1. Introdución: A cultura galega en pé de guerra
Teatro e Cinema Galegos do s.XX á actualidade
Universidade de São Paulo
En 2012 representáronse en Galicia a
metade de obras de teatro que en
2009
A Fundación SGAE publica o seu anuario
2013, que alerta dos primeiros efectos da
suba do IVE en setembro de 2012. En
Galicia a crise das artes escénicas é notable.
Martes 29, Outubro 2013
O orzamento da Xunta para cultura caeu nun
60% desde o inicio da crise
O Observatorio da Cultura Galega sitúa o gasto
medio por habitante en menos de 35 euros, o que
sitúa a Galiza como noveno territorio do Estado nese
concepto. Xullo de 2014
"Desmantelamento da cultura, non"
Os traballadores e traballadoras das artes escénicas
denunciaron o abandono do sector, atrasos nos
pagamentos e pediron un plan de futuro para a
cultura en Galicia, nunha manifestación que
percorreu as rúas de Compostela e rematou nas
portas do Salón Teatro. Mércores 28, Marzo 2012
O Ministerio de Cultura deixa Cans e
Curtocircuito sen axudas
Cans e Curtocircuito pasan de recibir dez
mil euros na convocatoria de 2011 a non
recibir nada na deste ano. Mércores 17,
Outubro 2012
As artes escénicas prepáranse na rúa para loitar
contra a súa "morte non visible"
As asociacións aglutinadas na Plataforma das Artes
Escénicas buscaron atopar puntos en común e unha folla
de ruta de accións para responder ante o
desmantelamento que, segundo os profesionais, está a
sufrir a cultura polos recortes e a política cultural do
Goberno do PP. Luns 28, Xaneiro 2013
"Contra a desesperanza, resistencia"
A gala dos María Casares deixou críticas á
xestión cultural do Goberno galego, chanzas
sobre o Gaiás, moitos gañadores individuais:
Marta Pazos Ánxeles Cuña ou os responsables
de Nuncabunga, e un colectivo: o teatro. E
unha chamada a seguir loitando: "non nos
deixemos avasallar por este ataque de
mediocridade". Xoves 28, Marzo 2013
Alertan do "demantelamento" da cultura como
"motor social e económico"
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión
Cultural presenta un documento que denuncia que os
recortes poñen en perigo o dereito da cidadanía "a
acceder de xeito igualitario á cultura e ao
coñecemento" e provocan a desaparición de
estructuras, iniciativas e redes "que será moi difícil
recuperar". Martes 5, Marzo 2013
Traballadores denuncian nun blog a
"manipulación informativa" na TVG
O comité de empresa analiza o tratamento de
varias informacións, denunciando a ocultación de
datos na nova que relaciona a Feijóo con Marcial
Dorado, a "minimización da resposta social aos
desafiuzamentos" ou o "silencio" ante varias
manifestacións. Venres 5, Abril 2013
2. Introdución: A cultura galega en pé de guerra
Teatro e Cinema Galegos do s.XX á actualidade
Universidade de São Paulo
A TVG aumentou a produción allea un
60% en dous anos
Os contidos elaborados por empresas
privadas pesan xa un 31% na
programación da Televisión de Galicia. O
persoal da CRTVG alerta de que se
"externalizan a un ritmo galopante
programas que antes se facían na casa".
Luns 2, Decembro 2013
A TVG externaliza en bloque boa parte das súas
retransmisións
O comité de empresa da CRTVG denuncia que xa
se tramita un concurso público para "privatizar"
numerosas retransmisións de eventos por primeira
vez na historia da canle. Unha produtora privada
poderá realizar ata 30 eventos durante dous anos por
150.000 euros. Mércores 10, Setembro 2014
O audiovisual galego reivindica o dereito a
"existir" nos Mestre Mateo do público
O filme 'Somos xente honrada' triunfa con seis
galardóns nunha gala marca pola homenaxe á
audiencia e a reivindicación de emprego digno
para o sector . Domingo 13, Abril 2014
As xornadas de Escena Galega reivindican o
teatro como servizo público
O encontro, que se celebrará o vindeiro luns no
Consello da Cultura, achegará a perspectiva de
profesionais alleos ao sector, e quere situar na
primeira liña de debate a promoción cultural
como un deber fundamental das administracións
públicas. Martes 23, Outubro 2012
“Se de aquí a medio ano non duplicamos o
número de socios, a Academia do Audiovisual
morre. Así de radical”
Antonio Mourelos preside dente o ano pasado a
Academia do Audiovisual cunha executiva que
inclúe pesos pesados do sector como Jorge Coira,
ou Luís Tosar. Nesta ampla entrevista con Praza
reflexiona ao redor das dificultades do sector, a
situación da TVG e o futuro da entidade que
preside. Venres 27, Abril 2012
"Nesta crise aprovéitase para eliminar certas
actividades, entre elas as artes escénicas"
Escena Galega celebrou este luns as súas xornadas
de debate, centradas nesta ocasión na relación coas
administracións públicas e cos medios de
comunicación. O seu presidente, Salvador del Río,
demanda que "os cidadáns teñen que ter garantido
o acceso á cultura propia". Luns 29, Outubro
2012 |
“A sachada do IVE é criminal; a cultura
está ferida de morte”
Miguel de Lira Mércores 1, Agosto 2012
3. Introdución: A cultura galega en pé de guerra
Teatro e Cinema Galegos do s.XX á actualidade
Universidade de São Paulo