1. CONTEXTO HISTÓRICO GRECIA
A civilización grega desenvolveuse na península dos Balcáns,
nas illas do Exeo e na zona costeira de Asia Menor e Creta entre
os séculos VIII a.C. e o I a.C.
Este período divídese en tres etapas:
- arcaica (século VIII a.C. ao 480 a.C.)
- clásica (480 a 330a.C.)
- helenística (330- século I d.C.).
A nivel político destacou por ser o berce onde naceu a
democracia e por ser un pobo guerreiro.
No eido económico foi un pobo que se sustentou da
agricultura mediterránea (vide, oliveira e cereais) e do comercio
polo Mediterráneo.
A sociedade grega estaba dividida en dous estamentos : os
patricios –cidadáns con dereitos- e os plebeios –sen dereitos-.
No ámbito cultural Grecia destacou nas ciencias:
matemáticas (Pitágoras), astronomía, física, medicina... Tamén
cultivou a filosofía (Platón), poesía (Homero) e a arte (Fideas).