Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da escultura no alto Renacemento a través da obra de Miguel Anxo Buonarroti
1 of 85
Downloaded 18 times
More Related Content
A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxo
1. A ESCULTURA NO S. XVI Miguel Anxo Buonarroti 1475-1564 Jean de Boulogne chamado Giambologna (Douai 1529 - Florencia 1608) Benvenuto Cellini (Florencia, 1500- Florencia, 1571)
3. A OBRA ESCULTÓRICA DE MIGUEL ANXO: EVOLUCIÓN MOCIDADE (CLASICISTA) MADUREZ (TRANSICIÓN) VELLEZ (MANIERISMO)
4. A Virxe da escaleira (1490-92) Obras de mocidade: a inspiración clásica e a influencia de Donatello, impregnadas do seu carácter impetuoso Busca do ideal de beleza
6. A Batalla entre os Lapitas e os centauros (1490-94) Relevo, bloque de mármore branco de Carrara 90 x 90 cm.
7. Esta obra de 1490-94 pode ilustrar a imaxe da batalla dos Lapitas cos Centauros Trataríase dunha proba coa que Miguel Anxo amosa que compartía as preocupacións artísticas dos artistas innovadores da súa época Consegue unha unidade global por medio do entrelazamento de todas as figuras, dispostas harmoniosamente en tensión física O relevo resultaría dificilmente lexible de estaren as figuras vestidas: necesitamos poder recoñecer un brazo en tensión, noutra zona un torso crispado polo esforzo da loita, noutra o perfil dunha caída
8. Debuxos de Miguel Anxo A comprensión científica de “como funciona” o corpo humano
15. É a primeira vez que un escultor aborda o bloque de mármore dende a súa cara estreita, polo que a estatua será máis profunda que ancha (característico da súa obra, repetirase no seu estilo) O Neno aparece no plano frontal e a ollada inscríbese no paralelípedo de mármore A composición é máis compacta e máis dinámica que a dos tondos Os detalles do modelado están simplificados: non atopamos pregamentos profundos e a axitación de liñas da Piedade vaticana Virxe co Neno, 128 cm. 1503 -04
16. A maior novidade reside na figura do Neno. Miguel Anxo represéntao na acción de descender do colo da nai para dar os seus primeiros pasos no camiño que o levará a morrer polos homes A figura en movemento , suavemente torsionada do Redentor, ofrécese á mirada integrada harmoniosamente no volume da Nai. Unha dozura e gravidade que son novos impregnan a obra
17. Tondo Pitti. 1504-05 A Virxe, sentada sobre un cubo de pedra e volta frontalmente cara ao espectador Na súa fronte leva esculpida a imaxe dun serafín, axente da omnisciencia divina e, por tanto, da capacidade de predicir o futuro. O Neno, situado de pé onda a nai, está inspirado nas figuras dos xenios funerarios dos antigos sarcófagos romanos
32. MAUSOLEO DE XULIO II en San Pedro in Vincoli (Tumba mural, enconstada ao muro)
33. Ambicioso proxecto: monumento con máis de 40 estatuas, ao que Miguel Anxo se refería como a " traxedia dunha sepultura ", non estivo rematado á morte do Papa; os seus sucesores opuxéronse a que o artista continuara as obras -no lle tiñan moito aprecio- e os restos de Xulio II acabaron na Basílica de San Pedro As tres estatuas de Miguel Anxo foron colocadas sen respectar a colocación do proxecto inicial As outras dúas estatuas destinadas a decorar a tumba do papa Xulio II representan ás dúas mulleres de Xacobe: Raquel , que simboliza a vida activa ; e Lía , que simboliza a vida contemplativa Faise unha representación da personalidade do Papa MAUSOLEO DE XULIO II en San Pedro in Vincoli. (San Pedro "encadeado" por atoparse nesta igrexa as cadeas que ataron o apóstolo)
36. detalle del rostro Posible autorretrato de Miguel Anxo A barba fluída representa a auga, mentres que o cabelo representaría o lume. aría el fuego. A intensidade da mirada subliña a indignación do xesto Esta irritación pode corresponderse co momento representado: momentos antes de que Moisés destrúa as Táboas da Lei, cando descobre que o pobo traizoou a Yahvé; ou, talvez, ao profetizarlle Yahvé quen non pisará a Terra Prometida
37.
38. Rachel e Leah, 1545 Iniciadas por M. Anxo, mais rematadas polos seus colaboradores
45. San Mateo (Florencia, Accademia delle Belle Arti, 1530-33)
46. A sancristía nova da igrexa de San Lourenzo, onde se atopa o sepulcro dos Médici (1520-1534). Florencia Atopamos a Lourenzo de Médici e a Giuliano de Médici, duques de Nemours
47. As tumbas están plantexadas coma sepulcros-retablo, simetricamente dispostas Conforman unha estrutura piramidal con dúas figuras alegóricas en cada sarcófago e a imaxe idealizada do defunto enriba (a Miguel Anxo non lle interesa o parecido real do retratado)
48. No s. XVI Lourenzo recibiu o alcume de Il Pensieroso , que pode ter relación coa doenza mental que sufriu nos últimos anos da súa vida Lévase a man ao queixo, e o dedo que cruza os beizos é unha invitación ao silencio. O cóbado que apoia sobre o cofre pechado é un sinal de avaricia Segundo Panofsky sería a plasmación da vida contemplativa Aparece acompañado do Crepúsculo e da Aurora
49.
