4. QUE QUEREMOS FACER?
• UNHA PROPOSTA DENDE A
BIBLIOTECA ESCOLAR PARA O
TRATAMENTO DO
CURRÍCULO:
PROXECTOS PARA TODO O
CENTRO
5. UN PROXECTO INTERDISCIPLINAR
– Escoller un tema.Remuíño de ideas. Oportunidade informativa/social/efeméride, necesidade
informativa do alumnado...
– Aspectos que se poden traballar nos distintos ciclos
– Aspectos relacionados coa lectoescritura (comunicación lingüística)
– Aspectos relacionados con outras áreas curriculares/competencias
– Contidos transversais/educación en valores…
– Recursos audiovisuais e informáticos. Recursos on line.
– Guía de lectura. Exposición de materiais dispoñibles.
– Materiais para o profesorado
– Difusión na comunidade educativa: claustro, consello escolar
– Materiais para o alumnado
– Lectura. Narración de contos. Propostas de escrita.
– Proxectos documentais, proxectos de investigación.
– Recollida de traballos. Publicación. Difusión (boletíns, páxina web e outros).
– Colaboracións externas. Actividades extraescolares
– Participación das familias
– Divulgación: profesorado, comunidade escolar, prensa.
– Presentación do traballo realizado. Presentación á comunidade
– Seguimento e avaliación.
6. PROXECTOS DOCUMENTAIS
INTEGRADOS
• Pequenos traballos de investigación nos que o
alumnado, ademais de indagar sobre un tema
ou problema concreto, se familiariza cos
mecanismos de busca de información e
traballo intelectual, empregando para ilo os
recursos documentais da biblioteca escolar.
Rosa Piquín
9. Será un traballo de investigación en
contexto escolar
Se cumpre estos requisitos:
• Partir dunha pregunta, dunha inquietude, dun reto que os alumnos
deciden ou escollen entre unha relación que lles ofrece a escola,
(suficientemente ampla).
• Esixen para resolver esta pregunta ou reto dunha indagación, que
os estudantes planifican con axuda do educador e que implica
varias semanas de labor.
• Esta indagación normalmente abrangue: momentos de
documentación e outros de investigación empírica dalgún tipo.
• O traballo fructifica en produtos que se presentan ou comunican a
outros.
Aurora La Cueva (Revista de Educación, nº 323. Ministerio de
Educación,2000)
10. Cal é o papel da biblioteca nun traballo
de investigación?
O papel da biblioteca escolar neste ámbito sería o de dispoñer
os recursos de forma efectiva; orientar na súa utilización;
deseñar xunto co resto do profesorado programas de
formación na busca, selección e uso das fontes informativas e
o traballo documental; apoiar propostas de proxectos
interdisciplinares que favorezan o uso dos recursos
informativos e a elaboración de traballos de investigación
documental, e axudar ao profesorado a que desde as súas
respectivas materias reforce estas aprendizaxes.
Marco de referencia para las bibliotecas escolares. Ministerio
de Educación (2011)