ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
25
DE TODXS PARA TODXS!! PODES AMPLIAR ESTAS NOVAS E CONSULTAR MOITAS MÁIS A TRAVÉS DAS NOSAS CAN-
LES NAS REDES SOCAIS. INFORMACIÓN LIBRE, ACTUALIZADA E VERAZ… OMNIA SUNT COMUNIA!
Ver para crer. A CGT foi o único sindicato presente na mesa de negociación do convenio que non secundamos
os chamados á folga, aínda que respectamos totalmente que as persoas fagan o que lles dite a consciencia...
E porque non secundamos esta folga?, pois por diferentes motivos. O
primeiro e mais importante porque a folga carece totalmente de obxectivos
claros e porque, ademais, os obxectivos explicitados rozan a burla ao persoal.
Como exemplo, o tema salarial: No mes de marzo CCOO e UGT asinaron con
Mariano Rajoy, un presidente en minoría e cercado pola corrupción, un
“pacto salarial” para o sector público con “subidas” fixas e vinculadas ao
IBEX35 (ao PIB). Xa naquel momento desde a CGT explicamos e denunciamos
que estas subidas debería estar vinculadas ao custe da vida, ao IPC, pois se se
aplica esta esmola do 1,75% e o custe da vida sube, por exemplo, un 3%
PERDERIAMOS PODER ADQUSITIVO, ISTO É, ACABARÍAMOS O ANO
PERDENDO DIÑEIRO. E o mesmo para os anos vindeiros...
Pois isto que xa alertabamos nos no mes de marzo xa está acontecer. Na
altura de Agosto o IPC xa estaba nun 2.3%. CCOO e resto de palmeiros sindicais, piden o 1,75% CO QUE
ESTAN PEDINDO QUE PERDAMOS DIÑEIRO!!! ¿E chámannos a unha “folga” para que pidamos iso?, delirante.
A CGT quere ir a unha folga, si, pero mantida no tempo, indefinida e con obxectivos claros, como estes:
ELIMINACIÓN DOS DESCONTOS POR ESTAR DE BAIXA (eles non o piden), COBERTURA A TEMPO COMPLETO
DE TODAS AS VACANTES (eles non o piden) SUBIDA SALARIAL DO IPC +2 PUNTOS (eles non o piden) UNHA
SECCIÓN UN CARTEIR@ (eles non o piden) ELIMINACIÓN DOS SÁBADOS E XORNADA DE 35 HORAS DE LUNS A
VENRES... e tantas e tantas outras cousas que non están a pedir e que, por desgraza, indican que esta
negociación do convenio será unha (outra) oportunidade perdida para o persoal de Correos
de recuperar a dignidade no posto de traballo.
A bufanda conxelada, que xa non abriga nada. Cun au-
mento do 0%, mentres a paquetería aumenta un 30%.
Ademais exclúen ao persoal das tardes. Algunas claves:
-95.08 euros, se estás contratadx do 1 ao 31 de de-
cembro (para todo o persoal, salvo excepcións)
-Pagarase en xaneiro
-Podes coller ata 2 días de AP depois do 11/12 sen
penalización. Se colles máis, ou fora de esta época,
penaliza con 12.02 o primeiro día e 18,03 o segundo e
o terceiro. Logo perdes a bufanda
-24 e 31, caso de tocarche dentro do persoal “mínimo
imprescindible”, tes dereito a un "módulo" de 79,48
- Estar de baixa por motivo laboral ou similar non des-
conta.
¡¡AGORA OU
NUNCA!!
Esixamos un
referéndum!!
Igual que pasou co cobro dos
tramos durante a negociación do
anterior convenio colectivo agora é
co cobro dos pluses en vacacións
no CTA: dereitos que xa son nosos e
que se están a gañar de seguido nos
xulgados preséntanse como obxecto
de negociación.
Rinse de nós pero mais risa lles
debe dar a toda esa xente que levan
anos cobrando eses pluses ver
certas propagandas que só nos
venden fume...
