ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
TEMA 7: A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DAS SOCIEDADES
1. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS
QUE É A ACTIVIDADE ECONÓMICA
A actividade económica é o conxunto de labores realizados polos seres humanos dirixidos
a satisfacer as súas necesidades:
● Consiste en producir os bens
● Prestar os servizos
Os desexos ou necesidades poden ser ilimitados, pero os recursos son limitados e
escasos. As necesidades humanas poden ser primarias (indispensables para sobrevivir)
ou secundarias (as que aumentan o noso benestar)
FASES DA ACTIVIDADE ECONÓMICA:
• PRODUCIÓN: A produción de bens consiste en combinar os recursos naturais, a
técnica e o traballo co fin de obter bens ou servizos destinados a seren
consumidos. Os bens producidos poden ser de dous tipos:
◦ Bens de consumo ou finais: satisfán directamente as necesidades dos
consumidores (roupa, mobles, zapatos, etc.).
◦ Bens de produción ou intermedios: son as máquinas, ferramentas, etc., que
se empregan para a produción de bens de consumo
• COMERCIALIZACIÓN: é a distribución e venda dos bens e servizos. A
comercialización inclúe as fases de almacenamento, transporte e venda. O proceso
de comercialización realízase a través de dúas etapas:
◦ A venda por xunto é a que realizan os comerciantes por xunto, que compran
grandes cantidades de produtos e llelos venden a outros comerciantes ou
empresas que asemade llelos venderán aos consumidores finais. (comercio
maiorista)
◦ A venda polo miúdo realízana os comerciantes polo miúdo, que lles mercan
pequenas cantidades aos comerciantes por xunto e llas venden ao público nas
tendas. (comercio minorista)
• CONSUMO: é a fase final da actividade económica, xa que a compra de bens e
servizos lles permite ás persoas satisfaceren as súas necesidades. Os bens poden
ser:
1
◦ Non duradeiros, cando se consumen nun ou nuns cantos usos (os alimentos, a
auga…)
◦ Duradeiros, cando se poden utilizar durante un período de tempo relativamente
longo (os automóbiles, os electrodomésticos, os mobles…).
O consumismo fai referencia ao consumo excesivo de produtos por parte dos individuos
dunha sociedade. Ter claras as nosas prioridades e redactar unha listaxe antes de mercar
pódenos acabar convertendo en consumidores responsables.
2. OS FACTORES DE PRODUCIÓN
FACTORES DE PRODUCIÓN
• RECURSOS NATURAIS: son os recursos que atopa o ser humano na natureza.
Permiten producir outros bens mediante a súa extracción e transformación. Son
limitados polo que pode haber problemas de esgotamento. É necesario evitar a súa
explotación. Exemplos: vexetación, bosques, animais, minerais, auga oa o sol.
• TRABALLO: chamámoslle traballo a toda actividade humana física e intelectual
que serve para producir bens e subministrar servizos útiles ás persoas. Tipos:
◦ Traballo por conta allea, ou sexa, traballar nunha empresa ou na
Administración.
◦ Traballo autónomo, isto é, traballar só para un mesmo sen depender de
ninguén: labregos, comerciantes,...
• CAPITAL: son os recursos que se empregan para producir bens ou servizos
constitúen o capital que pode ser de tres tipos:
◦ Capital físico: formado polo terreo, os edificios, as instalacións, os equipos, a
maquinaria e as materias primas.
◦ Capital humano: empresarios e empregados e canto se refire á formación
profesional do cadro persoal dunha empresa.
◦ Capital financeiro: os cartos necesarios para iniciar o proceso de produción, o
que as empresas manteñen en caixa ou en contas bancarias e os activos
financeiros (accións, bonos, etc.).
2
3. OS AXENTES ECONÓMICOS
Os axentes económicos son os que se encargan de producir, intercambiar e consumir os
produtos ou servizos. Existen tres axentes económicos esenciais: familias,empresas e
Estado (Sector público).
• AS FAMILIAS: cada familia dedica unha boa parte dos seus recursos económicos
(dos seus cartos) a mercar bens e servizos para cubrir as súas necesidades
(comida, roupa, transportes, etc.). Os gastos páganse cos ingresos familiares, isto
é, cos salarios obtidos polo traballo realizado polos membros da familia.
