A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismo
1. A influencia de Teixeira de
Pascoaes no Saudosismo de
Ramón Piñeiro
Alumno: Alfonso López Frieiro
Materia: Relacións Literarias Galego-Portuguesas
Curso 2012-13
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal 2012
2. CONTIDOS:
1. Introdución: conceito xeral do Saudosismo.
2. Teixeira de Pascoaes: vida e obra.
3. Ramón Piñerio: vida e obra.
4. O saudosismo pascoaesiano: a Renascença Portuguesa.
5. O saudosismo piñeirano: a Xeración Galaxia.
1. Sentir filosófico.
2. O sentir galaico-portugués.
3. Relacións de Piñeiro con Pascoâes e co mundo cultural.
6. Conclusións.
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal
2 2012
3. 1. A Saudade *
• Michäelis: lembranza dolorosa de um bem que está ausente,ou de que
estamos ausentes, e desejo de esperança de tornar a gozar del. ( A Saudade
Portuguesa)
• Leonardo Coimbra: A Saudade será a expressão do grande «abraço unitário»
que nos atrai ao Centro do grande circulo do Ser, porque o que existe de mais
material são «as almas afastadas».(Sobre a Saudade) .
• Teixeira de Pascoaes: A Saudade é o próprio sangue espiritual da Raça; o seu
estigma divino, o seu perfil eterno. (O Espírito Lusitano,1912)
• Ramón Piñeiro: último e abisal sentimento de singularidade ontolóxica do ser
humano. Modo de estar no mundo.(A saudade,1953)
• Torres Queiruga: a saudade convértese nunha das encrucilladas onde o noso
espírito se pode atopar máis radicalmente a sí mesmo.( Nova aproximación a
unha filosofía da Saudade, 1980)
*A Saudade é un termo intraducibel a outra lingua; é por elo que a BBC a ten
como a sétima palabra máis dificil de traducir do mundo.
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal
3 2012
4. 1.O Saudosismo
O Saudosismo é a corrente que promoveron
estes autores, e que ten na Saudade o seu
Norte.
Movimento literário, esencialmente poético, que se insere na actividade da
sociedade portuense «Renascença Portuguesa», fundada por Jaime Cortesão,
Álvaro Pinto, Teixeira de Pascoaes e Leonardo Coimbra, e cuio órgao foi a
revista A Águia (1910-1932), propriedade desa sociedade a partir de 1912 (início
da 2.ª série). Nesa data, pasarán a ser directores da revista (respetivamente
literário, artístico e científico) Teixeira de Pascoaes, António Carneiro e José de
Magalhães
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal 2012
5. 2. Teixeira de Pascoaes
Joaquín Pereira Teixeira de Vasconcelos (1879-1952).
Nado en Pascoaes, lugar preto de Amarantes , foi un
dos principais representantes do saudosismo;
posteriormente figurou entre os fundadores do
movimento Renacesça portuguesa, que se transformou
despois no grupo Seara nova, caracterizado por unha
reación contra o realismo positivista basado na saudade.
Cofundador da revista A Águia(1910-1932), con
outros. Nas súas obras poéticas salientan:
Embrioes (1895), Sempre(1898), Jesús e pan (1903), Vida
etérea (1906) , Sombras (1907), A Era Luisíada (1913).
Expuso o seu ideario en O Arte de ser portugués (1915).
É para Galiza o escritor de maior presenza nas
publicacións galegas da preguerra (Nós,A Nosa Terra,
Ronsel,…), e o que tivo os máis dos encontros cos
escritores nacionalistas galegos (Risco, Noriega Varela,
Vilar Ponte, Cabanillas, Castelao,…) que o foron visitar
a súa casa familiar en Amarante (todos menos A.
Cebreiro ) .
6. 3. Ramón Piñeiro
• Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) en 1915. Tras a
guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e
Madrid. Porén, Piñeiro, máis preocupado pola reagrupación
clandestina do galeguismo, abandonaría definitivamente estes
estudos. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, bascos e
galegos deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia,
Piñeiro será designado como representante galego naquela
xestión. De regreso sería detido e condenado a seis anos de
prisión, dos cales cumpriría tres, de 1946 a 1949. Xa libre, Piñeiro
voltará a Galiza e desde entón vaise esforzar en mudar
radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción
política e reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a
desvertebración do Partido Galeguista. Froito deste
posicionamento, coñecido como "piñeirismo", será a fundación
en Vigo de Galaxia (1950), a primeira iniciativa editorial galeguista
de posguerra. Logo será director de Grial.
• Súa breve produción ensaística (mesmo a de carácter lingüístico-
literario, como a que se recolle en Olladas no futuro, de 1974) ten
como punto de partida o pensamento filosófico: Siñificado
metafísico da saudade (1951), Pra unha filosofía da saudade
6
(1953), A saudade e Rosalía (1962)...
