ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Profesora: Vanessa Felípez Gómez. Departamento de Xª e Hª. Curso 2019/2020.
25N
Para que serven os “Días Internacionais”?
A celebración dos días internacionais, segundo a Organización das Nacións Unidas (O.N.U.), serve para sensibilizar
ao público en xeral sobre os temas relacionados con cuestións de interese coma os dereitos humanos, o
desenvolvemento sostible ou a saúde. Ao mesmo tempo, pretenden chamar a atención dos medios de
comunicación para que sinalen que hai un problema sen resolver. O obxectivo é dobre: que os gobernos tomen
medias e, por outro, que a cidadanía coñeza mellor a problemática e esixan aos seus representantes que actúen.
Que é a violencia contra a muller?
A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, emitida pola Asemblea Xeral da ONU en 1993,
define a violencia contra a muller como “todo acto de violencia que teña ou poda ter como resultado un dano o
sufrimento físico, sexual o psicolóxico para a muller, así coma as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación
da liberdade, tanto si se producen na vida pública coma na vida privada.”
A violencia contra a muller segue a ser un obstáculo para acadar a igualdade, desenvolvemento, paz, ao igual que
o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. Ou o que é máis, a promesa dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible de non deixar que ninguén se quede atrás, non poderá cumprirse se primeiro poñer fin
á violencia contra mulleres e nenas.
Como se manifesta a violencia contra a muller?
De maneira xeral, a violencia contra a muller manifestase de forma física, sexual e psicolóxica, incluíndo:
• violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, maltrato psicolóxico, violación, feminicidio);
• violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso
sexual infantil, matrimonio forzado, acoso na rúa, acoso cibernético);
• trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual);
• matrimonio infantil.
• Violencia económica (textos adaptados da fonte: https://www.un.org/es/events/endviolenceday/)
DATOS ALARMANTES
• En todo o mundo, unha de cada tres mulleres sufriu
violencia física ou sexual, principalmente por parte
dun compañeiro sentimental.
• Só el 52% das mulleres casadas ou que viven en
parella decide libremente sobre as relacións
sexuais, ou o uso de anticonceptivos e a súa saúde
sexual.
• Case 750 millóns de mulleres e nenas que viven
hoxe en día casaron antes de cumprir 18 años,
mentres que uns 200 millóns delas víronse
sometidas á mutilación xenital feminina.
• A nivel mundial en 2012, nun de cada dous casos de
mulleres asasinadas, o autor era o seu compañeiro
sentimental ou un membro da súa familia. No caso
dos homes, estas circunstancias unicamente se
deron nun de cada 20 homes asasinados.
• O 71% das vítimas da trata en todo el mundo son
mulleres e nenas, e 3 de cada 4 delas son utilizadas
para a explotación sexual.
• A violencia contra a muller é unha causa de morte
e incapacidade entre as mulleres en idade
reprodutiva.
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA
CONTRA A MULLER.
A quen acudir no caso de padecer ou ser testemuña de violencia de xénero?
Por que a tantas mulleres lle resulta difícil saír dunha situación de violencia de xénero?
O maltrato é un proceso cíclico que se inicia pouco a pouco, como un goteo de pequenos episodios que parecen insignificantes
pero que non o son.
O ciclo comeza cunha primeira fase de Acumulación da tensión (agresións verbais e psíquicas) na que a vítima vai percibindo
como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e encontrando motivos de conflito en
cada situación.
Unha segunda fase supón o Estalido da tensión, na que a violencia se volve máis virulenta, dando cabida á agresión física.
Na terceira fase, denominada Lúa de Mel ou Arrepentimento, o agresor pide desculpas á vítima, e trata de amosar o seu
arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis breve ata desaparecer.
Este ciclo, no que ao castigo (agresión) séguelle o episodio de arrepentimento ("non volverá ocorrer", "todo cambiará"...) alimenta a ilusión do cambio. Isto pode axudar a explicar
a continuidade da relación por parte da muller nos primeiros momentos da mesma. Ao mesmo tempo que o agresor amosa o seu arrepentimento, pode ocorrer que
simultaneamente escuse a súa conduta culpabilizando á vítima (se ti non fixeras ... eu non o faría ) de modo que a muller acaba dubidando de calquera cousa que fai ou pensa; en
definitiva, acaba dubidando dela mesma.
Que facer en caso de ser vítima de agresión ou, que podemos recomendar facer a unha vítima.
Na seguinte ligazón atoparás instrucións detalladas http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0
E sobre todo, cómpre lembrar que...
FONTE: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0
Profesora: Vanessa Felípez Gómez. Departamento de Xª e Hª. Curso 2019/2020.
Chama á policía (091) ou á garda civil (062),
dá o teu nome e o enderezo onde te atopas
e solicita axuda. Mentres chega a patrulla é
conveniente que sigas rigorosamente as
súas indicacións. É posible que a policía ou
a garda civil procedan á detención do
agresor, trasladándoo á comisaría.
-Unha muller maltratada é vítima, nunca será responsable desa situación.
-O uso da violencia nunca está xustificado.
-As agresións repítense e agrávanse co tempo.
-Unha muller maltratada non está soa. Pode contar coa axuda de
especialistas.

