1. APRENDO A ...
ANALIZAR UNHA ESCULTURA.
PAUTAS PARA A ANÁLISE DUNHA ESCULTURA.
1. Descripción: aspectos técnicos.
1.1. Tipo de escultura.
As esculturas son exentas (tamén chamadas de vulto redondo), cando poden ser
contempladas desde todos os ángulos, ou relevos, cando están realizadas sobre
unha superfice plana (friso, frontón, chapitel, columna , tímpano ...), de forma
que as figuras sobresaen (se sobresaen moito, falamos de altorrelevo, se o fan
pouco, baixorrelevo).
1.2. Material e técnica.
Poden empregarse materiais moi diversos: madeira, pedra, metal, etc. En
canto á técnica, cada material trabállase dunha forma diferente. A madeira
tállase, polo tanto, será tallado; o barro, modelado; a pedra ou o mármore,
esculpido; o bronce, fundido ...
1.3. Acabado e policromía.
A escultura pode presentar unha superfice lisa ou rugosa. Tamén nos pode
proporcionar sensación de blandura ou de dureza (mórbido ou terso). Ademais,
pode estar policromada ou non.
1.4. Forma.
A obra pode ser figurativa ou abstracta. Se é figurativa pode ser naturalista,
e estar representada con detalle ou de forma esquemática. Pode ser realista se
nos transmite a sensación de que é moi fiel ao que se representa, ou ben,
idealizada cando o representado ou retratado está idealizado nos seus rasgos.
Así, por exemplo, a escultura grega representa un ideal de beleza, mentres
que os retratos romanos tenden a ser realistas.
1.5. Volume.
A escultura é trimensional, e por isto comporta un volume. Sen embargo, o
volume nun relevo vese reducido suxección ao marco arquitectónico. Os relevos
non crean espazo arredor, co que non presenta máis que un só punto de vista
cara ao espectador (frontalidade). Pero tamén atopamos frontalidade nas
esculturas monumentais exipcias. Pola contra, podemos atopar esculturas que
ofrecen multiplicidade de puntos de vista e potencian a súa volumetría. Tamén
pode mostar o espazo interno, ocos. O vacío, o oco, é valorado e forma parte
da escultura.
2. No relevo tamén podemos atender á creación de profundidade espacial a
través da perspectiva. Na arte romana vémolo na Ara Pacis, podemos falar un
relevo pictórcio porque a través de diferentes planos suxírese a idea de espazo.
Donatello lógrao a través do schiacciato.
1.6. Composición e movemento.
A composición é a distribución dos volumes da figura ou das diferentes figuras.
Poden ser simétricas ou asimétricas. Pechadas (a escultura recóllese sobre si
mesma) ou abertas (ábrese cara o exterior, potenciando desta forma o
movemento). Composición en diagonal, piramidal ...
As figuras poden aparecer en repouso ou en movemento. Poden parecernos
hieráticas e ríxidas como as esculturas dos faraóns exipcios (con total
ausencia de movemento e moi ríxidas na súa postura) ou, no lado oposto,
dinámicas (moitas veces empréganse composicións en diagonal para potenciar a
idea de dinamismo, ou ben, composicións helicoidais na que o torso xira e o
corpo parece trazar unha espiral sobre si mesmo). Unha solución moi usada no
Renacemento é o contraposto: que ver a oposición harmónica das diversas
partes do corpo humano, unha delas en movemento ou en tensión, e a súa
simétrica en repouso. Na arte contemporánea tamén atopamos o movemento
real na escultura coa arte cinética.
2. Comentario: aspectos sociais e históricos.
2.1. Identificación.
Hai que intentar descubrir o nome da escultura, o seu autor e a época á que
pertence.
2.2. Tema e características.
Temos que describir o tema que se representa (retrato, tema relixioso,
mitolóxico, alegoría, ...), o número de figuras que aparecen e cal é a súa
actitude (se están de pé, sentadas, escuestres -a cabalo-, falando entre si,
orante, xacente, ...). Podemos falar da anatomía, das proporcións (creación dun
canon de proporcións, seguindo unha relación matemática) ou ben, distorsión
das figuras (alargamento, ...), das roupas, os plegues.