• AS EMPRESAS: unha empresa é, xa que logo, a unidade económica que,
mediante o traballo e o capital, fabrica e distribúe bens (roupa, mobles...) e servizos
(transporte, xestión bancaria, etc.). Os bens producidos nas empresas teñen un
custo, derivado do prezo da materia prima, da enerxía, do investimento en
máquinas e instalacións, do transporte, dos salarios e dos xuros pagos polo diñeiro
que recibiron prestado dos bancos. No mercado, os produtos véndense a un prezo
algo superior ao prezo que custou obter o produto. A diferenza entre o prezo de
venda e o prezo de custo chámase beneficio. Clasificación:
◦ Empresas segundo o seu tamaño (válida para España):
▪ Micro empresa: se posúe 10 ou menos traballadores.
▪ Pequena empresa: se ten un número entre 11 e 49 traballadores.
▪ Mediana empresa: se ten un número entre 50 e 250 traballadores.
▪ Gran empresa: se posúe entre 250 e 1000 traballadores.
▪ Existen grandes empresas multinacionais, con milleiros de traballadores
(como as grandes firmas automobilísticas).
◦ Empresas segundo a súa actividade:
▪ Empresas do sector primario dedícanse á agricultura, á gandaría, á pesca
e explotación forestal.
▪ Empresas do sector secundario están vinculadas á minaría, á industria. á
construción e á produción de enerxía.
▪ Empresas do sector terciario son empresas de servizos (hospitais,
transportes...).
3
• O SECTOR PÚBLICO: chamámoslle sector público ao conxunto de actividades e
iniciativas económicas e sociais que leva a cabo o Estado, que se poden realizar
cos impostos que pagan os cidadáns e as empresas. Con estes cartos o Estado é
capaz de:
◦ Manter a administración pública (empregados públicos, goberno central,
gobernos autonómicos, concellos, etc.).
◦ Construír infraestruturas, equipamentos e obras públicas.
◦ Dar subvencións e outras axudas (vantaxes fiscais, créditos, etc.).
◦ Ofrecer servizos públicos como a ensinanza, a sanidade, os transportes, a
policía...
◦ Ofrecer prestacións sociais, como pensións de xubilación ou de enfermidade,
de desemprego, etc.,
4. OS SECTORES ECONÓMICOS
As actividades económicas agrúpanse en sectores de produción:
• Primario, que abrangue as actividades destinadas a obter alimentos e materias
primas: agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal. É o predominante nos
países máis subdesenvolvidos do mundo.
• Secundario, que abrangue as actividades que transforman as materias primas en
produtos elaborados: a minaría, a explotación das fontes de enerxía, a industria e a
construción.
• Terciario, que abrangue as actividades que non producen un ben material, senon
que prestan servizos: comercio, transporte, sanidade, educación, turismo,
hostalaría, banca... E o principal sector dos países desenvolvidos.
• Cuaternario, abrangue as actividades relacionadas coa investigación e a
innovación: microelectrónica, robótica, aeroespacial, biotecnoloxía. Require man de
obra moi cualificada.
5. OS SISTEMAS ECONÓMICOS
• SISTEMA DE SUBSISTENCIA:
As persoas producen todo aquilo que precisan para cubrir as súas
➔
necesidades básicas.
Atopámolo en sociedades escasamente desenvolvidas.
➔
4
• SISTEMA CAPITALISTA:
◦ O sistema económico predominante no mundo de hoxe é a economía de
mercado (capitalismo).
◦ O mercado é o espazo no que se compran e se venden bens ou servizos, isto
é, mercadorías. No mercado coinciden os vendedores (OFERTA), que
pretenden obter o maior beneficio dos produtos que venden, e os compradores
(DEMANDA), que buscan satisfacer as súas necesidades co menor gasto. O
prezo depende da cantidade de produtos e de compradores.
