Documento da Nova Escola Galega titulado "A cuestión lingüística" sobre a necesidade da galeguización do ensino
1 of 4
Download to read offline
More Related Content
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
1. nova escola alega
xuño 2009
movemento galego de renovación pedagóxica
Opina
A CUESTIÓN LINGÜÍSTICA
Nova Escola Galega ten como un dos eixes Os sucesivos decretos que recolleron os
fundamentais da súa existencia a normalización mandados estatutarios e lexislativos a respecto da
lingüística e cultural no ensino. Temos organizado normalización lingüística no ensino, a maior parte
moitas xornadas e actividades con este motivo ao deles desenvolvidos por gobernos do Partido
longo da nosa historia e redactamos no 1988 “Un Popular, con Fraga como presidente, foron
Modelo de Normalización Lingüística para o avanzando paseniño -amodo de máis ao noso
Sistema Educativo Galego”. entender- na incorporación da nosa lingua como
No 1989, un amplo número de organizacións, lingua vehicular no ensino. De xeito tal que nese
entidades e institucións chegamos a unha contexto e no 2004, o Parlamento de Galicia
proposta común dun “Modelo de Normalización chegou a un acordo unánime sobre un Plan Xeral
Lingüística para o Ensino”. Dez anos máis tarde de Normalización da Lingua Galega. Cómpre
(1999) NEG elaborou unha proposta actualizada, lembrar algunhas medidas alí recollidas:
baixo o título de “Modelo de Normalización Grupo de medidas 2.1.G
Lingüística para o Sistema Educativo Galego”. En 2.1.22. Establecer unha oferta educativa en galego
en preescolar (0-3 anos) e na educación infantil para
todos os casos estas propostas entregámosllelas
todos os nenos e nenas galegofalantes.
ás autoridades educativas.
2.1.23. Fixar, como mínimo, un terzo do horario
Podemos dicir que, a día de hoxe, os diferentes semanal en galego nestas etapas educativas para os
equipos de goberno que houbo na Xunta de Galicia contextos e contornos nos que a lingua predominante
nunca puxeron en marcha un modelo claro de sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe
se vaia incrementando progresivamente.
normalización lingüística no ensino. Ben é verdade
Grupo de medidas 2.1.H
que algúns aspectos por nós formulados foron
2.1.26. Na educación primaria garantir que, como
tidos en conta, como no seu día ocorreu coa mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en
constitución dos equipos de normalización galego. Á parte da área de coñecemento do medio
lingüística dos centros, se ben sen as funcións que natural, social e cultural, xa fixada legalmente,
nós previamos nos nosos modelos. fomentarase que se impartan nesta lingua materias
troncais en toda a etapa, como as matemáticas.
Dende aquela data do primeiro modelo ata hoxe
2.1.27. Na educación secundaria obrigatoria
pasaron máis de vinte anos e o certo é que nunca garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50%
puidemos albiscar sequera que chegariamos aquí da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de
coas mouras perspectivas que se anuncian para a cada centro, tenderase a que entre as materias que se
lingua dende este goberno da Xunta. impartan nese idioma figuren as matemáticas e a
tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente
Non parecería lóxico pensalo, habendo como
establecidas.
había un consenso amplo no tocante á lingua que,
2.1.28. Nos bacharelatos garantir que, como
con maior ou menor intensidade, se recollía na mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en
Constitución (1978), no Estatuto de Autonomía galego.
(1981) e na Lei de Normalización Lingüística 2.1.29. Nos ciclos formativos garantir que, como
(1983). mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en
galego.
2. nova escola alega opina
Este PXNLG comezou a desenvolvelo para o Se a obriga das administracións é a de dotaren o
ensino o anterior goberno bipartito, por medio do sistema educativo dos contidos curriculares
Decreto 124/2007. Sobre este decreto, e logo oficiais, non se pode entender que estes se fagan
dunha demorada e pormenorizada análise, NEG depender en maior ou menor medida dos
opinou sinteticamente que, dados os datos resultados de tal enquisa-consulta, por moito que
sociolingüísticos que xa daquela se podían valorar, uns membros do goberno digan que non serán
o avance sobre o anterior (247/1995) era mínimo. vinculantes mentres outros din inmediatamente
De feito sostemos que hai moi pouca diferenza que serán básicos ou “decisivos” para a
entre un e mais o outro, de aí o noso abraio sobre a elaboración dunha nova norma que substitúa a
postura do PP naquela circunstancia, na que se actual.
