Iaf133IGADIO IAF é o boletín trimestral do Fondo Galego. No número 133, nº2 da época dixital, poderás atopar toda a información sobre os últimos meses de vida da asociación municipalista e as novidades que veñen para o 2014, xunto a unha entrevista con Helena Villar Janeiro
2018 convocatoria pcrEnxeñería Sen Fronteiras GaliciaConvocatoria 3 prazas Programa de Coñecemento da Realidade 2018 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Enxeñería Sen Fronteiras GaliciaTrátase da convocatoria de 4 prazas para o Programa Coñecemento da Realidade 2017 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Convocatoria pcr 2016Enxeñería Sen Fronteiras GaliciaConvocatoria 2016 das prazas do Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
2018 convocatoria pcrEnxeñería Sen Fronteiras GaliciaConvocatoria 3 prazas Programa de Coñecemento da Realidade 2018 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Enxeñería Sen Fronteiras GaliciaTrátase da convocatoria de 4 prazas para o Programa Coñecemento da Realidade 2017 de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Convocatoria pcr 2016Enxeñería Sen Fronteiras GaliciaConvocatoria 2016 das prazas do Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Invitacion cafe coruna 2020satelite1Este documento invita a los interesados a unirse a un café virtual el 28 de octubre a las 19:00 horas para conocer nuevos materiales y recursos educativos de la campaña Entreculturas y escuchar la experiencia de un docente venezolano sobre la educación para la solidaridad. Los materiales del curso 2020/2021 se compartirán con los asistentes para trabajar estos temas en el aula.
8 marzo actividades.docxsatelite18 marzo proposta actividades
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1Este documento presenta las historias de 25 mujeres deportistas españolas que han roto barreras e inspirado a otras. En la primera sección, se describe cómo la historia de Alejandra, una niña de 10 años apasionada por el deporte pero que dudaba de sí misma, inspiró la creación de este libro para presentarle historias de mujeres deportistas reales. La segunda sección presenta la biografía de Lilí Álvarez, la primera mujer española en competir en los Juegos Olímpicos en tenis. La tercera sección brinda una breve introducción
A voz do xestalsatelite1A Voz do Xestal. CPIP Virxe da Cela. Monfero.
Calendarioescolar20202021satelite1Este documento presenta un calendario escolar para el año 2020/2021 que destaca Días Internacionales relacionados con la justicia y la solidaridad global. Cada mes señala al menos un Día Internacional con fotografías que ilustran la temática. El calendario incluye también un mapa político del mundo para que los estudiantes se sitúen como ciudadanos globales. El proyecto proporciona carteles y material didáctico para trabajar las temáticas de los días señalados.
Asamblea cierre 2020satelite1La asamblea de cierre del curso 19-20 se llevará a cabo el jueves 4 de junio de 2020 de 18:00 a 20:00 horas a través de la plataforma Zoom. El evento es organizado por la Red de Entreculturas y contará con la participación de personas de Asturias y Galicia.
1. I EDICIÓN DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN
PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL
Convocado pola Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento co
apoio e financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa
Unión Europea da Xunta de Galicia
APARTADO 1. OBXECTO DO PREMIO
Premiar experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas
realizadas durante o curso escolar 2019-2020 ou 2018-2019, destinadas a
sensibilizar, formar, concienciar, desenvolver un espírito crítico e fomentar a
participación activa da comunidade educativa na consecución dunha cidadanía
global, solidaria e comprometida coa erradicación da pobreza e das desigual-
dades sociais, as súas causas e consecuencias e en prol da xustiza global (social,
económica, política, ambiental) e do desenvolvemento humano e sostible1
.
APARTADO 2. FINALIDADE DO PREMIO
O premio ten unha tripla finalidade:
• Recoñecer o labor e o esforzo realizado pola comunidade educativa
dos centros de ensino galegos para poñer en práctica a Educación para o
Desenvolvemento e Cidadanía Global nas aulas.
• Promover e fomentar a integración da Educación para o Desenvolve-
mento e Cidadanía Global na educación regrada galega.