2.3. Contexto histórico.
Para rematar, debemos relacionar a obra co momento en que se crea. Os
adornos, o tema representado, etc., pódennos proporcionar información sobre o
momento histórico ao que pertence a obra. Neste apartado podemos falar non
só do contexto histórico meramente dito, senón tamén do social e da valoración
do artista naquela época.
3. ANÁLISE DUNHA OBRA: O DAVID DE DONATELLO.
1. Descripción: aspectos técnicos.
É unha estatua de vulto redondo, concebida para ser contemplada desde
múltiples puntos de vista. Está realizada en bronce. A técnica empregada foi a
fundición. O bronce ao igual que o mármore foron os materias máis empregados
no Renacemento, imitando ás esculturas gregas. O acabado pulimentado no
corpo de David resalta a súa anatomía e sensualidade. O traballo de cincelado
resalta a decoración da armamenta de Goliat. Non vai policromado.
É unha obra figurativa, David está representado seguindo un ideal de beleza,
mentres a cabeza de Goliat recréase con realismo.
A figura está en repouso pero non é unha composición hierática e ríxida. A
composición está moi estudada. Aparece a solución clásica do contraposto. A
perna dereita soporta o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa
sobre a cabeza do derrotado xigante, Goliat. Á perna en descanso
contrapónselle o brazo esquerdo que o rapaz apoia na cadeira. Nesta
basculación da cadeira discernimos a curva praxiteliana empregada por
Praxíteles na século IV a.C (Escultura grega). Dálle sensualidade á anatomía do
pastor. Así e todo, a espada que sostén na man dereita coa que acaba de cortar
a cabeza de Goliat, a pedra que garda na outra man e a ollada satisfeita,
reflexiva e complacente dan idea da súa coraxe e valentía.
A figura segue un canon de proporcións. A harmonía, a medida, a orde, a
proporción volven a ser fundamentais na escultura, ao igual que o foran na
escultura clásica.
O tema é un tema bíblico, Goliat, un xigante da cidade filistea de Gat, desafiou
aos israelitas a que enviasen o seu representante para loitar contra el; o
resultado da pelexa decidiría a victoria no enfrontamento entre ambos os dous
pobos. David, un pastor de Belén, ofreceuse a representar aos israelitas. David
matou ao seu adversario lanzando unha pedra e despois cortoulle a cabeza.
O David de Donatello vai más alá dunha simple escenificación do relato bíblico.
Para interpretar correctamente esta escultura, hai que decatarse da presencia
do sombreiro florentino e o helmo con visor e ás de Goliat, un claro referente
aos duques de Milán, que reiteradamente amezaron e fustrigaron á cidade de
Florencia. Así pois, a capital toscana encárnase David e Milán, en Goliat.
2. Comentario: aspectos sociais e históricos.
A obra é o David de Donatello. Donato di Niccolò di Betto Bardi, coñecido como
Donatello, é un dos escultores máis importantes do Quattrocento italiano.O
Quattrocento foi a etapa de indagación e experimentación da nova linguaxe
artística e tivo en Florencia o seu foco máis importante.
Donatello aprendeu a técnica da escultura en bronce traballando ás ordes de
Ghiberti nas portas do baptisterio de Florencia. Colaborou con Brunelleschi, con
4. quen foi a Roma para estudar os monumentos da Antigüedade clásica. O David é
unha das esculturas máis importantes do primeiro Renacemento. Por unha
banda, é a primeira vez desde a Antigüidade que un escultor se atreve a crear
un espido tridimensional de tamaño natural e, por outra, é o inicio da lita do
artista para liberarse do marco arquitectónico e das súas limitacións. Foi
realizado entre 1444-1446. Estivo situado no patio do Palazzo Médici-Ricardi en
tempos de Cosme de Médici.
A obra é un dos fitos máis importantes na escultura do primeiro Renacemento.