Denegación masiva de AP? denegación de permisos por necesidades do
servizo debe ser adecuadamente acreditada. Así o acaba de sentenciar
novamente un xulgado de León logo da demanda de CGT (máis info nos
comunicados adxuntos). Basta de denegacións arbitrarias! Solicita sem-
pre os teus permisos e licencias por escrito, defende os nosos dereitos!!
O derradeiro 9N foi unha xornada de loita en Correos da Coruña, de
loita contra o temporal. Con rachas de 120km/h dende CGT, na
nosa loita por un protocolo climático axeitado, instamos a Correos
mediante escrita rexistrada a súa obriga de tomar medidas de pro-
tección, incluíndo de ser necesario a paralización do reparto ante
risco inminente. Seguimos.
O caos das bolsas de Correos chega ao Congreso. Ante a incansable loita dos colectivos
de precari@s de Correos Neste caso a PEC de Sevilla e Madrid, co apoio de alguns grupos
parlamentarios e tambén da CGT, o novo presidente da SEPI verase obrigado a respostar
no parlamento cuestións sobre Correos… sobre as irregularidades na contratación, a tra-
pallada do examén, a precarización, os criterios de selección, etc...
No escrito "Radicais" (BR-24) expresábamos a nosa sorpresa polo feito de que se cualifique á
CGT como un sindicato radical. Tentaremos apuntar algún porqué desta circunstancia.
Advertía (en 1993!) R. S. Ferlosio que virían máis anos malos e faríannos máis cegos. Os moitos
anos malos que se viviron desde entón deberon producir danos considerables nos nosos tecidos
visuais, deixándonos ao bordo, se non instalados xa, na cegueira total.
Un dos primeiros síntomas dese proceso, que debería alarmarnos desde o primeiro momento da
súa aparición, foi un corremento, interesado, na escala de cores.
Fixéronnos crer que o azul atópase, de modo natural, no centro do espectro político. Co cal, se te
sitúas preto do vermello, estás a un paso do precipicio. E non digamos xa se os teus pés levá-
ronche ata cores violeta, porque entón non acharás chan baixo eles: só negro abismo.
Deste xeito as solicitudes dirixidas a recuperar a dignidade básica dxs traballadorxs (ou, atreve-
riámonos a dicir, a pura e simple dignidade como seres humanos) son atendidas cunha mirada
de sospeita: "quérennos empuxar cara á dereita, estxs alborotadorxs, a nós, que tan cómodos
estabamos no centro!".
E cando esas voces proveñen das profundidades do abismo son atacadas con saña, como corres-
ponde responder ás aterradoras voces do Averno.
P.D: As anteriores liñas foron escritas antes das eleccións andaluzas do pasado día 2 de decem-
bro. A irrupción de Vox nas institucións por primeira vez, trastorna a claridade buscada coa ale-
goría de cores. Pero non o seu fondo. De feito, podemos dicir que o reforza. E o reforza, precisa-
mente, porque a trastorna: esa é a esencia deste partido e, tamén, a súa forza. E o seu tremen-
do perigo: vén “limpar” (ai !!) tanta confusión.
POR UNHA XORNADA LABORAL DE 35H
DE LUNS A VENRES, 7 HORAS
SEN REDUCIÓN SALARIAL
Nun momento clave da negociación colectiva que busca un alcordo pluri-
anual, e vista da nula predisposición da empresa
Mentres que no resto da AXE as 35 horas son unha reivindicación forte,
clara e apoiada por todas os sindicatos, en Correos parece olvidada..
¿Por qué!?
Dende a CGT exercemos presión e apostamos forte por a movilización
para alcanzar o obxetivo
A PARTIRES DO 15/12
SECUNDA A FOLGA
PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS
TRABALLAR MENOS PARA VIVIR MÁIS
XUNT@S SOMOS FORTES
35
"Convertirse en xefe é deixar de ser humano. O xefe é o embalador e
o embalaxe na mercadoría […] Cantos máis xefes hai, máis impoten-
tes son. Canto máis impotentes son, máis xira no valeiro a máquina
burocrática, máis impón a todos a apariencia da súa omnipotencia, e
máis aprenden as persoas a rexeitar globalmente a servidume”
(A sociedade da supervivencia, Raoul Vaneigem)
Colabora co Buzón Rebelde.
