A partir da presentación de "Xenevra", ampliamos a presentación sobre a Xeración Nós.
1 of 24
Downloaded 48 times
More Related Content
A xeración nós
1. Recibe este
nome un grupo
de persoas que
funda e colabora
na revista “NÓS”
(1920-1936).
2. • No primeiro terzo do século XX destaca en Galicia o labor do movemento
agrarista. A máis representativa é a "Liga Agraria de Acción Galega“.
• O problema dos foros non se soluciona co Decreto de Redención que permite aos
labregos convertérense en donos absolutos das terras que traballan previo pago
dunha indemnización aos antigos foristas, pois non supón unha auténtica reforma
agraria nin na posesión da terra nin no seu modo de traballala.
• A fidalguía, clase social que xa entrara en
decadencia no século XIX, acaba por perder,
xunto coas terras, parte do poder que noutrora
ostentara.
3. O mundo non rural:
- na actividade industrial destacan as
empresas conserveiras e as
relacionadas coa extracción de
minerais;
- o desenvolvemento industrial vai
parello á expansión das cidades, que
medran enormemente debido ao éxodo
rural.
O proletariado vai organizándose e cobrando un maior protagonismo.
4. Diversos grupos políticos e intelectuais da burguesía urbana:
• «Solidaridade Gallega»
• As Irmandades da Fala
• Partido Galeguista
• Seminario de Estudos Galegos
• Revista “Nós”.
5. O concepto de xeración
En historia pénsase que as distintas xeracións coexistentes demarcadas nun tramo non superior a
quince anos manteñen relacións coincidentes ou polémicas. O método das xeracións consiste en
proxectar esta estrutura sobre o pasado para poder imaxinar dende dentro a loita entre varias
xeracións nun determinado corte sincrónico. O concepto de xeración entrou primeiro na
historiografía literaria castelá e, máis tarde, na galega, ao cuñarse o termo Xeración Nós.
Toda xeración debe cumprir oito condicións:
- nacemento en anos pouco distantes
- formación intelectual semellante
- relacións persoais entre autores
- participación en actos colectivos propios
- existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades
- presenza dun guía
- linguaxe xeracional caracterizadora entendida como trazos comúns de estilo
- estancamento da xeración anterior.
6. Algúns teóricos falaron da Xeración Nós como a que se vinculaba coa revista que
lle deu nome. A revista “Nós” naceu en Ourense en 1920 supervisada por Risco.
Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores
máis novos como Cunqueiro, Blanco Amor, Bouza Brey, etc.
“Nós” creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a ideoloxía nacionalista;
nela couberon artigos literarios, etnográficos, folclóricos, arqueolóxicos, e, en
menor medida, de política e economía.
Nesta revista colaboraron daquela persoas moi heteroxéneas e de moi distintas
idades: dende Noriega Varela a Cunqueiro, por exemplo; por iso, a diferenza de
idade e a heteroxeneidade invalida o uso de xeración para referirse aos
colaboradores de «Nós». Deste xeito, algúns estudosos restrinxiron o concepto de
xeración e delimitaron o Grupo Nós como o formado por literatos residentes en
Ourense e nados entre 1880 e 1890 e que evolucionaron dende un cosmopolitismo
elitista a un galeguismo universal. Esa toma de conciencia apareceu reflectida en
Nós, os inadaptados, de Risco; en Arredor de si, de Otero Pedrayo, e en Dos Nosos
tempos, de Florentino Cuevillas.
7. Desta maneira o Grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, con tres
autores. Os tres, ademais de naceren en datas próximas, compartían as seguintes
características:
- Unha rigorosa formacións universitaria: Risco estudou Dereito e Maxisterio; Otero
Pedrayo licenciouse en Filosofía e Letras e en Dereito, e doutorouse en Xeografía;
Cuevillas, licenciado en Farmacia, investigou a Prehistoria.
- Mantiñan relacións entre eles, que os levaron a participar na política guiados por unha
ideoloxía conservadora, que rexeitaba a sociedade industrial e idealizaba a sociedade
tradicional, na que ocupaban postos de privilexio.
- Creación da revista “Nós” para incidir pedagoxicamente no pobo galego e devolverlle a
personalidade propia, enmascarada pola cultura castelá e que debía abrirse a Europa
bebendo directamente das súas fontes.
Aínda que admitamos que os membros deste grupo reúnen a maioría dos requisitos
xeracionais, só estariamos falando dunha fracción de toda a xeración nada entre 1880 e
1890 e, ademais, os estilos dos literatos do grupo, antes que trazos comúns, teñen
particularismos evidentes, tales como o barroquismo carente de humor de Otero Pedrayo e
o humor esperpéntico de Risco.
Aos homes do cenáculo ourensán sumaremos a Castelao por compartir, aínda que
de esguello, algunhas características do grupo (evolucionar desde o conservadurismo ao
galeguismo, participar na revista Nós, nacer en datas próximas a dos outros membros do
grupo...) e por ser incluído na maioría das historias da literatura galegas como home do
8. É posíbel marcar tres etapas na evolución desta xeración:
· O pregaleguismo
Onúcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara ao ano 1914, coñecido como o Cenáculo
Ourensán.
Procedían da clase acomodada (fidalguía e pequena burguesía). Isto permitiulles o acceso a unha
boa educación e unha formación cultural moi profunda.
