Presentación da instalación eléctrica dos alumnos de 4º ESO a do IES Chapela (Pontevedra)
1 of 31
Downloaded 10 times
More Related Content
Instalacións nas vivendas. Tecnoloxía 4º ESO A
1. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (1) Materiais: Base de enchufe (1). Caixa de derivacións (3). Interruptor e conmutador (4). Enchufe (6). Caixa de mecanismos (5). Compoñentes dunha base de enchufe (2). 1 6 5 4 3 2
2. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (2) Pequeno interruptor automático e a súa caixa (PIA) (1) Portalámpadas e lámpada de 40W (2) Regreta completa para tubo fluorescente (3) Apertura dunha entrada para cables nunha caixa de derivacións cun cutter (4) 3 1 2 4
3. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (3) Plano: O primeiro paso sería realizar o plano da instalación. No plano indícanse as medidas de cada elemento e a súa colocación.
4. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (4) Por cuestións de seguridade e de hixiene no traballo, realizamos as fichas de seguridade das diferentes ferramentas que imos empregar. Cortámo-las bases de aglomerado de 60x40 cm e de 30x40 cm coa axuda dunha serra caladora. Sobre o taboleiro debuxamos a posición que ocuparán os elementos mirando aos planos. Dividiremos el proxecto en dúas partes. Aparafusamos á madeira as caixas de mecanismos, as caixas de conexións, a caixa do PIA, a base da regreta
5. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (5) Montamos o enchufe cos tres cables: fase (marrón), neutro (azul) e toma de terra (bicolor amarelo-verde), segundo o esquema de conexión nº 1. Deixamos alomenos 30 cm de cable dende o enchufe ata o PIA.
6. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (6) Monta-lo PIA segundo o esquema nº 2. Prolonga-los cables ata a caixa de derivación nº 1. Introduci-los cables nun tramo de tubo corrugado. Fixa-lo tubo corrugado á madeira mediante abrazadeiras
7. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA (6) Prolonga-los cables de fase, neutro e de toma de terra dende la regreta do tubo fluorescente á caixa de conexións nº 1. Introduci-los cables nun tramo de tubo corrugado. Colocar unha ficha de conexións no extremo de cada cable.
10. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. DETALLE MONTAXE DO INTERRUPTOR E DO CONMUTADOR NA CAIXA DE MACANISMOS Montar o interruptor que controla o arranque do tubo fluorescente segundo o esquema nº 2. Instalar o interruptor na caixa de mecanismos. Aproveitamos para montar o conmutador nº 1, segundo o esquema nº 3 Prolongar os dous cables de fase ata a caixa de derivacións. Introducir os cables nun tramo de tubo corrugado. Facer o mesmo cos cables do conmutador.
13. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. DETALLE MONTAXE INTERRUPTOR, CONMUTADOR E CABLES DE NEUTRO E DE TOMA DE TERRA DA REGRETA DE TUBO FLUORESCENTE E DO PIA
15. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. CONEXIÓNS REGRETA DO TUBO FLUORESCENTE Conectar, nunha mesma ficha de conexións, un dos cables de fase que veñen do interruptor co cable de fase que trouxeramos do PIA. A continuación, conectar o segundo cable de fase do interruptor co cable de fase que trouxeramos da regreta.
16. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. CONEXIÓNS REGRETA DO TUBO FLUORESCENTE Proba: pide ao profesor ou profesora que revise a instalación. A continuación pecha a caixa de derivacións, enchufa a caravilla nunha toma do taller e acciona o interrruptor. O tubo debería de acender.
17. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. INSTALACIÓN DA BASE DO ENCHUFE E DO PORTALÁMPADAS Montar a base de enchufe segundo o esquema nº 4. Seguir en todo momento as regras de seguridade: pelar os cables o xusto e necesario para que entren nos terminais e apertar estes fortemente. Aparafusa a base de enchufe no seu lugar correspondente no panel de madeira. Montar o portalámpadas, segundo o esquema nº5.
19. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. INSTALACIÓN DA BASE DO ENCHUFE E DO PORTALÁMPADAS Aparafusa o portalámpadas no seu lugar correspondente no panel de madeira. Prolongar os cables da base de enchufe e do portalámpada ata o interior da caixa de conexións nº 2. Introducir os cables en tramos de tubo corrugado. Fixar os tubos corrugados con abrazadeiras. Coloca o conmutador nº 2 na caixa de mecanismos e introduce os tres cables de fase na caixa de derivacións.
20. Instalación dos conmutadores para controlar desde dous puntos distintos a lampada Montar os conmutadores segundo o esquema numero 6. O conmutador ten tres terminais: o común, chamado 0, o terminal 1, e o 2. O conmutador número 1 conectase do seguinte xeito: 1 cable de fase procedente do enchufe conéctase no terminal 0. Conectar os outros dous cables de fase nos terminais 1 e 2 e os sacamos fora da caixa de conexions, por medio de fichas de conexións, e dirixidos cara a caixa de conexions da segunda parte do panel. Conectar o conmutador numero 2 na caixa de conexions numero 2, tendo en conta que no terminal 0 se debe conectar o cable de fase que procede da lampada, e que os otros dous terminais deben recibir os cables de fase que proceden de identicas posicións do conmutador 1. Como todo isto parece moi complicado, as seguintes ilustracións axudarán a facelo ben.
21. Instalación dos conmutadores para controlar desde dous puntos distintos a lámpada 0 1 2 0 2 1 lámpada 9V (apagada) Conmutador 1 Conmutador 2
22. Instalación dos conmutadores para controlar desde dous puntos distintos a lámpada: podemos acender a lámpada dende o conmutador 1... Conmutador 1 Conmutador 2
26. Nesta imaxe temos os dous paneis case rematados, só quedan algunhas conexións e logo unir os cables que salguen do panel cos correspondentes do panel 2
27. Conexións da base de enchufe e do portalampadas no panel nº 2 Xa sabemos que a fase que procede do portalampadas ten que ir ao contacto 0 do conmutador, enton o cable de neutro conectamolo cunha ficha de conexions dentro da caixa de conexions. A base de enchufe funciona de outro xeito: o cable de fase procede directamente do enchufe da primeira parte do proxecto. E o cable de neutro conectamolo a mesma ficha do paso anterior
28. Para finalizar: conectar os dous paneis Lembrade que da primeira parte do proxecto deben saír 5 cables: un neutro (azul) un cable de TT (verde-amerelo) e tres cables de fase ( 2 proceden do conmutador 1 e o terceiro directamente do enchufe e do PIA) Para rematar fixadevos que todos os cables de neutro estean conectados na ficha de conexións da segunda caixa de conexións,(facemos o mesmo cos cables de TT), que o cable de fase que procede directamente do enchufe alimente a base de enchufe do segundo panel, e que os dous cables de fase do conmutador 1 se conecten correctamente ao conmutador 2, segundo os esquemas anteriores
30. INSTALACIÓN BÁSICA ELÉCTRICA NUNHA VIVENDA. PROBA DE CALIDADE FINAL Proba: pide ao profesor ou profesora que revise a instalación. A continuación pecha as caixas de derivacións, e de macanismos, enchufa a caravilla nunha toma do taller e acciona o interrruptor. O tubo debería de acender, controlado polo interruptor do panel 1; a lámpada debería de poder ser controlada dende os dous paneis coa axuda dos conmutadores.