2. DEFINICIÓN As funcións sintácticas son os diferentes tipos de relacións que establecen entre si as unidades que forman unha oración. As principais funcións son as de predicado e suxeito.
3. PREDICADO O predicado é a función fundamental da oración. De feito, hai oracións que están formadas unicamente por un predicado: Ceaches? Chegaron. Segundo o tipo de verbo, diferenciamos : Predicado verbal . Está constituído por un verbo predicativo. A nena le un libro. Predicado nominal. Esta constituído por un verbo copulativo (ser, estar,parecer, semellar,...). A rapaza estaba moi triste.
4. SUXEITO O suxeito é o que realiza a función do predicado. Concerta con el en número e persoa: Os nenos xogaron un partido. ( verbo en plural- suxeito en plural). A función de suxeito poden desempeñala as seguintes unidades: Un substantivo : Sabela é moi boa. Un pronome: Ela é moi boa. Unha frase nominal: Esta nena pequena chámase Sabela. Unha oración subordinada substantiva: Gústame que me digas a verdade. Un infinitivo: Durmir é moi importante.
5. OS COMPLEMENTOS A oración pode constar doutros complementos: complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial, suplemento, complemento axente, atributo predicativo. Para analizar a oración, cómpre discriminar se o verbo é transitivo ou intransitivo.
6. COMPLEMENTO DIRECTO O CD é o elemento sobre quen recae a acción designada polos verbos transitivos (necesitan un CD para completar a información) : O neno fixo (un debuxo, unha pelota...). A función de CD pode ser desempeñada por: Unha frase nominal : A nena come unha lambonada. Unha frase preposicional: Vin a Brais na praia. Un pronome persoal átono: Vímo la na praza. Unha oración subordinada substantiva : Quero que veñas a miña casa.
7. COMPLEMENTO PREDICATIVO É a función semellante ao atributo, pero que aparece cos verbos predicativos, non cos copulativos. Esta función é desempeñada por un adxectivo ou unha frase adxectiva. María quedou encantada co teu agasallo .
8. COMPLEMENTO INDIRECTO Indica quen é o beneficiario indirecto da acción expresada polo verbo. Esta función pode ser expresada por: Un pronome persoal átono: Dei lles unha boa lección Unha frase preposicional introducida pola preposición a: Comprei un xoguete ao meu irmán.
9. COMPLEMENTO CIRCUNSTANCIAL O CC expresa as circunstancias de tempo, lugar, modo, compañía, cantidade... Nas que se desenvolve a acción verbal. A función de CC pode ser expresada por: Unha frase preposicional : Fomos xuntos ao colexio. Unha frase adverbial: Chegades moi tarde. Unha frase nominal : Verémonos o próximo sábado. Unha oración subordinada adverbial: Chámame cando volvas.
10. SUPLEMENTO É un complemento propio dos verbos que rexen preposición: falar de, atoparse con, lembrarse de... Esta función é sempre realizada por unha frase preposicional: Ela falaba de cine.
11. ATRIBUTO É o complemento propio das oracións con verbos copulativos(ser, estar, parecer...). Esta función pode desempeñala: Unha frase nominal : Pedro é o meu amigo . Unha frase adxectiva: Esta nena está moi enferma. Unha frase adverbial: O día do cumpreanos foi onte. Unha frase preposicional: Esta figura é de porcelana. Un pronome : Este traxe é meu . Unha oración subordinada : A miña ilusión é que volvas axiña.
12. COMPLEMENTO AXENTE É un complemento que se emprega na oración pasiva e indica quen realiza a función expresada polo verbo. Está formado por unha frase preposicional introducida pola preposición por: A proposta foi aprobada por todos os empresarios.