ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 1
A GALIÑA AZULA GALIÑA AZUL
de Carlos Casares
ADAPTACIÓN TEATRAL
María del Carmen Gómez Álvarez
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 2
A GALIÑA AZUL
de Carlos Casares
ADAPTACIÓN DE María del Carmen Gómez Álvarez
PERSONAXES
Lúa e Sol
Lourenzo (roupa con peto)
Galiña azul (de negro)
Can (de negro)
Seis veciños e veciñas de Leoncio
Dúas nenas: a de coleta e a de pelo longo
Veciño dos ovos
Policía
Alcalde Manolito Listón (roupa con peto)
Porteiro
Leoncio
Periodista
MATERIAIS
Casa de Lourenzo
Niño da galiña
Manta do can de Lourenzo
Galiñas, por un lado brancas e polo outro azuis, con cinco plumas vermellas na á
dereita.
Can
Banco das nenas
Ovos
Cesta dos ovos
Cartel do Concello
Carta e lapis do alcalde
Micro
Cámara de video
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 3
Estes dias anda o pobo un pouco alborotado.Acórdaste dun
rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na com-
paña dun can pequenino de rabo zuro? Pois Lorenzo ten
unha galina azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galina moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Xa
puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non
di cacaracá como as outras galinas, senón que di cocorocó.
E isto ten preocupadas ás autoridades.
Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un ofi-
cio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas.
Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só e para
que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o
señor Casimiro, o porteiro do Concello, á galiña vana matar.
O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas declaracións que
fixo para a televisión e para os xornais, que non se podía
tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo
Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de cores e
que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como
é debido.
O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Loren-
zo non levanta cabeza.
Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero
agora está na casa e algúns din que a galiña a ten disfraza-
da de branco para que non lla coñezan. Pero de certo, pouco
se sabe.
Eu non sei que vai pasar, porque os vecinos están de parte
de Lorenzo e da galiña. Non teñas pena, que xa che conta-
rei en que queda isto.
Lorenzo encárgame que che dea lembranzas del e da súa
galiña azul...
...Sabes que se arranxou o asunto da galiña azul de Loren-
zo?
Verás. O día aquel que che escribín contándoche todo, re-
A GALIÑA AZUL, Carlos CasaresA GALIÑA AZUL, Carlos Casares
CARLOS CASARES
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 4
sulta que a iso das cinco da tarde chegaron os gardas a
buscar á galiña azul, de parte de Manolito Listón. Ía moito
sol e podía ser un día ben ledo se non fose pola pena que
tiñamos todos.
A xente congregouse diante da casa de Lorenzo. Habería
para aí máis de mil persoas. Eu tamén fun.
A que non adiviñas o que pasou? Pois o día anterior alguén
discorreu que a mellor maneira de arranxar as cousas sería
tinguir de azul todas as galiñas do lugar, pintándolles de
vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arre-
dor da galiña azul de Lorenzo. Como nós non temos galiñas
na casa, eu fun mercar unha á feira de Allariz e tinguina de
azul tamén.
Cando chegaron os gardas, atoparon tanta galina igual que
non sabian cal era a de Lorenzo.
Só houbo un pequeno despiste. Foi cousa de Leoncio, que
se trabucou e apareceu cunha galiña pintada de vermello.
Cando lla viron os gardas, queríanlla matar. Se o vises es-
capar coa súa galiña debaixo do brazo e berrando: «Para
gustos fixeéronse cores!».
Agora o Manolito Listón di que cando chova todo se vai
arranxar, que as galiñas han perder o tinte e que entón, xa
veremos... Pero polo de agora vai moita calor e temos o verán enteiro por diante.
Demomento,Lorenzoandaamestrandoágaliñaparaque,aomenosenpúblico,aprenda
a dicir cacaracá en vez de cocorocó.
Claro que a xente do lugar ten un contrasinal para coñecer á verdadeira galiña azul. Xa
cho direi cando veñas.
