ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
A narrativa galega da posguerra
A narrativa 1.-  Narradores de preguerra 2.-  Realismo máxico. Álvaro Cunqueiro 3.-  Realismo urbano. Eduardo Blanco Amor 4.-  Realismo rural. Contos de medo. Ánxel Fole 5.-  Realismo rural. Xsé Neira Vilas 5.-  Nova Narrativa galega
Seguimento da narrativa de preguerra Pervivencia da narrativa de preguerra (narrativa nacida da man dos homes da Xerazón Nós), ben pola recuperación para as noss letras de esc ritores  do período de preguerra, Otero Pedrayo,, ben pola utilización de modelos narrativos consagrados pola xerazón citada, caso de Ramón Carbalho Calero, A xente da barreira. Esta será primeira obra de narrativa publicada despois da Guerra Civil. Esta liña narrativa mantense durante a década dos 50. Este escritor publicará  Scórpio no 1987. Unha grande novela .
Realismo máxico  Obras: Narrativa longa : Se o vello Simbad volvese ás illas, Merlín e familia, As crónicas do Sochantre Libros de semblanzas: Escola de menciñeiros, Xente  de aquí e acolá e Os outros feirantes . Pinceladas introdutorias: Cunqueiro soubo crear un mundo narrativo singular, froito da combinación entre o mito, a tradición e o cotián. A combinación do enxebre co exótico convértese nun dos eixos das súas obras. É un narrador realista non no sentido de reproducir fielmente a realidade senón no de artellar nunha pros na que a inclusión de referencias a lugares, personaxes, datas, confírenlle un alto grao de verosemellanza ao narrado e a necesaria coherencia ao texto.
Realismo urbano Obra: A esmorga Xente ao lonxe Os biosbardos Pinceladas  introdutorias: Se exceptuamos  Os nonnatos (conto de preguerra e publicado na revista Nós) todas as obras de Eduardo Blanco Amor transcorren en Auria ( trasunto de Ourense) a finais do S. XIX  e principos do S. XX. Mais Xente ao lonxe facilmente a poderiamos  reler  temporalmente a principios dos nos setenta. estas obras son definidas polo autor como “ o recordo realista duntempo vivido”. Son unha recreación literaria do ambiente de Ourense no q1ue se insiren personaxes moi diversos ,que transitan por ambas novelas, e que non debuxan a vida desa cidade.
Características: A incorporación do urbano desde unha perspectiva realista . Auria espazo da súa obra narrativa Personaxes infantís ou adolescentes ben do lumpen da sociedade ben dunha extracción pequeño burguesa que vive na mseria.  Os infantes sofren a historia duns adultos irresponsábeis, misarábeis. Presenza da nai como a que permanece, a que non os abandona. A nai é sempre marcada como un elemento positivo. A presenza paterna, agás en Xente ao lonxe, erá negativa. Ou ben non están ou a súa irresponsabilidade os leva ao alcohol, ao abandono, á miseria. Tratamento de temas que estaban moi fóra da literatura galega deste século: a homoxesualidade, a prostitución, a muller no mundo traballo, o aborto,  o nacemento do sindicalismo, a escola púbica e laica, o complexo do principe destronado, e un longo etcétera.
Vídeos interesantes Eduardo Blanco Amor Álvaro Cunqueiro Conto adapatado de ánxel Fole Neira Vilas fala de Memorias dun neno labrego
Realismo rural ÁNXEL FOLE ( 1903-1986) Obra: Á  lus do candil Terra Brava Contos da Néboa Historias que ninguén cre Pinceladas  e características: O rural como desencadeante de procesos fabuladores de carátcer  parapsicolóxico, onírico ou fantástico. Os temas fundamentais da súa narrativa son: contos de lobos, contos de aparecidos e soños como premonicións da morte, supersticións (as meigas), lendas populares (a Santa Compaña, Urco, Estadea…) Incorpora  asos seus relatos técnicas, recursos e mesmo o tipo de linguaxe  da narrativa oral. A técnica que utiliza é a do conto contado. A descrición e presentación da paisaxe ( fundamentalmente xeografía lucense: O Caurel, O Incio…) adquire unha significativa relevancia nos textos, sen ocultar o elemento humano.