arredou do consenso acadado unanimemente e Se deixamos á marxe a auténtica intención
mesmo renegou das normas que eles mesmos desta iniciativa, para nós moi clara, de sustentar
ditaron en etapas anteriores. politicamente e mediante unha consulta
Na campaña electoral e chegados ao goberno pseudodemocrática o seu deseño dun retroceso
da Xunta non se cansan de proclamar unha e outra normativo da presenza do galego no sistema
vez unha auténtica falacia -ou razoamento educativo, e facendo un exercicio de boa intención,
aparentemente "lóxico" no que o resultado é podemos preguntarnos:
independente da verdade das premisas- sobre a ¿Para que sería necesaria esta enquisa? E
necesidade de “liberar” o castelán da opresión que podemos pensar en dúas posibilidades: ou
sofre como consecuencia da “imposición” do descoñecen a realidade da lingua ou pretenden
galego. Mesmo argumentan o perigo da que a lingua galega (repárese en que só esta) se
desaparición do español. sirva á carta.
Xaora que os datos sociolingüísticos máis Como a primeira posibilidade non é crible neste
recentes seguen afondando na situación dramática momento, en que dispoñemos como xa se indicou
do galego na nosa sociedade e na ínfima presenza de tantos indicadores tirados dos estudos
no sistema educativo en todas as súas etapas. realizados nos últimos tempos (especialmente
Esta montaña de argumentos falaces medra a coñecidos por parte do novo Secretario Xeral de
cada paso, segundo o principio de que unha Política Lingüística), só cabe pensar na segunda:
mentira repetida mil veces acaba por crerse. E procúrase que o resultado dea pé e sustento a
nestas estamos. unha modificación normativa de rebaixa no uso do
galego no ensino. É dicir, pretenden aplicar os
As primeiras medidas criterios das leis do mercado tamén á cultura e á
Como medida “estrela” do seu mandato no lingua. O que nos levaría a pensar se é necesario
ámbito da lingua anuncian a derrogación realmente un goberno para iso.
inmediata do decreto vixente, mesmamente cunha
ignorancia total dos procedementos legais ao
Pretenden aplicar os criterios
respecto, e como primeiro chanzo desta desfeita das leis do mercado tamén á
anuncian unha enquisa (aínda que teñen especial cultura e á lingua. O que nos
interese en que se trate como unha consulta) aos
levaría a pensar se é necesario
pais e nais sobre a presenza da lingua na escola.
Nos moitos anos que levamos no mundo do ensino realmente un goberno para iso.
non lembramos ningunha outra ocasión -e houbo
motivos abondo- en que se utilizase este Ora ben, e antes de entrarmos nos aspectos
instrumento para saber a opinión de toda ou parte concretos da enquisa, ¿que pasaría se os
das comunidades educativas. resultados se decantasen por unha presenza
2
3. opina nova escola alega
menor da nosa lingua no ensino? ¿Non sería un ou fillas, ou non os teñen escolarizados neste
trazo máis ca definitorio da propia anormalidade na momento, non teñen logo opinión ao respecto, ou
que se atopa o noso idioma? E nese caso, ¿non non se debe considerar? ¿Ula a responsabilidade
cumpriría compensar esa situación precisamente do Parlamento e do Goberno?
cunha maior presenza como lingua vehicular? Ademais dos aspectos concretos da operativa
¿Non sería precisamente neses núcleos que lle que se lles impón aos equipos directivos dende a
meten presión ao goberno para unha menor Consellería, sen nin sequera ter a ben algunha
presenza do galego onde debería ser xustamente aclaración ou consulta previa, ¿quen pode garantir
ao contrario? ¿Ou é que pretenden que haxa bolsas o control democrático desta consulta? ¿Acaso
de poboación que non teñan a competencia serán responsables os e as directores/as dese
lingüística necesaria e fixada polas leis? control de xeito unipersoal? ¿Pode esixírselles ese
papel sen as mínimas garantías? ¿En que medida
A enquisa ou consulta poderían estar vulnerando a lei de protección de
Cremos que cómpre indicar de inmediato que as datos?