Mañá voume de viaxe. Cando volva, seguireiche contando historias, que por aquí sem-
pre hai algo que contar.
DEBUXO DA 4ª EDICIÓN DE «A GALIÑA AZUL»,
dos irmáns García Alonso
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 5
A GALIÑA AZUL
de Carlos Casares
ADAPTACIÓN DE María del Carmen Gómez Álvarez
ACTO 1
(Casa de Lourenzo. Galiña azul e can durmindo. Resto das galiñas deitadas. Vaise a
lúa e sae o sol. Levántanse todas as galiñas brancas.)
GALIÑAS BRANCAS: Cacaracá, cacaracá. (Levántanse a galiña azul e máis o can.)
GALIÑAAZUL: Cocorocó, Cocorocó.
CAN: Guau, guau.
(Lourenzo sae da casa e achégase á galiña e máis o can.)
LOURENZO: Bo día, meu amigo can. Bo día, miña amiga galiña. Pon os ovos da ma-
ñanciña que imos dar o noso paseo coma todos os días.
GALIÑAAZUL: Cocorocó.
CAN: Guau, guau. .
(A galiña pon os ovos e marchan pasear. Van saudando a toda a xente e ás galiñas. O
policía municipal observa todo.)
VECIÑOS E VECIÑAS: Bo día.
AS GALIÑAS BRANCAS: Cacaracá.
LOURENZO: Bo día, veciños.
GALIÑAAZUL: Cocoroco.
CAN: Guau, guau.
(Ao final do paseo pasan por diante de dúas nenas que están sentadas nun banco
xogando a CHOCO-CHOCO-LALA-TE.)
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 6
LOURENZO: Bo día, miñas amigas.
GALIÑAAZUL: Cocorocó.
CAN: Guau, guau.
NENA DAS TRENZAS: Mira que é rara a galiña de Lourenzo! Todas as galiñas din
cacaracá e ela...cocorocó! Hai que ver!
NENA DO PELO SOLTO: Siiii...pero é tan bonita e simpática! Non é rara...só diferente.
Mira o teu pelo...non é raro...é diferente. Ogallá eu o tivese coma ti, que me encanta.
(Mentras Lourenzo, a galiña azul e o can volven á casa. Os donos das galiñas brancas
retíranse coas súas galiñas pero seguen en escena. Na casa está agardando un veciño
cun cesto.)
VECIÑO DOS OVOS: Bo día, Lourenzo. Vides de dar o paseo?
LOURENZO: Si. Xa estamos de volta. Encántanos!Agora volvemos cheos de enerxía.
E que te trae por aquí?
VECIÑO DOS OVOS: Pois viña ver se me podías dar algún ovo, que ando a facer un
biscoito e cómprenme un par deles. E como todos os veciños da vila din que os ovos da
túa galiña son tan ricos!
LOURENZO: Por suposto. Ademais son fresquiños desta mañá.
(Lourenzo dalle os ovos ao veciño. El mira asombrado para eles.)
VECIÑO DOS OVOS: Mira que é rara a túa galiña! Todas as galiñas poñen ovos bran-
cos ou marróns e ela ponos de cores. Hai que ver!
LOURENZO: Siiii...pero é tan bonita e simpática! Non é rara...só diferente. Mira... ti es
o único home da vila que cociña. E non es raro... só diferente. Ogallá houbese máis
coma ti.
(O veciño vaise, Lourenzo entra na casa, a galiña azul ao niño e o can á manta.)
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 7
ACTO 2
(O Policia vai ao concello e alí atópase co alcalde. Na porta está o porteiro.)
POLICÍA: Bo día, señor alcalde.
ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Bo día. Que che trae por aquí?
POLICÍA: Ando moi preocupado. (Achegándose a él coma se lle falase en segredo.)
Hai unha galiña na vila qué é moi rara. Todas dín cacaracá e ela, cocorocó. E aínda
peor...os seus ovos son de cores. De calquera cor menos branca ou marrón. O nunca
visto!
ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Certamente que isto é moi preocupante. Agora mes-
mo tomarei medidas. E de quen é esa galiña tan rara?
POLICÍA: De Lourenzo, Sr. Alcalde.
ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Moitas grazas por informarme. (Escribe unha carta,
dóbraa e dálla ao porteiro.) Lévalle isto canto antes a Lourenzo, por favor.
PORTEIRO: (Diríxese á casa de Lourenzo e polo camiño vai contándollo aos veciños.)
Ai! Veciños e veciñas! Lévolle unha carta a Lourenzo de parte do alcalde Manolito
Listón. Non parece nada bo!
VECIÑOS E VECIÑAS: Ohhh! (Exclaman.)
PORTEIRO: (Dálle a carta a Lourenzo.) O alcalde Manolito Listón mandoume entregar-
che esta carta.
LORENZO: Grazas. (Desdobra a carta e le en alto.)
Estimado Sr. Lourenzo:
Debido a que a súa galiña é moi rara, véxome na obriga de solicitarlle que a entre-
gue o antes posible no concello para que a revise un veterinario a ver se se pode
facer algo para que sexa coma as demais.
Atentamente,
O Sr. Alcalde, Manolito Listón.
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 8
PORTEIRO: Por favor, Lourenzo, non a entregues, que cha van matar.
LOURENZO: Pois claro que non a vou entregar! (Garda a carta e escribe outra.) Léva-
lle esta carta ao Sr. Alcade Manolito Listón, por favor. ( Dalle a carta.)
PORTEIRO: (Diríxese ao Concello e polo camiño vai contándollo aos veciños. ) Ai!
Veciños e veciñas! Lévolle unha carta aoAlcalde Manolito Listón de parte de Lourenzo.
Quérenlle quitar a galiña azul!
VECIÑOS E VECIÑAS: (Berran) Non! Non pode ser! (Quedan a falar entre eles alpori-
zados.)
PORTEIRO: (Entrégalle a carta ao Sr. Alcalde.) Lourenzo envíalle esta carta.
ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Grazas. (Le a carta.)
Estimado Sr. Alcalde Manolito Listón:
Véxome obrigado a non cumprir o que me pide debido a que se deberon de pro-
ducir dous erros.
1. A miña galiña non é rara, só diferente.
2. Nin ela nin eu desexamos que sexa coma as demais. Así é ben bonita e simpá-
tica.
Atentamente, Lourenzo.
(Os veciños e veciñas seguen alporizados. Achégase un periodista con cámara de
video e micrófono ao alcalde. Todos os veciños da vila observan e escoitan.)
PERIODISTA: Sr.Alcalde. Os veciños e veciñas da vila andan moi alporizados co tema
da galiña azul. Non están de acordo en que a entregue. Que opina ao respecto?
ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Fágoo polo ben de todos. Non se pode tolerar a exis-
tencia dunha galiña azul. Unha galiña azul que pon ovos de cores e que di cocorocó en
vez de cacaracá non é unha galiña como é debido.
PERIODISTA: Grazas, Sr. Alcalde, polas súas palabras. Boas noites.
(Marcha o Sol e sae a Lúa.)
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 9
ACTO 3
(Marcha a Lúa e sae o Sol. Están todos os veciños na praza.)
VECIÑO 1: Bo día. Hoxe tampouco saíu pasear Lourenzo?
VECIÑO 2: Non. Pasou unha semana dende que recibiu a carta e non volveu saír
pasear dende aquelas.
VECIÑO 3: Anda tan triste que non levanta cabeza.
VECIÑO 4: Din que anda pintando de branco á galiña azul.
VECIÑO 5: Temos que facer algo para axudar. Din que hoxe ás cinco da tarde vai a
policía a buscar á galiña azul.
VECIÑO 6: Teño unha idea. Pintemos todas as nosas galiñas de azul e con cinco plu-
mas vermellas e así non poderán distinguila. Vémonos ás cinco diante da casa de
Lourenzo.