◦ A economía de mercado baséase na Lei da oferta e da demanda que afirma
que o punto de equilibrio entre os prezos e a cantidade de produtos vendidos
non é fixo senón que flutúa segundo as circunstancias. Os prezos dependen
tamén doutro factor que pode modificar a oferta e a demanda: a publicidade
que utilizan as empresas para dar a coñecer o seu produto e incentivar o
consumo.
◦ Os medios de produción son de propiedade privada.
• O SISTEMA DE ECONOMÍA PLANIFICADA (SOCIALISMO):
◦ O Estado non recoñece a propiedade privada dos medios de produción.
◦ O Estado controla todos os aspectos da economía: é o propietario das
empresas, fixa os prezos, a cantidade de produción,...
◦ Perdura en poucos países como Corea do Norte, Cuba ou China (economía
mixta).
• AS ECONOMÍAS ALTERNATIVAS:
◦ Rexeitan o sistema capitalista.
◦ Fundaméntanse na solidariedade entre as persoas, o respecto á natureza e
o ben común.
6. O MERCADO LABORAL
A demanda e mais a oferta de traballo constitúen o mercado de traballo. A clasificación
da poboación en función da actividade económica que desempeña é a seguinte:
• A poboación activa fórmana todas as persoas ocupadas que se dedican á
produción de bens e de servizos, e as persoas que están no paro ou procuran
traballo por primeira vez.
5
• A poboación inactiva está composta por estudantes, xubilados, incapacitados
para traballar, amas/os de casa.
A actividade segundo o sexo: Hai máis poboación activa de homes que de mulleres; os
homes xeralmente gañan máis que as mulleres; hai menos mulleres en postos directivos
que homes.
O sector terciario é o que máis persoas emprega e o primario é o que xera menos
empregos.
A automatización da produción e a deslocalización levaron a moitas empresas a
reduciren os seus cadros de persoal. Isto xunto coa crise levan ao aumento do paro.
Os sindicatos son asociacións para a defensa dos dereitos dos traballadores: UGT,
CCOO, CIG. Os traballadores tamén teñen o dereito a recorrer á folga como maneira de
demostrar o seu descontento coas condicións laborais e salariais. Tamén os empresarios
teñen dereito a crear organizacións empresariais para defenderen os seus intereses:
CEOE.
6

More Related Content

3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades

  • 1. TEMA 7: A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DAS SOCIEDADES 1. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS QUE É A ACTIVIDADE ECONÓMICA A actividade económica é o conxunto de labores realizados polos seres humanos dirixidos a satisfacer as súas necesidades: ● Consiste en producir os bens ● Prestar os servizos Os desexos ou necesidades poden ser ilimitados, pero os recursos son limitados e escasos. As necesidades humanas poden ser primarias (indispensables para sobrevivir) ou secundarias (as que aumentan o noso benestar) FASES DA ACTIVIDADE ECONÓMICA: • PRODUCIÓN: A produción de bens consiste en combinar os recursos naturais, a técnica e o traballo co fin de obter bens ou servizos destinados a seren consumidos. Os bens producidos poden ser de dous tipos: ◦ Bens de consumo ou finais: satisfán directamente as necesidades dos consumidores (roupa, mobles, zapatos, etc.). ◦ Bens de produción ou intermedios: son as máquinas, ferramentas, etc., que se empregan para a produción de bens de consumo • COMERCIALIZACIÓN: é a distribución e venda dos bens e servizos. A comercialización inclúe as fases de almacenamento, transporte e venda. O proceso de comercialización realízase a través de dúas etapas: ◦ A venda por xunto é a que realizan os comerciantes por xunto, que compran grandes cantidades de produtos e llelos venden a outros comerciantes ou empresas que asemade llelos venderán aos consumidores finais. (comercio maiorista) ◦ A venda polo miúdo realízana os comerciantes polo miúdo, que lles mercan pequenas cantidades aos comerciantes por xunto e llas venden ao público nas tendas. (comercio minorista) • CONSUMO: é a fase final da actividade económica, xa que a compra de bens e servizos lles permite ás persoas satisfaceren as súas necesidades. Os bens poden ser: 1
