ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
PLANETA TERRA Características e estrutura do noso planeta Profesor: Adán Gonçalves García. I.E.S. Río Miño. PCPI.
ORIXE DO UNIVERSO A teoría máis aceptada da orixe do universo é a  Teoría do Big-Bang : Hai 15.000 m.a. toda a materia e enerxía do universo concentrábase nun punto (átomo primixenio ou ovo cósmico). A inestabilidade do átomo primixenio provocou unha gran explosión. A partir da gran explosión formáronse as primeiras partículas subatómicas (fotóns, protóns, neutróns...), e posteriormente os primeiros átomos (hidróxeno, helio...). O universo comezou a súa expansión. Na actualidade segue a expandirse.
ORIXE DO UNIVERSO
ORIXE DO SISTEMA SOLAR Segundo as teorías máis aceptadas (teorías nebulares), formouse hai uns 4.600 m.a. por unha gran concentración de gas e pó cósmico debido a forza da gravidade, e comezou a xirar a gran velocidade posiblemente como resultado do estoupido dunha  Supernova. A maior parte da masa desta nebulosa primixenia concentrouse no centro e deu lugar o  sol . O seu carón e xirando solidariamente arredor del, pola forza da gravidade, quedaron os  planetas  que se formaron por unión de partículas materiais máis pequenas. O sol é a única estrela do sistema porque é o único corpo celeste con tamaño suficiente (chega  a presións e temperaturas moi elevadas) para xerar reaccións nucleares. De feito, Xúpiter polo seu tamaño quedouse as portas de ser unha estrela e nos seus inicios brillaba como tal. Evolución estelar do sol:  Xigante Vermella  Nova  Anana Branca  Anana Negra
ORIXE DO SISTEMA SOLAR
ORIXE DO SISTEMA SOLAR
A ORIXE DO NOSO PLANETA Formouse ao mesmo tempo co resto do sistema solar. A Terra forma  xunto con Mercurio, Venus e Marte os  planetas interiores. Nos seus inicios estaba a moi altas temperaturas e fundida. Tiña unha elevada actividade volcánica que formou os gases da atmosfera primitiva (vapor de auga, metano, óxidos de nitróxeno..., incluso sulfuros e haloxenuros volátiles). Nesta atmosfera primitiva  non había osíxeno . Pouco a pouco foi arrefriando o que permitiu a zonación en  codia, manto e núcleo.
A ORIXE DO NOSO PLANETA As primeiras chuvias  foron de sales (haloxenuros da atmosfera), e so cando a temperatura baixou dos 100ºC producíronse as primeiras chuvias de auga que arrastraron estas sales e formaron os primeiros mares supoñendo a nacemento da  Hidrosfera. A formación da Hidrosfera vai seguida da aparición da vida nun momento todavía difícil de precisar (segundo os últimos descubrimentos hai uns 3.600 m.a./Xacementos de Warrawoona-Australia). As primeiras formas de vida eran  fermentadoras , polo que non precisaban osíxeno .
A ORIXE DO NOSO PLANETA Posteriormente xurdiron os  fotosintéticos , por evolución algúns deles comezaron a  producir osíxeno  xa que o proceso era máis eficiente enerxéticamente que si non o producían (fotosíntese osixénica-anosixénica) e polo tanto, liberouse en último termo osíxeno a atmosfera onde comezou a concentrarse e unha parte deste formou a  capa de ozono . Neste longo proceso apareceron tamén os  aeróbicos , que comezaron a utilizar ese osíxeno na respiración. Dende o momento en que se compensou a produción co consumo a súa concentración mantense prácticamente invariable.