50. La Tumba de los Médicis. Lorenzo de Médici . Mármol blanco. 1519.
51. O crepúsculo , 1524 Na tumba de Lourenzo de Médici Esta escultura, xunto co Día . Asóciase cun estado de transición e incerteza, e polo tanto coa vida contemplativa encarnada por Lourenzo
52. Representación da Aurora Na tumba de Lourenzo de Médici Asociada coa imaxe da Vida Contemplativa de Lourenzo, é unha das figuras completamente acabadas, agás algunha zona que ficou sen pulimentar 1530
54. Tumba de Giuliano de Médici As estatuas dos duques non son retratos, senón efixies idealizadas , algo frecuente na arte funeraria Para Panofsky sería a representación da Vida Activa As moedas esparexidas no seu colo indican a súa xenerosidade en cuestións de diñeiro
58. Representación do Día Na tumba do duque Giuliano Conservamos un texto de Miguel Anxo en que fala desta obra en concreto, dicindo así: “(...) O Día e a Noite falan e din: co noso curso veloz levamos o duque Giuliano á morte; é xusto que tome vinganza de nós, como o fai. E a vinganza é esta: que matándoo nós a el, el, morto, quitounos a luz; cos seus ollos pechados pechounos os nosos, que xa non brillan sobre a terra. Que faría, pois, con nós en vida? (...)”
59. Representación da Noite Na tumba do duque Giuliano Atopamos unha cualidade táctil que non vemos en ningunha outra das súas esculturas, na capacidade de usar expresivamente o modelado, non tanto para evocar diferentes texturas, como para subliñar as formas máis elocuentes da figura Cun torso ao gusto de Miguel Anxo, o rostro e o xesto son moi admirados
61. Esta obra iníciase trala morte de Vittoria Colonna, para quen fixera a comezos da década unha Piedade debuxada Tenta mostrar ao máximo o corpo de Cristo. As figuras están representadas a distintas escalas . A delgadez das pernas do corpo de Cristo responde a unha fase do proxecto que é posterior ao resto das figuras (a dirección do cambio ía na liña de reducir o volume); unha desmaterialización que acentuaría aínda máis a expresividade desta escultura Obras de vellez: anuncio do Barroco Pietá , 226 cm. 1550 (Museo dell'opera de Duomo - Florencia)
62. Nesta obra ofrécesenos unha posición á vez frontal e forzada, como se o esaxerado desexo do escultor de pór ante os nosos ollos o que ocorre rachase a composición, provocando xustaposicións disonantes de formas e volumes
69. A Piedade Rondanini Mármore branco 1553 Iniciada cando rondaba os 80 anos, vemos unha obra incompleta e modificada No manto que cobre a cabeza poden distinguirse as pegadas da versión anterior, na que o rostro da virxe esta volto, nun xesto de dor e desesperación cara ao ceo Na última versión, Miguel Anxo renuncia á idea de contraste entre os vivos e mortos Renuncia, tamén, adelgazando e desmaterializando o corpo de Cristo , á sensación de esforzo implícita no xeito de configurar a escena: a Nai que, de pé, sostén , vertical, o Fillo morto Así como as dúas cabezas repiten o xesto que as borra na sombra, os dous corpos fúndense nunha verticalidade ingrávida e nocturna
73. Il Colleoni (1479-1488), Venecia Il Colleoni (1479-1488. Venecia) : retrato ecuestre dun condotieri, réplcia do Gattamelata. Situado nunha praza de Venecia, a estatua levántase nun enorme pedesta Fronte ao Gattamelata que avanza tranquilamente, agora atopámonos coa tensión de Il Colleoni, quen adopta unha pose altiva, e a do seu cabalo, que ten un gran impulso cara adiante
74.
75.
76.
77. BENVENUTO CELLINI (1500-1574) Foi famoso por escribir unhas Memorias autobiográficas e por ser un gran artista da fundición en bronce, da ourivería e do esmalta, as medallas e as xemas. Cellini era ante todo un ouriveiro que lograba, a pequena escala, maiores éxitos que as súas figuras ao natural Foi un verdadeiro humanista, un artista práctica como teórico, escribiu o seu famoso (Florencia 1568) sobre escultura, e viaxou por toda Italia, instalándose finalmente en Francia Perseo (1554, Plaza de la Signoría, Florencia): foi un encargo de Cosme de Médicis. A escultura representa a Perseo, mozo e de grande beleza, que amosa a cabeza da Medusa que acaba de cortar mentres que coa outra man sostén a espada. Aos seus pés atópase o corpo do monstro. O pedestal sobre o que se apoia a escultura demostra o seu traballo de ouriveiro e a súa minuciosidade O tema perdeu o carácter épico e céntrase no anecdótico
78. LA ESCULTURA DESPUÉS DE MIGUEL ÁNGEL Benvenuto Cellini (1500-1571). Perseo coa cabeza de Medusa (1554). Florencia, Logia dei Lanzi
79.
80.
81.
82. Cellini - Busto de Cosme I de Médici (bronce, Florencia, Bargello, 1545-48)
83. Jean de Boulogne, chamado Giambologna (Douai 1529 - Florencia 1608) Giambologna - Mercurio (Bologna, Museo Civico, 1563)