ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Unidad e D idác tic a
            3 o c icl o d e Pri maria




      A RÍA d e
     Pontevedra



        Guía d e actividad es

A so c iac ió n Po l a D efe n sa d a R ía
GUIA DE ACTIVIDADES
SAÍDAS DIDÁCTICAS
O obxectivo é relacionarse co medio no mesmo medio, ben
visionándoo in situ, ou manipulando obxectos, aparellos de medida,
recollendo mostras, cubrindo fichas de datos de observación, etc.

Recoméndase que estas visitas sexan guiadas por profesores dos
propios alumnos/as ou por monitores de APDR e que os alumnos/as
leven o CADERNO DA RÍA. (Caderno de rexistro, observación e
actividades)

Serian dúas de visitas diferentes:




A de altura.- A visión panorámica desde o alto permite captar
globalmente o espazo natural que se vai traballar, darlle importancia o
espazo terrestre (o patio traseiro da ría) e analizar algúns detalles da
paisaxe. Neste tipo de saída é importante conseguir avanzar cos nenos/
as cara unha visión medioambiental e non só quedarse coa
engaiolante primeira impresión de beleza natural.
O medio de transporte sería o autobús, se ben hai que investigar
previamente se un transporte de tamaño normal da chegado ó
miradoiro do Pereiro (ós demáis chega) Un microbús si chega.

Os destinos desta saída constituen un triángulo de visionado da ría que
inclúe :

1. O Castrove, a parte norte da Ría ou marxe dereita, Miradoiros do
Pereiro (Poio, 42°29'27.39"N, 8°30'52.36"O) ou
                                    Merendeiro do Castro na Escusa


                    2. Cuspedriños, no fondo do val do Lérez ( 42°29'28.06"N,
                                8°30'48.86"O)

                    3. O Morrazo, a parte sur ou marxe esquerda, Miradoiro de
                                  Cotorredondo ( 42°21'11.14"N,        8°40'30.74"O) ou
                                  Alto do Pornedo



                    A de nivel base.- Permite interactuar coa auga facer traballo de
                    campo, recoller mostras nas praias, tomar temperaturas de auga, etc
                    O medio de transporte sería un barco e o autobús.
                    Os destinos constituirían outro triángulo formado por:

                    1.      Illa de Ons (Parque Natural das Illas Atlánticas)
                    2.      Visita a un polígono de bateas.
                    3.      Porto de Marín.

                     De non contratar barco ou saír moi caro pódese sustituir por este outro
                    4.     Praia fluvial de Monteporreiro(Pontevedra)
                    5.     Praia de Lourido (Poio)(antes de Tambo)
                    6.     Praia de Areas (Sanxenxo) (despois de Tambo)



          Visita de Altura :Itinerario: Castrove-Cuspedriños-Morrazo.
Castrove:
Condicións que serían favorables para a saída: bo tempo (con calixe non se ve nada a máis de 5
km.) e a ser posible marea baixa (non se verían a importancia dos areais, sedimentación). Consultar
hora de mareas en http://www.meteogalicia.es/galego/prediccion/maritima/marea/marea.asp

    •   Cinco minutos de observación persoal, non dirixida. Posta en común do observado.
    •   Quince minutos de observación guiada polo profesor/aou monitor/a resaltando os achádegos
        dos alumnos/as. Sinalar:
        ◦ Cabeceira e Boca da Ría.
        ◦ Sinalar algúns puntos xeográficos da parte sur da ría:
        ◦ Marxe norte (dereita). marxe sur (esquerda).
        ◦ Os dous muros que conteñena auga da ría: Morrazo e Castrove.
        ◦ Areais (explicar resumido a súa orixe e a influencia do home: roturación, incendios e
           barreiras as correntes, como peiraos e portos desproporcionados)
        ◦ Escolleiras (función).
        ◦ Forestación na parte alta dos montes. Tipo de forestación que existe. Hai 70 anos era
           completamente diferente.
    •   Preguntas e observacións dos alumnos.
    •   Nova intervencion do profesor/a ou monitor/a
        ◦ Tipo de poboamento disperso e na parte baixa dos montes.
        ◦ Campos de cultivo e explotación marisqueira.
◦ Actividades contaminantes: De atmosfera, de auga e de terra: industrias, canteiras,
         emisarios submarimos( o de Ence-Elnosa sae da praia dos Praceres e pasa da illa de
         Tambo aproximadamente 3 km de lonxitude).