  • 2. ◦ Non duradeiros, cando se consumen nun ou nuns cantos usos (os alimentos, a auga…) ◦ Duradeiros, cando se poden utilizar durante un período de tempo relativamente longo (os automóbiles, os electrodomésticos, os mobles…). O consumismo fai referencia ao consumo excesivo de produtos por parte dos individuos dunha sociedade. Ter claras as nosas prioridades e redactar unha listaxe antes de mercar pódenos acabar convertendo en consumidores responsables. 2. OS FACTORES DE PRODUCIÓN FACTORES DE PRODUCIÓN • RECURSOS NATURAIS: son os recursos que atopa o ser humano na natureza. Permiten producir outros bens mediante a súa extracción e transformación. Son limitados polo que pode haber problemas de esgotamento. É necesario evitar a súa explotación. Exemplos: vexetación, bosques, animais, minerais, auga oa o sol. • TRABALLO: chamámoslle traballo a toda actividade humana física e intelectual que serve para producir bens e subministrar servizos útiles ás persoas. Tipos: ◦ Traballo por conta allea, ou sexa, traballar nunha empresa ou na Administración. ◦ Traballo autónomo, isto é, traballar só para un mesmo sen depender de ninguén: labregos, comerciantes,... • CAPITAL: son os recursos que se empregan para producir bens ou servizos constitúen o capital que pode ser de tres tipos: ◦ Capital físico: formado polo terreo, os edificios, as instalacións, os equipos, a maquinaria e as materias primas. ◦ Capital humano: empresarios e empregados e canto se refire á formación profesional do cadro persoal dunha empresa. ◦ Capital financeiro: os cartos necesarios para iniciar o proceso de produción, o que as empresas manteñen en caixa ou en contas bancarias e os activos financeiros (accións, bonos, etc.). 2
  • 3. 3. OS AXENTES ECONÓMICOS Os axentes económicos son os que se encargan de producir, intercambiar e consumir os produtos ou servizos. Existen tres axentes económicos esenciais: familias,empresas e Estado (Sector público). • AS FAMILIAS: cada familia dedica unha boa parte dos seus recursos económicos (dos seus cartos) a mercar bens e servizos para cubrir as súas necesidades (comida, roupa, transportes, etc.). Os gastos páganse cos ingresos familiares, isto é, cos salarios obtidos polo traballo realizado polos membros da familia. • AS EMPRESAS: unha empresa é, xa que logo, a unidade económica que, mediante o traballo e o capital, fabrica e distribúe bens (roupa, mobles...) e servizos (transporte, xestión bancaria, etc.). Os bens producidos nas empresas teñen un custo, derivado do prezo da materia prima, da enerxía, do investimento en máquinas e instalacións, do transporte, dos salarios e dos xuros pagos polo diñeiro que recibiron prestado dos bancos. No mercado, os produtos véndense a un prezo algo superior ao prezo que custou obter o produto. A diferenza entre o prezo de venda e o prezo de custo chámase beneficio. Clasificación: ◦ Empresas segundo o seu tamaño (válida para España): ▪ Micro empresa: se posúe 10 ou menos traballadores. ▪ Pequena empresa: se ten un número entre 11 e 49 traballadores. ▪ Mediana empresa: se ten un número entre 50 e 250 traballadores. ▪ Gran empresa: se posúe entre 250 e 1000 traballadores. ▪ Existen grandes empresas multinacionais, con milleiros de traballadores (como as grandes firmas automobilísticas). ◦ Empresas segundo a súa actividade: ▪ Empresas do sector primario dedícanse á agricultura, á gandaría, á pesca e explotación forestal. ▪ Empresas do sector secundario están vinculadas á minaría, á industria. á construción e á produción de enerxía. ▪ Empresas do sector terciario son empresas de servizos (hospitais, transportes...). 3
