ASOAR-ARMEGA é unha organización sectorial, fundada no ano 2005, coa finalidade de promover e defender os intereses dos empresarios que dirixen a súa actividade profesional cara a pesca artesanal e o marisqueo.
A Entidade ten ámbito estatal e os seus asociados están espallados por todo o litoral galego, contando con socios en case que todos os portos galegos.
Desde os seus inicios ASOAR-ARMEGA ven traballando arreo para acadar melloras para o sector pesqueiro artesanal, que desde sempre ten sido esquecida polas Administracións a favor de outros sectores pesqueiros con maior forza económica. Asà continuamente estanse a realizar propostas de modelos de xestión adecuados a nosa flota