1. TAREFA 2:Os Reis Católicos e a fundación do estado moderno:
Nesta segunda tarefa os traballos deberedes realizalos en grupo e paralelamente
A.- Sobre o punto C da tarefa 1, un grupo de alumnos elaborará un mapa sobre os
amigos e inimigos dos reis católicos para mostrar a súa política para illar e
debilitar aos reis franceses.
B.- Sobre o punto C.1. en referencia ás relacións con Francia, outro grupo realizará
unha liña de tempo cos conflitos e tratados entre os reis católicos (Castela e
Aragón) e os reis cristianísimos (Francia).
C.- No mesmo punto, por afectar a moitos outros, outro grupo fará un mapa que
irá mostrando os avances e perdas territoriais dos monarcas católicos en
cada tratado ou guerra con Francia.
D.-Como fase final desta primeira parte da unidade didáctica, o alumnado realizará
unha redacción coas conclusións que sacaron sobre o reinado dos Reis
Católicos e as diferencias entre o estado medieval e o moderno.
RECURSOS:
1.- Libro de textos da editorial Vicens Vives.
2.- http://www.mcu.es/
3.- http://es.wikipedia.org/
4.- http://clio.rediris.es/