Cuspedriños:
a) Propia aldea de Cuspedriños
    • O paso pola aldea resaltar a carballeira detrás da capela. Continuar uns catrocentos metros e
       cara a dereita...
    • Visionado da Ría ó fondo da paisaxe.
    • Observación de toda a masa arborada ou forestada que queda ós nosos pés. Incidir na
       importancia de esta parte da ría como recollida de augas pluviais que se converterán en auga
       dos ríos e regatos que van dar ó mar e da importancia da súa conservación como protectora
       dos solos das abas dos montes. De non existir esta capa vegetal a erosión das precipitacións
       provocaría un maior aporte de sedimentos a propia cunca da ría e a súa colmatación mais
       acelerada. ¿Que fan os incendios? ¿Que consecuencias se derivan?
    • Tirar unha foto e indicar que na clase, despois de imprimila en branco e negro, imos riscar a
       parte arbórea da paisaxe. Veremos así a proporción de masa forestal e a importancia
       medioambiental que ten.
b) Carballeira de Sanxusto.
       Desde Cuspedriños baixamos ata a Carballeira de SanXusto.
    • Observar o tipo de árbores que había antes da chegada do eucalipto. A existencia de herba
       (elemento suxeitador do solo) debaixo desta capa arbórea. Arrincar un pequeno terrón de
       herba e amosar a infinidade de raiceiras despois de bater contra algo e descargar a terra do
       terrón. Pódeno facer tamén os alumnos/as.
    • Asomarse as abas da carballeira que dan ó río Lérez. Facer notar que o río vai moi
       encaixado.
       Baixamos andando ata o nivel do río Lérez por unha estreita e empinada estrada que chega
       ata o pequeno balneario á beira do río (É a única baixada).
    • As augas do balneario son mediciñais e úsanse para enfermidades da pel.
    • Observación das empinadas abas e do solo que está suxeitado por eucaliptos (moitos deles
       ainda secos polos incendios do 2006). Na clase comparar estas fotos
    • O río leva auga transparente.
    • Observación do bosque de ribeira, última barreira natural contra a erosión e idenftificar:
       freixos, salgueiros, ameneiros, abelairas, ...

O Morrazo:
 Hai dúas opcións de visionar a ría desde esta beira sur: Desde o miradoiro de
Cotorredondo, ou desde o alto do Pornedo (xusto enriba de Marín).
Usar o mesmo programa que no Castrove. Se a visita de altura se fixo durante a mesma
mañá, a marea estará a outro nivel.




                 A liña base.


Auga doce e auga salgada:
      Recollida de auga en dous puntos da Ria. a) praia fluvial de Monteporreiro. b)
      praia de Areas ou calquera outra praia que se visite ese día ( a ser posible unha
      praia que estea despois de Tambo cara a boca da ría). Recóllese en dúas
botellas de auga mineral previamente etiquetadas.

                 A                                              B
  Auga da praia Fluvial de                        Auga da praia de Areas
       Monteporreiro                             Data - Hora de recollida
  Data - Hora de recollida

Na aula prepáranse dúas bandexas e bótase a auga recollida filtrándose, mediante un coador, en
cadansúa bandexa coa fin de que se evapore a auga en tres ou catro días. Axuda poñéndoas preto
dos radiadores. Obsérvase o deposito de sal. E sobre un mapa da ría mírase onde se atopan os
lugares de recollida.
Os alumnos fan hipoteses ou conxeturas ata chegar á conclusión do tipo: conforme nos alonxamos
do río Lérez a auga vólvese salgada, ou conforme nos adentramos na ría a auga vai sendo máis
doce.
Actividade nº ___ do Caderno da Ría.




