ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de APAs
Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos
CONFAPA GALICIA
(Fundada en 1987 polas Federacións Provinciáis de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra)
Rúa Orzán, 21. 15003 A Coruña Tlf. 981202002 - Fáx. 981201962
Correo-e: confapagalicia@confapagalicia.org
1
CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de ANPAS formada polas
Federacións Provinciais de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, Lugo,
Ourense e Pontevedra) en relación coa Orde de 22 de maio de 2015 pola
que se convocan axudas para a adquisición dos libros de texto
destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de primaria e 1º e 3º
de Secundaria.
MANIFESTA:
• Desde o ano 1998 esta Confederación, (CONFAPA), loitou pola
gratuidade universal dos libros de texto, participando activamente na
recollida de 600.000 firmas que fixo que levase ao Parlamento unha
iniciativa lexislativa popular que culminou en Galicia coa gratuidade
universal dos libros de texto no ano 2003, implantándose gradualmente
cun sistema de préstamo para todo o alumnado, dereito consagrado no
Artº 27 da Constitución”o ensino básico é obrigatorio e
gratuíto”. Coa chegada ao goberno da Xunta do Partido Popular no ano
2009 suprímese o programa de préstamo universal para establecer só
axudas puntuais e insuficientes para a compra e utilización de libros
para aquelas familias que non superan un determinado limiar de renda.
• A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social á que como pais
e nais preocupados pola calidade do sistema educativo e da igualdade
de oportunidades non imos renunciar.
En relación coa Orde de 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo
solidario de libros de texto.
MANIFESTA:
• As ANPAS creamos os primeiros bancos de libros desde o momento en
que a Consellería de Educación da Xunta suprime a gratuidade dos
libros de texto. Estes libros son propiedade das familias que
intercambian de maneira ordenada, cos criterios establecidos nas súas
Asembleas, e de maneira solidaria e universal os libros de texto. De
ningunha maneira poden ser considerados os libros destes bancos
propiedade do Centro Educativo, como pretende a Consellería.
• Neste Curso só accederán ás axudas os cursos pares de primaria e os
impares de ESO, polo que os manuais de 3º e 5º de EP e de 2º e 4º de
ESO deben ser devoltos ao Centro, quen xestionará o uso de libros do
seu fondo solidario; podendo solicitar a colaboración da ANPA para
realizar as funcións da recollida dos libros de texto, inventario,
clasificación e entrega dos lotes de libros ao alumnado. Artigo 4. 2.
Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de APAs
Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos
CONFAPA GALICIA
(Fundada en 1987 polas Federacións Provinciáis de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra)
Rúa Orzán, 21. 15003 A Coruña Tlf. 981202002 - Fáx. 981201962
Correo-e: confapagalicia@confapagalicia.org
2
• Ao noso xuízo o que pretende a Consellería é constituír un fondo de
libros de maneira que á conta do banco de libros, solidarios e
univeresáis, das ANPAS substitúanse os manuais estragados, os que
non son devoltos ou os que habería que repor porque aumentou o
número de alumnos deses niveis educativos, evitando así o gasto
económico que tería que realizar e negando a outras familias, que non
son beneficiarias das escasas axudas, o dereito a continuar
co intercambio solidario de libros que iniciaron e valoramos en todos os
aspectos e na medida que recoñecen que o ensino básico é obrigatorio
e gratuíto para todas as persoas.
Entendemos que:
1. Os fondos solidarios dos libros de texto dos Centros deben estar
xestionados polo Centro; isto é, cos medios humanos de que dispón ou
os que a Consellería queira ou deba pór a disposición dos directores.
2. Non temos por qué saber as ANPAS quen foron os beneficiarios das
axudas ou quen o serán para o próximo curso (datos que manexaremos
se facemos a recollida e entrega dos libros).
3. É necesario manter ou crear os bancos de libros das ANPAS por un
principio de solidariedade, xustiza social e igualdade no exercicio do
dereito á educación.
Para finalizar,
SOLICITAMOS
-- Aos Consellos Escolares dos Centros e á Administración Educativa que
se manteñan os mesmos libros de texto utilizados no curso 2014/15.
-- Á Consellería de Educación e ao goberno da Xunta de Galicia a volta ao
sistema de préstamo universal e gratuíto dos libros de texto nas etapas do
ensino obligatorio, que foi unha conquista histórica do movemento
asociativo de nais e país que representa esta Confederación e do conxunto
da nosa comunidade educativa.
-- O remate dos recortes orzamentarios e de plantillas no Ensino Público.
-- A urxente derrogación da LOMCE e a paralización do seu despliegue en
Galicia.
XUNTA DIRECTIVA DA CONFAPA.