More Related Content

25N DIA 1.pdf

  • 1. Profesora: Vanessa Felípez Gómez. Departamento de Xª e Hª. Curso 2019/2020. 25N Para que serven os “Días Internacionais”? A celebración dos días internacionais, segundo a Organización das Nacións Unidas (O.N.U.), serve para sensibilizar ao público en xeral sobre os temas relacionados con cuestións de interese coma os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde. Ao mesmo tempo, pretenden chamar a atención dos medios de comunicación para que sinalen que hai un problema sen resolver. O obxectivo é dobre: que os gobernos tomen medias e, por outro, que a cidadanía coñeza mellor a problemática e esixan aos seus representantes que actúen. Que é a violencia contra a muller? A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, emitida pola Asemblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como “todo acto de violencia que teña ou poda ter como resultado un dano o sufrimento físico, sexual o psicolóxico para a muller, así coma as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación da liberdade, tanto si se producen na vida pública coma na vida privada.” A violencia contra a muller segue a ser un obstáculo para acadar a igualdade, desenvolvemento, paz, ao igual que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. Ou o que é máis, a promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de non deixar que ninguén se quede atrás, non poderá cumprirse se primeiro poñer fin á violencia contra mulleres e nenas. Como se manifesta a violencia contra a muller? De maneira xeral, a violencia contra a muller manifestase de forma física, sexual e psicolóxica, incluíndo: • violencia por un compañeiro sentimental (violencia física, maltrato psicolóxico, violación, feminicidio); • violencia sexual e acoso (violación, actos sexuais forzados, insinuacións sexuais non desexadas, abuso sexual infantil, matrimonio forzado, acoso na rúa, acoso cibernético); • trata de seres humanos (escravitude, explotación sexual); • matrimonio infantil. • Violencia económica (textos adaptados da fonte: https://www.un.org/es/events/endviolenceday/) DATOS ALARMANTES • En todo o mundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental. • Só el 52% das mulleres casadas ou que viven en parella decide libremente sobre as relacións sexuais, ou o uso de anticonceptivos e a súa saúde sexual. • Case 750 millóns de mulleres e nenas que viven hoxe en día casaron antes de cumprir 18 años, mentres que uns 200 millóns delas víronse sometidas á mutilación xenital feminina. • A nivel mundial en 2012, nun de cada dous casos de mulleres asasinadas, o autor era o seu compañeiro sentimental ou un membro da súa familia. No caso dos homes, estas circunstancias unicamente se deron nun de cada 20 homes asasinados. • O 71% das vítimas da trata en todo el mundo son mulleres e nenas, e 3 de cada 4 delas son utilizadas para a explotación sexual. • A violencia contra a muller é unha causa de morte e incapacidade entre as mulleres en idade reprodutiva. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
  • 2. A quen acudir no caso de padecer ou ser testemuña de violencia de xénero? Por que a tantas mulleres lle resulta difícil saír dunha situación de violencia de xénero? O maltrato é un proceso cíclico que se inicia pouco a pouco, como un goteo de pequenos episodios que parecen insignificantes pero que non o son. O ciclo comeza cunha primeira fase de Acumulación da tensión (agresións verbais e psíquicas) na que a vítima vai percibindo como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis agresividade e encontrando motivos de conflito en cada situación. Unha segunda fase supón o Estalido da tensión, na que a violencia se volve máis virulenta, dando cabida á agresión física. Na terceira fase, denominada Lúa de Mel ou Arrepentimento, o agresor pide desculpas á vítima, e trata de amosar o seu arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis breve ata desaparecer. Este ciclo, no que ao castigo (agresión) séguelle o episodio de arrepentimento ("non volverá ocorrer", "todo cambiará"...) alimenta a ilusión do cambio. Isto pode axudar a explicar a continuidade da relación por parte da muller nos primeiros momentos da mesma. Ao mesmo tempo que o agresor amosa o seu arrepentimento, pode ocorrer que simultaneamente escuse a súa conduta culpabilizando á vítima (se ti non fixeras ... eu non o faría ) de modo que a muller acaba dubidando de calquera cousa que fai ou pensa; en definitiva, acaba dubidando dela mesma. Que facer en caso de ser vítima de agresión ou, que podemos recomendar facer a unha vítima. Na seguinte ligazón atoparás instrucións detalladas http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0 E sobre todo, cómpre lembrar que... FONTE: http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0 Profesora: Vanessa Felípez Gómez. Departamento de Xª e Hª. Curso 2019/2020. Chama á policía (091) ou á garda civil (062), dá o teu nome e o enderezo onde te atopas e solicita axuda. Mentres chega a patrulla é conveniente que sigas rigorosamente as súas indicacións. É posible que a policía ou a garda civil procedan á detención do agresor, trasladándoo á comisaría. -Unha muller maltratada é vítima, nunca será responsable desa situación. -O uso da violencia nunca está xustificado. -As agresións repítense e agrávanse co tempo. -Unha muller maltratada non está soa. Pode contar coa axuda de especialistas.