A ORIXE DO NOSO PLANETA Dos gases da atmosfera so o  CO 2   variou de xeito apreciable a súa concentración ao longo dos tempos. Botándolle unha ollada a este corto saberemos máis sobre a orixe do noso planeta: http :// esocienciasnet.blogspot.com /2010/10/ orixe -do- noso - planeta.html
CARACTERÍSTICAS DA TERRA É un planeta moi especial xa que nel se dan as  condición precisas  para a  vida, entre outras presenza de auga e temperatura axeitada (15ºC). Ten forma de xeoide achatado polos polos. Radio ecuatorial: 6378 Km/ Superficie: 510 x 10 6  Km 2. A súa  estrutura  pódese dividir en tres partes:  Atmosfera  (capa gasosa),  Hidrosfera  (capa líquida) e  Xeosfera  (parte sólida). Na súa composición química predominan: Fe (35%), O (28%), Mg (17%) e Si (13%), máis esta composición carece de sentido xa que o noso planeta presenta unha estratificación por densidades dos seus materiais que da lugar a distintas capas ( codia, manto e núcleo ) dentro da Xeosfera, con composición e características moi distintas.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA Movementos da Terra: - Traslación:  movemento da Terra  arredor do sol, describindo unha órbita lixeiramente elíptica e excéntrica que completa cada 365,26 días (un ano). Este movemento desenvólvese de oeste a este (contrario as agullas dun reloxo) a unha velocidade media de 29,6 Km/s.  - Rotación:  o xiro do planeta sobre o seu eixe, tamén é de  oeste a este e complétase en 23h e 56 min (un día). A unha velocidae ecuatorial é duns 1675 Km/h.   Consecuencias destes movementos: Debido a que o eixe de rotación da Terra está inclinado 23º 27´respecto o plano de traslación os raios solares non chegan coa mesma inclinación a Terra ao longo do ano o que determina dúas consecuencias moi importantes: * Os  cambios estacionais. * A  duración distinta dos días e as noites ó longo do ano .
CARACTERÍSTICAS DA TERRA
CARACTERÍSTICAS DA TERRA  ATMOSFERA TERRESTRE:  ( Máis información nas fotocopias da atmosfera ). 1) COMPOSICIÓN E ESTRUTURA: Atendendo a súa  composición  (gases ca compoñen) hai dúas capas. - Unha dende o nivel do mar ata os 90 Km de altitude formada fundamentalmente por nitróxeno (78%) é osíxeno (21%). - Outra capa entre os 90 Km e o límite exterior da atmosfera (uns 10000 Km) onde os gases sepáranse en subcapas. Atendendo a súa  temperatura  diferenciamos ata cinco capas. -  Troposfera:  entre o nivel do mar e uns 8-18 Km de altitude. Caracterízase por un descenso da temperatura. Nela atópanse o  CO 2  e do vapor de auga , por iso é onde se forman as  nubes  e prodúcense as  precipitacións . Ademais nos seus primeiros 500 m atópase a “capa sucia” responsable do “smog”.  -  Estratosfera:  dende o límite da troposfera ata os 50 Km de altitude. Hai un ascenso de temperatura debido a que os raios uv son retidos pola  capa de ozono .
CARACTERÍSTICAS DA TERRA -  Mesosfera:  dende os 50 Km ata os 80 Km de altitude. Nela hai un novo descenso de temperatura. -  Termosfera:  entre os 80 e os 550 Km de altitude. Nesta parte da atmosfera hai un ascenso acusado da temperatura debido a que nesta capa retéñense as radiacións de alta enerxía como os raios X e raios gamma. Estas radiacións que son absorbidas entre os 80 e os 400 Km ionizan os gases e orixinan correntes eléctricas, por iso a esta subcapa chámaselle  ionosfera . -  Exosfera:  dende os 550 Km ata o límite da atmosfera. Nela as partículas gasosas están moi dispersas, por iso a caracterización térmica perde sentido.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA
CARACTERÍSTICAS DA TERRA 2) FUNCIÓNS DA ATMOSFERA: Contén dous  gases esenciais  para a  vida , o  osíxeno  (necesario para a respiración) e o  CO 2  (indispensable na fotosíntese). Regula a temperatura  ( efecto invernadoiro natural/ 15ºC de media). Actúa como  filtro para as radiacións nocivas  (uv, raios X...). Mantén uniforme a temperatura e a humidade  ambiental grazas aos ventos que transportan aire frío ás zonas cálidas e aire húmido ás zonas secas. Protéxenos do impacto de meteoritos  que se desintegran polo rozamento antes de chegar á superficie ( estrelas fugaces ).
