ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRAS
......SÓS
...FOMOS ficando sos
o Mar o barco e mais nós
...Roubánronnos o Sol
...O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
...Roubáronnos o vento
...Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte
...Este oucéano desatracou das costas
...e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquenzo
...As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
...Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
...No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
...O cadavre do Mar
fixo do barco un cadaleito
.....Fume de pipa......... Saudade
.....Noite...... Silenzo.... Frío
.....E ficamos nós sós
.....Sin o Mar e sin o barco
.....nós
MANUEL ANTONIO, De catro a catro (1928)
ROTEIRO
I
ILLA DE ONS
”Muiñeira de todo o tempo”
A illa de Ons
preñada do mar
durmiuse no berce
que abala o luar
LUÍS AMADO CARBALLO, O galo (1928)
CANTIGA DE AMIGO
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?
MARTIN CODAX, S XIII
IES DE VILALONGA
CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRAS
Illa: oco insumiso,
infantil xogo:
xa non estás
entre a túa mesma luz.
Xa rodas lonxe dobregada en todo,
¡que perfeita e que descoñecida!
Illa.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Mar ao norde.( 1933)
ROTEIRO FURADO DO INFERNO
Na esquina sueste da illa de Ons encóntrase este burato en
metade da terra. O sobrenome de inferno provén de que
segundo a lenda, está é a mesma entrada ao inferno,
custodiada por un touro de cornos de ouro, e nos días de
tormenta se poden oír os lamentos das almas en pena (iso
din polo ruído que fai o mar ó meterse pola cavidade).
O buraco está protexido por unha varanda para que non
caiamos dentro, xa que algunhas persoas faleceron ao
intentar facer escalada na zona. Ademais do buraco, neste
lugar da illa de Ons tamén hai unhas magníficas vistas ás
Cíes, así como ao inmenso océano Atlántico.
Non se accede dende arriba, pero se se fai dende a parte
de abaixo mediante barca. Un lugar moi apreciado para os
espeleólogos.
Esta paraxe está cargada de lendas e supersticións como o
resto da illa, que durante moito tempo estivo illada.
Contan, que en días de temporal se oen os berros e
xemidos das almas que se levou o demo.
Preto encóntrase unha gran cruz branca que recorda a un
gardamariña que esvarou no bordo e caeu ao interior. O
lugar está protexido para que ninguén se achegue
demasiado.
“O touro dos cornos de ouro”
“-Veredes. Segundo contan por aquí, o Buraco do Inferno é unha das
portas de entrada ós dominios de Lucifer. Parece ser que as ánimas ás que
lles tocou sufrimento na outra vida condenadas por esta banda do mundo
teñen por aí a súa porta de entrada ós infernos. Pero, claro, imaxino que
non todas habían estar de acordo co laudo xudicial que as condenaba a
unha vida de sufrimento, así que para evitar que ningunha tentase escapar,
ó demo non se lle ocorreu mellor cousa que colocar nesa porta unha
terrible besta en forma de touro mastodóntico e feroz.
-E cos cornos de ouro?
-Si, vaia, esa parte, a verdade, é a que eu non acabo de entender demasiado
ben. Non sei como andará a cousa dos touros, vacas ou bois dourados por
aló embaixo, pero xa sabedes: se vos topades cun becho cos cornos de
ouro, mellor non vos acheguedes demasiado, non vaia ser o demo…nunca
mellor dito! (…)
Que sexa como sexa, por aquí contan que se vos asomades á boca do
Buraco do Inferno, o que se escoita vir da súa profundide non é o bater do
mar, senón o pranto das ánimas dos condenados, que, abatidos polo castigo
dos seus pecados, choran na súa entrada ó infernos. E aínda máis.
Os fillos do mar de Pedro Feijoo (2012)
IES DE VILALONGA

More Related Content

հíپ.DzԲ

  • 1. CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRAS ......SÓS ...FOMOS ficando sos o Mar o barco e mais nós ...Roubánronnos o Sol ...O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco ...Roubáronnos o vento ...Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte ...Este oucéano desatracou das costas ...e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo ...As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas do reloxe ...Pero tamén sabemos a maniobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singladura ...No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: ...O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito .....Fume de pipa......... Saudade .....Noite...... Silenzo.... Frío .....E ficamos nós sós .....Sin o Mar e sin o barco .....nós MANUEL ANTONIO, De catro a catro (1928) ROTEIRO I ILLA DE ONS ”Muiñeira de todo o tempo” A illa de Ons preñada do mar durmiuse no berce que abala o luar LUÍS AMADO CARBALLO, O galo (1928) CANTIGA DE AMIGO Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus!, se verra cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus!, se verra cedo? Se vistes meu amado, por que ei gran coidado? E ai Deus!, se verra cedo? MARTIN CODAX, S XIII IES DE VILALONGA
  • 2. CLUB DE LECTURA A PRAIA DAS PALABRAS Illa: oco insumiso, infantil xogo: xa non estás entre a túa mesma luz. Xa rodas lonxe dobregada en todo, ¡que perfeita e que descoñecida! Illa. ÁLVARO CUNQUEIRO Mar ao norde.( 1933) ROTEIRO FURADO DO INFERNO Na esquina sueste da illa de Ons encóntrase este burato en metade da terra. O sobrenome de inferno provén de que segundo a lenda, está é a mesma entrada ao inferno, custodiada por un touro de cornos de ouro, e nos días de tormenta se poden oír os lamentos das almas en pena (iso din polo ruído que fai o mar ó meterse pola cavidade). O buraco está protexido por unha varanda para que non caiamos dentro, xa que algunhas persoas faleceron ao intentar facer escalada na zona. Ademais do buraco, neste lugar da illa de Ons tamén hai unhas magníficas vistas ás Cíes, así como ao inmenso océano Atlántico. Non se accede dende arriba, pero se se fai dende a parte de abaixo mediante barca. Un lugar moi apreciado para os espeleólogos. Esta paraxe está cargada de lendas e supersticións como o resto da illa, que durante moito tempo estivo illada. Contan, que en días de temporal se oen os berros e xemidos das almas que se levou o demo. Preto encóntrase unha gran cruz branca que recorda a un gardamariña que esvarou no bordo e caeu ao interior. O lugar está protexido para que ninguén se achegue demasiado. “O touro dos cornos de ouro” “-Veredes. Segundo contan por aquí, o Buraco do Inferno é unha das portas de entrada ós dominios de Lucifer. Parece ser que as ánimas ás que lles tocou sufrimento na outra vida condenadas por esta banda do mundo teñen por aí a súa porta de entrada ós infernos. Pero, claro, imaxino que non todas habían estar de acordo co laudo xudicial que as condenaba a unha vida de sufrimento, así que para evitar que ningunha tentase escapar, ó demo non se lle ocorreu mellor cousa que colocar nesa porta unha terrible besta en forma de touro mastodóntico e feroz. -E cos cornos de ouro? -Si, vaia, esa parte, a verdade, é a que eu non acabo de entender demasiado ben. Non sei como andará a cousa dos touros, vacas ou bois dourados por aló embaixo, pero xa sabedes: se vos topades cun becho cos cornos de ouro, mellor non vos acheguedes demasiado, non vaia ser o demo…nunca mellor dito! (…) Que sexa como sexa, por aquí contan que se vos asomades á boca do Buraco do Inferno, o que se escoita vir da súa profundide non é o bater do mar, senón o pranto das ánimas dos condenados, que, abatidos polo castigo dos seus pecados, choran na súa entrada ó infernos. E aínda máis. Os fillos do mar de Pedro Feijoo (2012) IES DE VILALONGA