TODOS OS VECIÑOS: Boa idea! (Todos os veciños se retiran a buscar as súas gali-
ñas.)
LEONCIO: Eh! De que cor era? (Berrándolle aos veciños.)
VECIÑO 6: Presta atención, Leoncio, que tí es moi despistado. Azul con cinco plumas
vermellas. Ai, Leoncio, Leoncio! Non vaias liala!
LEONCIO: (Dirixíndose ao público.) Claro que non a vou liar. Encántame a cor verme-
lla! Van quedar preciosas todas as galiñas! Marcho a comprar a pintura que non vou
chegar a tempo. (Marcha tamén pola súa galiña.)
A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 10
ACTO 4
(Todos os veciños menos Leoncio están na casa de Lourenzo. Todas as galiñas están
azuis. Chega o policía. Intenta atopar á galiña azul.)
POLICÍA: Isto é imposible. Todas as galiñas son iguais!
VECIÑO 1: Pois claro! Que pensabas? Que había algunha rara?
LEONCIO:( Chega correndo.) Esperade por min. Xa chego coa miña galiña! (Ensina a
súa galiña vermella.)
VECIÑO 2: Que era azul, Leoncio!
POLICÍA: ( Correndo tras Leoncio.) Esta si que é rara! Como a pille!
LEONCIO: Deixa a miña galiña, que para gustos, fixéronse cores. (Todos os veciños
rin.)
ACTO 5
PERIODISTA: Sr. Alcalde, que opina do acontecido?
ALCALDE MANOLITO LISTÓN: (Enfadado.) Cando chova, todo se vai arranxar. As
galiñas han perder o tinte e entón... xa veremos!
LOURENZO: (Dirixíndose ao público. Todas as galiñas azuis detrás.) Pero polo de
agora, vai moita calor e temos o verán enteiro por diante. Estoulle aprendendo a dicir
cacaracá para disimular pero cando queirades saber cal é a verdadeira galiña
azul...sabedes que hai que dicir?
GALIÑA AZUL: Cocorocó. (Amósase un cartel que di...cocorocó.)
PANO

More Related Content

A GALIÑA AZUL

  • 1. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 1 A GALIÑA AZULA GALIÑA AZUL de Carlos Casares ADAPTACIÓN TEATRAL María del Carmen Gómez Álvarez
  • 2. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 2 A GALIÑA AZUL de Carlos Casares ADAPTACIÓN DE María del Carmen Gómez Álvarez PERSONAXES Lúa e Sol Lourenzo (roupa con peto) Galiña azul (de negro) Can (de negro) Seis veciños e veciñas de Leoncio Dúas nenas: a de coleta e a de pelo longo Veciño dos ovos Policía Alcalde Manolito Listón (roupa con peto) Porteiro Leoncio Periodista MATERIAIS Casa de Lourenzo Niño da galiña Manta do can de Lourenzo Galiñas, por un lado brancas e polo outro azuis, con cinco plumas vermellas na á dereita. Can Banco das nenas Ovos Cesta dos ovos Cartel do Concello Carta e lapis do alcalde Micro Cámara de video
  • 3. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 3 Estes dias anda o pobo un pouco alborotado.Acórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na com- paña dun can pequenino de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unha galina azul con cinco plumas vermellas na á dereita. É unha galina moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galinas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas ás autoridades. Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un ofi- cio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só e para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, á galiña vana matar. O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas declaracións que fixo para a televisión e para os xornais, que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de cores e que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como é debido. O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Loren- zo non levanta cabeza. Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero agora está na casa e algúns din que a galiña a ten disfraza- da de branco para que non lla coñezan. Pero de certo, pouco se sabe. Eu non sei que vai pasar, porque os vecinos están de parte de Lorenzo e da galiña. Non teñas pena, que xa che conta- rei en que queda isto. Lorenzo encárgame que che dea lembranzas del e da súa galiña azul... ...Sabes que se arranxou o asunto da galiña azul de Loren- zo? Verás. O día aquel que che escribín contándoche todo, re- A GALIÑA AZUL, Carlos CasaresA GALIÑA AZUL, Carlos Casares CARLOS CASARES
  • 4. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 4 sulta que a iso das cinco da tarde chegaron os gardas a buscar á galiña azul, de parte de Manolito Listón. Ía moito sol e podía ser un día ben ledo se non fose pola pena que tiñamos todos. A xente congregouse diante da casa de Lorenzo. Habería para aí máis de mil persoas. Eu tamén fun. A que non adiviñas o que pasou? Pois o día anterior alguén discorreu que a mellor maneira de arranxar as cousas sería tinguir de azul todas as galiñas do lugar, pintándolles de vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arre- dor da galiña azul de Lorenzo. Como nós non temos galiñas na casa, eu fun mercar unha á feira de Allariz e tinguina de azul tamén. Cando chegaron os gardas, atoparon tanta galina igual que non sabian cal era a de Lorenzo. Só houbo un pequeno despiste. Foi cousa de Leoncio, que se trabucou e apareceu cunha galiña pintada de vermello. Cando lla viron os gardas, queríanlla matar. Se o vises es- capar coa súa galiña debaixo do brazo e berrando: «Para gustos fixeéronse cores!». Agora o Manolito Listón di que cando chova todo se vai arranxar, que as galiñas han perder o tinte e que entón, xa veremos... Pero polo de agora vai moita calor e temos o verán enteiro por diante. Demomento,Lorenzoandaamestrandoágaliñaparaque,aomenosenpúblico,aprenda a dicir cacaracá en vez de cocorocó. Claro que a xente do lugar ten un contrasinal para coñecer á verdadeira galiña azul. Xa cho direi cando veñas. Mañá voume de viaxe. Cando volva, seguireiche contando historias, que por aquí sem- pre hai algo que contar. DEBUXO DA 4ª EDICIÓN DE «A GALIÑA AZUL», dos irmáns García Alonso
  • 5. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 5 A GALIÑA AZUL de Carlos Casares ADAPTACIÓN DE María del Carmen Gómez Álvarez ACTO 1 (Casa de Lourenzo. Galiña azul e can durmindo. Resto das galiñas deitadas. Vaise a lúa e sae o sol. Levántanse todas as galiñas brancas.) GALIÑAS BRANCAS: Cacaracá, cacaracá. (Levántanse a galiña azul e máis o can.) GALIÑAAZUL: Cocorocó, Cocorocó. CAN: Guau, guau. (Lourenzo sae da casa e achégase á galiña e máis o can.) LOURENZO: Bo día, meu amigo can. Bo día, miña amiga galiña. Pon os ovos da ma- ñanciña que imos dar o noso paseo coma todos os días. GALIÑAAZUL: Cocorocó. CAN: Guau, guau. . (A galiña pon os ovos e marchan pasear. Van saudando a toda a xente e ás galiñas. O policía municipal observa todo.) VECIÑOS E VECIÑAS: Bo día. AS GALIÑAS BRANCAS: Cacaracá. LOURENZO: Bo día, veciños. GALIÑAAZUL: Cocoroco. CAN: Guau, guau. (Ao final do paseo pasan por diante de dúas nenas que están sentadas nun banco xogando a CHOCO-CHOCO-LALA-TE.)