CARACTERÍSTICAS DA TERRA A HIDROSFERA TERRESTRE: É a capa de auga que cubre a superficie terrestre. PROPIEDADES DA AUGA E IMPORTANCIA BIOLÓXICA É o disolvente universal. Polo que é un bo transportador de substancias e nas células é o medio  onde suceden as reaccións químicas necesarias para vida. Ademais esa capacidade disolvente convérteno no axente xeolóxico externo máis importante. A súa temperatura de fusión (0ªC) e ebullición (100ºC) permíten a existencia da auga na Terra nos tres estados de agregación: sólido (xeo), líquido e gasoso (vapor de auga das nubes). Ten unha calor específica elevada (precisa gañar ou perder moita enerxía  (calor) para variar a súa temperatura), polo que é un bo regulador da temperatura.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA A auga entre 0ºC e 4ºC, fronte ao habitual noutras substancias, contráese e aumenta a súa densidade. Esto explica porque o xeo flota na auga líquida, feito moi importante para o mantemento de ecosistemas acuáticos incluso a baixas temperaturas. Por enriba dos 4ºC cumpre a norma xeral e o aumentar a temperatura aumenta o seu volume e diminúe a súa densidade (d=m/v). A auga ten unha elevada tensión superficial o que contribúe a facilitar o ascenso capilar, fundamental no transporte de substancias dende as raices a outros órganos nas plantas.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA DISTRIBUCIÓN DA AUGA
CARACTERÍSTICAS DA TERRA O CICLO DA AUGA Recibe este nome o conxunto de procesos cíclicos mediante os cales a auga pasa da atmosfera a superficie terrestre e desta de novo a atmosfera. O vapor de auga da atmosfera condénsase e orixina as nubes que precipitan sobre os océanos e continentes a auga en forma de chuvia ou neve. Parte da auga precipitada non chega a superficie porque se evapora ou e transpirada polas plantas que a devolven de novo a atmosfera. Outra parte  discorre pola superficie terrestre (escorrentía) dende os ríos ata os mares e océanos ou infíltrase no solo acumulándose en forma de augas subterráneas. A auga dos océanos está a evaporarse constantemente e transfirese a atmosfera. As augas subterráneas, cun tempo variable, rematan vertendo os mares polo que esta auga tamén retorna a atmosfera. Estes retornos a atmosfera supoñen o peche e novo inicio do ciclo da  auga.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA CICLO DA AUGA
CARACTERÍSTICAS DA TERRA O motor deste movemento cíclico da auga é a enerxía do sol xunto coa gravidade.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA A XEOSFERA : Os coñecementos sobre o interior da Terra baséanse nunha ampla batería de métodos tanto  directos  (materiais vertidos por volcáns, sondeos...), como  indirectos  (método sísmico, anomalías gravitatorias...).  A  Xeosfera  é a  parte sólida  da Terra, e dicir as rochas. Divídese en tres  capas , que son dende  o exterior cara o interior:  codia ,  manto e núcleo. A codia é a capa máis externa cun espesor variable duns 70 Km. e divídese en  codia continental  (forma a superficie dos continentes e nela a rocha máis abundante é o granito) e a  codia oceánica  ( forma a superficie dos fondos mariños e nela predomina a rocha basalto).
CARACTERÍSTICAS DA TERRA O  manto  encóntrase baixo a codia aproximadamente a uns 70 Km de profundidade e exténdese  ata os 2900 Km. Esta constituido por  rochas   ultrabásicas  en estado sólido.  O  núcleo  é a capa máis interna. Encóntrase dende os 2900 Km. ata o centro da terra. Está formado por  ferro e níquel . Nel alcánzanse elevadas presións e temperaturas e é responsable dos  fenómenos   magnéticos e eléctricos  do noso planeta. *Nota:  a codia e a parte superior do manto tamén se lles denomina en conxunto  Litosfera ..
