1. Humanidade e medio ambiente
❖ Recursos e impactos
❖ Historia das relacións entre a humanidade e o medio ambiente
2. Humanidade e medio ambiente
Interrelacións entre a humanidade, a tecnoloxía e o medio ambiente
3. Humanidade e medio ambiente
Clasificación dos recursos naturais
Recursos naturais son todos aqueles bens materiais e servizos que proporciona a natureza:
materias primas, enerxía, alimentos, etc.
4. Humanidade e medio ambiente
Impacto ambiental
Defínese como “Modificación na composición ou nas condicións do entorno”
É producido pola acción humana
Xera transformacións no entorno natural, alterando a calidade inicial do mesmo
6. Humanidade e medio ambiente
Causas máis frecuentes dos impactos ambientais
✦ Cambios de uso do solo
✦ Contaminación
✦ Cambios na biodiversidade
✦ Sobreexplotación de recursos
✦ Abandono de actividades humanas
7. Humanidade e medio ambiente
Clasificación dos impactos ambientais: tendo en conta o subsistema que se ve afectado
8. Humanidade e medio ambiente
Os impactos ambientais e a “traxedia dos comúns”
Os recursos comunales, que non teñen dono particular (o aire, os océanos, os bosques, a pesca, a auga
limpa, etc.), acaban desaparecendo ou escaseando xa que como son propiedade colectiva, “se algo é de
todos, nadie o coida".
9. Humanidade e medio ambiente
Clasificación dos impactos ambientais: tendo en conta a súa extensión territorial
* Locais: contaminación nunha cidade, un verquido puntual,
construcción dunha estrada, etc
* Rexionais: mareas negras, chuvia ácida, contaminación radiactiva
dunha área extensa, etc.
* GLOBAIS: Deterioro da capa de ozono, aumento efecto invernadoiro,
cambio climático, perda de biodiversidade, estrés hídrico.
10. Humanidade e medio ambiente
Historia da relación humanidade - medio ambiente:
evolución da poboación mundial
11. Humanidade e medio ambiente
Historia da relación humanidade - medio ambiente: Sociedade cazadora e recolectora
• Poboacións nómadas, que teñen que emigrar en busca dos recursos.
• Duras condicións de vida que limitan a esperanza de vida e o tamaño de poboación (enfermidades,
depredadores naturais, inclemencias do tempo e a escasez de recursos).
• Tecnoloxía rudimentaria: ferramentas de pedra, madeira e no final do periodo, de metal.
• As entradas e saídas de materia e enerxía están equilibradas neste subsistema, a especie humana e
unha máis nos ecosistemas naturais.
• Gasto enerxético mínimo, a maior parte provén dos alimentos (endosomática); a enerxía
exosomática consiste no uso do lume para quecerse e espantar ás fieras .
• Mínimo impacto ambiental.
12. Humanidade e medio ambiente
Historia da relación humanidade - medio ambiente: Sociedade agricultora e gandeira
• A aparición da agricultura e da gandería (REVOLUCIÓN NEOLÍTICA) propicia o sedentarismo das poboacións, xorden as cidades
• As melloras das condicións de vida propicia un gran aumento da poboación mundial (x10)
• Especialización de tarefas (oficios), aparece o comercio e hai un gran desenvolvemento tecnolóxico: (dominio dos metais e ferramentas
cada vez máis sofisticadas)
• Maior uso dos recursos naturais: solos para cultivar e construir, auga para rega, extracción de minerais para obter metais, etc.
• Maior uso de recursos enerxéticos exosomáticos, aínda que son renovables: enerxía hidráulica e e eólica (muíños, transporte, etc),
enerxía dos animais
• Maior impacto ambiental, debido ás explotacións agrícolas e gandeiras e ó establecemento das cidades: deforestación, erosión, perda
de biodiversidade.
13. Humanidade e medio ambiente
Historia da relación humanidade - medio ambiente: Sociedade industrial e teconolóxica
• La Revolución Industrial lleva a grandes avances agrícolas,
tecnolóxicos, médicos, etc. que xeran mellores condicións
de vida: crecemento exponencial da poboación humana,
concentración en grandes urbes.
• SOCIEDADE DE CONSUMO ACTUAL,
especialización dos oficios, desenvolvemento do comercio,
gran produción industrial, alto grao de desenvolvemento
tecnolóxico (diversidade de productos e utensilios -non
sempre útiles e case sempre prescindibles-)
• GRAN IMPACTO AMBIENTAL: residuos,
contaminación, esgotamento de recursos, perda de
biodiversidade e deforestación
• ELEVADO GASTO ENERXÉTICO: ata 250.000 Kcal
por persoa e día, mantido por recursos non renovables
(carbón, petróleo, uranio), neste sistema a enerxía que sae
é moito maior que a que entra, polo tanto non poderá
manterse de forma indefinida no tempo (insustentable).
14. Humanidade e medio ambiente
Historia da relación humanidade - medio ambiente: gráfico resumo