           Traballo na aula
           Hai un dobre procedemento metodolóxico:
           Antes das saídas: preparar conceptualmente as mesmas.
           Despois das saídas: reflexinar sobre as observacións e os datos recollidos.
Temporalización da Unidade
Dada a extensión dos contidos e actividades recomendamos:

2º trimestre: Entrar en contacto cos contidos
              Saídas de Altura.
3º trimestre: Saidas de nivel de Base.

More Related Content

A Ría de Pontevedra. Guia de Actividades

  • 1. Unidad e D idác tic a 3 o c icl o d e Pri maria A RÍA d e Pontevedra Guía d e actividad es A so c iac ió n Po l a D efe n sa d a R ía
  • 2. GUIA DE ACTIVIDADES SAÍDAS DIDÁCTICAS O obxectivo é relacionarse co medio no mesmo medio, ben visionándoo in situ, ou manipulando obxectos, aparellos de medida, recollendo mostras, cubrindo fichas de datos de observación, etc. Recoméndase que estas visitas sexan guiadas por profesores dos propios alumnos/as ou por monitores de APDR e que os alumnos/as leven o CADERNO DA RÍA. (Caderno de rexistro, observación e actividades) Serian dúas de visitas diferentes: A de altura.- A visión panorámica desde o alto permite captar globalmente o espazo natural que se vai traballar, darlle importancia o espazo terrestre (o patio traseiro da ría) e analizar algúns detalles da paisaxe. Neste tipo de saída é importante conseguir avanzar cos nenos/ as cara unha visión medioambiental e non só quedarse coa engaiolante primeira impresión de beleza natural. O medio de transporte sería o autobús, se ben hai que investigar previamente se un transporte de tamaño normal da chegado ó miradoiro do Pereiro (ós demáis chega) Un microbús si chega. Os destinos desta saída constituen un triángulo de visionado da ría que inclúe : 1. O Castrove, a parte norte da Ría ou marxe dereita, Miradoiros do
  • 3. Pereiro (Poio, 42°29'27.39"N, 8°30'52.36"O) ou Merendeiro do Castro na Escusa 2. Cuspedriños, no fondo do val do Lérez ( 42°29'28.06"N, 8°30'48.86"O) 3. O Morrazo, a parte sur ou marxe esquerda, Miradoiro de Cotorredondo ( 42°21'11.14"N, 8°40'30.74"O) ou Alto do Pornedo A de nivel base.- Permite interactuar coa auga facer traballo de campo, recoller mostras nas praias, tomar temperaturas de auga, etc O medio de transporte sería un barco e o autobús. Os destinos constituirían outro triángulo formado por: 1. Illa de Ons (Parque Natural das Illas Atlánticas) 2. Visita a un polígono de bateas. 3. Porto de Marín. De non contratar barco ou saír moi caro pódese sustituir por este outro 4. Praia fluvial de Monteporreiro(Pontevedra) 5. Praia de Lourido (Poio)(antes de Tambo) 6. Praia de Areas (Sanxenxo) (despois de Tambo) Visita de Altura :Itinerario: Castrove-Cuspedriños-Morrazo. Castrove: Condicións que serían favorables para a saída: bo tempo (con calixe non se ve nada a máis de 5 km.) e a ser posible marea baixa (non se verían a importancia dos areais, sedimentación). Consultar hora de mareas en http://www.meteogalicia.es/galego/prediccion/maritima/marea/marea.asp • Cinco minutos de observación persoal, non dirixida. Posta en común do observado. • Quince minutos de observación guiada polo profesor/aou monitor/a resaltando os achádegos dos alumnos/as. Sinalar: ◦ Cabeceira e Boca da Ría. ◦ Sinalar algúns puntos xeográficos da parte sur da ría: ◦ Marxe norte (dereita). marxe sur (esquerda). ◦ Os dous muros que conteñena auga da ría: Morrazo e Castrove. ◦ Areais (explicar resumido a súa orixe e a influencia do home: roturación, incendios e barreiras as correntes, como peiraos e portos desproporcionados) ◦ Escolleiras (función). ◦ Forestación na parte alta dos montes. Tipo de forestación que existe. Hai 70 anos era completamente diferente. • Preguntas e observacións dos alumnos. • Nova intervencion do profesor/a ou monitor/a ◦ Tipo de poboamento disperso e na parte baixa dos montes. ◦ Campos de cultivo e explotación marisqueira.
