1. Lingua e Literatura Galega 4ºeso
A LINGUA NO 1º TERZO DO S. XX
Se o século XIX supuxo un momento fundamental para a lingua, ao se recuperar a
nivel escrito despois da longa decadencia dos Séculos Escuros (séculos XVI-XVIII), o
século XX vai significar outro avance cualitativo importante, consistente en proxectar o
galego a outros campos (ensaio político e científico, xornalismo, actos públicos...) dos
que ata entón estivera excluído. Reivindícase así o galego como medio de expresión
natural en todas as facetas da vida. Este avance vén marcado pola aparición de
importantes movementos de carácter nacionalista que continúan o labor iniciado no
século anterior polos movementos provincialista e rexionalista.
A vinculación da loita a favor da lingua co movemento nacionalista é tan clara que
precisamente este naceu co nome de Irmandades da Fala (fundadas na Coruña en
1916) e dotouse dun medio de expresión exclusivamente en galego, a xa histórica
publicación A nosa terra. Mais se as Irmandades naceron co obxectivo de defender a
dignificación e a ampliación de usos da lingua, dous anos máis tarde, en 1918, e xa
formando parte delas figuras tan destacadas como os irmáns Vilar Ponte, Castelao,
Risco, Losada Diéguez ou Cabanillas, formulan un plano xeral de actuación política
tendente a lograr o autogoberno pleno para Galicia e a súa federación co resto das
nacións que compoñen a Península Ibérica. Ao lado desta proposta, formulada polo
sector "político", vai cobrando forza o sector "culturalista", que pretende a potenciación
e defensa da cultura galega e renuncia desde un comezo á loita política.
No ano 1920, comeza a publicación da revista Nós, voceiro da xeración cultural do
mesmo nome á que se vinculan, entre outros, Risco, Cuevillas, Castelao e Otero
Pedraio. O seu programa consiste en sacar a cultura galega do folclorismo e do influxo
da cultura castelá, tentando por un lado, modernizala, tirándolle o exceso de
localismo, ruralismo e costumismo que ata entón a caracterizaba e, por outro lado,
universalizala, ao poñela en contacto directo coas ideas e os movementos culturais
vixentes en Europa. Para tal fin, os homes da revista Nós acollen nas súas páxinas
traducións, informacións ou noticias do que se fai noutras literaturas ao tempo que se
preocupan por todos os aspectos da cultura galega. Con eles, o galego logra a súa
madureza literaria e é empregado en obras de carácter científico de todo tipo (historia,
etnografía, arqueoloxía, filosofía, socioloxía...).
Como herdeiros e fillos ideolóxicos da xeración Nós, un grupo de estudantes
universitarios entre os que figuran Carvalho Calero, Filgueira Valverde e Bouza Brey
funda en 1923 o Seminario de Estudos Galegos, coa finalidade de dotar a Galiza
dunha institución que fixese posible o estudo de todos os seus aspectos. Con eles,
potenciarase e ampliarase o uso do galego na prosa científica e técnica e
desenvolverase unha actividade investigadora e divulgadora en diferentes campos.
Chegada a República, en 1931, todo o galeguismo vai confluír no Partido
Galeguista, que tiña como obxectivo a consecución da autonomía política para
Galicia, centrando os seus esforzos na redacción dun estatuto de autonomía que será
aprobado polas Cortes españolas en 1936. Neste estatuto establécese, no artigo 40,
a cooficialidade de galego e castelán. O golpe de Estado franquista impide a súa
entrada en vigor.
A preocupación fundamental dos intelectuais galeguistas do primeiro terzo do
século é dignificar a lingua, rescatándoa dos estereotipos de ruralidade e incultura cos
que viña asociado. De aí que realicen un labor intenso no estudo do idioma e na
2. ampliación dos seus ámbitos de uso, outorgándolle un prestixio que lle negaba a vida
oficial e administrativa, totalmente castelanizada. Combaten así tamén os argumentos
demagóxicos dos detractores do galego que afirmaban que o seu uso só servía para
illarnos e incomunicarnos da cultura universal. A tese destes autores é precisamente a
contraria: só desde a identificación coa lingua e cultura propias se pode acceder a
outras linguas e culturas.
