1. Cámbianos, Señor!
Converte ti a nosa mirada para que saibamos
discernir a túa nova e imprevisible presenza cada
mañá, nas nosas casas e nos nosos lugares de
traballo ou estudo, á porta do noso corazón e das
nosas ocupacións, á porta da vida diaria.
Móstranos como basta con moi pouco, como
apenas basta con nada, para sentirte moi próximo.
Un encontro, un sorriso, unha mirada, un apertón de
mans, un paxaro, unha flor, unha nube, unha posta
de sol, unha palabra, un silencio, unha oración, a
risa dun neno, unha carta, unha chamada de
teléfono, unha comida en familia.... Basta con moi
pouco, basta con case nada.
- Convértenos á mirada da túa fe, abre os nosos
ollos para que vexan a claridade da túa presenza na
sombra gris do día a día; abre os nosos oídos para
que oian o discreto alento do teu paso no rumor do
cotián.
- Convértenos Señor, cámbianos o corazón.
Evanxeo
5-decembro-2010
2º-Advento-A
2. LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO SAN
MATEU (Mt. 3, 1-12)
Narrador: Por aquel tempo, Xoán Bautista presentouse no deserto de
Xudea, predicando:
Bautista: -«Convertédevos, porque está cerca o Reino dos Ceos.» Este
é o que anunciou o profeta Isaías, dicindo: - «Unha voz grita no
deserto: "Preparade o camiño do Señor, achanzade os seus
sendeiros."
Narrador: Xoán levaba un vestido de pel de camelo, cunha correa de
coiro no van, e alimentábase de saltóns e mel bravo.
E acudía a el toda a xente de Xerusalén, de Xudea e do val do Xordán;
confesaban os seus pecados; e el bautizábaos no Xordán.
Ao ver que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase,
díxolles:
Bautista: - « Raza de víboras!, quen vos ensinou a escapar do castigo
inminente? Dade o froito que pide a conversión. E non vos
fagades ilusións pensando: "Abrahán é o noso pai", pois dígovos que
Deus é capaz de sacar fillos de Abrahán destas pedras. Xa está a
machada na base das árbores, e toda árbore que non dá bo froito
será cortada e botada ao lume.
Eu bautízovos con auga para que vos convertades, pero o que vén
detrás de min pode máis ca min, e eu non merezo nin levarlle as
sandalias. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.
El ten a forcada na man para limpar a súa eira, reunirá o seu trigo na
hucha e queimará a palla nunha fogueira que non se apaga.»
¡PREPARÁDELLE o camiño… CONVERTÉDEVOS, MELLORADE…!
1. Ver: Imos cambiando:
+ Cada un de nós somos o mesmo ao longo dos anos. Pero se botamos unha ollada ás
fotos antigas vemos que imos cambiando. En que cambiaches fisicamente nos últimos
anos? E na túa forma de pensar, no trato cos amigos e nos estudos? Todo o mundo
cambia. ….
2. XULZGAR: “Convertédevos, cambiade”:
+ Hoxe o evanxeo fálanos de Xoán Bautista, un profeta moi austero que vivía
no deserto. Anunciaba que Deus está moi cerca. E invitaba a prepararse. Como?
Dicíalles: “convertédevos”.
+ Que é converterse? Cambiar, cambiar a conduta, mellorar, cambiar o
corazón retirando o malo que hai nel e poñendo a Deus. Hai quen di: “eu non fago
mal a ninguén”, “eu non son como…., eses si que teñen defectos… Como te ves a ti
mesm@? Ves os teus defectos? Cústache mellorar como fill@, como amig@ ou como
cristián/á?
3. ACTUAR: Cambiemos o corazón.
+ Alguén de mozo pedía a Deus cambiar o mundo; de maior, aos que estaban ao lado; e
ultimamente, xa de vello, conformábase con pedir que Deus o axudase a cambiarse a si
mesmo…
Que podes ti mellorar en ti neste Advento? E no ambiente en que vives?
+Dibujamos en una cartulina un corazón escribiendo que podemos cambiar como grupo.
ESCENIFI-
CACIÓN DO
EVANXEO
1.O evanxeo pode
ser escenificado
cun mozo que
represente a Xoán
Bautista
predicando e
chamando á
conversión.
2.Un grupo de
rapaces/zas poden
representar, con
mímica, os
montes que se
humillan ou
descenden. Os
adversarios danse
a man. A alegría
no rostro, etc.
3.Un cartel
“CAMBIADE O
CORAZÓN”,
sensibilízanos á
eucaristía.
8 de decembro
INMACULADA CONCEPCIÓN.
MARÍA, SEÑORA DO SI
María, Señora do SI.
María, Nai, Muller forte e boa.
Ti inspírasme confianza.
Gústanme moitas cousas de Ti
Gústame a túa valentía para dicir si,
sen condicións...
E a túa humildade, pobreza e sinxeleza.
Ti só apareces para axudar e servir,
para cumprir a túa misión de nai.
Ti criches e fiácheste de Deus.
Axúdame a ter unha alma grande
na que caiban todos.
Quero ter sempre o corazón limpo
no que non agrome senón o ben.
Quero ser forte na dificultade.
Axúdame a dicir si, coma Ti, María.