Realismo rural XOSÉ NEIRA VILAS (1928- ) Obras: Protagonista infantil: Memorias dun neno labrego Cartas a Lelo Aqueles anos do Moncho Protagonista adulto: Xente no rodicio A muller de fero Querido Tomás  A emigración: Camiño bretemosos Historias dun emigrante Remuíño de sombras e un longo etcétera até a actualidade Pinceladas e características: Constante presenza do mundo rural de posguerra dominado pola miseria Os protagonistas manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que padecen. A temática desenvolvida: emigración, explotación dos máis humildes, o caciquismo, a viiolencia, a represión, a marxinación, a incomprensión cara os nenos. A súa prosa é  anovadora ( monólogo nteror, multiperspectivismo, obxectalismo)  non cae no ruralismo ou costumismo.
NNG
NNG “ Os escritores da Nova Narrativa refúxianse nos símbolos para expresarse como seres perdidos na súa propia terra…. Algúns evádense polas lendas, as tradicións, os espacios exóticos, nunha mestura de soño e realidade, de mito e verdade, de loita entre a Galicia desexada e a frustración da Galicia real.. Galicia está presente no desequilibrio, na inseguridade … “ Mª Xosé Queizán: A Nova Narrativa e a loita contra o sentimentalismo. Pinceladas introdutorias: A Nova Narrativa galega toma o seu nome do Nouveau Roman, movemento de renvación técnica e temática da narrativa francesa dos anos 50. A NNG xorde , entre utros factores, da rutura dalgúns dos seus autores cos homes de Galaxia por razóns tanto estéticas como políticas. Incorporan tendencias e técnicas innovadoras e experimentais coma obxxectalismo Serán seguidores das obras de Kafka ou Faulkner. Tentan superar os modelos establecidos polaa xerazóns anteriores. Manteñen unha grande actividade cultual e política . Participan en actividades culturais (Festas Minevais), difunden o seu pensamento de carácter existencialista e marxista, e participan decisivamente na aparición do nazonaismo galego de esquerdas. Total compromiso coa lingua: manteñen unha práctica monolingüe en galego. A NNG transcorre entre  a publicación de Nasce un árbore de Gonzalo R. Mourullo, publicado en 1951, e de Adios María de Xohana Torres, publicada en 1971. Outro autores: Méndez Ferrín, mª Xosé Queizán,  Xohán Casal..
NNG Características: Uso do monólogo inetrior, que expresa un discurso mental, non pronunciado, que discorre de forma traumática. Creación de mundos absurdos, angustiantes e violentos. Son mundos imaxianrios, rexidos polo absurdo, nunha liña inconcreta entre o soño e e a realidade, poboados por seres alineados e violentos. Tratamento simbólico de temas socio-políticos e indivisuais. Incorporación das achegas de ciencias como a psicoanáise. Incorporan o subsconciente , soños e pesadelos; os persoanxes móvense en situacións esxtrañas e irracionais. Creación de espazos psicolóxicos, claustrofóbicos e sórdidos, que reflicten as obsesións patolóxicas dos protagosnistas. Técnica do ollo cinematográfico na perpectiva do Novueau Roman Maior presenza de espazos urbanos Elimínase o heroe problemático. Os personaxes son seres sen biografía, que aparecen pouco caracterizados, sen nome ou marcados por unha inicial, traumatizados e con tendencia á violencia e á autodestrución. Utilización de nomes exóticos, inventados, deformacións ingüísticas sen lóxica. Uso e varios narradores nun mesmo relato (multiperspectivismo) Xustaposición de palnos temporais (non hai unha orde cronolóxica).