Os escritores deste período caracterízanse por intentar superar o dialectalismo ou
interdialectalismo do período anterior, en favor dun intento de supradialectalismo que
constituirá o xerme dunha posterior normativa unificadora. A tarefa principal é a
purificación da lingua de castelanismos. Este labor, acometido sen unha seria base
lingüística por parte dos escritores, levará á adopción de formas pseudoevolucionadas
ou simplemente inventadas por un afán diferencialista do castelán. Rexéitanse
formas cultas coincidentes co castelán, empregándose no seu lugar outras
hipergaleguizadas ou vulgares (así, por exemplo, palabras como brillar, organizar,
ambiente, concepción, pobre, ou esperanza aparecen con frecuencia como brilar,
orgaizar, ambente, conceución, probe e espranza). Moitos destes erros perdurarán ata
os nosos días.
Por outra parte, a toma de contacto co galego medieval a raíz das edicións das
cantigas e outros documentos, unida a un desexo de depuración da lingua e á
necesidade de cubrir os baleiros léxicos levan a certos escritores a retomar formas
arcaicas e xa desaparecidas na lingua, moitas veces coa mesma intención
diferencialista (e encontrámonos así con formas como outo, conquerir, coor, cibdade
ou parescer en lugar das correctas alto, conseguir, cor, cidade, parecer). Configúrase
así un galego en parte afastado da fala real, arbitrario e en certa medida de laboratorio
que continuará vixente nos anos de posguerra.
No que respecta á cuestión ortográfica, o castelán continúa a ser a referencia
fundamental. Persiste unha grande inseguridade gráfica, fundamentalmente naqueles
fenómenos exclusivos do galego para os que o castelán non aporta solucións. En
materia de acentuación non hai uniformidade en ningún autor, continúan as vacilacións
no emprego do h, no de b e v ou no de i e y (encontrámonos con beira e veira,
Hespaña e España, hai e hay). Tampouco se resolve a cuestión da representación do
fonema / /. Aínda que a maioría dos autores opta polo uso de x, algúns tan
importantes como López Cuevillas ou Vicente Viqueira son constantes no uso
etimolóxico de g, j, x (geral, hoje, deixar). No que si houbo un acordo bastante
xeneralizado foi na práctica dunha escritura foneticista herdeira da do século XIX na
reprodución de fenómenos de fonética sintáctica propios da fala que dá pé a unha
gran profusión de apóstrofos e guións de enlace (s´asconden, sobr´esto, quen-o, non-
o).
Durante estes anos materialízanse os primeiros intentos de camiñar cara á
consecución dunha lingua estándar, entre os que destacan o Compendio de
Gramática Galega promovido polas Irmandades da Fala, do que é autor Carré
Alvarellos e, sobre todo, o traballo titulado Algunhas normas pra a unificazón do idioma
galego do Seminario de Estudos Galegos que, pensado en principio para uso
exclusivamente interno, tivo unha gran difusión, sendo adoptado na súa totalidade polo
boletín A Nosa Terra, daquela órgano de expresión do Partido Galeguista.
3. DIALECTALISMO
Uso literario de formas dialectais correspon-
dentes á zona propia de cada escritor
INTERDIALECTALISMO
Uso literario de formas dialectais proceden-
tes de diferentes áreas lingüísticas mestura-
das, sen ningún criterio filolóxico
SUPRADIALECTALISMO
Procura dun modelo de lingua unificado,va-
léndose das formas existentes na fala galega,
Escollidos con criterios científicos
4. SELECCIÓN DE TEXTOS
Texto 1. Acto de constitución da Real Academia Galega (1906)
No acto de constitución oficial da Real Academia Galega fíxose un uso peculiar das linguas galega e
castelán: o galego foi utilizado nos poemas que se leron do decurso da cerimonia inaugural, pero os
discursos oficiais foron pronunciados en castelán. Este paradoxo manifesta moi claramente a situación
sociolingüística da época, na que o emprego do galego na poesía era aceptado con normalidade, pero os
actos formais de tipo institucional permanecían reservados ao castelán; incluso se eran, como é este
caso, de marcado carácter galeguista.
Porque el idioma de cada pueblo es el característico más puro y más poderoso de la nacionalidad.
