2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
1. TEMA
TRANSFORMACIÓNS RECENTES
NA ESTRUTURA DAS CIDADES
1) Cidade difusa.
2) Os cambios no centro urbano (degradación vs
rehabilitación).
3) Cambios de uso no solo urbano.
XEOGRAFÍA. 2º BAC
2. INTRODUCIÓN
A maior parte das cidades españolas posúen elementos de época
distintas:
O centro histórico, cos seus monumentos e rúas estreitas e tortuosas.
Os ensanches, de trazado regular.
Os arrabaldes, de crecemento desordenado.
Os desenvolvementos urbanos densos, en edificación aberta.
As novas periferias, cada vez máis dispersas e fragmentadas.
As cidades transfórmanse:
Crecendo cara ao exterior
Por procesos de reestruturación no seu interior.
Prodúcese un proceso de fragmentación do espazo urbano con áreas
conectadas entre sí por autovías e estradas.
7. 1. A CIDADE DIFUSA
O modelo de cidade mediterránea, compacta, foise substituíndo polo tipo de
cidade difusa de modelo anglosaxón.
A cidade difusa ou dispersa esténdese horizontalmente e está separada en
áreas especializadas e monofuncionais (cada zona ten unha función): zonas
residenciais (diferenciadas por prezos e por grupos sociais), áreas comerciais,
zonas de lecer, centros de ensino, universidades, barrios administrativos e de
oficinas... Ademais diminúe: o contacto humano, os intercambios e a
sociabilidade.
Mesturánse uso e funcións
Ten tendencia a ocupar un territorio moi extenso.
Hai maior mobilidade individual: as viaxes pendulares cotiás aumentaron
en número e distancia .
As distintas partes da cidade conéctanse entre si a través dos distintos
sistemas de transporte urbano.
10. 2. OS CAMBIOS NO CENTRO URBANO
A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de
moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva
deterioración e abandono.
O centro experimentou un proceso de envellecemento e
empobrecemento. Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa
que moitas vivendas quedaron baleiras, e noutras non se realizaron as
obras necesarias de mantemento e renovación.
A actividade económica foise desprazando cara aos ensanches.
O centro histórico só foi capaz de reter algúns centros administrativos e
eclesiásticos, así como os comercios tradicionais e actividades de ocio
nocturno.
2.1. DEGRADACIÓN
13. Ao longo das últimas décadas, as tendencias anteriores víronse, en parte,
compensadas por procesos de revitalización destas zonas debido a:
Políticas públicas de conservación e revitalización. As administracións
públicas investiron na rehabilitación dos edificios e a mellora dos
espazos públicos. Ademais, deron un novo uso a vellos monumentos,
converténdoos, por exemplo, en edificios administrativos ou universitarios, e
dinamizando así a vida dos centros históricos.
2.2. REHABILITACIÓN
14. Desenvolvemento do turismo cultural. Que potenciou a rehabilitación
dos centros históricos españois, mediante a restauración de edificios e a
peonalización de rúas e prazas. No interior dalgunhas cidades
realizáronse importantes operacións urbanísticas, consistentes, por
exemplo, en reconverter ás vellas áreas industriais en novos espazos
de ocio.
16. Cambio de actitude da poboación local. O centro comeza a verse de
novo como unha área de oportunidades económicas e un lugar
agradable para vivir. Así, os centros dalgunhas cidades están atraendo
poboación nova e de maior nivel de renda (xentrificación), o que
contribúe a conservar os edificios residenciais (rehabilitación privada).
17. Subsisten problemas especialmente nalgúns barrios, onde ao
envellecemento da poboación e o baixo nivel de renda, se unen a
marxinación social e a conformación de áreas cunha forte concentración
de inmigrantes, o que dificulta a súa integración no conxunto da
sociedade.
18. 3. CAMBIOS DE USO NO SOLO URBANO
Os usos do solo son as diferentes utilizacións do espazo urbano:
comercial e de negocios, residencial, industrial, de equipamento, etc.
3.1 CIDADE PREINDUSTRIAL
Na cidade preindustrial (dende a súa orixe ata mediados do século XIX)
o casco antigo era a parte da cidade urbanizada. Ocupaba unha
pequena superficie da cidade actual, pero ten un gran valor polo legado
cultural que contén. Nesta época os usos do solo eran moi diversos
(multifuncionalidade)
A cidade preindustrial sufriu sufriu notables modificacións como resultado
do proceso de industrialización que tivo lugar entre mediados do século
XIX e a década de 1960. O casco antigo experimentou unha progresiva
terciarización e consolidouse como centro comercial e de negocios na
cidade. O resultado foi o desprazamento dos usos residenciais e a
deterioración dos edificios pola contaminación e o tráfico.
20. 3.2. A CIDADE INDUSTRIAL
As cidades que nesta época implantaron industrias atraeron unha numerosa
poboación campesiña e estendéronse creando ensanches para a burguesía,
barrios industriais e obreiros, e barrios axardinados que creceron arredor
do ensanche.
Os barrios-xardín (exemplo: Cidade Lineal de Arturo Soria en Madrid) debidos
ás ideas naturalistas. Tratábase de vivendas destinadas ás clases medias e
baixas. Co posterior crecemento da cidade, estes espazos quedaron situados
en zonas relativamente céntricas, o que favoreceu a súa revalorización e o
seu cambio de uso por exemplo, gardarías ou clínicas privadas.
Na década de 1960, as principais cidades españolas iniciaron un enorme
crecemento. As cidades ampliaron a área edificada e crearon extensas
periferias. Estas áreas urbanas chegaron a unirse ás veces cos municipio
veciños, constituíndo aglomeracións urbanas (conurbacións e áreas
metropolitanas).
25. 3.3. CIDADE POSTINDUSTRIAL
Na actualidade (época postindustrial) algunhas zonas industriais e
barrios obreiros quedaron nunha posición céntrica, o que revalorizou o
solo que ocupan, dando lugar ao baleirado industrial e aparición de usos
terciarios ou residenciais.
26. Nos últimos anos, as grandes cidades teñen un ritmo de crecemento
menor, pero continúan estendéndose no espazo, debido á difusión de
parte da súa poboación e da súa actividade económica cara a periferias
cada vez máis afastadas. Estas periferias estrutúranse en diferentes
áreas: barrios residenciais, áreas industriais e áreas de equipamento
27. Os barrios residenciais da periferia responden a diversas tipoloxías e
presentan bastante homoxeneidade social derivada do prezo do solo e da
distancia ao centro: barrios marxinais, de vivendas de promoción oficial,
polígonos de vivenda de promoción privada, barrios de quinteiro
pechado, áreas de vivenda unifamiliar.
31. As áreas industriais localízanse xunto ás principais vías de acceso á
cidade, buscando a proximidade urbana e solo abundante a prezo
alcanzable. Tamén inclúen espazos industriais novos, como parques
empresariais e tecnolóxicos, en áreas de gran calidade ambiental; ou
polígonos industriais de naves acaroadas destinados a empresas con
menos recursos.
33. As áreas de equipamento son froito da actual descentralización das
actividades económicas cara á periferia urbana: grandes superficies
comerciais, centros escolares, sanitarios e administrativos e outros
servizos.