ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
 Naquel tempo, estaba Xoán con dous 
dos seus discípulos e, fixándose en 
Xesús que pasaba, dixo:
- «Este é o Año de Deus.»
Os dous discípulos oíron as súas 
palabras e seguiron a Xesús. 
Xesús volveuse e, ao ver que o seguían, 
pregúntalles:
- «Que buscades?»
Eles contestáronlle:
-«Rabí (que significa Mestre), 
-onde vives?»
El díxolles:
-«Vinde e veredes.»
-Entón foron, viron onde vivía e  
quedaron con o aquel día; serían as 
catro da tarde.
Andrés, irmán de Simón Pedro, era 
un dos dous que oíron a Xoán e 
seguiron a Xesús; encontra 
primeiro a seu irmán Simón e dille:
- «Encontramos o Mesías (que 
significa Cristo).»
E levouno a Xesús. Xesús 
quedóuselle mirando e díxolle:
- «Ti es Simón, o fillo de Xoán; ti  
chamaraste Cefas (que se traduce 
Pedro).»
T.Ordinario 2º dom (B)
Viron onde vivía e
quedaron con el.
Lectura do santo evanxeo
segundo san Xoán 1, 35-42
clic
Presentación: B. Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. Amundarain.
Musika:Albinoni, Concierto nº 10
14-01-18
Domingo 2º Tempo ordinario –B
(Xoán 1, 35-42)
José Antonio Pagola
QUE BUSCAMOS!
As primeiras
palabras que
Xesús pronuncia
no evanxeo de
Xoán déixannos
desconcertados,
porque van ao
fondo e tocan as
raíces mesmas da
nosa vida.
A dous discípulos
do Bautista que
comezan a seguilo
Xesús dilles:
«Que buscades?».
Non é fácil responder a esta
pregunta sinxela, directa,
fundamental, desde o interior dunha
cultura «cerrada» como a nosa, que
parece preocuparse só dos medios,
esquecendo sempre o fin último de
todo.
Que é o que buscamos
exactamente?
Para algúns, a vida é «un granPara algúns, a vida é «un gran
supermercado» (D. Sölle), e o único que llessupermercado» (D. Sölle), e o único que lles
interesa é adquirir obxectos cos que poder
consolar un poco a súa existencia.
Outros o que buscan é escapar da
enfermidade, a soidade, a tristeza,
os conflitos ou o medo.
Pero escapar, cara a onde?, cara a quen?
Outros xa non poden máis.
O que queren é que os deixen
sos.
Esquecer os demais e ser
esquecidos por todos.
Non preocuparse por ninguén e
que ninguén se preocupe deles.
A maioría buscamos sinxelemente cubrir as nosas
necesidades diarias e seguir loitando por ver
cumpridos os nosos pequenos desexos.
Pero, aínda que todos eles se cumprisen,
quedaría o noso corazón satisfeito?
Teríase apaciguado a nosa sede de consolo,
liberación e felicidade plena?
No fondo, non
andamos os seres
humanos buscando
algo máis que unha
simple mellora da
nosa situación?
Non arelamos algo
que, certamente,
non podemos
esperar de ningún
proxecto político
ou social?
Dise que os
homes e
mulleres de
hoxe
esquecéronse
de Deus.
Mais a verdadeMais a verdade
é que, cando uné que, cando un
ser humano seser humano se
interroga cuninterroga cun
pouco depouco de
honradez,honradez,
non lle é fácilnon lle é fácil
borrarborrar do seu
corazón
«a saudade do
infinito».
Quen son eu? Un ser minúsculo, xurdido por
azar nunha parcela ínfima de espazo e de
tempo, botado á vida para desaparecer
decontado na nada, de onde se me sacou sen
razón ningunha e só para sufrir? Iso é todo?
Non hai nada máis?
O máis honrado que pode facer
o ser humano é «buscar».
Non pechar ningunha porta.
Non desbotar ningunha chamada.
Buscar a Deus, tal vez co último resto
das súas forzas e da súa fe.
Tal vez desde a mediocridade, a
angustia ou o desalento.
Deus non xoga ás agachadas nin se esconde
de quen o busca con sinceridade.
Deus está xa no interior mesmo desa busca.
Máis aínda. Deus déixase encontrar incluso
polos que apenas o buscamos.
Así di o Señor no libro de Isaías:Así di o Señor no libro de Isaías:
«Eu deixeime encontrar polos que«Eu deixeime encontrar polos que
non preguntaban por min.non preguntaban por min.
Deixeime atopar polos queDeixeime atopar polos que
non me buscaban.non me buscaban.
Dixen:Dixen: “Aquí estou, aquí estou”»“Aquí estou, aquí estou”» ((Isaías 65,1-Isaías 65,1-
2).2).

More Related Content

2º domingo tob 2018 bene pagola