Neste tempo estaban desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
Os seus presupostos ideolóxicos e estéticos baseábanse na defensa do individualismo e na procura
do exótico (especialmente, a cultura oriental)
· O galeguismo
En 1917 este grupo ten os primeiros contactos coas Irmandades da Fala. A adhesión ao
galeguismo foi case inmediata.
Chegaron á convicción de que o camiño da universalidade pasaba, en primeiro lugar, pola
asunción e coñecemento da propia cultura.
Co fin de romper co secular illamento de Galiza e de incorporala á Europa do seu tempo,
desenvolveron un intenso labor político (interviron no movemento nacionalista e na fundación do
Partido Galeguista) e, sobre todo cultural (Revista Nós, Seminario de Estudos Galegos).
· A etapa de posguerra
O estalido da guerra en 1936 supuxo o remate da actividade do grupo: Risco acabaría renunciando
ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelectual e
político e Castelao tomou o camiño do exilio.
9. Os integrantes máis coñecidos do grupo NÓS son Ramón Otero
Pedrayo, Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas (o Cenáculo ourensán)
e tamén Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Losada Diéguez.
Os tres primeiros, de procedencia fidalga ou burguesa, teñen unha
primeira etapa de inadaptados: dandismo, cosmopolitismo simbolista.... É
a partir de 1918 cando centran a súa atención en Galicia.
O caso de Castelao é distinto: provén do agrarismo e ten unha
procedencia social popular.
10. Constrúen un dos proxectos culturais colectivos máis singulares non
só da Galiza de preguerra, senón de toda a historia da Literatura
Galega. Activos dinamizadores culturais e creadores literarios, ao
tempo que protagonistas da acción política (participan na creación do
Partido Galeguista, son deputados nas Cortes republicanas e publican
textos de carácter teórico sobre o nacionalismo), desempeñaron un
papel central na vida cultural e política galega entre 1920 e 1936.
12. Nacen en Ourense e, logo dunha estancia máis ou
menos longa fóra da cidade por estudos ou asuntos
profesionais, vólvense atopar aquí na segunda
década do século XX.
Fillos da "boa sociedade" de Ourense, de
vocación excéntrica e con inquietudes
intelectuais e de intervención pública.
Postura elitista e aristocratismo
intelectual.
Son europeístas respecto de
España
Son homes polifacéticos,
enciclopédicos, que verten
a súa sabedoría sobre
Galiza
13. Eles mesmos narran a súa conversión ao galeguismo
en diferentes obras: Otero Pedrayo en Arredor de
si; Florentino L. Cuevillas en Dos nosos tempos;
Risco en Nós, os inadaptados.
A comezos de 1918 deciden
incorporarse ás Irmandades da Fala.
Ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, concibindo
Galiza como un país de base labrega, alleo ás
tensións da loita de clases, onde a elite fidalga aínda
poida cumprir un papel dirixente.
14. O Grupo Nós foi un dos colectivos que con especial significación colabora
na recuperación do idioma.
Ademais, desenvolven un importante labor político na súa condición de
líderes do Partido Galeguista.
Os seus compoñentes foron os creadores da moderna
prosa literaria galega e figuran entre os máis prolíficos
e activos membros do Seminario de Estudos Galegos.
15. No ámbito das letras desenvolven na nosa lingua
A narrativa
O ensaio
O teatro
16. A narrativa
Superar a temática
costumista, ruralista e
humorística
Editar en formato libro a
través de editoras
creadas por eles (Lar e
Nós)
Crear unha lingua literaria
culta
Acabar coa diglosia
das novelas do XIX
Lusismos, cultismos,
préstamos,
hiperenxebrismos
Introducir o espazo
urbano
17. A narrativa
• Novela
· Diversifícase a temática: novela realista urbana (O porco de pé), novela
histórica (A romaría de Xelmírez), novela psicolóxica (Arredor de si)...
· Incorpóranse técnicas narrativas dos autores máis destacados da narrativa
europea do momento (Virginia Woolf, Thomas Mann ou James Joyce):
introspección e monólogo interior, ruptura da secuencia temporal...
• Conto
· consolídase o conto literario caracterizado pola busca da brevidade e a
síntese.
· diversifícase a temática na busca de orixinalidade.
Obras representativas: O caso que lle aconteceu ao doutor Albeiros (Risco),
Retrincos (Castelao), Contos do camiño e da rúa (Pedrayo).
18. O teatro
Incorpora as técnicas
europeas: innovacións
Introdución de máscaras. O
teatro é un espectáculo total
decorado
Importancia do
músicavestiario Xogos de luces
Desvínculase da
función
propagandística
Depúranse elementos costumistas
e realistas en favor dos poéticos e
simbólicos
19. O ensaio
Son os pioneiros en
empregar o galego neste
xénero.
Ámbitos
histórico lingüístico etnográfico
Político-
ideolóxico
xeográfico
22. Risco é director e
Castelao director artístico
A revista vincúlase ao pensamento
nacionalista
Escriben en galego sobre
calquera tema universal
A publicidade era
maioritariamente en
galego.
O deseño gráfico ten
moita importancia.
23. O seu traballo supón unha renovación radical do panorama
literario galego de principios do século XX, o que os vai dotar dun
prestixio indiscutíbel aos ollos dos seus contemporáneos. Este
enorme prestixio e, tamén, o carisma que sen dúbida tiñan algúns
deles, explican a atracción que os seus proxectos culturais
exerceron, tanto sobre os escritores máis vellos como sobre os
novos, de modo que moitas das iniciativas propiciadas polos
membros do grupo Nós acabaron por abranguer a práctica
totalidade do universo literario de preguerra.