O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo վá” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
2. 1-Rego e coído de Sabadelle.
eSeo de Sabadelle.
2-Punta e seo da Gandriña
3-Punta da Falsa
4-Punta Ataín. O Portiño.
5-Praia e enseada de Camelle.
Rego de Camelle.
6-Punta do Boi e Camelle.
7-Punta do Frade
8-Coído de Xurelos
9-Seo da Fontiña.
Punta Percebeira.
10-Praia da Lagoa.
Illa do Cu cagado.
11-Punta do Curro.
Porto de Arou.
12-Arou. Praia de Arou.
Rego do Canabal.
13-Praia Braña de Lazo.
Rego de Lazo.
14-Petón da Furaqueira
15-Seo de Xan Ferreiro
16-Punta das Lobeiras.
A Ínsua. Illa Negra.
17-Praia das Lobeiras
18-Punta Xunqueiras.
Seo do Pelouro.
19-Punta do Cabalo
20-A Insuela. Pedra do Sal.
21-Seo de Cabanas
22-Punta do Capelo. As Laxiñas.
23-Enseada do Colludo.
Porto de Santa Ѳñ.
24-Punta Batedora
25-Seo da Posta das Cabras
26-Cabo Veo. Illas Cagadas.
27-Penal do Veo. Monte Branco.
28-Seo e praia do Trece
29-Punta das Paredes.
Seo do Batel.
30-Cabo Tosto.
Punta e coído do Boi.
31-Seo e coído de Lucín
32-Laxe da Reira.
Baleas do cabo Tosto.
33-Praia da Reira.
34-Punta Forcados.
As Agalladas.
35-Praia de Area Longa.
Praia da Balea.
36-A Posteira.
Praia e punta da Pedrosa.
37-Seo da Arneliña.
Os Poxados.
38-Punta Estrunfo.
Furna dos Infernos.
39-Cabo վá. Illotes de վá
de Terra e վá de Fóra.
40-Coído do վá. Punta Esperillo.
41-Laxe da Auga. A Betanceira.
42-Coidal das Castañas.
43-Seo do Home Morto
44-O Castelete
45-Punta Cachifarro
46-Ínsua e punta da Galera
47-Punta do monte Farelo
48-Praia de Lago.
Corveiro de Lago.
49-Punta Fieital
50-Boliños da Fortuna
51-Punta Villoeira
52-Portocelo
53-Punta do Castelo
54-Camariñas
55-Punta da Ínsua
56-Praia Area da Vila
57-Punta dos Castros
58-Praia de Lingude.
Punta da Basa.
59-Seo da Basa
60-Aríña Branca
61-Punta da Barra. Punta Sandría.
62-Praia do Ariño.
Rego de Lamastredo.
63-Man do Medio
64-Baixo de Dor
65-Illa do Forno do Sapo
66-Ponte do Porto.
Esteiro do río Grande.
O concello de Camariñas está situado no
centro da Costa da Morte. Ten unha
parte de costa moi exposta polo norte e
o oeste e outra parte protexida, dentro
da ría, polo sur.
3. O relevo de Camariñas está marcado pola serra da Pena Forcada con cumes de pouca
altura (menos de 250 m) que ao caeren directamente ao mar confírenlle á costa un perfil
recortado e agreste e cara ao sur descende suavemente e acolle amplas zonas arboradas e
as áreas cultivables.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo.
A costa acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural.
4. Camariñas conta con máis de 40 km de liña de costa repartidos case metade e metade entre o mar
aberto, e a ría, aínda que nesta última uns 8 km atópanse na parte de fóra case igualmente exposta
que a costa exterior e os demais ao abrigo, no interior e nos esteiros da Basa e do río Grande. Tanta
lonxitude da para moito e para acoller multitude de formas e variables, e se a isto lle sumamos a
especial composición dos granitos da zona, de cor vermella, o atractivo e a curiosidade multiplícanse o
que pode facer máis atractiva unha viaxe ata alí, ademais esta costa acolle varias localidades
emblemáticas da Costa da Morte.
5. PROTECCIÓNS
-LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”
-Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo վá”
-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO “Praia do Trece”
6. 1-Rego e coído de Sabadelle. O rego de Sabadelle, non se ve pero escóitase correr por
debaixo dos coios. Marca o límite entre os concellos de Camariñas e Vimianzo.
19. Non se pode falar de Camelle sen falar
de “Man”, Manfred Gnädinger, un
alemán (Radolfzell, 1936) que se
instalou nunha cabana entre as rochas
e realizou numerosas esculturas con
pedras e outros materiais recollidos
das praias. Despois da súa morte, en
2002, coincidindo coa marea negra do
Prestige, o seu legado queda como un
atractivo máis desta costa. Desde 2018
está aberto en Camelle un Centro de
Interpretación dedicado ao legado de
Man.
30. 12-AROU, vila mariñeira situada no fondo da enseada do mesmo nome, separado de
Camelle polo contraforte rochoso da Punta Percebeira. No fondo do seo conta con dúas
pequenas praias, a de Arou e a de Braña do Lazo.
Vista de Arou desde o Alto da Cruz. Ao fondo o Petón de Borrallas e a praia de Traba.
60. SANTA MARIÑA, unha pequena localidade asentada nas abas do monte da Cruz. O seu
porto está construído entre rochas vermellas nunha paraxe dunha beleza espectacular
rodeada de formas traballadas polo mar e o vento.