CARACTERÍSTICAS DA TERRA Capas da Terra
CARACTERÍSTICAS DA TERRA MINERAIS E ROCHAS: MINERAL :  substancia natural de orixe inorgánica cunha composición química definida entre uns límites, unhas propiedades características e , xeralmente, unha estrutura cristalina. Os minerais máis frecuentes son: Silicatos :  Conteñen silicio e osíxeno. Son exemplos o cuarzo, os feldespatos, as micas e as arxilas. Son os compoñentes das rochas máis abundantes da Terra: o granito e o basalto. Óxidos : Combinan o osíxeno con outros elementos, como a magnetita (óxido de ferro).
CARACTERÍSTICAS DA TERRA Sulfuros : Distintas combinacións do xofre, como a blenda (sulfuro de cinc) ou a pirita (sulfuro de ferro). Carbonatos : combinacións do carbono e o osíxeno con outros elementos, como é o caso da calcita. Haluros : sales de distintos elementos, como a fluorita (fluoruro de calcio) ou a halita (cloruro sódico). Elementos nativos : encóntrase na natureza como elementos en estado puro por exemplo o ouro, a prata o ferro...
SILICATOS Cuarzo (Cristal de roca) Cuarzo ou Seixo
SILICATOS Mica (Biotita) Mica (Moscovita)
SILICATOS Arxila margosa
ÓXIDOS Magnetita
SULFUROS Blenda Pirita
CARBONATOS Calcita
HALUROS Halita Fluorita
ELEMENTOS NATIVOS Ouro Prata Ferro
CARACTERÍSTICAS DA TERRA ROCHA : é un agregado de un ou varios minerais. As rochas clasifícanse atendendo ao modo no que se formaron e diferenciamos tres grandes grupos:  ígneas ou magmáticas,   metamórficas e sedimentarias. Rochas ígneas ou magmáticas Orixínanse ao enfriarse e solidificarse o magma do interior da Terra ou cando este material sae ao exterior en forma de lava.  Basicamente existen dous tipos de rochas ígneas:  -  Volcánicas : formadas a partir dunha erupción volcánica p.e basalto. -  Plutónicas : formadas a gran profundidade p.e. Granito.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA Rochas sedimentarias Orixínanse a partir da destrución  doutras rochas na superficie terrestre pola acción dos distintos axentes xeolóxicos (ríos, glaciares, vento...). Estos axentes erosionan, transportan e depositan os sedimentos (fragmentos de rochas) e posteriormente e mediante distintos procesos fisico-químicos (procesos sedimentarios ou diaxénese) transformaranse en rochas sedimentarias. Debido as súas características de formación, as rochas sedimentarias poden posuír fósiles. Exemplos típicos son a rocha caliza ou as arxilas. Tamén hai rochas sedimentarias que teñen unha orixe orgánica como o carbón e o petróleo.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA Rochas metamórficas Fórmanse a partir de rochas magmáticas e sedimentarias cando éstas afunden no interior da Terra e sofren transformacións polas condicións existentes. Constitúen exemplos típicos a lousa a partir da arxila ou o mármore a partir da caliza. CICLO DAS ROCHAS Como as rochas metamórficas poden orixinarse a partir dos outros dous tipos, as veces a natureza as reutiliza no que chamamos o ciclo das rochas.
CARACTERÍSTICAS DA TERRA CICLO DAS ROCHAS
ROCHAS ÍGNEAS OU MAGMÁTICAS Granito Basalto
ROCHAS ÍGNEAS OU MAGMÁTICAS Onde se orixinan as rochas ígneas?
ROCHAS ÍGNEAS OU MAGMÁTICAS Onde se orixinan as rochas ígneas?
ROCHAS SEDIMENTARIAS Caliza Գܱܳíپ
ROCHAS SEDIMENTARIAS
ROCHAS SEDIMENTARIAS Estratificación ou formación de estratos
ROCHAS SEDIMENTARIAS Estratos:
ROCHAS METAMÓRFICAS Lousa
ROCHAS METAMÓRFICAS
ROCHAS METAMÓRFICAS Onde se orixinan as rochas metamórficas?

