2. 2. FILOSOFÍA ANTIGA (II): ARISTÓTELES Marco histórico e conceptual Crítica da doutrina platónica O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás Ideas O tránsito cara o mundo helenístico Comprensión A TEORÍA HILEMÓRFICA NO SEO DA PHYSIS: A “kínesis” ou cambio. Os principios do cambio. A teoría causal Xerarquía de seres e modos de ser O motor inmóbil A IDEA DE CIDADÁN EN ARISTÓTELES: A ética aristotélica: “ethos” e praxe, o concepto de “areté” A idea de polis e a condición de cidadán FICHA CURRICULAR
3. 1. A TEORÍA HYLEMÓRFICA NO SEO DA PHYSIS Física
4. A teoría hilemórfica no seo da physis Significado básico do ser: a substancia . Dúas acepcións: Substancia primeira: individual, concreta É o que primeiro coñecemos . Substancia segunda: esencia, forma, concepto (non existe separadamente) En canto á busca dun saber universal ( episteme ) é o máis importante. Para explicar a natureza ( physis ) Aristóteles parte dos seres concretos e individuais, aos que denomina SUBSTANCIAS.
5. A teoría hilemórfica no seo da physis Substancia 1ª= composto de materia e forma (hylemorfismo) MATERIA (hylé) : aquilo do que está feita FORMA (morphé) : substancia 2ª, esencia, especie, concepto, definición (só ela é definible e cognoscible)
6. A) A KÍNESIS OU CAMBIO. OS PRINCIPIOS DO CAMBIO Física
7. A natureza, ademais de pola súa materialidade, defínese pola súa capacidade de cambio ou movemento. Para explicalo Aristóteles dirá que, fronte ao ser, hai dous tipos de non-ser: O non-ser absoluto: a nada. Ex. Dun animal non pode xurdir unha árbore. O non-ser relativo: algo que non é, pero pode chegar a ser . Os principios do cambio
8. Os principios do cambio Aristóteles acepta con Parménides que do non-ser (absoluto) non pode xurdir o ser, pero tamén hai o non-ser relativo. Ser (acto= forma) un médico, unha árbore… relativo ou ser en potencia (non é pero pode chegar a ser) un neno non é médico, pero pode chegar a selo absoluto (nin é nin pode ser) un animal non é unha árbore Non ser
9. Os principios do cambio Aristóteles dinos que o movemento pode explicarse a partir de tres principios: En todo cambio permanece un suxeito (que é o que cambia e se “transforma”), o cal pasa da privación á posesión da forma. A privación da forma: un non ser relativo. A forma , lograda a través do cambio. O suxeito: a substancia, nos cambios accidentais; a materia primeira nos cambios substanciais.
10. A Kínesis ou cambio Outra forma de definir o cambio: CAMBIO: PASO DE POTENCIA A ACTO Potencia ( dinamis ): capacidade para conseguir unha característica, condición ou atributo. Acto ( energeia ): o feito de posuír efectivamente unha calidade, condición, atributo. Potencia materia = Acto forma
11. A kínesis ou cambio TIPOS DE CAMBIO: - ACCIDENTAL ( Kinesis , movemento): cando cambia un accidente ou propiedade secundaria dun ser Poden ser: Cualitativos (folla verde pasa a amarela) Cuantitativos (folla medra 1 cm) Locais (folla cae da árbore ao chan) - SUBSTANCIAL: cando cambia a substancia mesma (as súas propiedades esenciais). Poden ser: por xeración ou por corrupción (Ex. nacemento e morte dos seres vivos)
13. A teoría causal Coñecer científicamente algo implica coñecer todas as súas causas 4 tipos de causas: MATERIAL: do que está feita a cousa (bronce) FORMAL: a súa esencia ou definición (concepto de estatua) EFICIENTE: quen a produce (o escultor) FINAL: para que que está feita (para adornar o templo) in trínsecas ex trínsecas Nos seres vivos, identifícanse a causa eficiente, a formal e a final
14. c) XERARQUÍA DE SERES E MODOS DE SER Metafísica ou ontoloxía
15. Xerarquía de seres Aristóteles fala de varios tipos de seres: Seres naturais Seres manufacturados Ser supremo Para Aristóteles, o cumio das ciencias é a metafísica, que se ocupa do ser en canto tal, é dicir, de maneira universal Non se ocupa só dos seres naturais.
