2. 1.Que son as aves?
As aves son vertebrados voadores que dominan o
medio aéreo en moitas rexións da Terra, aínda que
algunhas están adaptadas para a vida no chan ou na
auga.
2.Características xerais.
-O seu corpo é compacto, pero lixeiro, e ten catro
extremidades: as anteriores son ás; as
posteriores, garras de catro dedos e uñas afiadas.
A cabeza únese ó tronco cun colo longo e flexible
que lle proporciona gran mobilidade. Nela destacan
os dous grandes ollos, con pálpebras móbiles, e a
mandíbula, cuberta por un peteiro córneo de
formas diversas segundo o tipo de alimentación.
·Teñen un corpo aerodinámico. A súa forma
ofrece pouca resistencia ó avance no aire.
·Esqueleto forte e lixeiro formado por ósos
finos e ocos que pesan pouco, pero resistentes.
·Os músculos pectorais fan que movan ven e
forte as ás.
3. ·O seu corpo consta dun sistema nervioso
desenvolvido xunto coa vista que fai o bo control
de voo.
-A súa pel está recuberta por plumas de distintos
tipos e con funcións diversas. A pel das patas está
recuberta de escamas como as dos réptiles.
-Son homotermos, é dicir que o seu organismo é
capaz de manter constante a temperatura do seu
corpo independentemente da do medio. O seu
aparato respiratorio consta duns eficaces
pulmóns, cunhas extensións denominadas sacos
aéreos, e dun órgano na traquea, a sirinxe, co que
emiten sons.
-Na súa reprodución, a súa fecundación é interna.
Poñen ovos cunha cáscara dura e impermeable, que
os proxenitores incuban ata que saen as crías;
despois, aliméntanas e deféndenas.
5. Partes dunha á:
3.Principais tipos de aves.
1. As ratites. Carecen de músculos de voo e as
súas ás están atrofiadas. Son, polo xeral
corredoras e de gran tamaño.
Ave rátite.
6. 2. As carenadas. Teñen músculos de voo. A
maioría son voadoras, aínda que algunhas
adaptaron as súas ás para nadar.
-As aves rapaces teñen unha aguda visión,
afiadas poutas e a súa potencia fan unhas eficaces
predadoras.
Fotografía dun ave rapaz
7. 4. Bioloxía dunha ave.
Nome da ave: Escribenta das canaveiras
Nome científico: Emberiza schoeniclus subsp.
lusitanica
Familia: Emberizidae
1. DESCRICIÓN
Ten o tamaño dun pardal. En plumaxe nupcial, o
macho caracterízase por ter a cabeza, a garganta
e o papo de cor negra cun bigote branco que se
8. prolonga polo peito e o ventre. Partes dorsais e ás
de cor parda arroibada, con raias escuras.
Rabadilla agrisada. As partes laterais da cola son
de cor branca. Patas e bico escuros. Femia e
inmaturos semellantes ao macho en inverno, isto é,
apardazado na parte da cabeza
2. REPRODUCIÓN
Aniña en carriceiras e canaveiras ou espadanais. A
finais da primavera incuban 4-5 ovos. Os polos
voan ao cabo de dúas semanas. Poden poñer dúas
postas.
3. ALIMENTACIÓN
A súa dieta baséase en sementes de plantas
acuáticas e gramíneas, insectos e larvas.
4. HÁBITAT
Varía as súas preferencias segundo a estación do
ano, pois en verán acode ás áreas húmidas de ríos,
lagoas, estuarios..., mentres que en inverno prefire
campos, cultivos e xunqueiras.
9. 5. DISTRIBUCIÓN
Esta subespecie é endémica da Península Ibérica,
sen que se coñeza con precisión a súa área de
distribución. Ocupa principalmente zonas húmidas
costeiras con abundantes canaveiras, onde procura
os insectos que compoñen a súa dieta durante a
época de reprodución. Menos dun centenar de
parellas reprodutoras en toda a comunidade,
distribuídas polas provincias da Coruña e
Pontevedra.
6. ESTADO DE CONSERVACIÓN
Ameazado principalmente pola destrución das
zonas húmidas e pola intensificación agrícola, que
reduce a dispoñibilidade dos grans dos que esta
especie se alimenta ao longo do inverno.
7. CATEGORÍA DE CONSERVACIÓN
En perigo de extinción.
FIN