More Related Content

A Terra. Características e estrutura do noso planeta.

  • 1. PLANETA TERRA Características e estrutura do noso planeta Profesor: Adán Gonçalves García. I.E.S. Río Miño. PCPI.
  • 2. ORIXE DO UNIVERSO A teoría máis aceptada da orixe do universo é a Teoría do Big-Bang : Hai 15.000 m.a. toda a materia e enerxía do universo concentrábase nun punto (átomo primixenio ou ovo cósmico). A inestabilidade do átomo primixenio provocou unha gran explosión. A partir da gran explosión formáronse as primeiras partículas subatómicas (fotóns, protóns, neutróns...), e posteriormente os primeiros átomos (hidróxeno, helio...). O universo comezou a súa expansión. Na actualidade segue a expandirse.
  • 4. ORIXE DO SISTEMA SOLAR Segundo as teorías máis aceptadas (teorías nebulares), formouse hai uns 4.600 m.a. por unha gran concentración de gas e pó cósmico debido a forza da gravidade, e comezou a xirar a gran velocidade posiblemente como resultado do estoupido dunha Supernova. A maior parte da masa desta nebulosa primixenia concentrouse no centro e deu lugar o sol . O seu carón e xirando solidariamente arredor del, pola forza da gravidade, quedaron os planetas que se formaron por unión de partículas materiais máis pequenas. O sol é a única estrela do sistema porque é o único corpo celeste con tamaño suficiente (chega a presións e temperaturas moi elevadas) para xerar reaccións nucleares. De feito, Xúpiter polo seu tamaño quedouse as portas de ser unha estrela e nos seus inicios brillaba como tal. Evolución estelar do sol: Xigante Vermella Nova Anana Branca Anana Negra
  • 7. A ORIXE DO NOSO PLANETA Formouse ao mesmo tempo co resto do sistema solar. A Terra forma xunto con Mercurio, Venus e Marte os planetas interiores. Nos seus inicios estaba a moi altas temperaturas e fundida. Tiña unha elevada actividade volcánica que formou os gases da atmosfera primitiva (vapor de auga, metano, óxidos de nitróxeno..., incluso sulfuros e haloxenuros volátiles). Nesta atmosfera primitiva non había osíxeno . Pouco a pouco foi arrefriando o que permitiu a zonación en codia, manto e núcleo.
  • 8. A ORIXE DO NOSO PLANETA As primeiras chuvias foron de sales (haloxenuros da atmosfera), e so cando a temperatura baixou dos 100ºC producíronse as primeiras chuvias de auga que arrastraron estas sales e formaron os primeiros mares supoñendo a nacemento da Hidrosfera. A formación da Hidrosfera vai seguida da aparición da vida nun momento todavía difícil de precisar (segundo os últimos descubrimentos hai uns 3.600 m.a./Xacementos de Warrawoona-Australia). As primeiras formas de vida eran fermentadoras , polo que non precisaban osíxeno .
  • 9. A ORIXE DO NOSO PLANETA Posteriormente xurdiron os fotosintéticos , por evolución algúns deles comezaron a producir osíxeno xa que o proceso era máis eficiente enerxéticamente que si non o producían (fotosíntese osixénica-anosixénica) e polo tanto, liberouse en último termo osíxeno a atmosfera onde comezou a concentrarse e unha parte deste formou a capa de ozono . Neste longo proceso apareceron tamén os aeróbicos , que comezaron a utilizar ese osíxeno na respiración. Dende o momento en que se compensou a produción co consumo a súa concentración mantense prácticamente invariable.