More Related Content

A narrativa galega de posguera 1950 75

  • 1. A narrativa galega da posguerra
  • 2. A narrativa 1.- Narradores de preguerra 2.- Realismo máxico. Álvaro Cunqueiro 3.- Realismo urbano. Eduardo Blanco Amor 4.- Realismo rural. Contos de medo. Ánxel Fole 5.- Realismo rural. Xsé Neira Vilas 5.- Nova Narrativa galega
  • 3. Seguimento da narrativa de preguerra Pervivencia da narrativa de preguerra (narrativa nacida da man dos homes da Xerazón Nós), ben pola recuperación para as noss letras de esc ritores do período de preguerra, Otero Pedrayo,, ben pola utilización de modelos narrativos consagrados pola xerazón citada, caso de Ramón Carbalho Calero, A xente da barreira. Esta será primeira obra de narrativa publicada despois da Guerra Civil. Esta liña narrativa mantense durante a década dos 50. Este escritor publicará Scórpio no 1987. Unha grande novela .
  • 4. Realismo máxico Obras: Narrativa longa : Se o vello Simbad volvese ás illas, Merlín e familia, As crónicas do Sochantre Libros de semblanzas: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes . Pinceladas introdutorias: Cunqueiro soubo crear un mundo narrativo singular, froito da combinación entre o mito, a tradición e o cotián. A combinación do enxebre co exótico convértese nun dos eixos das súas obras. É un narrador realista non no sentido de reproducir fielmente a realidade senón no de artellar nunha pros na que a inclusión de referencias a lugares, personaxes, datas, confírenlle un alto grao de verosemellanza ao narrado e a necesaria coherencia ao texto.
  • 5.
  • 6. Realismo urbano Obra: A esmorga Xente ao lonxe Os biosbardos Pinceladas introdutorias: Se exceptuamos Os nonnatos (conto de preguerra e publicado na revista Nós) todas as obras de Eduardo Blanco Amor transcorren en Auria ( trasunto de Ourense) a finais do S. XIX e principos do S. XX. Mais Xente ao lonxe facilmente a poderiamos reler temporalmente a principios dos nos setenta. estas obras son definidas polo autor como “ o recordo realista duntempo vivido”. Son unha recreación literaria do ambiente de Ourense no q1ue se insiren personaxes moi diversos ,que transitan por ambas novelas, e que non debuxan a vida desa cidade.
  • 7. Características: A incorporación do urbano desde unha perspectiva realista . Auria espazo da súa obra narrativa Personaxes infantís ou adolescentes ben do lumpen da sociedade ben dunha extracción pequeño burguesa que vive na mseria. Os infantes sofren a historia duns adultos irresponsábeis, misarábeis. Presenza da nai como a que permanece, a que non os abandona. A nai é sempre marcada como un elemento positivo. A presenza paterna, agás en Xente ao lonxe, erá negativa. Ou ben non están ou a súa irresponsabilidade os leva ao alcohol, ao abandono, á miseria. Tratamento de temas que estaban moi fóra da literatura galega deste século: a homoxesualidade, a prostitución, a muller no mundo traballo, o aborto, o nacemento do sindicalismo, a escola púbica e laica, o complexo do principe destronado, e un longo etcétera.
  • 8. Vídeos interesantes Eduardo Blanco Amor Álvaro Cunqueiro Conto adapatado de ánxel Fole Neira Vilas fala de Memorias dun neno labrego
  • 9. Realismo rural ÁNXEL FOLE ( 1903-1986) Obra: Á lus do candil Terra Brava Contos da Néboa Historias que ninguén cre Pinceladas e características: O rural como desencadeante de procesos fabuladores de carátcer parapsicolóxico, onírico ou fantástico. Os temas fundamentais da súa narrativa son: contos de lobos, contos de aparecidos e soños como premonicións da morte, supersticións (as meigas), lendas populares (a Santa Compaña, Urco, Estadea…) Incorpora asos seus relatos técnicas, recursos e mesmo o tipo de linguaxe da narrativa oral. A técnica que utiliza é a do conto contado. A descrición e presentación da paisaxe ( fundamentalmente xeografía lucense: O Caurel, O Incio…) adquire unha significativa relevancia nos textos, sen ocultar o elemento humano.