O Renacemento é un movemento artístico que aparece en Italia a comezos do
século XV e se prolonga ata finais do século XVI. O contexto histórico, político
e social no que se encadra vén marcado por unha organización política en
cidades-estados. Italia non era un Estado unificado politicamente, senón un
conxunto de territorios independentes, que en moitos casos se organziaban
como cidades-estado, cunha vida urbana moi activa. Tal era o caso de Florencia
baixo o goberno dos Médicis, ou Milán baixo o control dos Visconti ou dos
Sforza. En Italia mantíñase viva a tradición da Antigüidade clásica. O recordo
do esplendor da antiga Roma, e os numerosos restos materiais conservados dela
por todas partes, mantivo sempre viva a memoria dun pasado digno de
admiración que se pretendía superar e, incluso, superar.
Ao longo da Baixa Idade Media moitas cidades italianas experimentaron un
espectacular crecemento económico, basado na industria e a súa actividade
como intermediarios comerciais no Mediterráneo. Emerxeu así unha poderosa e
rica burguesía mercantil que pronto se convertiría, como no caso dos Médicis,
en grandes mecenas da arte e da cultura. Tamén, a nova mentalidade humanista
foi determinante. Fronte ao teocentrismo medieval rexurde o
antropocentrismo. O home, como na Antigüedade clásica, converteuse na
medida de todas as cousas (interés pola figura humana, edificios a escala
humana, confianza na razón humana e na experimentación como fonte de
coñecemento). Isto non implicaba un rexeitamento do relixioso, senón unha
revalorización da razón humana fronte o teocentrismo medieval. Neste sentido,
tamén se tentou conciliar o pensamento antigo co cristianismo. Os mitos pagáns
e a filosofía antiga, segundo a nova mentalidade non tiñan por que oporse ao
espíritu cristiá, senón que o podían complementar perfectamente. Por exemplo,
Platón buscaba a perfección moral do home igual que a relixión cristiá. Con este
ánimo, fundouse en Florencia a Academia Neoplatónica, cuxo prpoósito final era
precisamente a conciliación do pensamento platónico e o cristianismo. Así,
podemos comprender mellor esta escultura. Recupéranse os modelos clásicos.
Os nús empregados nas esculturas clásicas para representar aos deuses e
deusas gregos, pasa a ser empregado nun heroe bíblico. Os referentes formais
a Praxíteles son claros, tal e como fixemos referencia no comentario da obra.
Por outra parte, aspirábase a acadar a beleza formal, en contraposición coa
tradición medieval, supeditada á mensaxe relixiosa.
5. En canto aos artistas e clientes tamén se producen cambios con respecto á
época medieval. Á tradicional nobreza e o clero incorporouse tamén a rica
burguesía das cidades italianas. Estendeuse a práctica do mecenazgo. A
imitación de Mecenas, amigo do emperador Augusto, moitos príncipes, nobres e
burgueses desta época adicaron, por un afán de prestixio persoal (a arte e a
cultura outorgaban pretixio aos seus promotores), un gran esforzo ao fomento
da arte e da cultura, mantendo nos seus círculos aos máis afamados artistas e
intelectuais e financiando as súas obras. Neste sentido destacaron os Médicis,
que gobernaron en Florencia durante o século XV. En canto aos artistas,
loitaron por diferenciarse socialmente dos artesáns, cos que tradicionalmentes
eran identificados. Ata entón, considerárase as artes plásticas (arquitectura,
pintura e escultura) como artes mecánicas, xa que implicaban un traballo
manual, que se consideraba pouco digno; en cambio, si goazaban de prestixio as
artes liberais, que integraban o programa de estudos medievais: o trivium
(Gramática, Dialéctica e Retórica) e quadrivium (Xeometría, Aritmética,
Astronomía e Música). Os artistas do Renacemento reivindicaron a natureza
intelectual da súa arte e isto explica en parte a abundancia de tratados sobre
teoría artística que se escribiron, demostrando así a necesidade de
coñecementos matemáticos e científicos de todo tipo para a realización da obra
arte. Finalmente, foron acandando o seu obxectivo, polo que o Renacemento
marca o comezo do ascenso individual do artista na sociedade.