• Crear sinerxías e redes galegas entre as comunidades educativas (funda-
mentalmente profesorado) interesadas nas cuestións abordadas dende a
Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
1 EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL: A Educación para a Cidadanía
Global (ECG) forma parte das pedagoxías que pretenden afrontar os grandes retos do século XXI. Os seus
contidos identifícanse co tratamento global das desigualdades e a posta en valor da diversidade e están orien-
tados a diferentes públicos e a persoas de todas as idades, sexos e culturas. Lévase a cabo en todos os ámbitos
da educación (formal, informal, non formal), tanto en centros educativos regrados (escolas, institutos e univer-
sidades) como en espazos de lecer e tempo libre, lugares de traballo, o ámbito familiar, en tecidos asociativos e
mesmo nos medios de comunicación. Trátase dun concepto vivo e dinámico, suxeito ao cambio, tanto na teoría
como na práctica, xa que ao longo da súa historia foi evolucionando vencellado ás perspectivas ou enfoques
da mesma. Dende a Coordinadora Galega de ONGD, entendemos a ECG como un proceso socio-educa-
tivo enca¬miñado a xerar conciencias críticas. Isto implica facer a cada persoa responsable e activa co fin de
construír unha nova sociedade civil comprometida coa solidariedade, entendida esta como corres¬ponsabi-
lidade, e coa construción dun mundo onde a equidade e a igualdade de oportunidades estean aseguradas,
onde prevaleza a cultura da paz e as relacións estean baseadas na ética dos coidados e no principio de non
discriminación, solidariedade e cooperación. A ECG ten por obxectivo, pois, crear unha cidadanía que participe
activamente na transformación da sociedade dende o ámbito persoal, comunitario e político. Temáticas que
aborda a ECG: Interdependencia, Globalización, Corresponsabilidade, Xustiza social, Pobreza, Comercio Xusto,
Consumo Responsable, Economía Social, Estilos de vida sostibles, Cambio Climático, Medioambiente, Obxec-
tivos de Desenvolvemento Sostible, Decrecemento, Interculturalidade, Resiliencia comunitaria, Cultura de Paz,
Resolución de conflitos, Dereitos Humanos, Xénero, Coeducación, Democracia, Participación, Valores solidarios,
Medios de comunicación, Cidadanía dixital, Movementos Sociais, Minorías e Colectivos vulnerables, Diversi-
dades, Desigualdade social, Discriminación, Exclusión social, Alteridad…
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
2. APARTADO 3. A QUEN SE DIRIXE
Poderanse presentar docentes ou equipos de docentes de centros de ensino
galegos de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñe-
cidos pola Consellería de Educación, dos niveis de Educación Infantil, Educación
Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profe-
sional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.
APARTADO 4. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
O premio constará de dúas categorías:
• Categoría A: Educación Infantil e Primaria.
• Categoría B: E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensi-
nanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.
Cada unha das categorías comprende aquelas experiencias desenvolvidas
en centros que integren as ensinanzas indicadas: colexios rurais agrupados, centros
de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educa-
ción primaria, centros públicos integrados, institutos de educación secundaria,
centros integrados de formación profesional e centros privados de infantil, primaria,
secundaria e formación profesional, réxime especial e ensinanzas artísticas.
Cada centro poderá presentar tantas experiencias como desexe (experiencias
a nivel centro, a nivel aula, inter-aulas, inter-centro, etc.).
APARTADO 5. CONTIDO E DOTACIÓN DO PREMIO
Premiaranse 2 experiencias educativas, unha de cada categoría, que recibirán:
1. Elemento distintivo para o centro.
2. Diploma para o profesorado e alumnado implicado.
3. Publicación da experiencia premiada.
4. Asistencia para o profesorado participante ao Acto de Entrega
de Premios, que consistirá nunha xornada lúdico-pedagóxica, en formato
encontro e que servirá para coñecer e compartir as experiencias
gañadoras e finalistas2
.
Excepcionalmente, os premios (dunha ou das dúas categorías) poderán ser
declarados desertos no caso de que o xurado non atope a calidade suficiente
para outorgalos.
Este premio é compatible coa concesión de calquera outro premio do que
sexa beneficiario o centro ou o profesorado.
2 Por mor da COVID-19 o formato do encontro poderá ser de carácter presencial en aforo reducido ou
virtual segundo a situación social e sanitaria do momento no que se celebre.
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
3. APARTADO 6. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes e documentación comezará o mesmo
día da publicación das bases na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD
(https://galiciasolidaria.org/) e rematará o 30 de novembro de 2020 ás 23:59h.
A solicitude e documentación deberá presentarse por correo electrónico
antes do remate do prazo no seguinte enderezo:
premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto “Categoría A“
ou “Categoría B”, segundo corresponda.
APARTADO 7. DOCUMENTACIÓN
Será necesaria a presentación dos Anexos I e II, que se describen a continuación:
I. Certificación (segundo o modelo Anexo I destas bases) asinada pola
persoa responsable da dirección do centro no que se desenvolveu a expe-
riencia, na que figuren:
• Os datos do Centro Educativo no que se inxire a experiencia.
• Os datos (nome, apelidos e DNI) do profesorado que se presenta ao premio
(unha soa certificación tanto sexan un ou varios docentes implicados). Entre
estes docentes designarase unha persoa coordinadora, que se responsabilizará
da documentación e a organización da información que se incorpore á memoria
que se presente.
• Certificación de que o centro conta con autorización para o uso das imaxes
dos/as menores participantes no traballo, se as houber.
