2. O NACEMENTO DA EUROPA FEUDAL
Feudalismo: Sistema económico, político e social
que se orixinou a partir do século IX en Europa
occidental. Tivo as súas orixes na división do
Imperio carolinxio
IMPERIO DE CARLOMAGNO
● Caída do Imperio romano: división de Europa en
reinos xermánicos.
● Reino dos Francos: un dos seus monarcas foi
Carlomagno. Creou un Imperio unificando gran
parte das terras de Europa occidental e
proclamouse emperador no ano 800 → Imperio
Carolinxio.
– Elaborou leis para todos os territorios.
– Administración:
● Condados: gobernados por condes.
● Marcas: zonas fronterizas gobernadas por
marqueses.
– Impostos, xustiza e seguridade eran
garantidas por condes e marqueses.
3. IMPERIO DE CARLOMAGNO
● Morte de Carlomagno
→enfrontamento entre os
sucesores:
División do Imperio
carolinxio → TRATADO DE
VERDUN (843)
Inseguridade en Europa.
Ataque de pobos invasores
(ss. IX-X):
● Normandos (vikingos).
● Musulmáns.
● Húngaros.
4. ORIXES DO FEUDALISMO
● Nos séculos IX-X o poder dos monarcas era moi
feble:
● Non podían protexer á poboación.
● Non podían recadar impostos.
● Non podían manter un exército fiel e
estable.
● Para poder gobernar e manter unido o seu reino
os monarcas tiveron que se apoiar nos nobres:
● VASALAXE: sistema de relacións persoais
que consistía nun pacto de fidelidade que
se establecía mediante unha dobre
cerimonia:
● HOMENAXE: O vasalo (nobre)
prometíalle ao rei fidelidade, consello
no goberno e axuda militar e
económica.
● INVESTIDURA: O rei entregáballe ao
vasalo (nobre) unhas terras (feudo)
para que as gobernase e explotase.
5. ORIXES DO FEUDALISMO
● Moitos nobre convertéronse en SEÑORES FEUDAIS: os fillos herdaban o cargo.
● Os SEÑORES FEUDAIS:
● Eran nobres ou eclesiásticos.
● Podían ceder parte do seu FEUDO a outros nobre menos poderosos →
CABALEIROS.
● Fixéronse case independentes: os campesiños acudían a eles buscando
protección.
6. SOCIEDADE FEUDAL
● Dividíase en ESTAMENTOS ou ordes:
grupos sociais cerrados, con escasa
mobilidade social, aos que se
pertencía por nacemento e para toda a
vida.
● PRIVILEXIADOS:
– Nobreza: defensa militar e guerra
(bellatores)
– Clero: cregos, monxas, bispos,..
(oratores).
– Posuían terras, non tiñan que
traballar, non pagaban impostos e
tiñan reservados os altos cargos.
● NON PRIVILEXIADOS:
– Terceiro estado: campesiños,
artesáns, comerciantes...
– Traballaban e mantiñan aos outros
dous estamentos, carecían de
dereitos e estaban sometidos a
fortes impostos.
7. A MONARQUÍA E A NOBREZA FEUDAL
MONARQUÍA
● Monarca (rei): cúspide da pirámide feudal.
● Primus inter pares.
● Non tiña residencia fixa.
● Representante de Deus na terra (monarquía de dereito divino).
● Os territorios que tiña baixo a súa autoridade compoñían o seu REINO → patrimonio persoal.
● As fronteiras dos reinos mudaban constantemente.
● Compartía o Goberno:
– Coa alta nobreza (condes, duques, marqueses)
– Coas principais autoridades relixiosas (bispos, abades) alto clero.
● Atribucións exclusivas:
– Dirixir campañas militares ás que debían acudir os vasalos cos seus exércitos.
– Recadar impostos.
– Exercer de xuíz supremo en preitos pero sen interferir nos feudos dos seus nobres ou da
Igrexa.
– A Curia ou Consello Real axudábanlle a gobernar e tomar decisións.
– A Corte era un conxunto de persoas (familia, amigos, conselleiros) que o acompañaban.
8. NOBREZA
● A guerra era a súa principal
actividade.
● Só os señores feudais podían
exercer o oficio das armas: eran
os CABALEIROS.
● Os fillos das familias nobres eran
armados cabaleiros aos 18 anos.
● Facían a guerra para:
– Defender o seu territorio.
– Enfrontarse a outros nobres.
– Axudarlle ao monarca.
● A guerra proporcionáballe ao
vencedor terras e riquezas.
● En épocas de paz os nobres
realizaban torneos entre
cabaleiros armados.
9. CASTELOS MEDIEVAIS
● Castelo: residencia fortificada dos señores feudais.
● Tempos de paz: fogar do nobre, da súa familia, soldados e serventes, e un mercado
de intercambio de produtos.
● Tempos de guerra: fortaleza e refuxio para os habitantes do feudo.
● Partes:
– Torre da homenaxe.
– Patios con edificacións: ferrería, forno, vivendas,...
– Muralla ameada e con torres defensivas.
● Vida cotíá dos nobres:
– Inspeccionar as terras do feudo.
– Recibir aos vasalos.
– Impartir xustiza.
– Recadar tributos.
– Adestrarse para o combate.
– Organizar banquetes e festas.
– Caza e cetrería.
11. AS TERRAS DO FEUDO
FEUDO: Terras entregadas polo rei ou por un nobre a outro señor feudal.