More Related Content

Comunicado bancos de libros

  • 1. Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de APAs Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos CONFAPA GALICIA (Fundada en 1987 polas Federacións Provinciáis de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) Rúa Orzán, 21. 15003 A Coruña Tlf. 981202002 - Fáx. 981201962 Correo-e: confapagalicia@confapagalicia.org 1 CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de ANPAS formada polas Federacións Provinciais de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) en relación coa Orde de 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición dos libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de primaria e 1º e 3º de Secundaria. MANIFESTA: • Desde o ano 1998 esta Confederación, (CONFAPA), loitou pola gratuidade universal dos libros de texto, participando activamente na recollida de 600.000 firmas que fixo que levase ao Parlamento unha iniciativa lexislativa popular que culminou en Galicia coa gratuidade universal dos libros de texto no ano 2003, implantándose gradualmente cun sistema de préstamo para todo o alumnado, dereito consagrado no Artº 27 da Constitución”o ensino básico é obrigatorio e gratuíto”. Coa chegada ao goberno da Xunta do Partido Popular no ano 2009 suprímese o programa de préstamo universal para establecer só axudas puntuais e insuficientes para a compra e utilización de libros para aquelas familias que non superan un determinado limiar de renda. • A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social á que como pais e nais preocupados pola calidade do sistema educativo e da igualdade de oportunidades non imos renunciar. En relación coa Orde de 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto. MANIFESTA: • As ANPAS creamos os primeiros bancos de libros desde o momento en que a Consellería de Educación da Xunta suprime a gratuidade dos libros de texto. Estes libros son propiedade das familias que intercambian de maneira ordenada, cos criterios establecidos nas súas Asembleas, e de maneira solidaria e universal os libros de texto. De ningunha maneira poden ser considerados os libros destes bancos propiedade do Centro Educativo, como pretende a Consellería. • Neste Curso só accederán ás axudas os cursos pares de primaria e os impares de ESO, polo que os manuais de 3º e 5º de EP e de 2º e 4º de ESO deben ser devoltos ao Centro, quen xestionará o uso de libros do seu fondo solidario; podendo solicitar a colaboración da ANPA para realizar as funcións da recollida dos libros de texto, inventario, clasificación e entrega dos lotes de libros ao alumnado. Artigo 4. 2.
  • 2. Cofundadora e ntegrada na Confederación Española de APAs Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos CONFAPA GALICIA (Fundada en 1987 polas Federacións Provinciáis de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) Rúa Orzán, 21. 15003 A Coruña Tlf. 981202002 - Fáx. 981201962 Correo-e: confapagalicia@confapagalicia.org 2 • Ao noso xuízo o que pretende a Consellería é constituír un fondo de libros de maneira que á conta do banco de libros, solidarios e univeresáis, das ANPAS substitúanse os manuais estragados, os que non son devoltos ou os que habería que repor porque aumentou o número de alumnos deses niveis educativos, evitando así o gasto económico que tería que realizar e negando a outras familias, que non son beneficiarias das escasas axudas, o dereito a continuar co intercambio solidario de libros que iniciaron e valoramos en todos os aspectos e na medida que recoñecen que o ensino básico é obrigatorio e gratuíto para todas as persoas. Entendemos que: 1. Os fondos solidarios dos libros de texto dos Centros deben estar xestionados polo Centro; isto é, cos medios humanos de que dispón ou os que a Consellería queira ou deba pór a disposición dos directores. 2. Non temos por qué saber as ANPAS quen foron os beneficiarios das axudas ou quen o serán para o próximo curso (datos que manexaremos se facemos a recollida e entrega dos libros). 3. É necesario manter ou crear os bancos de libros das ANPAS por un principio de solidariedade, xustiza social e igualdade no exercicio do dereito á educación. Para finalizar, SOLICITAMOS -- Aos Consellos Escolares dos Centros e á Administración Educativa que se manteñan os mesmos libros de texto utilizados no curso 2014/15. -- Á Consellería de Educación e ao goberno da Xunta de Galicia a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto dos libros de texto nas etapas do ensino obligatorio, que foi unha conquista histórica do movemento asociativo de nais e país que representa esta Confederación e do conxunto da nosa comunidade educativa. -- O remate dos recortes orzamentarios e de plantillas no Ensino Público. -- A urxente derrogación da LOMCE e a paralización do seu despliegue en Galicia. XUNTA DIRECTIVA DA CONFAPA.