2. A Vangarda
É un conxunto de movementos artísticos europeos
(1910-1930), con afán de ruptura con todo o anterior,
unha actitude provocativa que se aplica a todos os
campos estéticos: pintura, escultura, música,
literatura... Non conciben a arte como imitación da
realidade, senón como nova interpretación persoal
desta.
En poesía prescinden dos moldes tradicionais,
ordenando os versos a xeito de caligramas, o poema
baséase en imaxes vangardistas.
4. Futurismo
Movemento literario que surxe en Italia. (1909)
·Características:
A agresividade
A ameaza
A temeridade
A exaltación das características da vida moderna
5. Efectos do futurismo na literatura:
·Rompen coa gramática
·Preocúpanse por dinamizala sensación e o movemento
·Abolición da sintaxis, da puntuación, de adxectivos e adverbios
7. Cubismo
Nace como escola pictórica en cara a 1709. A súa principal
manifestación é a das artes. Procura a percepción intelectual da
realidade descompoñendo os obxectos en liñas e planos xeométricos
que no cadro se presentan recompostos libremente .
8. Un proceso semellante prodúcese na literatura,
mesturando conceptos ou imaxes, distorsionando a sintaxe
e revolucionando a tipografía cos Calligrammes de
G.Apollinaire, poemas nos que se crean "imaxes visuais"
grazas á disposición dos versos na páxina.
9. ٲ岹í
Rebélase contra a lóxica e a racionalidade, contra as
convencións estéticas e sociais para liberar a fantasía
mediante unha linguaxe mesmo incoherente. As súas
manifestacións públicas son actos provocadores.
10. O dadaísmo nace en Zurich en 1916 da man de Tristán
Tzara como repulsa violenta contra a "racionalidade" que
conduciu á devastación e o horror da 1ª Guerra Mundial.
- Escrita automática
- Plantea a destrución da arte
- Vai contra o sentido común e as normas
- Nega a razón
12. Surrealismo
É unha resposta ao dadaísmo e o que pretende é
revindicar o valor dos soños.
-Pensar o que se queira sen a razón.Libre pensamento
-Non importa a moral e o estético.
-Manifesta o inconsciente sen ningún límite.
13. O maior representante do surrealismo foi Andrés Bretón,
escritor e poeta francés. Realizou o manifesto do
surrealismo.
En Galicia tivo importancia Álvaro Cunqueiro: Poemas do
si e non (1933), nunha interpretación moi persoal, co fluír
da asociación de ideas e a influencia dos soños pero cun
pouso sentimental, gozoso, sen a carga dramática que
soen ter os textos surrealistas. Tamén se pode ver algo de
cubismo en Mar ao norde, tamén de Cunqueiro.
14. Creaccionismo
1) Maniféstase como un aspecto da poesía hispanoamericana
de vangarda.
2) Fai a distinción entre literatura, creación libre, sen
compromisos, e a realidade.
15. 3) Proponse unha realidade nova,
desprendida de toda realidade fóra da
súa propia realidade.
4) Uso da palabra como elemento
esencial nas creacións.
5) Uso dos recursos estilísticos
vanguardistas: eliminación dos nexos
gramaticales, a puntuación, entre outras.
6) Os versos dispóñense de xeito
peculiar
16. Manuel Antonio
Personalidade rebelde que representa
o mellor expoñente vangardista en
Galicia. En 1922 publicou o manifesto
Máis Alá, novidoso polas alusións
políticas e a non adscrición a un –ismo
concreto.
A súa obra principal (e única publicada
en vida) é De catro a catro. Follas
sen data dun diario de a bordo
(1928). Son 19 poemas estruturados
como viaxe marítima, case sempre de
noite, simboliza a súa concepción
absolutamente pesimista da vida:
monótona, repetitiva, en completa
soidade (como perdido no mar), e
continua despedida.
17. Poderiamos falar dunha estrutura superficial: unha viaxe marítima
(desde a súa preparación ata a súa finalización, con parada
intermedia) monótona, repetitiva e contraditoria: o tempo pasa pero
está parado, só existe o presente. E unha estrutura profunda: viaxe
interior, iniciática; visión desilusionada, negativa, da vida desde a
soidade.
18. Hilozoísmo
Foi o movemento poético de máis éxito na época, con
multitude de seguidores.
Baixo unha forma tradicional (non é polo tanto unha
vangarda plena), con estrofas populares, rima asonante,
etc.
19. O hilozoísmo terá en Luís Amado Carballo ao poeta
de referencia, grazas ás súas obras "Proel" (1927) e "O
galo" (1928).
A súa poesía é paisaxística, baseada na metáfora
humanizada, mantendo o verso e a medida tradicionais,
pero con imaxes innovadoras de carácter sensorial e gran
riqueza plástica.
20. CANCIÓN DO TEMPORAL
Os berros dos mazaricos
rachan as sedas do mar,
no carro das mouras nubes
vén do sur o temporal.
.
Nas barras e nos peiraos
rompen as foulas critadas
de lóstregos azuados
das estrelas afogadas.
Púxose o ceo de loito
polos que van afogar
as centellas como trallas
baten no lombo do mar.
Luís Amado Carballo, “Proel”