ºÝºÝߣ

ºÝºÝߣShare a Scribd company logo
Ao rematar a xornada
Ao rematar esta xornada, deamos grazas a Deus que é Pai bo.
De El vennos todos os bens  e a esperanza do perdón.
Vela sobre min, Señor, que en ti me refuxio.  Ti es o meu Señor, non hai outro ben fóra de ti.
Bendecirei o Señor que me aconsella.  Tamén esta noite vixia o meu corazón.
Diante de min vai sempre o Señor.  Se está xunto a min non vacilarei.  Por iso o meu corazón se alegra. O meu interior exulta de ledicia e descanso seguro.
Grazas, Señor, por esta xornada  transcorrida na túa presenza.
Na vida, no traballo, nos amigos e familiares que temos encontrado,  recoñecémoste, Señor.
Dános novas forzas e dispoñibilidade  para que no vindeiro novo día, sigamos firmes na túa vontade
Que o Señor nos protexa, nos garde todo mal e nos conceda unha noite tranquila,  sabéndonos amados por El
Dámosche grazas polo repouso que nos concedes.
Boas noites!

More Related Content

Ao rematar o día