Conto feito entre varias escolas da cidade de Pontevedra na actividade coñecida por "Trotacontos" ou "Viaxeiro"
1 of 20
Download to read offline
More Related Content
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
2. CEIP CAMPAÑÓ: Infantil 3, 4, e 5 ANOS e 2º Primaria
CEIP SANTO TOMÉ DE XEVE: Infantil 3, 4 e 5 anos
3. Queridas amigas e amigos,
É coma sempre un pracer saudar os Trotacontos, estas historias que este ano van de paseo polo bosque, escoitando e gozando con todos os misterios e a
vida que neles ten lugar. AsÃ, coas vosas historias encadeadas, o agarimo e o esforzo das e dos profes, nace este libro cheo de imaxinación e, case
seguro, o primeiro no que as nenas e os nenos dos coles de Pontevedra participan na súa vida.
É un orgullo contar en Pontevedra con iniciativas coma esta, que mostran a alta calidade da educación pública e a implicación e o bo facer das mestras
e dos mestres. Entre todas e todos construÃmos unha educación pública de referencia, mais a situación actual fainos ver que debemos continuar a
defender que todas as nenas e todos os nenos poidan medrar en igualdade, sexa cal sexa a súa condición familiar.
Desde o Concello implicámonos nesta publicación dos traballos que levan elaborando de maneira coordinada profes, nenas e nenos de infantil e
primeiro ciclo de primaria dos centros Crespo Rivas, Fina Casalderrey, Parada-Campañó, Xeve e Campolongo. Son a mostra evidente do intenso labor
que se fai no ensino para que as nenas e os nenos de Pontevedra exerzan a imaxinación, o traballo, a creatividade e a expresión escrita na nosa lingua.
Estamos seguros de que este libro servirá para compartirdes en familia a ledicia de ler, o orgullo de facelo en galego e a satisfacción por unha obra
colectiva tan especial.
Grazas a todas e todos.
Pontevedra, maio de 2018
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde de Pontevedra
Depósito Legal: Po 216 - 2018