7. 4. O saudosismo pascoaesiano: a
Renascença Portuguesa
Teixeira de Pascoaes desenvolve em torno do saudosismo e assim
Teixeira de Pascoaes desenvolve em torno do saudosismo e assim
expressara num dos primeiros números de A Águia: «Eu tenho
afirmado e continuarei sempre a afirmar que o movimento da
Renascença Portuguesa se faz e fará dentro da Saudade revelada,
a qual se erque à altura duma Religião, duma Filosofia e duma
Política.» A noção de saudade foi assim caracterizada por
Pascoaes: «Concluí que a Saudade, como síntese do espiritualismo
cristão e do naturalismo pagão, por isso que ela contém em si o
Desejo e a Dor, a Esperança e a Lembrança―esperança incidindo
sobre o passado, lembrança incidindo sobre o futuro―, é o
próprio espírito lusitano na súa expressão máis íntima, profunda e
original. (Moreira de Sá, 1990)
Teixeira de Pascoaes produziu a partir da experiência existencial da
saudade - presente de forma vaga e imprecisa nos seus primeiros
textos em verso - uma reflexão, a que subjaz o princípio
fundamental de que o ser manifesta uma condição saudosa. Do
Ser ao ser, processa-se uma verdadeira queda ontológica, uma
cisão existencial, manifestando o mundo, na sua condição
decaída, um "pathos universal". Da condição saudosa de ser
resulta pois uma condição dolorosa do mesmo ser. Dor de
privação, dor de saudade, consciência da finitude, de imperfeição,
7
de insuficiência ôntica. (Moreira de Sá, 1990)
8. Teixeira de Pascoaes: súa Filosofía
No seio da “Renascença Portuguesa”, Pascoaes teorizará ese
sentimento-ideia de sentido ao mesmo tempo nacional –
enquanto que sentimento intuitivamente portugués-, e universal
–enquanto chave filosófica do destino humano. En A Águia
expón a teoría filosófica, política e estética da Saudade.
Mais será na obra A Arte de Ser Portugués onde expón con máis
clareza o sentimento da Saudade como carácter identitario do
povo portugués mailo galego:
“O único povo que sente a Saudade é o povo portugués, incluindo,
talvez, o galego, porque a Galiza é um bocado de Portugal sob
as patas do leao de Castela. A Galiza é a nossa Alsácia!.”
(Pascoaes, “O espírito Lusitano ou o Saudosismo” 1912)
A poesia pascoaeseana é densa e de difícil acesso, onde se
harmonizam o pagão e o cristão num humanismo metafísico.
A saudade pascoaesiana transcende assim o mero sentimento
individual, para assumir uma dimensão ontológica e metafísica.
Na mesma medida em que todo o Universo "é a expressão
cósmica da saudade" enquanto " infinita lembrança da
esperança", a saudade psicológica, individual, assume, enquanto
o homem partilha a condição do mundo, uma dimensão
metafísica. Enquanto o homem como ser finito e imperfeito
aspira à perfeição de ser, a saudade assume uma dimensão
ontológica.
8
9. 5. O saudosismo piñeirano: a
Xeración Galaxia
1. Sentir filosófico.
2. O sentir galaico-portugués.
3. Relacións de Piñeiro con Pascoâes e có mundo
cultural.
9
10. 5.1.O saudosismo piñeirano: Sentir
filosófico
[Filosofía da Saudade (Piñeiro, 1953)]
A perquisa na Historia da Filosofía nos leva a conclusión
sobre o seu obxeto: o coñecemento do Ser. Para o
coñecer temos tres vías ou horizontes:
- A vía do ser do home (horizonte antropolóxico).
- A vía do ser da realidade (horizonte cosmolóxico).
- A vía do propio Ser (horizónte metafísico).
Tras o fracaso dos intentos pola vía cosmolóxica, e ante a
dificultade da metafísica, o mais sinxelo e direto é a vía
do ser do home, que non é outra que o sentimento-
ideia” (método fenomenolóxico ou autopercepción).
10
11. 5.2.O saudosismo piñeirano: O sentir
galaico-portugués
Poucas culturas haberá tan ben dotadas como a
galego-portuguesa para a análise fenomenolóxica-
sentimental do ser do home. Na lírica se pode
adiviñar o sentir da Saudde, que é puro sentir, e
por elo carece de referencia externa; o non ter
obxeto referente é o que a fai tan dificil de definir.
É, xa que logo, una actitude ante a vida, que pón a
tonalidade sentimental no seu ollar. Por iso
Filosofía e Poesía teñen un punto en común: a
auto revelación íntima do Ser. A verdadeira poesía
é filosofía (Holdering e Rilke se teñen tanto como
filósofos coma poetas).
O home galaico-portugués dispón de unha facultade
intelectual que lle da a coñecer a Realidade, que lle
trae cognoscitivamente a realidade dentro de si.