16. Xerarquía de seres Seres naturais: son os que teñen en si mesmos o fundamento do seu cambio ou do seu repouso, os que cambian por si mesmos. (Os seres vivos e os inanimados. Son mutables, independentes da mente do ser humano). Seres manufacturados (artificiais): non teñen en si mesmos o principio do seu cambio. Son produto da técnica humana, pero independentes da mente do ser humano. Ser supremo: inmutable, independente da mente humana Física Técnica Teoloxía racional
17. Modos de ser Para Aristóteles, “o ser dise de moitas maneiras”. Hai moitos modos de aplicar o termo “ser” ás cousas (de forma análoga). Hai catro modos principais: Ser por esencia e por accidente . Ser verdadeiro e ser falso . Ser en potencia e ser en acto. As categorías: os diversos modos en que podemos predicar algo dun ser. A principal categoría é a de substancia…
18. (As categorías) SUBSTANCIA - substancia 1ª (esta mesa) - substancia 2ª (a esencia da mesa) ACCIDENTES (atributos da substancia) CANTIDADE (de un metro) CALIDADE (branco, bo, belo) RELACIÓN (dobre, medio, maior) LUGAR (na casa, na ágora) TEMPO (onte, hoxe, nunca) POSICIÓN (ergueito, deitado) ESTADO (armado, con mantel) ACCIÓN ((golpea)) PAIXÓN (é golpeado, cociñado) 10 maneiras principais de dicir o ser = 10 tipos principais de predicados = 10 categorías
19. C) O MOTOR INMÓBIL Metafísica ou Ontoloxía (e Teoloxía)
20. 1º motor inmóbil Nalgunha parte da “ Metafísica ” Aristóteles fala dunha substancia suprema ( théos ), que sería un ser independente, separados, inmóbil, inmutable. Non se trata dun deus creador. Está separado do mundo e nin sequera o coñece, pero ten certa relación con el. Ven sendo a causa final do cosmos. (como obxecto de amor ou desexo) É o ser máis perfecto.
21. 1º motor inmóbil Na “ Física ” fala dun ser supremo, noutro sentido. Alí di que o movemento é eterno. Pero se necesita dunha causa que xustifique o movemento. Todo o que se move é movido por outro (motor); o cal, á súa vez é movido por outro motor anterior e así sucesivamente…, pero a serie non pode ser infinita… ten que haber un PRIMEIRO MOTOR que sexa INMÓBIL , causa do movemento eterno do mundo: É a 1ª causa (eficiente). É eterno e inextenso, forma pura, acto puro.
23. O ser humano é : CORPO ( soma ) = materia = ser vivinte en potencia ALMA ( psyche ) = principio vital = forma (substancia 2ª, esencia, concepto) = acto unión ESENCIAL, natural Non cre na reencarnación, nin na preexistencia, nin na inmortalidade da alma individual. Non obstante, ademais da alma individual corruptible e mortal, Aristóteles admite a presenza dun elemento inmortal –que será o entendemento axente- que non sería persoal, senón o mesmo para toda a especie humana… En calquera caso, o seu pensamento a este respecto non se presenta como rematado. Recorre ao hilemorfismo ????
24. A alma Alma: 3 tipos ou funcións: ALMA VEXETATIVA: nutrición , crecemento e reprodución Común a todos os seres vivos … PLANTAS ALMA SENSITIVA: ademais das anteriores, posúe: sensación + memoria + locomoción … ANIMAIS ALMA RACIONAL: ademais das anteriores, posúe: fala + pensamento + razón … SERES HUMANOS + - Aristóteles entende a alma ( ánima , en latín) como o que anima ou move o corpo; é o que fai que os seres vivos se movan por si mesmos.
