Documento inicial para introducir o tema da mutilación xenital feminina. Informes da OMS e de Amnistía Internacional.
1 of 7
Download to read offline
More Related Content
Día Mundial Contra a Violencia de Xénero
1. 1. QUE É A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA?
Segundo a OMS, A mutilación xenital feminina (MXF) comprende todos
os procedementos que, de forma intencional e por motivos non
médicos, alteran ou lesionan os órganos xenitais femininos.
Estes procedementos non aportan ningún beneficio á saúde das
mulleres e nenas.
Poden producir hemorraxias graves e problemas urinarios, e máis
tarde poden causar quistes, infeccións, infertilidade, complicacións do
parto e aumento do risco de morte do recentemente nado.
Uns 140 millóns de mulleres e nenas sofren na actualidade as
consecuencias da MXF.
Na maioría dos casos practícanse na infancia, nalgún momento entre a
lactación e os 15 anos.
Calcúlase que en África hai 92 millóns de mulleres e nenas de máis de
10 anos que foron obxecto de MXF.
A MXF é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas.
http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs241/es/
2. 2. TIPOS DE MUTILACIÓN XENITAL FEMININA
A mutilación xenital feminina clasifícase en catro tipos principais:
1. Clitoridectomía: resección parcial ou total do clítoris (órgano
pequeno, sensible e eréctil dos xenitais femininos) e, en casos
moi infrecuentes, só do prepucio (pregue de pel que rodea o
clítoris).
2. Excisión: resección parcial ou total do clítoris e os beizos
menores, con ou sen excisión dos beizos maiores.
3. Infibulación: estreitamento da abertura vaxinal para crear un
selo mediante o corte e a recolocación dos beizos menores ou
maiores, con ou sen resección do clítoris.
4. Outros: todos os demais procedementos lesivos dos xenitais
externos con fins non médicos, tales como a perforación,
incisión, raspado ou cauterización da zona xenital.
3. 3. CONSECUENCIAS DA MUTILACIÓN XENITAL FEMININA
A mutilación xenital feminina (MXF) asóciase a unha maior
probabilidade de sufrir problemas durante o parto e de perder o bebé.
Considéranse complicacións graves durante o parto a necesidade de
realizar unha cesárea, unha hemorraxia perigosamente abundante
despois do nacemento do neno, e a hospitalización prolongada despois
do parto.
No referente á cesárea, as mulleres sometidas á forma máis grave de
MXF ("MXF III") sofren como media un 30% máis de cesáreas en
comparación con quen non foron sometidas a MXF. Obsérvase así
mesmo un 70% de aumento dos casos de hemorraxia posparto entre as
mulleres con MXF III en comparación coas outras.
Ademais, a MGF pon ao neno nunha situación de perigo considerable
durante o parto. Os investigadores detectaron unha maior necesidade
de reanimar aos bebés cuxa nai sufrira MXF (aumento do 66% nas
mulleres con MXF III). A taxa de mortalidade entre os bebés durante e
inmediatamente despois do parto é tamén moito maior entre os nados
de nais con MXF: un 15% superior nos casos de MXF I, 32% en caso de
MXF II, e 55% en caso de MXF III. Estímase que no continente africano
a práctica ocasiona entre 10 e 20 mortes adicionais de bebés por cada
1000 partos.
5. 5. A ORIXE
É unha forma de violencia contra a muller, polo feito de ser muller;
polo tanto entra dentro da chamada violencia de xénero que, nestes
casos, é paradóxica, xa que conta coa intervención doutras mulleres,
ben consentindo, ben realizando as prácticas, pero propia de sistemas
de dominación patriarcais nos que é o home o que impón e decide o
que debe facerse, sometendo ás mulleres ao deber de obediencia.
A ablación do clítoris é un ritual de iniciación realizado ás nenas
dalgúns países de África, Oriente Medio e outros. O costume é de
procedencia incerta, aínda que hai algúns autores que afirman que
comezou no antigo Exipto e, a partir de alí, estendeuse ao resto do
continente africano. Aínda que se localiza sobre todo na zona
centroafricana, esta práctica non se limita a este continente, pois esta
práctica tamén se produce en varios países de Asia, Europa, América e
en Australia.
Practicada en moitos casos como rito de iniciación á idade adulta,
actualmente está diminuíndo algo debido á prohibición da súa
realización en moitos países (porén, moitas familias continúan a facela
clandestinamente). Nalgúns casos recórrese a tradicións relixiosas para
argumentar no seu favor, pero o certo é que este tipo de mutilación
está prohibida no Islam.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ablaci%C3%B3n_de_cl%C3%ADtoris