2. A PATELA
Esta aldea está situada no leste da vila de Cuntis, na pendente dunha montaña
que morre no río Patelo, separándoa do Pazo, e polo oeste limita con Campo.
Este lugar está formado por catro casas das que dúas están en ruínas. Unha
das outras dúas habitadas está desocupada parte do ano, co cal son seis
persoas as que viven permanentemente no lugar, das que tres son rapaces.
3. Hórreos
Estes son dous hórreos da Patela con tres claros cada un. Neles gardábase
antigamente o millo. Agora están en desuso, pero iso non escusa o aspecto do
hórreo da esquerda. O tellado está cuberto de uralita suxeirada por pedras, a
madeira dos laterais atópase completamente podre e a parte baixa está
recuberta de táboas e arames que nin sequera deixan ver os piares. Pola
contra o da dereita está mínimamente coidado e ten moi bo aspecto, ten dúas
portas polo sinxelo motivo de que se abrían para ventilar e que o millo secara
e, ó contrario do anterior, poden apreciarse perfectamente os piares.
4. Casas
A casa da esquerda paréceme fea, desentoa, empezando por esa cor branca e a
uralita verde e os piares vermellos que ten na entrada. Ademais o tellado non é de
tella do país.
Sen embargo a da dereita é unha antiga casa de labranza con estrutura tradicional.
Aínda que foi reformada hai uns 27 anos data de máis de 150 anos atrás. É unha
casa acorde co entorno. O tellado, de tella do país, está apoiado con columnas
nunha balconada de grandes lousas de pedra. Conserva a súa orixinal chimenea
cunha lareira de pedra no interior. Ó ser unha antiga casa de labranza, posúe un
gran eirado ao seu carón con varias especies de árbores.
5. Patrimonio natural
As especies de árbores autóctonas que máis abundan na zona son castiñeiros,
carballos, loureiros, bidueiros, salgueiros e ameneiros (estes últimos
principalmente na beira do río Patelo). Nas partes altas do monte abundan os
eucaliptais, aínda que tamén hai piñeiros.
Río Patelo, curso baixo. Souto da Patela
6. O río Patelo, afluente do Gallo, nace nos montes de Mesego e baixa pola
pendente da montaña ata A Patela, onde as súas augas se tranquilizan ata
desembocar no Gallo.
No seu curso alto localízanse as Campaíñas, unhas pozas e fervenzas que son
frecuentadas pola xuvetude para bañarse nos veráns.
Río Patelo, curso baixo. Río Patelo, fervenza das Campaíñas.
(Arriba á esquerda)
7. Muíños
O muíño das Campaíñas, o da esquerda, está prácticamente derrubado a causa do
paso dos anos e das cheas do río.
O da dereita, é o muíño da Patela, totalmente arruinado. Está dentro dunha
propiedade privada pechada, polo tanto, sen poder ter acceso a el. Aproveitando
unha das súas paredes construiuse unha corte de bloques e uralita, “un chalé de
ovellas”.
O máis indignante é o pasotismo por parte do concello. Por un lado, deberían
evitar que o deterioro destas típicas construcións avanzase ata este punto.
Ademais, non se puxo ningún impedimento para que nun patrimonio público se
fixeran estes estragos.
8. O Castro de Castrolandín
No ano 2000 comenzaron os traballos de recuperación de Castrolandín.
Actualmente, estanse a realizar campañas de escavación e musealización do
poboado co fin de recuparalo como recurso cultural e turístico.
Este castro está situado a
uns 400 metros da Patela.
Castrolandín é un poboado fortificado, un castro representativo dunha forma
de vida que en Galicia se desenvolve entre o século VIII a. de C. e o sécula III d.
C., xa en plena romanización.
9. As reducidas dimensións do xacemento e o seu bó estado de conservación fan
posible que nuha breve visita obteñamos unha boa idea de cómo eran este tipo
de poboados.
O poboado estaba defendido por un parapeto de terra coroado por unha
muralla de pedra. Un profundo foxo completa as defensas.
Este castro foi poboado só entre o século II a. de C. e o século primeiro d. de C.,
cando é definitivamente abandonado.
10. Hai pegadas que sinalan que a agricultura tivo un grande protagonismo como
medio de subsistencia. Estes testemuños son abondadosas sementes,
socalcos e algunhas ferramentas.
Igual que nós estas
xentes tiñan xoias
e adornos e, a
parte de adornar,
eran un símbolo
social. Para
valoralos temos
que ter en conta o
material do que
están feitos, o
traballo de
fabricación e a súa
procedencia.
Ata o de agora xa se recuperaron máis de 50.000 pezas nas escavacións. Só se
atoparon os materiais que conseguiron perdurar ó longo do tempo, é dicir, que
os tecidos, os obxectos de madeira, os ósos, o coiro e os metais moi
difícilmente poden chegar ata nós. Polo contrario a cerámica é un dos
obxectos arqueolóxicos máis resistentes ó paso do tempo.
