2. O Impresionismo é un movemento pictórico que xorde en Francia a fins do s. XIX contra as fórmulas artísticas impostas pola Academia Francesa de Belas Artes, que fixaba os modelos a seguir e patrocinaba as exposicións oficiais no Salón parisino O obxectivo dos impresionistas era conseguir unha representación do mundo espontánea e directa
3. O Impresionismo parte da análise da realidade. Até este momento a pintura reproducía un escenario no que acontecía un acontecemento, que conformaba a mensaxe para o espectador No Impresionismo preténdese que a obra reproduza a percepción visual do autor nun momento determinado, a luz e a cor real que emana da natureza no instante en que o artista a contempla
4. Centraranse nos efectos que produce a luz natural sobre os obxectos (non na representación exacta das súas formas), xa que a luz tende a difuminar as contornas Ven cores que conforman cousas, e isto é o que plasmn, formas compostas por cores que varían en función das condicións atmosféricas e da intensidade da luz Todo isto fai que elaboren unha serie dun mesmo obxecto en diferentes circunstancias atmosféricas e temporais: non importa o obxecto, senón as variacións cromáticas que sofre este ao longo do día
5. Eliminan os detalles minuciosos: só suxiren as formas Empregan as cores primarias (azul, vermello e amarelo) e as complementarias (laranxa, verde e violeta) Consiguen ofrecer unha ilusión da realidade aplicando directamente sobre o lenzo pinceladas de cor curtas e xustapostas Aínda que os achados do Impresionismo francés resultaron decisivos para a pintura do s. XX, conceptos como os da luz e cor atopábanse xa na pintura veneciana de mediados do s. XVI. Efectos que tamen están presentes en obras realizadas por Hals, Velázquez e Goya Os antecedentes inmediatos atopámolos en pintores como John Constable, Turner, Corot e na escola de Barbizón, coa súa aportación á pintura ao aire libre Antecedentes Características
6. O termo impresionistas foilles imposto de modo pexorativo polo crítico Louis Leroy ao ver a obra de Monet Impresión atardecer ou Impresión sol nacente na exposición de 1874 O habitual era expor no Salón Oficial, pero os novos artistas, coñecidos coma "Os Rexeitados", tiñan que buscar lugares alternativos onde lles permitisen exhibir as súas obras Así, a primeira exposición impresionista tivo lugar o 15 de abril de 1874 no Salón do fotógrafo Nadar. As figuras principais do movemento foron Eduard Manet, Degas, Claude Monet, Auguste Renoir, Morisot, Pisarro e Sisley
7. EDOUARD MANET (1832-1883) Sitúase a cabalo entre o realismo e o impresionismo Moitos cualifican o seu estilo coma naturalista porque se basea na observación da realidade e a súa plasmación sen alteracin algunha Representa a vida tal cal é, sen adobíos nin metáforas. Por isto as súas obras suscitaron escándalos e polémicas, como no seu Almorzo sobre a herba, que provocou a hostilidade dos críticos conservadores. O tema contaba con antecedentes no Renacemento, pero Manet interprétao adecuándoo á modernidade
9. Preséntase no Salón oficial en Paris. Naquela época para poder ter renome había que ter obras no Salón oficial. A obra foi rexeitada. Como había moitas obras rexeitadas, Napoleón III obriga a que se faga un salón coas obras rexeitadas coñecido como “ O salón dos rexeitados ” Nesta obra inspírase no Concerto campestre de GIORGONE. Non gusta porque non entenden que fai unha muller núa entre dous homes vestidos, ademais da forma descarada coa que a muller mira ao espectador. Aparece Victoria (unha dos seus modelos preferida), o seu irmán Euxenio Manet, unha Venus e o seu futuro cuñado (Ferdinand). Chama a atención o suave modelado de aparencia plana e os contrastes entre luces e sombras (man branca e chaqueta negra) Domina a forma triangular na composición , a posición da modelo forma un triangulo, tamén forma un triangulo a posición das tres figuras Hai un erotismo na obra por como o pintor interrelaciona os membros (nús e vestidos) A muller do fondo debería ser mais pequena, pero Manet non respecta a perspectiva Nótase a pincelada, solta sobre todo no regato e a natureza morta