comunidades educativas se rexen por órganos de A primeira consideración que cómpre facer a
goberno democraticamente elixidos, e que as nais respecto dos textos presentados nas enquisas é a
e os pais tamén teñen ademais asociacións que os de que, utilizando de maneira nesgada a
representan. É o caso dos Equipos directivos, dos terminoloxía de materias “troncais”, se furta a todo
Claustros de profesores e profesoras ou dos o mundo a posibilidade de poder optar por un
Consellos escolares, nos que se atopan ensino todo en galego (agás as áreas das segundas
representados, mediante procedementos ou terceiras linguas). Non existe tal posibilidade na
regulados por lei, os diferentes sectores da enquisa presentada.
comunidade. Así que as primeiras preguntas
poden ser: ¿Considera a Consellería que esas Fúrtase a todo o mundo a
diferentes representacións non son suficientes
posibilidade de poder optar por
para que poidan asumir as decisións relativas á
escolarización, tal e como veñen facendo ata agora un ensino todo en galego (agás
cos proxectos lingüísticos dos centros? ¿Por que se as áreas das segundas ou
produce logo unha consulta que ignora terceiras linguas)
absolutamente estes órganos de goberno?
E declaran a vixencia para dezaseis anos do Ademais, cómpre tamén indicar salientar que as
novo decreto, no mellor dos casos, cunha persoas que optemos por marcar a casa de
“fotografía” do 2009. ¿E que pasa coas outras “Galego” (Ed. infantil e FP) ou “Todas en galego”,
xeracións que se escolaricen en todos estes anos? en realidade ao que nos estamos referindo é só ás
¿É que as persoas deste país que non teñen fillos chamadas materias “troncais”. É dicir, que neste
3
4. nova escola alega opina
caso só estaremos optando polo que recolle xa o tempo, se é que houbese algunha vez tales
decreto vixente. Calquera outra resposta supón políticas. Algo que está moi presente neses
necesariamente un retroceso. sectores que rexeitan a lingua do país, a lingua dos
Podemos afirmar que a enquisa é acientífica, seus devanceiros, porque se avergonzan dela. Tal
tanto na forma de presentación das diferentes como facía aquela pobre persoa que lles
preguntas como na ausencia doutras significativas. presentaba a súa nai aos seus amigos como se fose
Non esquezamos, e este é un caso palmar, que a criada.
nestas mostras as respostas son unhas ou outras Iso é o que leva a dicir a estas alturas grosarías
dependendo de como se fan as preguntas. como a de que as matemáticas as hai que impartir
Pero tamén o é nos contidos. Ou senón, ¿como en castelán, porque o galego non vale. Ou que leva
se pode formular a posibilidade da aprendizaxe da a considerar que non pasaría nada porque os seus
lectoescritura en máis dunha lingua na educación fillos e fillas fosen incompetentes en galego. Velaí
infantil? ¿E que pasa cos demais contidos de unha valoración de auto-xenreira que non ten base
educación infantil que non son de lectoescritura e
non figuran? ¿Ou como se pode falar de materias Iso é o que leva a dicir a estas
“troncais” en educación primaria? ¿É que non sabe alturas grosarías como a de que
o señor conselleiro e os seus asesores que nestas
as matemáticas as hai que
etapas teñen unha importancia vital áreas que
para eles parecen ser de segunda categoría? impartir en castelán, porque o
¿Ignoran as propias leis educativas que sinalan as galego non vale.
competencias como eixes curriculares e a
globalización necesaria nestas etapas? ¿Como se real, senón máis ben nas cabezas de quen así
formula sequera a posibilidade de que poida haber pensan.
diferenza entre a lingua vehicular utilizada e a dos Pero isto, que ocorreu e que ocorre agora,
materiais curriculares ou probas orais e escritas? nunca se instalara de forma tan indecente na
acción política dos nosos gobernantes. E a
Orixe e consecuencia desculpa é que pretenden “superar a conflitividade
A orixe real do problema que o goberno tivo a xerada sobre a lingua”. ¿Pero pódese saber quen
ben incentivar e xeneralizar nas comunidades xerou esa conflitividade?
educativas e na sociedade en xeral, problema que Abandonen xa ese argumento insultante de que
non existía, está precisamente en algo xa moi todos e todas os que defendemos a lingua somos
antigo: o odio aos sinais de identidade. Algo que as dun partido ou dunha ideloxía determinada. A
políticas lingüísticas deberían ter desterrado hai lingua é de todos e todas, e a todas e a todos
Nova Escola Galega Rúa Betanzos, 1-1º eda. 15703 - Santiago de Compostela
Tfno./Fax 981.56.25.77 Apdo. 586 www.nova-escola-galega.org neg@mundo-r.com
4