  • 4. ◦ Actividades contaminantes: De atmosfera, de auga e de terra: industrias, canteiras, emisarios submarimos( o de Ence-Elnosa sae da praia dos Praceres e pasa da illa de Tambo aproximadamente 3 km de lonxitude). Cuspedriños: a) Propia aldea de Cuspedriños • O paso pola aldea resaltar a carballeira detrás da capela. Continuar uns catrocentos metros e cara a dereita... • Visionado da Ría ó fondo da paisaxe. • Observación de toda a masa arborada ou forestada que queda ós nosos pés. Incidir na importancia de esta parte da ría como recollida de augas pluviais que se converterán en auga dos ríos e regatos que van dar ó mar e da importancia da súa conservación como protectora dos solos das abas dos montes. De non existir esta capa vegetal a erosión das precipitacións provocaría un maior aporte de sedimentos a propia cunca da ría e a súa colmatación mais acelerada. ¿Que fan os incendios? ¿Que consecuencias se derivan? • Tirar unha foto e indicar que na clase, despois de imprimila en branco e negro, imos riscar a parte arbórea da paisaxe. Veremos así a proporción de masa forestal e a importancia medioambiental que ten. b) Carballeira de Sanxusto. Desde Cuspedriños baixamos ata a Carballeira de SanXusto. • Observar o tipo de árbores que había antes da chegada do eucalipto. A existencia de herba (elemento suxeitador do solo) debaixo desta capa arbórea. Arrincar un pequeno terrón de herba e amosar a infinidade de raiceiras despois de bater contra algo e descargar a terra do terrón. Pódeno facer tamén os alumnos/as. • Asomarse as abas da carballeira que dan ó río Lérez. Facer notar que o río vai moi encaixado. Baixamos andando ata o nivel do río Lérez por unha estreita e empinada estrada que chega ata o pequeno balneario á beira do río (É a única baixada). • As augas do balneario son mediciñais e úsanse para enfermidades da pel. • Observación das empinadas abas e do solo que está suxeitado por eucaliptos (moitos deles ainda secos polos incendios do 2006). Na clase comparar estas fotos • O río leva auga transparente. • Observación do bosque de ribeira, última barreira natural contra a erosión e idenftificar: freixos, salgueiros, ameneiros, abelairas, ... O Morrazo: Hai dúas opcións de visionar a ría desde esta beira sur: Desde o miradoiro de Cotorredondo, ou desde o alto do Pornedo (xusto enriba de Marín). Usar o mesmo programa que no Castrove. Se a visita de altura se fixo durante a mesma mañá, a marea estará a outro nivel. A liña base. Auga doce e auga salgada: Recollida de auga en dous puntos da Ria. a) praia fluvial de Monteporreiro. b) praia de Areas ou calquera outra praia que se visite ese día ( a ser posible unha praia que estea despois de Tambo cara a boca da ría). Recóllese en dúas
  • 5. botellas de auga mineral previamente etiquetadas. A B Auga da praia Fluvial de Auga da praia de Areas Monteporreiro Data - Hora de recollida Data - Hora de recollida Na aula prepáranse dúas bandexas e bótase a auga recollida filtrándose, mediante un coador, en cadansúa bandexa coa fin de que se evapore a auga en tres ou catro días. Axuda poñéndoas preto dos radiadores. Obsérvase o deposito de sal. E sobre un mapa da ría mírase onde se atopan os lugares de recollida. Os alumnos fan hipoteses ou conxeturas ata chegar á conclusión do tipo: conforme nos alonxamos do río Lérez a auga vólvese salgada, ou conforme nos adentramos na ría a auga vai sendo máis doce. Actividade nº ___ do Caderno da Ría. Traballo na aula Hai un dobre procedemento metodolóxico: Antes das saídas: preparar conceptualmente as mesmas. Despois das saídas: reflexinar sobre as observacións e os datos recollidos.
  • 6. Temporalización da Unidade Dada a extensión dos contidos e actividades recomendamos: 2º trimestre: Entrar en contacto cos contidos Saídas de Altura. 3º trimestre: Saidas de nivel de Base.