13. Tampouco gusta a súa Olympia Para para o seu nú non necesitou deusas nin musas coma no Renacemento ou no Barroco, senón que representou o nú dunha prostituta , unha muller coetánea Para captar a realidade e a fugacidade utilizou a pincelada rápida e empastada , trazo que indentificará ao Impresionismo. Por isto podería dicirse que Manet foi o seu precurso r
27. Claude Monet (1840-1926) É un dos pintores que máis contribuiu ao movemento impresionista Nunca derivou cara a outras correntes artísticas, senón que se mantivo fiel ao Impresionismo até a súa morte A súa máxima preocupación era plasmar a vibración cromático-lumínica nos seus lenzos. A luz crea a cor e a forma Os seus temas preferidos son as mariñas, as escenas fluviais e as paisaxes Exemplos:: Impresión atardecer , Regatas en Argentuil , As paupoulas , Paseo con antuca , A estación de San Lázaro, A Catedral de Rouen sombrilla
58. AUGUSTE RENOIR (1841-1919) Ofrece unha interpretación máis sensual do Impresionismo . Ponse en relación cos pintores do s. XVIII que pintaban a sociedade galante do Rococó Nas súas creacións mostra a ledicia de vivir, mesmo cando os protagonistas son traballadores. Sempre son personaxes que se divirten, nunha natureza agradable. Tratou temas de flores, escenas de cativos e mulleres, e sobre todo o nú feminino , que lembra a Rubens polas formas grosas Renoir posúe unha vibrante e luminosa paleta que fai del un impresionista moi especial O palco , A randeeira, O Moulin de la Galette , Le dèjeuner des canotiers , Bañistas , son as súas obras máis representativas Autorretrato (1897)
78. EDGAR DEGAS (1834-1917) É un impresionista máis da forma que da cor É un hábil debuxante, preocupouse por captar o movemento con fidelidade, de aí que desenvolvese temas como as bailarinas e as carreiras de cabalos É un gran observador da muller, capta as posturas máis insólitas, as poses naturais e instantáneas Cultivou o debuxo en detrimento da cor , polo que non harmonizou ben co Impresionismo, e tampouco coas tendencias conservadoras polos seus temas contemporáneos Algunhas das súas obras son: Clase de danza , A bebedora de ajenjo , Bailarina na escena , Pasadoras de ferro , Carreiras
102. Outros pintores do Impresionismo: Sisley, Pisarro Sisley (1839-1899) mantívose fiel á técnica impresionista coma Monet. Foi exclusivamente un pintor paisaxista e será Pisarro (1830- 1903) quen leve até as últimas consecuencias o estudo da luz e da cor, chegando ao post-impresionismo e ao puntillismo Os autores impresionistas non tiñan conciencia de grupo, aínda que todos reivindican a liberdade á hora de selección o motivo pictórico, cada un plasmará o que ve. É unha arte íntima arraigada no sentimento da orixinalidade individual, que se inicia coas vivencias persoais e coas experiencias en soidade A principios de 1880 estas diferenzas estilísticas e as cuestións persoais comezaron a agudizarse e o Impresionismo como movemento de vangarda acabou por diluírse. Das súas cinzas comezaron a xestarse as propostas doutros artistas que deron lugar ao post-impresionismo e ao neoimpresionismo
103. Autorretrato (1873) Camille Pisarro (1830- 1903) Camille Pisarro foi o menos espectacular dos impresionistas, ao ser un pintor máis tonal ca colorista Pero como decano do Impresionismo tivo un importante papel de conciencia moral e guía artístico
120. BERTHE MORISOT (1841-1895) Dotouse dun estilo impresionista moi persoal, caracterizado sobre todo pola delicadeza e a sutileza que imprimiu aos seus cadros A súa técnica, baseada en grandes pinceladas aplicadas libremente en todas as direccións, deu ás súas obras unhas calidades transparentes, iridiscentes, tornasoladas Traballou tanto a pintura ao óleo como a acuarela, realizando principalmente paisaxes e escenas de mulleres con cativos , como é o caso de Madame Pontillon sentada na herba (1873, Museo de Arte de Cleveland) e escenas de interior nas que predominan os brancos, como en O espello de vestir (1876, Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid) A partir de 1880 a súa obra reflicte a influencia de Renoir. Morreu o 2 de marzo de 1896, deixando unhas setecentas pinturas á idade de 54 anos
130. En España, o Impresionismo tivo varios seguidores que manifestaron a súa preocupación pola luz Entre eles destacan Regoyos, Sorolla , Rusiñol e Casas