ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Breogán, fillo de Brath, foi o podente xefe dunha daquelas tribos dos ártabros que moraron nas terras
de Galicia, na parte central da costa norte, cando os celtas asentaron, miles de anos antes da invasión
dos romanos no noso país.
Nunha pequena insua que hoxe está unida pola parte moderna da Coruña, construída sobre area,
existía a vella cidade gobernada por Breogán. As barcas de vimio recubertas de coiro abrigábanse no
pequeno porto de Santo Amaro. Preto de alí, nunha das beiras que fai un pequeno outeiro, Breogán
fixo construír unha grande e ergueita torre máis achegada ao mar aberto. Aquela torre podería servir
de guieiro aos navegantes; podería tamén, acendendo no seu cume unha lumarada, transmitir a
longas distancias durante a noite certos sinais, como por exemplo a arribada daquelas grandes naos
dos marchantes fenicios que viñan comerciar cos galegos, unha orde de xuntanza, un perigo que
arboraba ou cousa polo xeito.
Unha tarde, Ith, o fillo de Breogán, subiu ao cimo da torre e albiscou ao lonxe do mar; aló, nos confíns,
pareceulle ver entre as brétemas da distancia outra terra descoñecida. O desexo de saber o que habería
naquel lugar, ata daquela ignorado, empurrouno á aventura.
Pediu consentimento ao seu pai para organizar unha expedición. Podía dar, era posible, que da outra
banda do mar houbera pedras das que se fundían para fabricaren armas e ferramentas; o precioso
metal amarelo co que labraban prezadas xoias; quizais riquísimas froitas ou sementes semellantes á
ceveira, orxo ou aínda mellores para a matanza; madeiras, liño para teceren as súas roupas, outros
animais, outras xentes...
A expedición realizouse. Antes da partida, Breogán recomendoulle ao seu fillo que fixese a viaxe
montado no seu cabalo, sen baixarse del ata que chegase; soamente así podería ter a certeza de poder
voltar con felicidade.
E desta maneira foi como os celtas de Galicia levaron a Irlanda a súa civilización. Por isto é que as
mesmas citanias ou castros de casas circulares se atopan en Irlanda e Galicia; e mais os preciosos
torques de ouro; e parellos nomes de ríos e lugares... e, ara a mesma gaita con semellantes temas
musicais.
Personaxes: Seres que figuran na historia (poden ser persoas, animais ou seres fantásticos ou sobre
naturais, ou mesmo seres inanimados personificados). A través deles vanse desenvolvendo os feitos,
accións ou acontecementos da narración. Breogán, Ith, os celtas galegos.
Espazo: lugar onde se sitúan os feitos narrados. Poden ser exteriores (abertos) ou interiores
(pechados). Espazos abertos: costa norte galega, A Coruña, pequena insua, Santo Amaro, pequeno
outeiro, Galicia, Irlanda. Espazos pechados: torre.
Tempo: período durante o cal se desenvolven as accións. Tempo externo: época en que se sitúa a
historia (época galaica). Tempo interno: duración dos acontecementos narrados na historia (non se
especifica).
Estrutura: INTERNA (secuencia dos acontecementos, organización temática, dos contidos) aquí é
lineal mais na literatura contemporánea é máis frecuente a ruptura da orde lóxica da secuencia
(pódese comezar no medio da historia, sen explicalo e despois ir cara atrás -analepse-, ou cara adiante
-prolepse- e despois retomar. Aquí é lineal.
EXTERNA: organización texto por capítulos, parágrafos... Introdución 1º e 2º parágrafos, Nó
3º, 4º e 5º parágrafos, Desenlace 6º parágrafo.
Comentado [C1]: INTRODUCIÓN: presentación de
personaxes, espazo e tempo onde se vai desenvolver a
acción
Comentado [C2]: NÓ/DESENVOLVEMENTO: núcleo central
da historia
Comentado [C3]: DESENLACE/CONCLUSIÓN: inclúese a
resolución da trama da historia, que pode ser pechada ou
quedar aberta.