25. 2. A) A ÉTICA ARISTOTÉLICA: ETHOS E PRAXE, O CONCEPTO DE ARETÉ Aristóteles trata sobre ética en: - Ética a Nicómaco - Ética a Eudemo
26. Aristóteles entende a ética como un saber práctico (establece normas que orientan o comportamento humano), ao igual que a política e a economía. A diferenza de Platón, non ten como propósito principal estudar o Ben en si, senón que é máis práctico e quere axudar a ser bo… A ética como saber práctico
27. A felicidade, o ben Fin último dos seres humanos: FELICIDADE = BEN O ben dise de moitos xeitos… para a medicina, o bo é a saúde; para a economía, a riqueza… ¿En que consiste? ¿É algo puramente subxectivo? EUDEMONISMO Eudaimonía = felicidade ¡non! = Exercer a actividade propia de cada ser … No ser humano : ≠ riquezas, fama, honores, pracer = ACTIVIDADE CONTEMPLATIVA (sabedoría)
28. A felicidade, o ben ACTIVIDADE CONTEMPLATIVA É difícil , xa que hai necesidades corporais, problemas económicos, interferencias sociais. É máis propia dun alma pura (dun Deus) No ser humano, para alcanzar a forma humana de felicidade requírense VIRTUDES
29. Virtude ( areté ) intelectuais ( dianoéticas ): PRUDENCIA ( phrónesis ) VIRTUDES (+) morais (éticas): A práctica das virtudes éticas require HÁBITO, esforzo, vontade… (non basta con coñecer o ben; hai que practicalo) Parte racional da alma Control da parte irracional da alma
30. Virtude ( areté ) Perfeccionan o carácter (modo de ser ou comportarse) = elixir o TERMO MEDIO relativo a nós temeridade Ex: valentía covardía Outros exemplos: fortaleza, tempranza, pudor, XUSTIZA, xenerosidade, bo humor… VIRTUDES MORAIS:
31. Virtude ( areté ) a) XUSTIZA: 2 acepcións: -VIRTUDE INTEGRAL DO SER HUMANO que ten todas as virtudes VIRTUDE PARTICULAR: trato equitativo . Aritmética: todos iguais . Xeométrica: proporcional aos méritos b) AMIZADE: sen amizade (convivencia de amigos) non hai vida plena e satisfactoria DÚAS VIRTUDES ESPECIAIS:
32. 2. B) A IDEA DE POLIS E A CONDICIÓN DE CIDADÁN
33. Orixe da sociedade Conexión entre ética e política, debido ao carácter esencialmente social do ser humano. Só nunha polis feliz alcanzarán os homes a felicidade. Somos animais políticos ( zoon politikon ) + linguaxe
34. Orixe da sociedade Insiste en que somos sociais por natureza (non por convención). A vida comunitaria ten lugar en diversos niveis: Familia Aldea Estado (polis): a máis perfecta A súa función é que os cidadáns poidan VIVIR BEN A vida feliz dos cidadáns especifícase nas leis e na forma de goberno (ou réxime político)
35. Os cidadáns Condicionado polos prexuízos do seu tempo , Aristóteles afirma que a muller é inferior ao home, e que certos homes son escravos por natureza. Afirma que o home nace para gobernar e a muller para ser gobernada (é submisa, pasiva, débil corporalmente e con habilidade para tarefas domésticas). A muller é un varón ao que le falta unha “cocedura”. A muller embarazada sente o feto do varón á dereita e o da muller á esquerda (este último provoca manchas na nai), etc. Para ser cidadán non basta con habitar na cidade, senón que é preciso formar parte da administración da xustiza e participar na asemblea. Nin escravos, nin mulleres, nin estranxeiros son verdadeiros cidadáns.
36. Formas de goberno Aristóteles clasifica as formas de goberno polo número de gobernantes: As tres formas xustas miran polo ben e o interese común As formas inxustas oriéntanse ao interese particular Demagoxia Oligarquía Tiranía GOBERNO INXUSTO DEMOCRACIA ARISTOCRACIA MONARQUÍA GOBERNO XUSTO goberno de moitos goberno duns poucos goberno de 1 Pola cantidade
37. Pódese amar aos amigos e á verdade; pero o máis honesto é preferir a verdade ARISTÓTELES