  • 6. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 6 LOURENZO: Bo día, miñas amigas. GALIÑAAZUL: Cocorocó. CAN: Guau, guau. NENA DAS TRENZAS: Mira que é rara a galiña de Lourenzo! Todas as galiñas din cacaracá e ela...cocorocó! Hai que ver! NENA DO PELO SOLTO: Siiii...pero é tan bonita e simpática! Non é rara...só diferente. Mira o teu pelo...non é raro...é diferente. Ogallá eu o tivese coma ti, que me encanta. (Mentras Lourenzo, a galiña azul e o can volven á casa. Os donos das galiñas brancas retíranse coas súas galiñas pero seguen en escena. Na casa está agardando un veciño cun cesto.) VECIÑO DOS OVOS: Bo día, Lourenzo. Vides de dar o paseo? LOURENZO: Si. Xa estamos de volta. Encántanos!Agora volvemos cheos de enerxía. E que te trae por aquí? VECIÑO DOS OVOS: Pois viña ver se me podías dar algún ovo, que ando a facer un biscoito e cómprenme un par deles. E como todos os veciños da vila din que os ovos da túa galiña son tan ricos! LOURENZO: Por suposto. Ademais son fresquiños desta mañá. (Lourenzo dalle os ovos ao veciño. El mira asombrado para eles.) VECIÑO DOS OVOS: Mira que é rara a túa galiña! Todas as galiñas poñen ovos bran- cos ou marróns e ela ponos de cores. Hai que ver! LOURENZO: Siiii...pero é tan bonita e simpática! Non é rara...só diferente. Mira... ti es o único home da vila que cociña. E non es raro... só diferente. Ogallá houbese máis coma ti. (O veciño vaise, Lourenzo entra na casa, a galiña azul ao niño e o can á manta.)
  • 7. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 7 ACTO 2 (O Policia vai ao concello e alí atópase co alcalde. Na porta está o porteiro.) POLICÍA: Bo día, señor alcalde. ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Bo día. Que che trae por aquí? POLICÍA: Ando moi preocupado. (Achegándose a él coma se lle falase en segredo.) Hai unha galiña na vila qué é moi rara. Todas dín cacaracá e ela, cocorocó. E aínda peor...os seus ovos son de cores. De calquera cor menos branca ou marrón. O nunca visto! ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Certamente que isto é moi preocupante. Agora mes- mo tomarei medidas. E de quen é esa galiña tan rara? POLICÍA: De Lourenzo, Sr. Alcalde. ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Moitas grazas por informarme. (Escribe unha carta, dóbraa e dálla ao porteiro.) Lévalle isto canto antes a Lourenzo, por favor. PORTEIRO: (Diríxese á casa de Lourenzo e polo camiño vai contándollo aos veciños.) Ai! Veciños e veciñas! Lévolle unha carta a Lourenzo de parte do alcalde Manolito Listón. Non parece nada bo! VECIÑOS E VECIÑAS: Ohhh! (Exclaman.) PORTEIRO: (Dálle a carta a Lourenzo.) O alcalde Manolito Listón mandoume entregar- che esta carta. LORENZO: Grazas. (Desdobra a carta e le en alto.) Estimado Sr. Lourenzo: Debido a que a súa galiña é moi rara, véxome na obriga de solicitarlle que a entre- gue o antes posible no concello para que a revise un veterinario a ver se se pode facer algo para que sexa coma as demais. Atentamente, O Sr. Alcalde, Manolito Listón.
  • 8. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 8 PORTEIRO: Por favor, Lourenzo, non a entregues, que cha van matar. LOURENZO: Pois claro que non a vou entregar! (Garda a carta e escribe outra.) Léva- lle esta carta ao Sr. Alcade Manolito Listón, por favor. ( Dalle a carta.) PORTEIRO: (Diríxese ao Concello e polo camiño vai contándollo aos veciños. ) Ai! Veciños e veciñas! Lévolle unha carta aoAlcalde Manolito Listón de parte de Lourenzo. Quérenlle quitar a galiña azul! VECIÑOS E VECIÑAS: (Berran) Non! Non pode ser! (Quedan a falar entre eles alpori- zados.) PORTEIRO: (Entrégalle a carta ao Sr. Alcalde.) Lourenzo envíalle esta carta. ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Grazas. (Le a carta.) Estimado Sr. Alcalde Manolito Listón: Véxome obrigado a non cumprir o que me pide debido a que se deberon de pro- ducir dous erros. 1. A miña galiña non é rara, só diferente. 2. Nin ela nin eu desexamos que sexa coma as demais. Así é ben bonita e simpá- tica. Atentamente, Lourenzo. (Os veciños e veciñas seguen alporizados. Achégase un periodista con cámara de video e micrófono ao alcalde. Todos os veciños da vila observan e escoitan.) PERIODISTA: Sr.Alcalde. Os veciños e veciñas da vila andan moi alporizados co tema da galiña azul. Non están de acordo en que a entregue. Que opina ao respecto? ALCALDE MANOLITO LISTÓN: Fágoo polo ben de todos. Non se pode tolerar a exis- tencia dunha galiña azul. Unha galiña azul que pon ovos de cores e que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como é debido. PERIODISTA: Grazas, Sr. Alcalde, polas súas palabras. Boas noites. (Marcha o Sol e sae a Lúa.)