  • 4. • O SECTOR PÚBLICO: chamámoslle sector público ao conxunto de actividades e iniciativas económicas e sociais que leva a cabo o Estado, que se poden realizar cos impostos que pagan os cidadáns e as empresas. Con estes cartos o Estado é capaz de: ◦ Manter a administración pública (empregados públicos, goberno central, gobernos autonómicos, concellos, etc.). ◦ Construír infraestruturas, equipamentos e obras públicas. ◦ Dar subvencións e outras axudas (vantaxes fiscais, créditos, etc.). ◦ Ofrecer servizos públicos como a ensinanza, a sanidade, os transportes, a policía... ◦ Ofrecer prestacións sociais, como pensións de xubilación ou de enfermidade, de desemprego, etc., 4. OS SECTORES ECONÓMICOS As actividades económicas agrúpanse en sectores de produción: • Primario, que abrangue as actividades destinadas a obter alimentos e materias primas: agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal. É o predominante nos países máis subdesenvolvidos do mundo. • Secundario, que abrangue as actividades que transforman as materias primas en produtos elaborados: a minaría, a explotación das fontes de enerxía, a industria e a construción. • Terciario, que abrangue as actividades que non producen un ben material, senon que prestan servizos: comercio, transporte, sanidade, educación, turismo, hostalaría, banca... E o principal sector dos países desenvolvidos. • Cuaternario, abrangue as actividades relacionadas coa investigación e a innovación: microelectrónica, robótica, aeroespacial, biotecnoloxía. Require man de obra moi cualificada. 5. OS SISTEMAS ECONÓMICOS • SISTEMA DE SUBSISTENCIA: As persoas producen todo aquilo que precisan para cubrir as súas ➔ necesidades básicas. Atopámolo en sociedades escasamente desenvolvidas. ➔ 4
  • 5. • SISTEMA CAPITALISTA: ◦ O sistema económico predominante no mundo de hoxe é a economía de mercado (capitalismo). ◦ O mercado é o espazo no que se compran e se venden bens ou servizos, isto é, mercadorías. No mercado coinciden os vendedores (OFERTA), que pretenden obter o maior beneficio dos produtos que venden, e os compradores (DEMANDA), que buscan satisfacer as súas necesidades co menor gasto. O prezo depende da cantidade de produtos e de compradores. ◦ A economía de mercado baséase na Lei da oferta e da demanda que afirma que o punto de equilibrio entre os prezos e a cantidade de produtos vendidos non é fixo senón que flutúa segundo as circunstancias. Os prezos dependen tamén doutro factor que pode modificar a oferta e a demanda: a publicidade que utilizan as empresas para dar a coñecer o seu produto e incentivar o consumo. ◦ Os medios de produción son de propiedade privada. • O SISTEMA DE ECONOMÍA PLANIFICADA (SOCIALISMO): ◦ O Estado non recoñece a propiedade privada dos medios de produción. ◦ O Estado controla todos os aspectos da economía: é o propietario das empresas, fixa os prezos, a cantidade de produción,... ◦ Perdura en poucos países como Corea do Norte, Cuba ou China (economía mixta). • AS ECONOMÍAS ALTERNATIVAS: ◦ Rexeitan o sistema capitalista. ◦ Fundaméntanse na solidariedade entre as persoas, o respecto á natureza e o ben común. 6. O MERCADO LABORAL A demanda e mais a oferta de traballo constitúen o mercado de traballo. A clasificación da poboación en función da actividade económica que desempeña é a seguinte: • A poboación activa fórmana todas as persoas ocupadas que se dedican á produción de bens e de servizos, e as persoas que están no paro ou procuran traballo por primeira vez. 5
  • 6. • A poboación inactiva está composta por estudantes, xubilados, incapacitados para traballar, amas/os de casa. A actividade segundo o sexo: Hai máis poboación activa de homes que de mulleres; os homes xeralmente gañan máis que as mulleres; hai menos mulleres en postos directivos que homes. O sector terciario é o que máis persoas emprega e o primario é o que xera menos empregos. A automatización da produción e a deslocalización levaron a moitas empresas a reduciren os seus cadros de persoal. Isto xunto coa crise levan ao aumento do paro. Os sindicatos son asociacións para a defensa dos dereitos dos traballadores: UGT, CCOO, CIG. Os traballadores tamén teñen o dereito a recorrer á folga como maneira de demostrar o seu descontento coas condicións laborais e salariais. Tamén os empresarios teñen dereito a crear organizacións empresariais para defenderen os seus intereses: CEOE. 6