2. Introdución
O ser humano sempre tivo curiosidade polos fenómenos naturais:
Nun principio as explicacións destes fenómenos eran
supersticiosas e en moitos casos aceptábanos como premios ou
castigos divinos.
En moitas culturas, a propia natureza nas súas múltiples formas (o
Sol, a Lúa, o vento...) eran os deuses que traían a desgracia ou a
prosperidade.
Co tempo a humanidade comezouse a interesar polo estudo máis
riguroso dos cambios atmosféricos debido a súa influenza na vida
cotiá (agricultura, navegación...).
3. Introdución
Foi o momento en que pasamos das infundadas supersticións ao
saber científico.
O estudo da atmosfera continúa na actualidade e todavía hai
fenómenos que agochan enigmas que non coñecemos ben.
Danos esto, por tanto, unha idea da complexidade do estudo da
atmosfera e os seus fenómenos asociados.
4. QUE SABES DE...?
1. Vivimos somerxidos nun océano
de aire ao que chamamos
atmosfera. Que importancia ten
para os seres vivos?
6. Os misteriosos escaravellos de
Namib
Deserto de Namib:
Lonxitude:1600 Km
Ancho: 80-200 Km
Superficie: 80000 Km2
Limita: ao S con Sudáfrica/ ao N con Angola
“Namib”: significa en lingua nama “enorme”.
Considerado o deserto máis antigo do mundo (65 m.a.)
Como deserto que é as chuvias son escasas sobre todo no sur.
7. Os misteriosos escaravellos de
Namib
A vida no deserto do Namib está asociada a varios
factores, entre eles...
As néboas., procedentes do atlántico.
Que favorecen, co seu aporte extra de humidade, a
aparición de plantas e animais.
Un exemplo característico do aproveitamento desta
humidade son distintas especies de escaravellos, que sen
estas néboas non poderían sobrevivir no deserto, son os
chamados RECOLECTORES DE NEBLINA.
8. Os misteriosos escaravellos de
Namib
Estes escaravellos, dependendo da especie, posúen distintas
estratexias para aproveitar a humidade que trae os ventos que
soplan do mar a terra.
Algúns escaravellos emerxen das areas nas primeiras horas do
día e levantan a súa parte traseira, inclinando a súa cabeza cara
o chan. Deste xeito, as gotiñas da néboa chocan cos élitros e
esvaran cara a boca do insecto.
Outras especies constrúen muros de area perpendiculares a
dirección do vento para que recollan a humidade e logo pasan por
estas “trincheiras” a beber.
10. Os misteriosos escaravellos de
Namib
Sobrevivirían estes escaravellos sen as néboas matinais
no deserto?
QUE PENSAS AGORA DA IMPORTANCIA DA
ATMOSFERA PARA OS SERES VIVOS?
11. QUE SABES DE...?
2. A nosa forma de vida actual provoca
cambios no aire que nos rodea e produce
efectos prexudiciais en todo o planeta.
Cita algúns deses efectos.
15. QUE SABES DE...?
3. Ao longo do ano observamos condicións
atmosféricas moi distintas. Cita as que
coñezas.
17. QUE SABES DE...?
Verdadeiro ou falso?
O aire é nitróxeno e osíxeno,
principalmente.
A capa de ozono protéxenos dos raios
infravermellos do Sol.
18. QUE SABES DE...?
Verdadeiro ou falso?
O exceso de CO2 na atmosfera está
aumentando a temperatura do planeta.
O resío e a xeada son o mesmo.
Se non houbese atmosfera, o ceo non
sería azul.
19. CAPAS DA TERRA
A terra
xeosfera atmosfera hidrosfera biosfera
Capas fluidas
20. 1. A ATMOSFERA ENVÓLVENOS
A atmosfera é a capa máis externa da Terra, por ser a
máis lixeira.
É fundamental para a vida, xa que contén gases necesarios
(O2, CO2,, N2...) para os seres vivos e protexe das radiacións
solares.
A atmosfera é unha mestura de gases que rodea a terra
ata uns 1000 Km.
Faise máis tenue coa altitude ata confundirse co espazo
exterior.
21. 1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO
1. Hai uns 4000 m.a. o planeta tiña unha gran actividade
volcánica e atopábase a altas temperaturas en superficie.
Estas erupcións foron as responsables da formación da
atmosfera primitiva con gases como o CO2, óxidos de xofre
ou de nitróxeno, vapor de auga, argón e metano.
22. 1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO
2. Co paso do tempo o planeta foise arrefriando, permitindo a
condensación (paso de gas a líquido) do vapor de auga da
atmosfera .