II. Memoria descritiva da Experiencia (segundo o modelo Anexo II destas
bases) que se aportará en formato pdf.
Aclaracións sobre a memoria descritiva.
A memoria estará elaborada polo/a docente ou equipo de docentes que se
presenten ao premio. Deberá estar redactada en lingua galega, tipografía
Arial 11, entreliñado 1,5. Poderanse incluír fotografías, gráficos e ligazóns.
A memoria axustarase á seguinte estrutura:
- Datos da experiencia/proxecto
- Índice (paxinado)
- Xustificación (descrición dos méritos que fan a experiencia candidata ao
premio e vínculo coa Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global)
- Descrición da experiencia (ocupará unha extensión máxima de 20 páxinas
numeradas) que se considere máis salientable (incluíndo):
1. Obxectivo/s. Descrición do obxectivo ou obxectivos xerais e/ou especí-
ficos que se pretende acadar coa mesma.
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
4. 2. Finalidade/s. Explicar si a finalidade da experiencia ten que ver coa sensi-
bilización e concienciación; coa investigación; coa formación; coa mobilización
social e a incidencia política. Sendo posible traballar varias ou todas as finali-
dades.
3. Contexto. Expresarase a necesidade ou dificultade que motivou a posta
en práctica da experiencia e o seu vínculo co contexto socioeducativo
do alumnado ou centro educativo.
4. Profesorado implicado. Descrición do número de profesorado parti-
cipante, a súa especialidade e breve especificación das funcións/tarefas
realizadas por cada un/unha.
5. Alumnado implicado. Descrición do número de alumando, especificando
curso/s e aula/s e o seu rol no marco da experiencia.
6. Aprendizaxe activa. Descrición das estratexias e metodoloxías empre-
gadas para favorecer a participación activa do alumnado. Se é o caso,
incluiranse as medidas adoptadas co alumnado con necesidades específicas de
apoio educativo.
7. Transcendencia. Descrición da implicación na experiencia do resto
da comunidade educativa: familias, Concello, AMPAS, ONG, asociacións, etc.;
Sinerxías ou traballo en rede con outros centros; Logros que transcenderon
as aulas si os houbera.
8. Produto final. Se os houbera, descrición e visibilización dos elementos/
traballos/materiais propios elaborados no proceso de ensinanza-aprendizaxe
(débense achegar como anexos ou inxeridos na propia memoria para poder
valorar).
9. Avaliación. Valoración do logro acadado polo alumnado, profesorado e
resto da comunidade educativa no desenvolvemento da experiencia. Farase
fincapé nas repercusións organizativas, pedagóxicas e programáticas da meto-
doloxía do traballo. Indicaranse tamén as perspectivas de mellora do proxecto
de cara ao futuro.
10. Impacto. Visibilidade do proxecto, presenza pública a través dos medios
de comunicación, nas redes sociais e publicacións, exposicións etc.
11. Conclusións ou outras achegas relevantes non incluídas nos apartados
anteriores.
APARTADO 8. CRITERIOS DE SELECCIÓN
A valoración realizarase unicamente a través da memoria presentada a esta
convocatoria, polo que calquera outro dato de interese que non conste ou
non se cite non será tido en conta.
Valoraranse todos aqueles aspectos que describan accións concretas, meto-
doloxías aplicadas e logros acadados. Non se valorarán aspectos retóricos,
descricións baleiras e teorías pedagóxicas sen visibilidade da súa aplicación na
aula. Os criterio de valoración das experiencias estableceranse en dúas fases:
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
5. Fase 1: Aplicaranse criterios eliminatorios para filtrar que as experiencias
candidatas:
a) Respondan á temática de Educación para o Desenvolvemento a Cidadanía
Global garantindo que non pasen a finalistas experiencias doutros temas ou que
contemplen valores opostos á EPDCG.
b) Que se cumpran os aspectos formais indicados nas bases (documentación
a achegar, idioma, formatos, etc.)
A fase 1 nos dará dúas categorías de experiencias, Apta ou Non apta.
As experiencias “APTAS” pasarán á segunda e última fase de valoración.
Fase 2: Valoración das experiencias “Aptas”:
As experiencias poderán obter unha valoración máxima de 100 puntos,
segundo os seguintes criterios:
A) Centros educativos de titularidade pública
2
PUNTOS
B) En canto a obxectivos
ATA 10
PUNTOS
C)
En canto a finalidades (sensibilización, educación, investigación,
mobilización social e incidencia política)
ATA 10
PUNTOS
D)
En canto a metodoloxías (carácter innovador, orixinalidade,
coherencia, etc.)