  • 10. Realismo rural XOSÉ NEIRA VILAS (1928- ) Obras: Protagonista infantil: Memorias dun neno labrego Cartas a Lelo Aqueles anos do Moncho Protagonista adulto: Xente no rodicio A muller de fero Querido Tomás A emigración: Camiño bretemosos Historias dun emigrante Remuíño de sombras e un longo etcétera até a actualidade Pinceladas e características: Constante presenza do mundo rural de posguerra dominado pola miseria Os protagonistas manteñen unha conflitiva relación co medio debido á situación de opresión que padecen. A temática desenvolvida: emigración, explotación dos máis humildes, o caciquismo, a viiolencia, a represión, a marxinación, a incomprensión cara os nenos. A súa prosa é anovadora ( monólogo nteror, multiperspectivismo, obxectalismo) non cae no ruralismo ou costumismo.
  • 11. NNG
  • 12. NNG “ Os escritores da Nova Narrativa refúxianse nos símbolos para expresarse como seres perdidos na súa propia terra…. Algúns evádense polas lendas, as tradicións, os espacios exóticos, nunha mestura de soño e realidade, de mito e verdade, de loita entre a Galicia desexada e a frustración da Galicia real.. Galicia está presente no desequilibrio, na inseguridade … “ Mª Xosé Queizán: A Nova Narrativa e a loita contra o sentimentalismo. Pinceladas introdutorias: A Nova Narrativa galega toma o seu nome do Nouveau Roman, movemento de renvación técnica e temática da narrativa francesa dos anos 50. A NNG xorde , entre utros factores, da rutura dalgúns dos seus autores cos homes de Galaxia por razóns tanto estéticas como políticas. Incorporan tendencias e técnicas innovadoras e experimentais coma obxxectalismo Serán seguidores das obras de Kafka ou Faulkner. Tentan superar os modelos establecidos polaa xerazóns anteriores. Manteñen unha grande actividade cultual e política . Participan en actividades culturais (Festas Minevais), difunden o seu pensamento de carácter existencialista e marxista, e participan decisivamente na aparición do nazonaismo galego de esquerdas. Total compromiso coa lingua: manteñen unha práctica monolingüe en galego. A NNG transcorre entre a publicación de Nasce un árbore de Gonzalo R. Mourullo, publicado en 1951, e de Adios María de Xohana Torres, publicada en 1971. Outro autores: Méndez Ferrín, mª Xosé Queizán, Xohán Casal..
  • 13. NNG Características: Uso do monólogo inetrior, que expresa un discurso mental, non pronunciado, que discorre de forma traumática. Creación de mundos absurdos, angustiantes e violentos. Son mundos imaxianrios, rexidos polo absurdo, nunha liña inconcreta entre o soño e e a realidade, poboados por seres alineados e violentos. Tratamento simbólico de temas socio-políticos e indivisuais. Incorporación das achegas de ciencias como a psicoanáise. Incorporan o subsconciente , soños e pesadelos; os persoanxes móvense en situacións esxtrañas e irracionais. Creación de espazos psicolóxicos, claustrofóbicos e sórdidos, que reflicten as obsesións patolóxicas dos protagosnistas. Técnica do ollo cinematográfico na perpectiva do Novueau Roman Maior presenza de espazos urbanos Elimínase o heroe problemático. Os personaxes son seres sen biografía, que aparecen pouco caracterizados, sen nome ou marcados por unha inicial, traumatizados e con tendencia á violencia e á autodestrución. Utilización de nomes exóticos, inventados, deformacións ingüísticas sen lóxica. Uso e varios narradores nun mesmo relato (multiperspectivismo) Xustaposición de palnos temporais (non hai unha orde cronolóxica).