Esta auga, xa líquida, precipitou dando lugar as primeiras
choivas.
Discurríu pola superficie terrestre formando os primeiros
mares, ríos…
23. 1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO
3. Parte do CO2 da atmosfera foi arrastrado ao mar pola
choiva e alí combinouse con outras substancias para dar
lugar a compostos químicos chamados carbonatos, a
carbonatos
partir dos cales orixináronse as rochas calcarias.
calcarias
As sales características dos medios mariños tamén foron
arrastradas por estas primeiras choivas dende a
superficie cara o mar.
24. 1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO
4. Nun principio a atmosfera non posuía osíxeno.
A aparición da vida tamén provocou cambios: as algas e os
vexetais capturaban o CO2 na fotosíntese e desprendían O2
cara a atmosfera, permitindo a aparición deste gas na mesma.
25. 1.2. COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA
A atmosfera contén un 78% de nitróxeno, un 21% de
osíxeno.
O 1 % restante fórmano o argón (0,9%), o dióxido de
carbono (0,03%) e outros gases.
Posúe tamén vapor de auga procedente da evaporación da
auga de mar e da transpiración dos seres vivos.
Por último, ten contaminantes orixinados de xeito natural
ou polas actividades humanas.
26. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Cando estudamos a atmosfera dende a superficie ata a
altitude onde se confunde co espazo exterior, observamos
diferenzas na súa composición e na súa temperatura.
Por iso establécense varias capas separadas por zonas de
transición.
As zonas de transición denomínanse co nome da capa anterior
(a que queda por baixo da zona considerada) rematado en -
pausa.
Así, p.e. a zona de transición entre a troposfera (inferior) e a
estratosfera (superior) é a tropopausa.
27. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Capas da atmosfera
De arriba a baixo son:
Exosfera: É a última capa; vai dos 600 Km de altura aos
1000Km. Apenas existe aire e a continuación está o espazo
interplanetario.
Termosfera: dende os 80 Km de altura ata os 600 Km.
A temperatura aumenta coa altitude ata os 2000 ºC. Esencial
nas comunicacións pois nela rebotan as ondas de radio e tv.
Tamén nela prodúcense as auroras boreais e austrais.
28. Actividade:
Sabes que son as auroras boreais e austrais?
Pescuda información sobre estes fenómenos e
comentámolo o próximo día.
29. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Mesosfera: Comeza aos 50 Km de altura e chega ata os 80
Km. Contén moi pouco aire e a temperatura vai descendendo
coa altitude ata os -80 ºC.
Cando pequenos meteoritos atravesan esta capa dan lugar ás
estrelas fugaces debido o rozamento co aire que eleva a súa
temperatura liberando luz e calor.
30. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Estratosfera: Vai dende os 12 Km de altitude ata os
50 Km. O aire xa é escaso e a temperatura aumenta
lentamente coa altura ata chegar a uns 4ºC no límite
superior.
Entre os 15 e os 30 Km hai unha gran cantidade de
ozono. Por iso esta zona denomínase capa de ozono, e é
moi importante para os seres vivos.
31. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Troposfera: Comeza na superficie terrestre e chega ata os
12 Km de altura en media (Polo: 10 Km/Ecuador: 17 Km).
Na superficie temos en media uns 15ºC e diminúe coa altitude
ata uns -70ºC a 12 Km de altura.
Esta capa concentra a maior parte dos gases: osíxeno,
nitróxeno, díóxido de carbono, vapor de auga...
Nela prodúcense tódolos fenómenos meteorolóxicos.
A uns 500 m de altitude atópase a denominada “capa sucia”
onde se atopan a maior parte dos contaminantes
atmosféricos.
33. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Cuestións:
1. Despois desta explicación, serías quen de deducir a
que altura atopamos a estratopausa?
2. Por que pensas que se na troposfera a temperatura
diminúe coa altitude, na estratosfera prodúcese un
aumento deste parámetro?
34. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
Importancia da atmosfera para a vida
A atmosfera é imprescindible para os seres vivos
fundamentalmente por posuír dous gases: o osíxeno
(respiración) e o dióxido de carbono (fotosíntese).
É responsable do mantemento da temperatura en
superficie (efecto invernadoiro natural).
É o lugar onde se producen os fenómenos meteorolóxicos.
É tamén o noso escudo protector fronte as radiacións
solares e os meteoritos.
35. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.1. O Osíxeno
É esencial para a vida, xa que a maioría dos organismos
utilízano para respirar (aerobios).
A respiración permítenos aos aerobios obter enerxía dos
alimentos.