  • 9. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 9 ACTO 3 (Marcha a Lúa e sae o Sol. Están todos os veciños na praza.) VECIÑO 1: Bo día. Hoxe tampouco saíu pasear Lourenzo? VECIÑO 2: Non. Pasou unha semana dende que recibiu a carta e non volveu saír pasear dende aquelas. VECIÑO 3: Anda tan triste que non levanta cabeza. VECIÑO 4: Din que anda pintando de branco á galiña azul. VECIÑO 5: Temos que facer algo para axudar. Din que hoxe ás cinco da tarde vai a policía a buscar á galiña azul. VECIÑO 6: Teño unha idea. Pintemos todas as nosas galiñas de azul e con cinco plu- mas vermellas e así non poderán distinguila. Vémonos ás cinco diante da casa de Lourenzo. TODOS OS VECIÑOS: Boa idea! (Todos os veciños se retiran a buscar as súas gali- ñas.) LEONCIO: Eh! De que cor era? (Berrándolle aos veciños.) VECIÑO 6: Presta atención, Leoncio, que tí es moi despistado. Azul con cinco plumas vermellas. Ai, Leoncio, Leoncio! Non vaias liala! LEONCIO: (Dirixíndose ao público.) Claro que non a vou liar. Encántame a cor verme- lla! Van quedar preciosas todas as galiñas! Marcho a comprar a pintura que non vou chegar a tempo. (Marcha tamén pola súa galiña.)
  • 10. A GALIÑA AZUL, DE CARLOS CASARES. ADAPTACIÓN DE MARÍA DEL CARMEN GÓMEZ ÁLVAREZ 10 ACTO 4 (Todos os veciños menos Leoncio están na casa de Lourenzo. Todas as galiñas están azuis. Chega o policía. Intenta atopar á galiña azul.) POLICÍA: Isto é imposible. Todas as galiñas son iguais! VECIÑO 1: Pois claro! Que pensabas? Que había algunha rara? LEONCIO:( Chega correndo.) Esperade por min. Xa chego coa miña galiña! (Ensina a súa galiña vermella.) VECIÑO 2: Que era azul, Leoncio! POLICÍA: ( Correndo tras Leoncio.) Esta si que é rara! Como a pille! LEONCIO: Deixa a miña galiña, que para gustos, fixéronse cores. (Todos os veciños rin.) ACTO 5 PERIODISTA: Sr. Alcalde, que opina do acontecido? ALCALDE MANOLITO LISTÓN: (Enfadado.) Cando chova, todo se vai arranxar. As galiñas han perder o tinte e entón... xa veremos! LOURENZO: (Dirixíndose ao público. Todas as galiñas azuis detrás.) Pero polo de agora, vai moita calor e temos o verán enteiro por diante. Estoulle aprendendo a dicir cacaracá para disimular pero cando queirades saber cal é a verdadeira galiña azul...sabedes que hai que dicir? GALIÑA AZUL: Cocorocó. (Amósase un cartel que di...cocorocó.) PANO