Gentes que hablan la lengua que no le es propia es un pueblo que no se pertenece... (Manuel Murguía,
Discurso do presidente)
Já chegarán os días, Veu a maturidade,
Q´os bardos anunciarán; Vosa miés verdecente;
D´as gándras largazías, Gallegos, despertáde,
As brétomas escuras s´alongaran Baruda e forte gente,... (Eduardo Pondal)
Texto 2. Tres poemas de R. Cabanillas.
A Porteiro Garea A rosa que sangra
Acción Galega ¡Irmáns! En pé, sereos, A ALMA é unha roseira
a limpa frente erguida, frorecida, cuaxada
¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos! envoltos na brancura de rosiñas bermellas
¡Dende Ortegal ó Miño da luz que cai de riba, e de rosiñas brancas.
a folla do fouciño o corazón aberto
fagamos ebrillar! a toda verba amiga, Alegrías e penas
e nunha man a fouce son o vento que pasa;
Que vexa a Vila podre, e noutra man a oliva, ás veces trebonada.
coveira da canalla, arredor da bandeira azul e branca,
á Aldea que traballa arredor da bandeira de Galicia, Unha bágoa que surde,
disposta para loitar. cantémo-lo dereito unha rosa que estala...
a libre nova vida! son rosiñas que caien
Antes de ser escravos, da roseira da alma!
¡irmáns, irmáns gallegos! Validos de treidores
que corra o sangue a regos a noite da Frouseira Miña nai que me arrola,
dende a montana ó mar. á patria escravizaron un amor que me chama,
uns reises de Castela. a estreliña da groria
¡Ergámonos sin medo! Comestas polo tempo, no sendeiro da espranza...
¡Que o lume da toxeira xa afloxan as cadeas… Cando a vida comenza,
envolva na fogueira ¡irmáns asoballados ¡cántas rosiñas brancas!
o pazo siñorial! de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca! Un filliño que morre,
Xa o fato de caciques, ¡E ó pé da enseña da nazón galega un amor que se apaga,
Iadróns e herexes, fuxe cantémo-lo dereito a ilusión que se afoga
ó redentor empuxe a libertar a Terra! no remuílo das ágoas...
da alma rexional. ¡Cántas rosas bermellas
¡Irmáns no amor á Suevia ao mediar a xornada!
Antes de ser escravos, de lexendaria historia,
¡irmáns, irmáns gallegos! ¡en pé! ¡en pé dispostos Xa son vello, e o vento,
que corra a sangre a regos a non morrer sin loita! vento de trebonada,
dende a montana ó val. ¡O día do Medulio desfolloume a roseira,
con sangue quente e roxa a roseira da alma.
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza! Pero esta dór da Terra
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! ferida e escravizada...
¡A oliva nunha man, a fouce noutra, ¡qué rosiña bermella!
berremos alto e forte: ¡Cómo doi! ¡Cómo sangra!
“¡A nosa terra é nosa!”
5. Texto 3. Fragmentos dun artigo de Antón Vilar Ponte (1917)
Texto 4. Vicente Risco, "Nós, os inadaptados" (1933)
Ja dixen como pelengriñamos polas cosmogonías, polas metafísecas e polas estéticas. Pois ben, coma aquil
inglés de Chesterton que despoixas de moitas viages polo mundo, atopou unha terra descoñecida que resultou
ser a fin de contas Gran Bretaña, igual nos pasou a nós. Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas
viravoltas e trasvoltas polas lonjanías do espazo e do tempo, en precura de algo inédito que nos salvara do
habitual e vulgar, viñemos dar na solprendente descoberta de que Galiza, a nosa Terra, oculta ao noso ollar por
un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofercíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan
inédito, tan descoñecido, como os que andábamos a precurar por aí adiante.
Pra salvármonos do vulgar, pra redimírmonos do habitual, non cumpría ollar ao longe; cumpría ollar ben
perto, arredor de nós, en nós mesmos, adentro de nós mesmos. Á beira nosa, constituíndo o meio natural no
que cecais non se movera o noso entendemento,mais no que de seguro movíase o noso esprito, ise siñal da
man de Deus nas almas escolleitas, estaba, donándolle vida e seiva, a nosa Terra desfigurada e descolecida.
Adentro de nós, constituíndo o máis fondo do noso ser, estaba a ialma de Galiza.