Moitas bacterias e outros organismos son chamados
anaerobios porque non precisan o osíxeno para obter enerxía
p.e. Os fermentos do pan, do viño ou da cervexa.
36. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.1. O Osíxeno
O osíxeno reacciona fácilmente con outras substancias
alterando a súa composición mediante as chamadas reaccións
de oxidación.
Nunha oxidación o osíxeno combínase con outra subtancia
para dar un óxido.
Por exemplo: ferro + osíxeno óxido de ferro.
37. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.1. O Osíxeno
Durante a respiración oxidamos parte do alimento grazas ao
osíxeno que inspiramos.
Nesa oxidación rómpense as grandes moléculas do alimento e
despréndese enerxía que o noso corpo emprega en todas as
súas funcións: latexo cardíaco, movemento, dixestión...
Ademais no proceso despréndese outro gas, o dióxido de
carbono, que expulsamos cara o exterior e auga.
38. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.1. O Osíxeno
A combustión é unha oxidación moi rápida, na que o obxecto
que arde combínase co osíxeno. Libera enerxía tan
rápidamente que aumenta a temperatura uns centos de
graos. Nela tamén se liberan CO2 e auga.
Parte do osíxeno da atmosfera atópase na estratosfera en
forma de ozono (O3).
Este ozono como sabedes protéxenos da radiación
ultravioleta (uv) prodedente do Sol, evitando os seus efectos
letais sobre o noso material xenético.
39. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.2. O dióxido de carbono
O CO2 ten dúas funcións importantes para os seres vivos:
Intervén na fotosíntese: os vexetais utilizan este proceso para
fabricar o seu alimento. Para elo, toman dióxido de carbono da
atmosfera e expulsan osíxeno.
Os vexetais tamén respiran (consomen osíxeno), pero a fotosíntese
libera máis O2 do que consome a respiración.
É o responsable do efecto invernadoiro natural. Este efecto
permite que a temperatura en superficie sexa axeitada para a vida.
En media uns 15ºC, en lugar dos -18ºC que tería se non existise.
40. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.1. O dióxido de carbono
FOTOSÍNTESE
42. Como se produce o efecto invernadoiro?
3.- Os gases da troposfera
(CO2 e vapor de auga entre
outros),
absorben as radiacións
Infravermellas e elevan
1.- Durante o día a temperatura do aire
a radiación solar
atravesa
a atmosfera e quenta a
superficie
2.- O terreo quente devolve
parte da calor absorbida
(radiación Infravermella)
43. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.3. O Nitróxeno
O nitróxeno é un gas que apenas reacciona con outras
substancias o que provoca que a maioría dos seres vivos
non poidan capturalo do aire.
Sen embargo, o N2 é imprescindible para os organismos
xa que sin él non somos capaces de formar as proteínas.
44. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.3. O Nitróxeno
Só algunhas bacterias son capaces de recoller o
nitróxeno do aire, entre ellas as que viven en simbiose
nas raíces das legumes formando unhas protuberancias
chamadas nódulos.
Nestes nódulos as bacterias transforman o N2 en
nitratos que si poden absorber os vexetais.
45. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
Nódulos de legumes
46. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
3.3. O Nitróxeno
Coma xa saberas o home ó utilizar os nitratos como
fertilizante para favorecer o desenvolvemento das
plantas de cultivo, está a por a disposición destes
vexetais unha fonte de nitróxeno que si poden
recoller.
Os animais incorporamos o nitróxeno que precisamos
a través da alimentación, animais ou vexetais, que xa
o incorporaron.
47. 4. O TEMPO ATMOSFÉRICO
Meteoroloxía
Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos
atmosféricos, a causa e os seus efectos.
Tempo atmosférico
Conxunto de características da atmosfera (temperatura,
presión, precipitación...) dun lugar concreto.
Clima
Media das condicións atmosféricas dun lugar obtidas da
observación do tempo atmosférico durante anos.
49. Bibliografía e Webgrafía
- A.V. Presentación: “A Atmosfera”. Curso 2009-2010.
Departamento de Ciencias Naturais do IES Ramón Otero
Pedrayo. Ourense.
- Ballester Illueca, J.Eduardo. 1995.“La atmósfera: estructura,
composición y dinámica. La contaminación atmosférica.
Métodos de determinación y corrección”. Temario oposiciones
PES. Colegio Oficial de Biólogos.Madrid.
- López, J. et al.2011.”Ciencias Naturais 1º ESO”. Proyecto
“EL árbol del conocimiento”. McGraw-Hill Interamericana.