2. DEFINICIÓN As oracións bipolares son unidades sintácticas caracterizadas por presentar dúas partes que se complementan mutuamente. Cada unha das partes van unidas mediante un nexo. As oracións bipolares pódense clasificar en : condicionais, concesivas, causais, consecutivas e comparativas.
3. ORACIÓNS BIPOLARES CONDICIONAIS Están constituídas por dous elementos que reciben o nome de “condicionante” e “condicionado”. Os nexos de unión: se, a non ser que, a menos que, no caso de que, agás que,... Exemplo: Se non podo vivir en liberdade, matareime.
4. ORACIÓNS BIPOLARES CONCESIVAS Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “obxección” e “concesión”. O nexo de unión é sempre una conxunción concesiva:aínda que, malia que, a pesar de que, por pouco que... Exemplo: Podería aprobar todas as materias por pouco que estudase.
5. ORACIÓNS BIPOLARES CAUSAIS Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “causa” e “consecuencia”. Os nexos de unión:porque, posto que, xa que, como, pois, dado que.. Exemplo: Non te chamei porque perdín o móbil.
6. ORACIÓNS BIPOLARES CONSECUTIVAS Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “antecedente” e “consecuente” e entre os dous establécese unha relación de interdependencia. Se non existise algunha das partes a oración sería totalmente agramatical e carente de sentido e significado. O nexo de unión é sempre una conxunción ou unha locución conxuntiva das que presentamos a continuación: (así) pois, (así) que, con que, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de modo que, de xeito que, entón, logo, polo tanto, por conseguinte, por tanto, tan2(to)...que, Exemplo: Non estás a facer nada, de modo que empeza a traballar xa.
7. ORACIÓNS BIPOLARES COMPARATIVAS Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “1º termo” e “2º termo” . Con respecto á estrutura sintáctica deste tipo de oración debemos te en conta varias cousas: - Dentro do comparativo distinguimos tres graos: de inferioridade (menos ... que/ca/do que), de igualdade (tan/tanto ... como/a) e de superioridade (máis... que/ca/do que) - O elemento que introduce a oración bipolar comparativa é un adverbio: máis, menos, tan, tanto/a, tantos/as e compórtase como tal, é dicir que sempre desenvolverá a función de MODIFICADOR. - Case sempre está elidido o verbo da cláusula do “segundo termo”Ex. Fala coma ti (falas)