  • 10. A ORIXE DO NOSO PLANETA Dos gases da atmosfera so o CO 2 variou de xeito apreciable a súa concentración ao longo dos tempos. Botándolle unha ollada a este corto saberemos máis sobre a orixe do noso planeta: http :// esocienciasnet.blogspot.com /2010/10/ orixe -do- noso - planeta.html
  • 11. CARACTERÍSTICAS DA TERRA É un planeta moi especial xa que nel se dan as condición precisas para a vida, entre outras presenza de auga e temperatura axeitada (15ºC). Ten forma de xeoide achatado polos polos. Radio ecuatorial: 6378 Km/ Superficie: 510 x 10 6 Km 2. A súa estrutura pódese dividir en tres partes: Atmosfera (capa gasosa), Hidrosfera (capa líquida) e Xeosfera (parte sólida). Na súa composición química predominan: Fe (35%), O (28%), Mg (17%) e Si (13%), máis esta composición carece de sentido xa que o noso planeta presenta unha estratificación por densidades dos seus materiais que da lugar a distintas capas ( codia, manto e núcleo ) dentro da Xeosfera, con composición e características moi distintas.
  • 12. CARACTERÍSTICAS DA TERRA Movementos da Terra: - Traslación: movemento da Terra arredor do sol, describindo unha órbita lixeiramente elíptica e excéntrica que completa cada 365,26 días (un ano). Este movemento desenvólvese de oeste a este (contrario as agullas dun reloxo) a unha velocidade media de 29,6 Km/s. - Rotación: o xiro do planeta sobre o seu eixe, tamén é de oeste a este e complétase en 23h e 56 min (un día). A unha velocidae ecuatorial é duns 1675 Km/h. Consecuencias destes movementos: Debido a que o eixe de rotación da Terra está inclinado 23º 27´respecto o plano de traslación os raios solares non chegan coa mesma inclinación a Terra ao longo do ano o que determina dúas consecuencias moi importantes: * Os cambios estacionais. * A duración distinta dos días e as noites ó longo do ano .
  • 14. CARACTERÍSTICAS DA TERRA ATMOSFERA TERRESTRE: ( Máis información nas fotocopias da atmosfera ). 1) COMPOSICIÓN E ESTRUTURA: Atendendo a súa composición (gases ca compoñen) hai dúas capas. - Unha dende o nivel do mar ata os 90 Km de altitude formada fundamentalmente por nitróxeno (78%) é osíxeno (21%). - Outra capa entre os 90 Km e o límite exterior da atmosfera (uns 10000 Km) onde os gases sepáranse en subcapas. Atendendo a súa temperatura diferenciamos ata cinco capas. - Troposfera: entre o nivel do mar e uns 8-18 Km de altitude. Caracterízase por un descenso da temperatura. Nela atópanse o CO 2 e do vapor de auga , por iso é onde se forman as nubes e prodúcense as precipitacións . Ademais nos seus primeiros 500 m atópase a “capa sucia” responsable do “smog”. - Estratosfera: dende o límite da troposfera ata os 50 Km de altitude. Hai un ascenso de temperatura debido a que os raios uv son retidos pola capa de ozono .
  • 15. CARACTERÍSTICAS DA TERRA - Mesosfera: dende os 50 Km ata os 80 Km de altitude. Nela hai un novo descenso de temperatura. - Termosfera: entre os 80 e os 550 Km de altitude. Nesta parte da atmosfera hai un ascenso acusado da temperatura debido a que nesta capa retéñense as radiacións de alta enerxía como os raios X e raios gamma. Estas radiacións que son absorbidas entre os 80 e os 400 Km ionizan os gases e orixinan correntes eléctricas, por iso a esta subcapa chámaselle ionosfera . - Exosfera: dende os 550 Km ata o límite da atmosfera. Nela as partículas gasosas están moi dispersas, por iso a caracterización térmica perde sentido.
  • 17. CARACTERÍSTICAS DA TERRA 2) FUNCIÓNS DA ATMOSFERA: Contén dous gases esenciais para a vida , o osíxeno (necesario para a respiración) e o CO 2 (indispensable na fotosíntese). Regula a temperatura ( efecto invernadoiro natural/ 15ºC de media). Actúa como filtro para as radiacións nocivas (uv, raios X...). Mantén uniforme a temperatura e a humidade ambiental grazas aos ventos que transportan aire frío ás zonas cálidas e aire húmido ás zonas secas. Protéxenos do impacto de meteoritos que se desintegran polo rozamento antes de chegar á superficie ( estrelas fugaces ).
