2. Brais Lagoa: O libro encantoume, estivo moi ben. O que me deu un chisco de pena é que morreron os pais do neno. O que me gustou moito foi a voz da “brucha”. É un libro moi apaixoante. Só un problema, é que o rapaz quedou transformado en rato e os cociñeiros do hotel cortáronlle a cola.
3. Isaac: O libro gustoume porque cada vez facíase máis emocionante. O que máis me gustou foi cando a Gran Bruxa dicía os ingredientes do “Facedor de Ratos de Acción Retardada”, e a entoación que poñía Geni cando falaba a Gran Bruxa, e cando transformaron o neno en rato.
4.
5. Darío: Este libro foi incrible e impresionante. Gustoume moito, sobre todo a parte en que todas as bruxas de Inglaterra se converteron en ratos. Foi graciosísimo! Tamén gustoume a parte na que a avoa dicía: “Ao demo cos xarróns!”, deume moita gracia.
6. Cristian: O conto das Bruxas encantoume un montón. Pareceume que foi de todos os que lin o que máis me gustou, estivo chulísimo. A parte que máis me gustou foi cando a avoa chupaba o puro na casa e o seu neto (o ratiño) estaba no seu colo.
7.
8. Roque: Este libro a min gustoume moito porque cando ao neno convertido en rato a avoa lle di que ten un rabo, o neno non se dera conta, foi moi gracioso. E tamén cando a Bruxa Suprema di “bruchas”, e tamén “echtúpidas”, “nochentas” e “ascuerrosas”.
9. Rafa. Gustoume moito, é o mellor libro que contou Geni. As ilustracións eran fantásticas. A miña parte preferida foi cando se convertían as bruxas en ratos.
10.
11. Mohamed: A min gustoume o libro das Bruxas porque estaba moi gracioso e, sobre todo, os debuxos. A parte que máis me gustou foi cando a Bruxa Suprema quitou a máscara de boa persoa.
12. Julio: A min gustoume a avoa, cando meteu o rato no bolso para que non o visen. Os meus personaxes preferidos son as bruxas. O que menos me gustou foi cando converteron aos nenos en ratos.
13.
14. Andrea: Este conto gustoume moito porque encantoume o de destruír todas as bruxas transformándoas en ratos. Eu imaxino que eles acabarían transformando todas as bruxas en ratos e terían unha longa vida. A parte que máis me gustou foi cando a avoa lle contou a historia das bruxas, aínda que cando morreron os pais deu un pouco de pena, pero, a parte dixo, gustoume moito.
15. Valeria: O libro das Bruxas gustoume moito porque ao final acabou moi ben. O que me deu pena foi cando ao neno o transformaron en rato e lle cortaron o rabo e lle sangrou moitísimo. Roald Dahl é un escritor que me gusta moito como escribe os libros, como os de James e o melocotón xigante. Tamén fixo películas.
16.
17. David: Este conto é moi bonito. A parte que máis me gustou foi cando o ratiño subiu polos pantalóns do cociñeiro e o que menos foi cando a Gran Bruxa converteu aos nenos en ratos. Os personaxes que máis me gustaron foron a Gran Bruxa, a avoa e os ratiños, sobre todo Bruno.
18. Ángela: O libro das Bruxas encantoume. Para min foi o mellor libro que lemos. O que máis me gustou foi o final. Aínda que me gustou todo, debería haber o segundo libro, seguro que sería xenial, eu compraríano.
19.
20. Paola: Gustoume moito porque era divertido e gracioso e, ademais, porque é moi interesante. A parte que máis me gustou foi cando ao cociñeiro éntralle polos pantalóns o neno convertido en rato. O que me gustaría que aparecese no conto é o que lle pasou a avoa no dedo. Encantaríame ver a película.
21. Ainoa: Este conto é moi bonito. Gustoume moito o final, porque daba moita gracia. E o do cociñeiro, cando subiu o rato debaixo dos pantalóns. Que gracia! E a bruxa da moito medo cando saca a máscara. Os libros de Roald Dahl son moi bonitos.
22.
23. Gaby: Gustoume moito este libro. Cando se mete nos pantalóns e para partirse. Nalgunhas partes dá un pouquiño de medo, por exemplo cando a Bruxa se quita a máscara,daba repelús. O final é moi guai.
24. Dani: A min gustoume moito o libro de Roald Dahl. Gustoume porque os debuxos eran moi graciosos. A parte que máis me gustou foi cando a avoa fumaba puros negros.
25.
26. Alba: O conto das Bruxas gustoume moito porque é moi interesante. A min a parte que máis me gustou foi cando as bruxas se quitaron as perrucas e os zapatos, e as luvas, e tamén cando a Gran Bruxa quitou a máscara. Este conto gustoume moito. É fantástico. Todos os contos de Roald Dahl son fantásticos e estupendos.
27. Iván P: Este libro está chulísimo. Bruno é moi gracioso e me gusta como son as bruxas. A miña parte favorita foi cando a señora que estaba no corredor ve o rato nun zapato. Debería poñer os nomes da avoa, o seu neto e tamén a Gran Bruxa. O conto é moi divertido.
28.
29. Brais P: Gustoume moito, sobre todo como falaba a Gran Bruxa. E tamén cando quitou a máscara e cando quitaron as perrucas e se escoitou un “uaaaaa” de alivio, e tamén cando se sacaron os zapatos.
30. Iván V: O conto das Bruxas gustoume moito cando a avoa está fumando un puro e cando a Gran Bruxa quitouse a máscara e quedáronlle as meixelas enrugadas. E ao neno o converteu nun rato. O que máis me gustou é que capturaron á Gran Bruxa tirándolle o facedor de ratos de acción retardada na cazola onde ían almorzar. Deume moita gracia cando a avoa lle entregou ao señor Jenkins o rato Bruno.