11. Xosé Raído “Patelas”
En agosto de 1916 naceu no lugar da Patela (parroquia de Cuntis) o máis
popular gaiteiro e artesán de instrumentos tradicionais do concello: Xosé Raído,
coñecido como “Patelas”.
De neno comezou a tornear obxectos no taller do seu pai que era carpinteiro. Co
tempo comezou a facer gaitas con buxo e a curtir peles de cabuxa ou ovella para
facer os foles das gaitas. Logo comezou a facer instrumentos de percusión:
pandeiretas, pandeiros, bombos, tamborís, etc.
12. Xunto cuns amigos formaron un grupo de gaitas que actuaba nas ruadas, onde
eran moi aprezadas as notas dos seus instrumentos.
De mozo traballou como torneiro nas obras do antigo hotel balneario.
Ós 29 anos, desprazouse a Ponferrada para traballar no taller de carpintería de
Endesa. Alí tomou contacto cos gaiteiros galegos e comezou a formar parte
doutro grupo, seguindo coas súas habilidades artesanais construíndo
instrumentos tradicionais.
13. En 1976 xubilouse e voltou á
súa casa de A Patela. Nese
momento propóñenlle a
fundación e dirección dun
grupo de música e baile
tradicional, “Asociación
Cultural O Baño”, e o proxecto
levouse a cabo. Do seu
traballo desinteresado saíron
moitos gaiteiros.
Foi o artesán que recuperou un
primitivo instrumento chamado
“charrasco” que antigamente se
tocaba moito en Cunti. Patelas
comezou a fabricar charrascos aos
que lle introduciu innovacións que
melloraban o son e difundiuno por
todo o país.
14. O 29 de outubro do 2006 inaugurase en Cuntis o Centro Sociocultural do
Espadenal co seu nome en compensación a unha vida entregada á música da
súa terra.
O 31 de marzo de 2008 morre o mestre dos gaiteiros aos 91 anos. O son das
gaitas acompañouno no seu último adeus.
15. O PAZO
O Pazo está case envolto pola natureza, na súa parte alta limita co monte, co río
Patelo pola esquerda, deixándoo separado da Patela, con Laxos pola dereita e co
Parque de Maráns por abaixo. Nesta aldea de 10 casas, viven arredor de 20 persoas,
das que só dúas son rapaces.
16. Hórreos
O hórreo da esquerda é dun claro, está feito completamente de pedra, pero só a
estrutura é antiga, xa que os laterais foron feitos recentemente. Destacan o
lampión e a cruz dos extremos do tellado que son típicos dalgunhas zonas.
O outro, en bo estado de conservación, é de dous claros. A estrutura é de pedra
e os laterais de madeira. O tellado é de tella do país e ten un lampión e unha
cruz.
17. Fontes e lavadoiros
A fonte da esquerda atópase case no centro do Pazo, non se sabe a data
exacta da súa construción. Conta con catro lavadoiros onde antigamente os
veciños ían lavar a roupa, pero agora, como non se empregan, non teñen auga.
A fonte da dereita chámase a Fonte do Rejo, e está no límite con Laxos. Data
do ano 1961 e ten un lavadoiro bastante grande, aínda que non moi profundo.
A Fonte do Rejo é a máis apreciada das dúas entre os veciños.
Na miña opinión, as dúas están ben pero sería mellor telas máis limpas e
arranxadas xa que son pezas dun gran valor.
18. Casas
A maior parte das casas do Pazo son de arquitectura popular, aínda que están en
diferentes estados de conservación.
Hai casas que foron restauradas recentemente respetando mínimamente o
entorno, sen colocar tellas de pizarra ou doutro tipo que non fose a empregada
en dita zona ou cores moi chamativos en portas ou ventás.
Outra como a da dereita que está bastante ben, ten a pega do tellado, que non é
do país, e a cheminea de cemento.
19. Moitas veces realízanse reformas ou engadidos a casas antigas ou non tan
antigas sen seguir unhas mínimas pautas e a xente remata deixando cousas
como as das sequintes imaxes:
Nesta fotografía podemos ver un Estéticamente esta casa non se integra
engadido a unha casa antiga de no medio. Tanto o tellado como as
pedra, feito completamente de persianas, a carpintería metálica e os
ladrillos deixandoos ó demais materiais de construción
descuberto. atentan contra a nosa paisaxe.
Na miña opinión creo que por parte dos gobernos se deberían de marcar unha
serie se pautas ou facer unhas determinadas normas para que non se estrague
a paisaxe e poder respetar o medio sen ter que renunciar ás nosas
necesidades.
#20: Non sempre son as casas con ladrillos á vista e as descoidadas as que estragan a paisaxe e non respetan o medio. Hai moitas casas que están construidas seguindo o tipo suízo e empregando os materias típicos de dita zona. Isto é debido a que a xente que voltou da emigración a Suíza construiu unha casa seguindo o paradigma dese país, empregando materiais como: tellados moi inclinados de lousa, a pedra doutro tipo e con outras combinacións de cores.