Punta e peirao de Santa Ѳñ desde o alto do Monte Branco
75. Cimeterio dos Ingleses no cabo Tosto, onde están soterradas os 172 náufragos do Serpent,
buque-escola da mariña británica que afundeu nas rochas desta costa.
85. 35-Praia de Area Longa.
As praias desde tramo costeiro son moi expostas e con poucas condicións para o baño, pero a
cambio ofrecen o encanto da tranquilidade e a beleza dunha paisaxe case virxe.
104. 39-CABO VILÁN
É un farallón formado na súa maior parte de rochas graníticas de cor vermella (granito de
dúas micas) acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata 80 m de altura. No extremo
do cabo atópanse os illotes de վá de Terra e վá de Fóra
Foi declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1933.
105. Cabo վá cos illotes de վá de Terra e վá de Fóra
107. Faro e cantil de Cabo վá. O faro de Cabo վá inaugurado en 1854 e posteriormente
renovado, foi o primeiro de España en ter luz eléctrica (desde 1896).
108. RÍA DE CAMARIÑAS
Ábrese entre o Cabo վá, ao norte e Punta da Barca, ao sur.
O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as
comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese a enseada da Basa, na
desembocadura do rego de Trasteiro.
40-Coído do վá
125. Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola punta do Monte Farelo, na que se levanta a ermida da
Virxe do Monte. Desde o alto do monte Farelo hai unha boas vistas da costa.
140. 54-CAMARIÑAS. Unha vila mariñeira que tamén ten grande sona pola actividade de
elaboración de encaixes das súas “palilleiras”.
141. Porto e vila de Camariñas. Acolle barcos do cerco e artes de baixura.
142. Palilleira. En Camariñas e na comarca hai máis de 2000 mulleres dedicadas a esta actividade artesanal
importada dos Países Baixos no século XVI e que hoxe é unha importante fonte de recursos e atractivo
desta zona. Na vila de Camariñas hai un museo do encaixe e obradoiros de formación.
167. O RÍO GRANDE coñecido tamén como Río do Porto, fórmase pola unión de varios regos que baixan
da serra de Soneira e desemboca na ría de Camariñas despois de 39 km de percorrido.
66-Ponte do Porto
168. VALOR XEOLÓXICO
As rochas máis comúns no litoral de Camariñas son os granitos (alcalinos e calcoalcalinos).
A erosión creou formas curiosas como boleiras e coídos, furnas, illotes, penedos, dunas...)
MAPA LITOLÓXICO
180. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO 43001. Praia do Trece (placas eólicas)
Interese: Xeomorfolóxico. Estratigráfico.
Na zona comprendida entre os cabos Veo e Tosto.
Destacan os grandes depósitos de placas eólicas e dunas remontantes, os penedos con
curiosas formas e os coídos. As rochas dominantes son as granodioritas.
181. Monte Branco.
Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan unha grande cantidade de area
nas abas próximas á costa. A area forma placas que se manteñen sobre as pendentes (dunas
remontantes) grazas á humidade e á fixación das plantas.
182. Boleira ou Coído en Cabo Tosto.
O intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que remata na punta do Boi e na que se
acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que forman os coídos ou boleiras.
183. VALOR BIOLÓXICO
Dada a diversidade do litoral de Camariñas atopamos taménunha grande diversidade de
ecosistemas e hábitats: costa rochosa exposta e protexida, costa areosa, dunas (fixas e
móbiles), coídos, seos, marismas, esteiros... nos que habitan moitas especies de interese.
É unha área de grande valor biolóxico que acolle unha importante flora e fauna con
numerosas especies pouco comúns.
184. Cabo վá
A vexetación de cantís, dunas e marismas está moi especializada e pódense atopar
numerosas especies e subespecies endémicas da zona. En canto á fauna hai que destacar a
gran riqueza dos hábitats costeiros e o número de aves acuáticas, moitas delas invernantes
que se concentran nos cantís e no esteiro do río Grande.
187. As dunas e coídos do Trece conservan a
principal poboación de Galiza de camariñas
(Corema album), unha planta que na
actualidade está case extinguida, pero debeu
abondar noutros tempos xa que deu lugar a
topónimos como Camariñas ou Pobra do
Caramiñal.
193. Herba de namorar cunha típica forma compacta e redondeada
para adaptarse ás duras condicións dos cantís.
Araos dos cons (Uria aalge) Ave outrora común, pero cada día
máis escasa na costa galega.
Percebes (Pollicipes cornucopia), o marisco máis representativo
da Costa da Morte e un dos recursos máis importantes do
porto de Corme.
Corvos mariños
195. LIC/ZEC Costa da Morte: comprende o litoral desde
Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta
da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas
e as zonas próximas á áreas urbanas. É o espazo de
maior distribución territorial costeira do país.
196. A Costa da Morte é un espazo onde o mar, o
vento e as rochas son os protagonistas.
200. O litoral de Camariñas da para varias rutas, para ver cada recuncho, coñecer os seus valores ou
simplemente gozar das camiñadas en paisaxes espectaculares en compaña do mar e do vento.
Para unha primeira achega podemos facer un percorrido circular en coche duns 55 km, parando nos
lugares de mellor acceso e maior interese, combinado con pequenas camiñadas.
202. Cabo վá. A pesar de ser un dos espazos protexidos máis emblemáticos de Galiza sufriu algunhas
alteracións pouco axeitadas ao seu valor natural e paisaxístico como a construción dun parque eólico e
unha piscifactoría.