2. O CASTIÑEIRO
O castiñeiro é moito mais vello que o home.
Fai máis de 40 millóns de anos xa había
castiñeiros na Terra.
En Galicia, a partires da romanización, o
cultivo do castiñeiro foise estendendo ata
ocupar case toda a rexión, converténdose a
castaña nun alimento básico.
No século XVIII foise estendendo o cultivo
da pataca e do millo, dando lugar a un
cambio de hábitos alimenticios: a castaña
empezou a quedar en un lugar secundario.
3. A RECOLLEITA
As castañas comezan a caer en setembro, e
a recolleita comeza en outubro.
Nos soutos cómpre varear as árbores para
sacudir os ourizos con varas longas de
freixo ou abeleira.
Un útil auxiliar importante é o cambo, unha
vara grosa cun gancho de ferro que serve
para subir á árbore.
4. A RECOLLEITA
Unha vez no chan, recóllense os ourizos con
pinzas de madeira moi grandes.
As castañas recóllense nunha especie de
mandil, e os ourizos colócanse en cestos.
Os ourizos lévanse para a casa ou para
unhas construcións de pedra circulares, a
ouriceira.
Os ourizos permanecen na ouriceira un mes,
cubertos por fentos e silvas.
Despois recollíanse as castañas e secábanse
na cociña, para conservalas todo o ano.
5. AS CASTAÑEIRAS
As castañeiras traballaban mentres había
castañas frescas.
Levaban as castañas en cestas e facían un
forno para asalas, cun caldeiro vello cun
burato na parte inferior, que se enchía con
ladrillos e barro facendo a fornalla. Por
riba ía o enreixado para que non caese o
carbón vexetal co que se acendía.
Na parte superior poñíase a tixola de lata
para as castañas.
6. AS CASTAÑEIRAS
As castañeiras instalábanse nun portal ou
nun recanto, encendendo o lume facendo ar
co abano.
Ían moxetando as castallas coa navalla,
para que non estouren.
Poñían as castañas na tixola, ao lume,
sacudíndoas de vez en cando para que non
queimasen e recibiran o calor por un igual.
As castañeiras van desaparecendo, sendo
substituídas por un armazón en forma de
locomotora.
7. O MAGOSTO
O Magosto é unha festa tradicional, unha
merenda-cea que se celebra no mes de
novembro, arredor do San Martiño.
Despois de comer camíñase cara o monte
coa familia e amigos, buscando un lugar
axeitado para facer lume.
Cantando e gozando búscanse pica, fentos
frescos, piñas ou palla para prender o
lume.
8. O MAGOSTO
Cando o lume se apaga, amoréanse as
brasas, poñéndoas nunha lata con buratos
por riba dunha grella.
Váiselle dando voltas cun pau de madeira
ata que as castañas estean ben asadas.
Mentres se asan as castañas, os demais
participantes fan cucuruchos de papel.
Cómense as castañas, xógase, báilase,
cántase, cóntanse contos... e emborrállanse
uns a outros.