More Related Content

A_torre_de_Breogan_elementos_narrativos.pdf

  • 1. Breogán, fillo de Brath, foi o podente xefe dunha daquelas tribos dos ártabros que moraron nas terras de Galicia, na parte central da costa norte, cando os celtas asentaron, miles de anos antes da invasión dos romanos no noso país. Nunha pequena insua que hoxe está unida pola parte moderna da Coruña, construída sobre area, existía a vella cidade gobernada por Breogán. As barcas de vimio recubertas de coiro abrigábanse no pequeno porto de Santo Amaro. Preto de alí, nunha das beiras que fai un pequeno outeiro, Breogán fixo construír unha grande e ergueita torre máis achegada ao mar aberto. Aquela torre podería servir de guieiro aos navegantes; podería tamén, acendendo no seu cume unha lumarada, transmitir a longas distancias durante a noite certos sinais, como por exemplo a arribada daquelas grandes naos dos marchantes fenicios que viñan comerciar cos galegos, unha orde de xuntanza, un perigo que arboraba ou cousa polo xeito. Unha tarde, Ith, o fillo de Breogán, subiu ao cimo da torre e albiscou ao lonxe do mar; aló, nos confíns, pareceulle ver entre as brétemas da distancia outra terra descoñecida. O desexo de saber o que habería naquel lugar, ata daquela ignorado, empurrouno á aventura. Pediu consentimento ao seu pai para organizar unha expedición. Podía dar, era posible, que da outra banda do mar houbera pedras das que se fundían para fabricaren armas e ferramentas; o precioso metal amarelo co que labraban prezadas xoias; quizais riquísimas froitas ou sementes semellantes á ceveira, orxo ou aínda mellores para a matanza; madeiras, liño para teceren as súas roupas, outros animais, outras xentes... A expedición realizouse. Antes da partida, Breogán recomendoulle ao seu fillo que fixese a viaxe montado no seu cabalo, sen baixarse del ata que chegase; soamente así podería ter a certeza de poder voltar con felicidade. E desta maneira foi como os celtas de Galicia levaron a Irlanda a súa civilización. Por isto é que as mesmas citanias ou castros de casas circulares se atopan en Irlanda e Galicia; e mais os preciosos torques de ouro; e parellos nomes de ríos e lugares... e, ara a mesma gaita con semellantes temas musicais. Personaxes: Seres que figuran na historia (poden ser persoas, animais ou seres fantásticos ou sobre naturais, ou mesmo seres inanimados personificados). A través deles vanse desenvolvendo os feitos, accións ou acontecementos da narración. Breogán, Ith, os celtas galegos. Espazo: lugar onde se sitúan os feitos narrados. Poden ser exteriores (abertos) ou interiores (pechados). Espazos abertos: costa norte galega, A Coruña, pequena insua, Santo Amaro, pequeno outeiro, Galicia, Irlanda. Espazos pechados: torre. Tempo: período durante o cal se desenvolven as accións. Tempo externo: época en que se sitúa a historia (época galaica). Tempo interno: duración dos acontecementos narrados na historia (non se especifica). Estrutura: INTERNA (secuencia dos acontecementos, organización temática, dos contidos) aquí é lineal mais na literatura contemporánea é máis frecuente a ruptura da orde lóxica da secuencia (pódese comezar no medio da historia, sen explicalo e despois ir cara atrás -analepse-, ou cara adiante -prolepse- e despois retomar. Aquí é lineal. EXTERNA: organización texto por capítulos, parágrafos... Introdución 1º e 2º parágrafos, Nó 3º, 4º e 5º parágrafos, Desenlace 6º parágrafo. Comentado [C1]: INTRODUCIÓN: presentación de personaxes, espazo e tempo onde se vai desenvolver a acción Comentado [C2]: NÓ/DESENVOLVEMENTO: núcleo central da historia Comentado [C3]: DESENLACE/CONCLUSIÓN: inclúese a resolución da trama da historia, que pode ser pechada ou quedar aberta.