2. Que é o ѴÍ?
O Samaín é unha celebración que se realiza o día 31 de
outubro. É unha festa de orixe celta na honra do samhaín,
deus dos mortos.
3. Por que se celebra no
mes de outubro? Esta data coincide co cambio
estacional, a chegada do inverno(a
escuridade, o mal tempo…) unha
forma de morte da natureza para os
pobos agricultores.
Os celtas crían que nesa data , coa
chegada da noite, o mundo dos
mortos se facía accesible para os
vivos, e que os espíritos regresaban
da terra e lles facían trasnadas. Por
iso o “druída da tribo” se poñía en
contacto cos defuntos.
4. Cales son os seus
SÍMBOLOS? Os seus símbolos son :
• Bruxas
• Morcegos
• Esqueletes
• Gatos negros
• Cabazas
• Pantasmas
• Vampiros
• O sangue
5. ѴÍ e
HALLOWEEN Hoxe en día todos e tod@s coñecemos a
festa do Halloween estadounidense pola
gran influencia que ten este país sobre o
•Son o mesmo? resto do mundo.
•O Samaín é unha copia do
En Galicia xa faciamos cabazas de lume
Halloween ? antes de que chegase o halloween
americano.
O Samaín non é daquela unha copia do
Halloween americano. As dúas celebracións
arrancan da tradición antropolóxica do pobo
galego e británico.
6. Como se prepara Abrímola pola parte superior quitándolle a
unha cabaza? parte do rabo.
Limpámola por dentro quitando cunha
culler toda a carne da cabaza ata que só
quede a cortiza.
Debuxamos os trazos dos ollos en forma de
triángulo, o nariz e os dentes cunha liña en
forma de serra.
Cortamos pola liña antes debuxada para
facer os furados dos trazos.
Poñemos unha candea dentro para
accender , pero antes decoramos ó noso
gusto poñendo pelo con la, poñendo dentes
con pauíños cravados,etc.
Prendemos a candea pola noite e…
MEDOOOOO!!!!!!!!
8. ACTIVIDADE 1:
1. Seguindo as instrucións indicadas ou despois de visualizar o
video decora a túa cabaza á que chamaremos DONA
GALBAZA.
9. ACTIVIDADE 2:
1. Le o seguinte comezo e continúa a historia ambientada no
Samaín na que Dona Galbaza é un dos personaxes:
“Dona Galbaza xa estaba preparada para a noite do 31 de
outubro. Antón traballou nela con moito agarimo para
percorrer cos seus amiguiños as portas da rúa, mais cando
quixo acender a candea, non tiña mistos:
-Avoaaaa, onde están os mistos?
Berrou mentres se dirixía cara a cociña na procura da súa avoa,
mais de súpeto atopou un gran pote no medio que fervía e o
seu gato Pimpón nunha gaiola…