ATA 10
PUNTOS
E) En canto a competencias, contidos e temáticas traballadas
ATA 10
PUNTOS
F)
En canto ao nivel de implicación da comunidade educativa:
profesorado, alumnado e outros colectivos
ATA 10
PUNTOS
G)
En canto ao grao de colaboración/coordinación interdisciplinar
e vínculos con outros proxectos/iniciativas do propio centro
ATA 10
PUNTOS
H)
En canto a sinerxías e traballo en rede con outras experien-
cias e/ou centros educativos
ATA 10
PUNTOS
I) En canto ao Impacto (efectos e aprendizaxes xerados)
ATA 10
PUNTOS
J)
En canto ás posibilidades de replica (aplicación da a expe-
riencia noutros contextos e/ou noutras etapas educativas)
ATA 8
PUNTOS
K)
En canto a materiais creados ou xerados na experiencia
(teñen que ser anexados ou inxeridos na memoria para
poder valorar)
ATA 10
PUNTOS
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
6. APARTADO 9. XURADO
O xurado será diverso e plural. Para garantir unha representatividade o máis
semellante á realidade, o xurado estará composto como mínimo por un 60%
de mulleres, xa que tanto o sector da cooperación galega como o eido educa-
tivo son dous sectores moi feminizados. Estará formado por 6 persoas, das
cales:
• 1 membro da equipa directiva da Coordinadora Galega de ONGD.
• 1 persoal técnico da Coordinadora Galega de ONGD.
• 1 representante da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión
Europea ou da Cooperación Galega.
• 2 persoas galegas expertas en Educación para o Desenvolvemento e
Cidadanía Global.
• 1 docente con experiencia en desenvolver proxectos de EPDCG que non
presente candidatura nesta convocatoria.
APARTADO 10. RESOLUCIÓN
A comisión de selección composta polo xurado designado, unha vez avaliadas
as solicitudes presentadas, emitirá unha resolución provisional dos premios
concedidos no prazo máximo dun mes (31 decembro 2020). Esta resolución
provisional poderá consultarse na web da Coordinadora Galega de ONGD así
como será notificada por correo electrónico a todas as candidaturas que fosen
presentadas en tempo e forma.
A partir do día seguinte ao da publicación da resolución provisional dos
premios, abrirase un prazo para presentar as alegacións ou reclamacións que
se consideren oportunas. Este prazo estará aberto entre o 1 e o 15 de xaneiro
(ambos incluídos). Unha vez revisadas as alegacións ou reclamacións, a comi-
sión de selección elevará a proposta definitiva de resolución dos premios
concedidos ao Presidente da Coordinadora Galega de ONGD, quen ditará
resolución.
A resolución definitiva de concesión de premios se publicará a 31 de xaneiro
de 2021. Na mesma se indicarán as experiencias gañadoras en cada categoría,
publicarase na páxina web da Coordinadora Galega de ONGD, e do mesmo
xeito, se fará chegar unha notificación por correo electrónico a todas as expe-
riencias que presentaran a súa candidatura nos tempos e formas indicados
nesta convocatoria3
.
3 Por mor da COVID-19, esta comisión, gárdase a opción de posibles variacións dos prazos para as distintas
fases do proceso do Premio, sendo estas publicadas como *AVISOS á convocatoria do mesmo, de ser o caso.
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627
7. APARTADO 11. DIFUSIÓN DAS EXPERIENCIAS
A presentación a esta convocatoria implicará, no caso dos traballos premiados,
o compromiso de participación nas accións de difusión que se organicen, así
como a cesión a favor da Coordinadora Galega de ONGD dos dereitos de
edición e publicación das experiencias
No caso de que os/as autores/as decidisen publicar os traballos premiados por
outras vías, poderán facelo unha vez se realice o acto de entrega de premios
e deberán facer constar na publicación o nome e o logo do premio concedido.
Os/as autores/as quedarán comprometidos a realizar as modificacións precisas
nos documentos finais e/ou subministrar os ficheiros de código fonte necesarios
para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis axeitado.
APARTADO 12. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados, na súa
condición de responsable, pola Coordinadora Galega de ONGD coa finalidade
de levar a cabo o proceso de concesión deste premio.
Así mesmo, as experiencias presentadas serán incorporadas ao Mapa Galego de
Experiencias de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global no marco
do proxecto “Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros
educativos que traballan educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
en Galicia”, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia con fins divul-
gativos e de investigación, que se poderá consultar na ligazón https://emapic.es/
custom/epd-experiencias.O tratamento dos datos baséase no cumprimento da Lei
Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía
dos dereitos dixitais e no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e
do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que
respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo
que se derroga a Directiva 95/46CE (Regulamento xeral de protección de datos).
As/os autoras/es poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
supresión, limitación do tratamento e oposición dos seus datos, poñéndose
en contacto coa Coordinadora Galega de ONGD no enderezo electrónico:
premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto: LOPD.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020.
FinanciaConvoca
Bases 2020
máis información en:
galiciasolidaria.org
premiogalegoed@
galiciasolidaria.org
981 585 189
618 626 627