Envía os teus textos a cgtcorreosacorunha@gmail.com

More Related Content

Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?

  • 1. O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230 25 DE TODXS PARA TODXS!! PODES AMPLIAR ESTAS NOVAS E CONSULTAR MOITAS MÁIS A TRAVÉS DAS NOSAS CAN- LES NAS REDES SOCAIS. INFORMACIÓN LIBRE, ACTUALIZADA E VERAZ… OMNIA SUNT COMUNIA!
  • 2. Ver para crer. A CGT foi o único sindicato presente na mesa de negociación do convenio que non secundamos os chamados á folga, aínda que respectamos totalmente que as persoas fagan o que lles dite a consciencia... E porque non secundamos esta folga?, pois por diferentes motivos. O primeiro e mais importante porque a folga carece totalmente de obxectivos claros e porque, ademais, os obxectivos explicitados rozan a burla ao persoal. Como exemplo, o tema salarial: No mes de marzo CCOO e UGT asinaron con Mariano Rajoy, un presidente en minoría e cercado pola corrupción, un “pacto salarial” para o sector público con “subidas” fixas e vinculadas ao IBEX35 (ao PIB). Xa naquel momento desde a CGT explicamos e denunciamos que estas subidas debería estar vinculadas ao custe da vida, ao IPC, pois se se aplica esta esmola do 1,75% e o custe da vida sube, por exemplo, un 3% PERDERIAMOS PODER ADQUSITIVO, ISTO É, ACABARÍAMOS O ANO PERDENDO DIÑEIRO. E o mesmo para os anos vindeiros... Pois isto que xa alertabamos nos no mes de marzo xa está acontecer. Na altura de Agosto o IPC xa estaba nun 2.3%. CCOO e resto de palmeiros sindicais, piden o 1,75% CO QUE ESTAN PEDINDO QUE PERDAMOS DIÑEIRO!!! ¿E chámannos a unha “folga” para que pidamos iso?, delirante. A CGT quere ir a unha folga, si, pero mantida no tempo, indefinida e con obxectivos claros, como estes: ELIMINACIÓN DOS DESCONTOS POR ESTAR DE BAIXA (eles non o piden), COBERTURA A TEMPO COMPLETO DE TODAS AS VACANTES (eles non o piden) SUBIDA SALARIAL DO IPC +2 PUNTOS (eles non o piden) UNHA SECCIÓN UN CARTEIR@ (eles non o piden) ELIMINACIÓN DOS SÁBADOS E XORNADA DE 35 HORAS DE LUNS A VENRES... e tantas e tantas outras cousas que non están a pedir e que, por desgraza, indican que esta negociación do convenio será unha (outra) oportunidade perdida para o persoal de Correos de recuperar a dignidade no posto de traballo. A bufanda conxelada, que xa non abriga nada. Cun au- mento do 0%, mentres a paquetería aumenta un 30%. Ademais exclúen ao persoal das tardes. Algunas claves: -95.08 euros, se estás contratadx do 1 ao 31 de de- cembro (para todo o persoal, salvo excepcións) -Pagarase en xaneiro -Podes coller ata 2 días de AP depois do 11/12 sen penalización. Se colles máis, ou fora de esta época, penaliza con 12.02 o primeiro día e 18,03 o segundo e o terceiro. Logo perdes a bufanda -24 e 31, caso de tocarche dentro do persoal “mínimo imprescindible”, tes dereito a un "módulo" de 79,48 - Estar de baixa por motivo laboral ou similar non des- conta. ¡¡AGORA OU NUNCA!! Esixamos un referéndum!! Igual que pasou co cobro dos tramos durante a negociación do anterior convenio colectivo agora é co cobro dos pluses en vacacións no CTA: dereitos que xa son nosos e que se están a gañar de seguido nos xulgados preséntanse como obxecto de negociación. Rinse de nós pero mais risa lles debe dar a toda esa xente que levan anos cobrando eses pluses ver certas propagandas que só nos venden fume...
