2. CONCEPTO A subordinación ou hipotaxe é, en sintaxe, unha relación entre dúas proposicións ou nexos segundo a cal unha (a denominada proposición principal) posúe maior xerarquía cá outra (denominada proposición subordinada) de forma tal que non son permutables a unha pola outra sen que o significado varíe ou se torne agramatical. Así, por exemplo, non se poden cambiar as proposicións de lugar en " mentiría se o afirmase" porque o resultado sería: "Afirmáseo se mentiría ", que é agramatical.
3. Nexos As relacións de subordinación adoitan marcarse mediante uns nexos específicos, pero estes poden omitirse mediante a chamada xustaposición: "Pedro non veu porque estaba cansado" pode dicirse tamén omitindo o nexo e o substituíndo por un punto ou dous puntos: "Pedro non veu. Estaba cansado", "Pedro non veu: Estaba cansado“.
4. TIPOS Existen fundamentalmente tres tipos de subordinación: A subordinación adverbial ( circunstancial e lóxica ) A subordinación substantiva A subordinación adxectiva