● Tipos: reais, nobiliarios e eclesiásticos.
● Podíanse transmitir en herdanza aos descendentes pero non se podían mercar nin
vender.
● O señor feudal tina autoridade plena no seu feudo e gozaba de inmunidade perante
o rei.
● RESERVA SEÑORIAL: Terras que o señor se reservaba para a súa
explotación directa. Nela atopábase o castelo, prados e bosques
propios.
● Partes ● MANSOS: Parcelas de terra que o señor lles entregaba aos servos
ou aos campesiños libres a cambio do pago de rendas: parte da
colleita, traballos nas terras da reserva. Podían existir ALODIOS:
parcelas propiedade de campesiños libres.
SEÑORÍO TERRITORIAL: Dereitos de explotación económica
das terras do feudo: corveas, parte da colleita,...
● Señorío
(feudo) SEÑORÍO XURISDICIONAL: Dereito do señor feudal a impartir
xustiza, cobrar impostos (uso de pontes, muíños, forno,...
13. RENDAS SEÑORIAIS
● Os señores feudais (nobres ou eclesiásticos) vivían das rendas que os campesiños
estaban obrigados a lles entregar:
– Parte da colleita.
– Décimo (diezmo) á igrexa.
– Entrega das primicias (unha vez ao ano): cultivos ou animais (porcos,
galiñas,...)
– Prestacións persoais: traballo obrigatorio nas terras do señor.
– Dereitos de monopolio: pagamentos por usar o muíño, o forno,...
– Cobramentos derivados da xurisdición: multas, impostos,....
14. OS CAMPESIÑOS
● Constituían a maioría da poboación.
● Adicábanse á agricultura e á gandaría.
● Carecían de privilexios.
CAMPESIÑOS LIBRES (VILÁNS OU ALODIAIS): Eran propietarios
●
da súa terra. Podían casar, abandonar o feudo... sen permiso do
● Categorías señor.
● SERVOS: Traballaban as terras do señor e non tiñan liberdade
persoal. Calquera activade tiña que contar co permiso do señor.
● O rendemento das terras era escaso:
– Instrumentos agrícolas rudimentarios.
– Escaseza de fertilizantes.
● Practicábase a rotación bienal con barbeito.
● Agricultura de subsistencia para autoconsumo.
● Cultivos: cereais, legumes, viñedos, verduras e árbores froiteiras.
15. A IGREXA CRISTIÁ: OS CREGOS
● A Igrexa (institución) mantiña a unidade dos crentes e regulaba a vida da comunidade.
● Oficiaba as cerimonias relixiosas.
● Encargábase do ensino e a asistencia a pobres e enfermos.
● Prescribía as obrigas relixiosas dos crentes: rezar, asistir á misa, confesarse...
● A igrexa era o edificio máis importante da aldea, vila ou cidade. A partires do ano 1000
construíronse moitos mosteiros.
● Cobraba o décimo: todos os campesiños estaban obrigados a lle pagar a décima parte
da colleita á Igrexa.
ORGANIZACIÓN DA IGREXA (CLERO)
Escollido polo consello de Cardeais
Atendían aos crentes Dedicados á oración
Rexían as dioceses
Dirixían as parroquias Sometidos a unha
regra monástica
17. ARTE ROMÁNICA
● Cronoloxía: séculos XI-XIII.
● Lugar: Europa.
● Recibe o nome de Románico porque presenta algúns
elementos construtivos semellantes coa arte romana.
● Arte relixiosa que tiña como obxectivo principal exaltar a
gloria de Deus.
● Destacou a arquitectura relixiosa: igrexas, mosteiros e
catedrais.
● Escultura e pintura para decorar ou completar os
edificios relixiosos.
18. ARTE ROMÁNICA
ARQUITECTURA
● Planta de cruz latina.
● Cruceiro: onde se cruzan os brazos, cuberto cun ciborio
● Material: pedras de cantaría
19. ● Na cabeceira:
ARTE ROMÁNICA
– Absida semicircular.
– Girola ou
deambulatorio
(carola)
20. ARTE ROMÁNICA
● Cuberta:
– Bóveda de canón.
– Arcos de medio punto.
● Elementos sustentantes:
– columnas ou piares.
– Grosos muros
● Contrafortes exteriores
21. ARTE ROMÁNICA
● Torre-campanario unida á igrexa ou separada.
26. ARTE ROMÁNICA
ESCULTURA
● Temática: relixiosa.
● Funcións: decorativa e didáctica: adoutrinar ao pobo e
explicarlles os feitos sagrados da Biblia porque a maioría da
poboación era analfabeta.
● Adaptación ao marco: as figura adoptaban as proporcións e a
forma da superficie sobre a que eran esculpidas.
● As figuras eran hieráticas, ríxidas e sen perspectiva.
● Situábanse nas portadas, columnas e chapiteis.
● Tamén abundaban as tallas relixiosas esculpidas en madeira e
policromadas, que se colcaban nos altares.
30. ARTE ROMÁNICA
PINTURA
● Finalidade: igual ca
escultura: decorativa e
didáctica.
● Técnicas: pintura ao
fresco e pintura sobre
táboas.
● Non había profundidade
nin volume nas
composicións.
● As figuras adaptábanse
ao marco arquitectónico.
● Perspectiva xerárquica.
● Horror vacui.
● Temáticas: Pantocrator,
escenas da Biblia e das
vidas de santos.