3. Introdución
O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e
cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de
mellorar a súa eficiencia nun proceso de
modernización, integrando as tecnoloxías da información
e da comunicación en todos os ámbitos educativos
O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos
recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo
educativo apoiado na formación do profesorado e a
modernización do ensino que suporá a conversión dos
colexios e institutos galegos en centros educativos
dixitais.
4. Equipamento e infraestruturas
Ultraportátil alumno:
Os ultraportátiles para os
alumnos son un equipo de
tipo tablet PC e táctil, que
cumpre funcións de
ordenador portátil e lector
de documentos
electrónicos.
5. Equipamento e infraestruturas
Portátil para docentes:
Para os docentes estará
dispoñible un portátil HP
PROBOOK 4520S, cunhas
características técnicas
adaptadas ás súas
necesidades.
6. Equipamento e infraestruturas
Pizarra dixital e canón:
SMART Board 680V. A súa
superficie sensible ao
tacto permite manipular
todas as aplicacións do
ordenador e a tinta dixital
actívase cun simple toque
do marcador ou cos dedos
para facer anotacións
sobre imaxes, textos,
presentacións ou vídeos.
7. Equipamento e infraestruturas
Armario de carga:
O sistema de carga de
portátiles está dotado dun
programador que permite
configurar o período de
carga dos equipos. Isto
posibilita programar a
carga dos equipos en
horario non lectivo.
8. Equipamento e infraestruturas
Rede WIFI:
Estes puntos de acceso son
equipos hardware
configurados en redes WIFI
e que fan de intermediario
entre o ordenador e a rede
externa. Así
mesmo, permitirán
aproveitar as vantaxes das
redes de alta velocidade e
centralas nos docentes e
alumnos.
9. Contidos educativos
• A plataforma de recursos educativos consta, entre outras, dunha
aplicación en contorno web, instalada na rede local de centro
educativo.
• Esta plataforma permite ao profesorado introducir e catalogar
materiais educativos dixitais. Cada usuario ten a opción de
personalizar a súa carteira de recursos con materiais do servidor
ou de producción propia e compartir o que considere de interese
para a súa comunidade educativa.
• Os recursos aloxados no servidor están deseñados para que o
alumno participe na súa aprendizaxe utilizando o ordenador ou a
pizarra dixital. Funcionan directamente nos equipos do alumnado a
través da Intranet. Pódese facer a busca tendendo a múltiples
criterios: ensinanza, nivel educativo, materia, tipo de recurso, tipo
de licenza, idioma, palabras clave...
10. Formación e fomento da cultura dixital
O obxectivo do Plan de formación é dar resposta ás
necesidades do profesorado e das familias para acadar a
plena integración das TIC no sistema educativo. A
formación vai dirixida tanto aos coordinadores Abalar,
coma ao profesorado que participa en aulas Abalar; as
familias e ao profesorado que non está a participar nas
aulas Abalar. O plan de formación iniciouse o curso
pasado 2009/2010; reanudouse durante o presente ano
2010/2011 e continuarase con el nos vindeiros anos.
Para ver o proxecto de formación, preme aquí