  • 18. CARACTERÍSTICAS DA TERRA A HIDROSFERA TERRESTRE: É a capa de auga que cubre a superficie terrestre. PROPIEDADES DA AUGA E IMPORTANCIA BIOLÓXICA É o disolvente universal. Polo que é un bo transportador de substancias e nas células é o medio onde suceden as reaccións químicas necesarias para vida. Ademais esa capacidade disolvente convérteno no axente xeolóxico externo máis importante. A súa temperatura de fusión (0ªC) e ebullición (100ºC) permíten a existencia da auga na Terra nos tres estados de agregación: sólido (xeo), líquido e gasoso (vapor de auga das nubes). Ten unha calor específica elevada (precisa gañar ou perder moita enerxía (calor) para variar a súa temperatura), polo que é un bo regulador da temperatura.
  • 19. CARACTERÍSTICAS DA TERRA A auga entre 0ºC e 4ºC, fronte ao habitual noutras substancias, contráese e aumenta a súa densidade. Esto explica porque o xeo flota na auga líquida, feito moi importante para o mantemento de ecosistemas acuáticos incluso a baixas temperaturas. Por enriba dos 4ºC cumpre a norma xeral e o aumentar a temperatura aumenta o seu volume e diminúe a súa densidade (d=m/v). A auga ten unha elevada tensión superficial o que contribúe a facilitar o ascenso capilar, fundamental no transporte de substancias dende as raices a outros órganos nas plantas.
  • 20. CARACTERÍSTICAS DA TERRA DISTRIBUCIÓN DA AUGA
  • 21. CARACTERÍSTICAS DA TERRA O CICLO DA AUGA Recibe este nome o conxunto de procesos cíclicos mediante os cales a auga pasa da atmosfera a superficie terrestre e desta de novo a atmosfera. O vapor de auga da atmosfera condénsase e orixina as nubes que precipitan sobre os océanos e continentes a auga en forma de chuvia ou neve. Parte da auga precipitada non chega a superficie porque se evapora ou e transpirada polas plantas que a devolven de novo a atmosfera. Outra parte discorre pola superficie terrestre (escorrentía) dende os ríos ata os mares e océanos ou infíltrase no solo acumulándose en forma de augas subterráneas. A auga dos océanos está a evaporarse constantemente e transfirese a atmosfera. As augas subterráneas, cun tempo variable, rematan vertendo os mares polo que esta auga tamén retorna a atmosfera. Estes retornos a atmosfera supoñen o peche e novo inicio do ciclo da auga.
  • 22. CARACTERÍSTICAS DA TERRA CICLO DA AUGA
  • 23. CARACTERÍSTICAS DA TERRA O motor deste movemento cíclico da auga é a enerxía do sol xunto coa gravidade.
  • 24. CARACTERÍSTICAS DA TERRA A XEOSFERA : Os coñecementos sobre o interior da Terra baséanse nunha ampla batería de métodos tanto directos (materiais vertidos por volcáns, sondeos...), como indirectos (método sísmico, anomalías gravitatorias...). A Xeosfera é a parte sólida da Terra, e dicir as rochas. Divídese en tres capas , que son dende o exterior cara o interior: codia , manto e núcleo. A codia é a capa máis externa cun espesor variable duns 70 Km. e divídese en codia continental (forma a superficie dos continentes e nela a rocha máis abundante é o granito) e a codia oceánica ( forma a superficie dos fondos mariños e nela predomina a rocha basalto).
  • 25. CARACTERÍSTICAS DA TERRA O manto encóntrase baixo a codia aproximadamente a uns 70 Km de profundidade e exténdese ata os 2900 Km. Esta constituido por rochas ultrabásicas en estado sólido. O núcleo é a capa máis interna. Encóntrase dende os 2900 Km. ata o centro da terra. Está formado por ferro e níquel . Nel alcánzanse elevadas presións e temperaturas e é responsable dos fenómenos magnéticos e eléctricos do noso planeta. *Nota: a codia e a parte superior do manto tamén se lles denomina en conxunto Litosfera ..
