1. Abre a ventá do teu corazón, e deixa airear a túa alma! Sabes, aquel olor de mofo de soños que envelleceu, e ti nin te decataches? Deixa que o vento os leve ben lonxe... VENTÁS DA VIDA...
2. Libérate do residuo amargo de toda a dor e do rancor... Fai unha boa limpeza nos vidros da ventá do corazón... garantízoche que verás mellor a vida fóra...
3. Deixa a luz inundar todo... , borrar as marcas das decepcións..., as tristezas do fracaso..., o vicio de sufrir por sufrir..., e por encima de todo, permite que o sol derreta o xeo da soiedade...
4. Enamórate por un sorriso e sorríe tamén... Ilumina as ventaíñas dos teus ollos ... Atrae os colibrís, bolboretas, vagalumes..., Ama a persoa que o espello reflicte todas as mañás...
5. Abre todas as ventás e dilapida soños, ninguén soña inutilmente ... e tampouco é verdadw que os soños foxen ... as persoas desisten... e eles morren...
6. Fixa os teus ollos sobre bases sólidas e constrúe, día a día, chanzos para que poidas chegar ata a túa meta ... despois aplaudirás porque ti xa o conseguiches!!! “ NISO RESIDE O PRACER!...”
7. Non permitas que ningunha sombra pesada borre o sol... Que ningunha parede apreixe o vento, e cale o son da vida... Xamais te transformes en orfo de luz...
8. Deseña un horizonte más alá da túa ventá... Esaxera nas cores e entrelaza alegrías entre follas... Fai florecer todos os campos que a túa vista alcanza, despois vai máis aló...
9. Expón na ventá toda a ledicia de vivir ... Amosa ao mundo un rostro luminoso, unha faciana sen engurras de preocupacións, lista para ser aloumiñada..., admirada... e bicada...
10. Amplía a esencia da tenrura..., sementa a brisa, un xesto, unha frase doce ou un suspiro... Seguramente algunha alma conmovida escoitará e devolverá o eco da túa voz...
11. Desvía a túa ollada das cousas tristes e infelices... Transforma en oasis toda aridez...
12. Esparexe o po dourado dos teus soños máis alá da ventá... Planta flores... Colleita encantamento... Permite que as sementes da felicidade se esparexan e contaminen toda a terra...
13. Rexeita as túas manías, equívocos, culpas, erros e fallos... Distribúe o perdón... Valora sempre o mellor de cada persoa, e principalmente, o mellor que existe en ti...
14. Abre a ventá da vida e que se encha de cada cousa, aínda que che pareza pequena... Vive a forma adulta de ser neno... Abre a ventá e ... VIVE!!! Música: Lefi me heart in San Francisco (Tone Bennet )