2. Berres é una parroquia do Concello da Estrada, que ten en
total máis ou menos 496 habitantes.
Nesta aldea naceron algúns escritores moi importantes para
a nosa lingua:
•MARCIAL VALLADARES
•AVELINA VALLADARES
•MANUEL GARCÍA BARROS “ KEN KEIRADES “
•SOXÉ MANUEL MARTINEZ OCA
5. Adiós Berres, adiós Berres
Terriña donde eu nacín
Coma as campanas de Berres ningunhas tocar oín.
Durme meu meniño durme
Durme que te durmirás
Cantade a xeito paxaros,
Non me espertés o rapás.
Triar de paxaros, do vento o fungar,
Ruxir de regueiros, que corren ó mar,
Queixumes dos pinos, do bosque o rumor
Esmalte dos campos coas herbas en flor.
Con grande agarimo, con fondo lacer,
Cantemos á terra, que nos veu nacer.
6. O mesmo nome de Berres que algúns din que tomou dun xeneral
chamado Berres, que asentou o campamento sobre o Ulla e de aquí
xurdui u a parroquia: Berres
Volvendo ó toponimio Berres, deixando a parte a explicación
que nos da Pedro Varela facendo proceder de berrar,
chamando pola barca da outra vanda do río Ulla
Benito Viceto dánolo como nome grego… Berca,
Beroe, Berhea… Berres.
7. •Din os veciños que a banda
de riba da estrada que pasa
por o Pereiro houbo un
ceminterio, e que apareceron
pedras como coitelos ou
puñais.
8. Para abarcar unha boa panorámica de Berres un dos lugares máis axeitados é o
Adro da Ermida do Amparo, en Rocaforte, construída no alto daquel lugar logo
de unha imaxe da Virxe aparecer milagrosamente a carón dunha fonte alí ó pé.
Avisado do prodixio chegou o Crego para levala en procesión á Igrexa
Parroquial, onde a deixou depositada, para descubrir abraiado á mañá seguinte
que a imaxe desaparecerá. Alertáronse os veciños é ao cabo acabaron por
descubrila novamente no mesmo lugar onde tan milagreiramente xurdira o día
anterior, o que se interpretou como feito que iniciou a construción dunha
ermida que a acollese.
En fin, en Rocaforte tivo a Virxe do Amparo a súa ermida, e agora todos os anos,
o derradeiro domingo de xullo, celébrase alí unha grande festa na súa honrra,
aínda que a vella imaxe, “ O Amparo pequeno”, desaparecese hai un tempo do
seu emprazamento, sen que ninguén teña idea de onde foi parar, tal vez a unha
nova fonte, quen sabe que lugar escondido, onde calquera día xurdirá
milagreiramentemente de novo.
9. O Monte Molide está entre as parroquias de Ancorados e Berres, A
Estrada.(Pontevedra).
O cume é unha chaira chea de penedos e sen arboreda. Aquí librouse unha batalla
feroz contra os mouros que, unha vez derrotados, foron soterrados alí mesmo; por
iso non nace herba nin medran as árbores.
Neste monte, nun cruce de camiños, houbo en tempos un cruceiro que era sinal de
tesouro. Unha vez chegou á noitiña á casa dos Besteiros de Riobó, un home de
Ourense pedindo pousada. Logo preguntou polo Monte Molide, e se había alí un
cruceiro, e como lle dixeron que si, anunciou que ao outro día tiña que subir ao
monte por un asunto importante.
A muller da casa deulle a cea acompañada de abondoso viño, e logo preguntoulle
polo asunto importante que o levaba ao Monte Molide; e, entre vaso e vaso de
viño, sacoulle a información que buscaba: cabo do cruceiro había un tesouro.
—Pois déitese que pola mañá xa o acompañamos ata alí—díxolle a muller.
Mais en canto adormeceu, a xente da casa colleu ferramentas e foise para o monte
cavar.
10. Cando amenceu chamaron ao forasteiro, o dono da casa ofreceuse a
acompañalo pero, como sabedes, ao chegar xunta o cruceiro, atoparaon todo
sachado e remexido.
O forasteiro arrincaba os pelos da cabeza mentres o dono da casa simulaba
compadecelo. O tesouro, polo visto, xa estaba ben gardado.
Outra historia sobre o cruceiro. Sendo neno Ramón Rodríguez, veciño de
Berres, viu, mentres gardaba as vacas, a un home sentado nas gradas do
cruceiro. Aquel home primeiro leu nuns papeis e despois mediu uns pasos en
varias direccións. Aquel día o home non fixo máis pero cando o neno volveu
co gando por alí uns días despois viu ao cabo do cruceiro remexeran a terra
e entre a terra remexida atopou unha moeda de ouro.
E aínda outra lenda. Outra vez regresou de América, de Arxentina, un veciño.
Nada máis chegar colleu pico, pa e sacha e foise para o cruceiro do Monte
Molide. Sachou coma un tolo pero non atopou nada. Coa rabia, dixéranlle
que alí había un tesouro, comezou a petar no cruceiro e esfarelunoo todo:
gradas, pedestal, capitel, cruz e cando lle tocou ao fuste á columna, que
estaba oco, comezaron a saír onzas de ouro.
11. FOTOS
A igrexa Igrexa por
por dentro fora
o areal