11
12. 5.3.O saudosismo piñeirano: Relacións de
Piñeiro con Pascoâes e có mundo cultural
Tradición xermana Tradición castelá: Tradición galaico-
:Idealismo alemán Picaresca e quixotesca lusa:sentimento da Saudade
Camoes (Renascença)
Shelling (Romanticismo) Cervantes (Idealismo)
Junqueira, Quental, Martins
Volkgeist Crise do 98 (Geraçao do 70)
Vasconcelos, Rosalía de
Nietche ,Bergson : Castro
Os derrotados da Vida
(Filosofías da Vida)
Unamuno (Realismo,
ultraísmo) Irmandades da Fala,
Xeración Nós: Vilar Ponte,
Heidegger : Risco, Cabanillas,
(Existencialismo) Cebreiro, Pedraio,
Castelao
Ramón Piñeiro
(Piñeirismo)
*(Elaboración propia) 12
13. Ideas da filosofía europea
recollidas por Pascoaes e Piñeiro
Fitche, J. G. (1762-1814): A verdadeira vocación do home é a concordancia
consigo mesmo. Esto é, a lealtade cos ideais espirituais e a realización plena
da sua vontade. (Discurso a nación alemana, 1808).
Schopenhauer, A. (1788-1860): A traxedia representa o aspecto mais real da vida,
os homes toman contato coa dor, as inxustizas, e o triumfo do mal.( O mundo
como vontade e representación, 1819)
Nietzsche , F.(1844-1900): Espíritu tráxico (dionisiaco), e a crítica a unha visión
lineal do tempo (o eterno retorno). (A orixen da Traxedia, 1872 )
Unamuno, M. (1864-1936): A dimensión mais importante do home é sáu
indivialidade concreta; o home faise universal preservando o seu ser ( Do
sentimento tráxico da vida, 1913).
Bergson, H. (1859-1941): A conciencia é un pulo vital ( élan vital) que forma parte
do proceso criador da vida. A conciencia disólvese nunha continuidade fluida.
(A evolución criadora,1907)
Heidegger, M. (1889-1976): O aceso a esistencia auténtica , e ó eu auténtico,
soamente o propícia a Angústia.. (O Ser e o Tempo, 1927)
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal
13 2012
14. 6. Conclusións finais
A ideia que nortea a obra de Teixeira de Pascpaes é a Saudade. Este conceito é re-definio
por Pascoaes como o sentimento que lle é propio ao pobo portugués e mais ó galego;
un modo de estar no mundo e de ollar ás cousas; un tipo de aceso á Realidade que
mira cara adentro do home; e mais un sentir poético que pervive na Literatura
Portuguesa que tenta abranguer o infindo sen acadalo nunca.
Pascoaes viviu o trauma portugués da perda das colonias, do regicidio e a formulación da I
República. Nesta altura Portugal precisaba rexurdir das súas cinzas, e Pascoaes
propiciou un xeito de facelo: voltar ás orixes para se encontrar con o que eles son
realmente, ao tempo que se conectar coa Europa a través das filosofías da Vida.
Eis o que Piñeiro fará cincoenta anos despóis: darlle ao pobo galego unha identidade
diferenciadora da España, e achegármonos ao sentir galego-portugués. E cando é que
o fai? Nun intre de convulsa e mudanza dentro do Réxime e do galeguismo; quer
Pascoaes no cambio de século e após unha crise de identidade, quer Piñeiro no 50 do
XX e tras sufriren o arrasamento da identidade galega como cultura.
Poesia e Filosofía son a identidade mesma do Ser dun pobo; é súa espresión máis
elevada que se escreve na koiné dunha mesma Raça que traspasa fronteiras de
tempo e auga.
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal
14 2012
15. BIBLIOGRAFÍA
• ALONSO ESTRAVIZ, I.: “Relações de Teixeira de Pascoaes
com escritores e intelectuais”.
• ALONSO ESTRAVIZ, I. e ÁLVAREZ, E. (1999) : Teixeira de
Pascoaes. Epistolário, Edicións O Castro.
• BERNÁRDEZ, Carlos L. et alii (2001): Literatura gallega. Século
XX, (Vigo: Edición A Nosa Terra).
• CABANILLAS , R.: A saudade nos poetas gallegos.
• MOREIRA DE SÁ, M. (1992): Estéticca da Saudade em Teixeira de
Pascoaes.
• PIÑEIRO, Ramón: A Filosofía da Saudade. Edición de La Voz de
Galicia.
• TEIXEIRA DE PASCOÂES, J. P.: O genio português na sua
expressāo philosophica, poetica e religiosa, 1913.
• – A Saudade e o Saudosismo. 1998.
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal
15 2012
16. Grazas pola súa atención.
UDC Mestrado en Patrimonio Cultural Galicia-Portugal
16 2012