  • 26. CARACTERÍSTICAS DA TERRA Capas da Terra
  • 27. CARACTERÍSTICAS DA TERRA MINERAIS E ROCHAS: MINERAL : substancia natural de orixe inorgánica cunha composición química definida entre uns límites, unhas propiedades características e , xeralmente, unha estrutura cristalina. Os minerais máis frecuentes son: Silicatos : Conteñen silicio e osíxeno. Son exemplos o cuarzo, os feldespatos, as micas e as arxilas. Son os compoñentes das rochas máis abundantes da Terra: o granito e o basalto. Óxidos : Combinan o osíxeno con outros elementos, como a magnetita (óxido de ferro).
  • 28. CARACTERÍSTICAS DA TERRA Sulfuros : Distintas combinacións do xofre, como a blenda (sulfuro de cinc) ou a pirita (sulfuro de ferro). Carbonatos : combinacións do carbono e o osíxeno con outros elementos, como é o caso da calcita. Haluros : sales de distintos elementos, como a fluorita (fluoruro de calcio) ou a halita (cloruro sódico). Elementos nativos : encóntrase na natureza como elementos en estado puro por exemplo o ouro, a prata o ferro...
  • 29. SILICATOS Cuarzo (Cristal de roca) Cuarzo ou Seixo
  • 30. SILICATOS Mica (Biotita) Mica (Moscovita)
  • 36. ELEMENTOS NATIVOS Ouro Prata Ferro
  • 37. CARACTERÍSTICAS DA TERRA ROCHA : é un agregado de un ou varios minerais. As rochas clasifícanse atendendo ao modo no que se formaron e diferenciamos tres grandes grupos: ígneas ou magmáticas, metamórficas e sedimentarias. Rochas ígneas ou magmáticas Orixínanse ao enfriarse e solidificarse o magma do interior da Terra ou cando este material sae ao exterior en forma de lava. Basicamente existen dous tipos de rochas ígneas: - Volcánicas : formadas a partir dunha erupción volcánica p.e basalto. - Plutónicas : formadas a gran profundidade p.e. Granito.
  • 38. CARACTERÍSTICAS DA TERRA Rochas sedimentarias Orixínanse a partir da destrución doutras rochas na superficie terrestre pola acción dos distintos axentes xeolóxicos (ríos, glaciares, vento...). Estos axentes erosionan, transportan e depositan os sedimentos (fragmentos de rochas) e posteriormente e mediante distintos procesos fisico-químicos (procesos sedimentarios ou diaxénese) transformaranse en rochas sedimentarias. Debido as súas características de formación, as rochas sedimentarias poden posuír fósiles. Exemplos típicos son a rocha caliza ou as arxilas. Tamén hai rochas sedimentarias que teñen unha orixe orgánica como o carbón e o petróleo.
  • 39. CARACTERÍSTICAS DA TERRA Rochas metamórficas Fórmanse a partir de rochas magmáticas e sedimentarias cando éstas afunden no interior da Terra e sofren transformacións polas condicións existentes. Constitúen exemplos típicos a lousa a partir da arxila ou o mármore a partir da caliza. CICLO DAS ROCHAS Como as rochas metamórficas poden orixinarse a partir dos outros dous tipos, as veces a natureza as reutiliza no que chamamos o ciclo das rochas.
  • 40. CARACTERÍSTICAS DA TERRA CICLO DAS ROCHAS
  • 41. ROCHAS ÍGNEAS OU MAGMÁTICAS Granito Basalto
  • 42. ROCHAS ÍGNEAS OU MAGMÁTICAS Onde se orixinan as rochas ígneas?
  • 43. ROCHAS ÍGNEAS OU MAGMÁTICAS Onde se orixinan as rochas ígneas?
  • 46. ROCHAS SEDIMENTARIAS Estratificación ou formación de estratos
  • 50. ROCHAS METAMÓRFICAS Onde se orixinan as rochas metamórficas?