  • 3. Denegación masiva de AP? denegación de permisos por necesidades do servizo debe ser adecuadamente acreditada. Así o acaba de sentenciar novamente un xulgado de León logo da demanda de CGT (máis info nos comunicados adxuntos). Basta de denegacións arbitrarias! Solicita sem- pre os teus permisos e licencias por escrito, defende os nosos dereitos!! O derradeiro 9N foi unha xornada de loita en Correos da Coruña, de loita contra o temporal. Con rachas de 120km/h dende CGT, na nosa loita por un protocolo climático axeitado, instamos a Correos mediante escrita rexistrada a súa obriga de tomar medidas de pro- tección, incluíndo de ser necesario a paralización do reparto ante risco inminente. Seguimos. O caos das bolsas de Correos chega ao Congreso. Ante a incansable loita dos colectivos de precari@s de Correos Neste caso a PEC de Sevilla e Madrid, co apoio de alguns grupos parlamentarios e tambén da CGT, o novo presidente da SEPI verase obrigado a respostar no parlamento cuestións sobre Correos… sobre as irregularidades na contratación, a tra- pallada do examén, a precarización, os criterios de selección, etc... No escrito "Radicais" (BR-24) expresábamos a nosa sorpresa polo feito de que se cualifique á CGT como un sindicato radical. Tentaremos apuntar algún porqué desta circunstancia. Advertía (en 1993!) R. S. Ferlosio que virían máis anos malos e faríannos máis cegos. Os moitos anos malos que se viviron desde entón deberon producir danos considerables nos nosos tecidos visuais, deixándonos ao bordo, se non instalados xa, na cegueira total. Un dos primeiros síntomas dese proceso, que debería alarmarnos desde o primeiro momento da súa aparición, foi un corremento, interesado, na escala de cores. Fixéronnos crer que o azul atópase, de modo natural, no centro do espectro político. Co cal, se te sitúas preto do vermello, estás a un paso do precipicio. E non digamos xa se os teus pés levá- ronche ata cores violeta, porque entón non acharás chan baixo eles: só negro abismo. Deste xeito as solicitudes dirixidas a recuperar a dignidade básica dxs traballadorxs (ou, atreve- riámonos a dicir, a pura e simple dignidade como seres humanos) son atendidas cunha mirada de sospeita: "quérennos empuxar cara á dereita, estxs alborotadorxs, a nós, que tan cómodos estabamos no centro!". E cando esas voces proveñen das profundidades do abismo son atacadas con saña, como corres- ponde responder ás aterradoras voces do Averno. P.D: As anteriores liñas foron escritas antes das eleccións andaluzas do pasado día 2 de decem- bro. A irrupción de Vox nas institucións por primeira vez, trastorna a claridade buscada coa ale- goría de cores. Pero non o seu fondo. De feito, podemos dicir que o reforza. E o reforza, precisa- mente, porque a trastorna: esa é a esencia deste partido e, tamén, a súa forza. E o seu tremen- do perigo: vén “limpar” (ai !!) tanta confusión.
  • 4. POR UNHA XORNADA LABORAL DE 35H DE LUNS A VENRES, 7 HORAS SEN REDUCIÓN SALARIAL Nun momento clave da negociación colectiva que busca un alcordo pluri- anual, e vista da nula predisposición da empresa Mentres que no resto da AXE as 35 horas son unha reivindicación forte, clara e apoiada por todas os sindicatos, en Correos parece olvidada.. ¿Por qué!? Dende a CGT exercemos presión e apostamos forte por a movilización para alcanzar o obxetivo A PARTIRES DO 15/12 SECUNDA A FOLGA PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS TRABALLAR MENOS PARA VIVIR MÁIS XUNT@S SOMOS FORTES 35 "Convertirse en xefe é deixar de ser humano. O xefe é o embalador e o embalaxe na mercadoría […] Cantos máis xefes hai, máis impoten- tes son. Canto máis impotentes son, máis xira no valeiro a máquina burocrática, máis impón a todos a apariencia da súa omnipotencia, e máis aprenden as persoas a rexeitar globalmente a servidume” (A sociedade da supervivencia, Raoul Vaneigem) Colabora co Buzón Rebelde. Envía os teus textos a cgtcorreosacorunha@gmail.com