Europa) emitidos
por estas institucións.
Curia
Recolle a documentación xerada polo Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas e do
Tribunal de 1ª. instancia.
N-lex Portal de acceso ao dereito de cada país
ScadPlus Síntese da lexislación da UE
16. A UE : FERRAMENTAS PARA ATOPAR A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
(4)
OUTRAS BASES DE DATOS
16
Eu WhoisWho (antes IDEA) Directorio da UE. Recolle os organigramas das institucións da Unión
Europea, podéndose consultar por institucións, persoas e orde
xerárquico.
TED, Tenders Electronic
Daily, suplemento ao Diario
Oficial da Unión Europea
(antiguo DOCE S o serie S)
Base de datos de licitacións e contratos públicos aparecidos no
Diario Oficial da UE. Son contratos de suministro de obra e servizo.
Bases de datos de aduanas e fiscalidade
RAPID Acceso rápido aos documentos de prensa e de información do
Servizo de Portavoz da Comisión. Tamén contén informacións de
prensa, discursos e comunicados do Consello Europeo.
ZACAT Busca, analiza e permite a descarga de información extraída do
Eurobarómetro. Proxecto desenvolvido polo Leibniz Institute for
the Social Sciences
Todas as bases de datos Lista temática
17. A UE : FERRAMENTAS PARA ATOPAR A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
(5)
CATÁLOGOS DE BIBLIOTECAS E REPOSITORIOS
17
ESO (European Sources Online)
Instrumento de acceso restrinxido, xestionado pola Univ. de Cardiff, e accesible desde
dominio.usc.
Permite o acceso ao texto completo de artigos de revistas electrónicas editadas por
organismos da UE, libros e documentos lexislativos.
Tamén engloba a produción científica dos organismos de investigación.
E-Class
Catálogo colectivo das 27 bibliotecas pertencentes á Comisión Europea.
Contén monografías, artigos de revistas, libros académicos, ponencias, etc. Tamén
publicacións editadas por outras editoriais que teñan interese para a UE.
Boa parte destas publicacións teñen acceso electrónico gratuito.
JRC Repository
O Joint Research center é outro organismo dependente da Comisión, que proporciona
soporte técnico e científico de carácter independente para as políticas económicas e
políticas da UE.
No repositorio están recollidas estas publicacións (todas electrónicas) a texto completo.
EUBookShop
Librería da UE. As publicacións habitualmente agrupanse en coleccións. Desde este
catálogo pódense mercar as edicións impresas e descargar de balde as versións
electrónicas. Especialmente hai monografías, estudos, etc., pero non documentación
“interna” das institucións.
European Research Papers Archive
Repositorio que non pertence á UE, pero que recolle artigos científicos, papeis de traballo,
etc. publicados por diferentes institucións sobre o tema da integración europea.
Indexado en Web of Knowledge.
18. A UE : FERRAMENTAS PARA ATOPAR A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
(6)
ARQUIVOS E DOCUMENTOS HISTÓRICOS
18
Para documentación antigua, que non é accesible directamente desde o Portal Europa, son varios os repositorios, a maioría
deles sustentados por Universidades, que albergan coleccións dixitalizadas de documentación histórica da UE.
Europeana
Creada no ano 2007, por iniciativa da Comisión Europea, é a biblioteca dixital do patrimonio
cultural europeo.
Conta con máis de sete millóns de imaxes dixitalizadas de pintura, libros, mapas, son, imaxes
de cine, etc. procedentes de bibliotecas nacionais, rexionais e museos dos Estados membros.
Arquivos históricos da UE
O acceso aos arquivos históricos da UE ríxese pola norma “dos 30 anos": os documentos
ábrense ao público 30 anos despois da súa data de creación. Aloxado na sede do Instituto
Universitario Europeo de Florencia.
CVCE (Center
for European
Studies,
Luxemburgo)
O CVCE recolle os traballos de recoñecidas figuras no ámbito do proceso de integración
europea: research corpora,subject files, interviews.
Permite a consulta de máis de 20 000 documentos.
Archive of
European
Integration
(AEI)
Creado pola Universidade de Pittsburgh no 2003. O Arquivo da Integración Europa (AEI) é un
repositorio dixital que recompila documentos de investigación en torno ao proceso de
integración e unificación europeas, recollendo tanto documentos oficiais da EU e/ou da
Comunidade Europea como documentos de investigación independentes.
ArchiDok
Creado no 2005 e sostido pola Universidade de Mannheim, este repositorio recolle papeis de
traballo, estudos, informes e en xeral toda a chamada “literatura gris” producida no seo da UE
publicada con posterioridade ao ano 2000.
Documentos COM, EP, CDR, EESC non se recollen neste repositorio (están en Eurlex e outras
bases de datos).
19. A UE: BIBLIOGRAFÍA SOBRE A DOCUMENTACIÓN EUROPEA
19
1. European Union internet resources [sitio web]. University of California Berkeley, (consultado 17
decembro 2012). Dispoñible en:.
http://www.lib.berkeley.edu/doemoff/govinfo/intl/gov_eu.html#bib
2. Martín González, Yolanda. Manual de documentación de la Unión Europea. Gijón: Trea, 2007.
3. Martín González, Yolanda. La documentación de la Unión Europea: concepto y clasificación. Bid [en
liña]. 2001 (7) (consultado 17 decembro 2012). Dispoñible en:
http://www.ub.edu/bid/07marti2.htm
4. Ramón Reyero, Eva e Benilde Luengo Rodríguez. Fuentes de información de la Unión Europea y
Organismos Internacionales [en liña]. 2011 ( consultado 15 decembro 2012). Dispoñible en:
http://ec.europa.eu/spain/pdf/fuentes-informacion-ue-y-oi-vs-web_es.pdf
5. Thomson, Ian. Europe on the internet [en liña]. Cardiff: EDC, 2012 (consultado 15 decembro
2012). Dispoñible en: www.cardiff.ac.uk
Inés Amboage García